Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 12 Total: 38.25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer as funcións fisiolóxicas dos distintos órganos, aparatos e sistemas do corpo humano como base para os coidados xerais
Comprender os mecanismos de integración e como se comporta o organismo como unidade funcional
MODULO1. FISIOLOXÍA CELULAR
Tema 1. Concepto de Fisioloxía. Concepto de medio interno e homeostasis
Tema 2. Introdución á fisioloxía celular. Compartimentos corporais e transporte a través de membranas. Intercambio capilar
Tema 3. Mecanismos de comunicación intercelular
MÓDULO 2. SISTEMA HEMATOPOÉTICO
Tema 4. Funcións e Composición do sangue. Hematopoese
Tema 5. Fisioloxía dos eritrocitos
Tema 6. Hemostasis
Tema 7. Fisioloxía dos leucocitos e linfocitos
MÓDULO 3. SISTEMA CARDIOCIRCULATORIO
Tema 9. Organización funcional do sistema cardiocirculatorio
Tema 10. Fisioloxía do corazón. Ciclo cardíaco. Orixe e propagación do ritmo cardíaco
Tema 11. Reoloxía e hemodinámica
Tema 12. Regulación do gasto cardíaco. Regulación da presión arterial a curto prazo
Tema 13. Electrocardiograma e ecocardiograma
MÓDULO 4: INMUNIDADE
Tema 14: Características xerais da resposta inmunitaria
tema 15: Inmunidade inespecífica e especifica
Tema 16 : vacinas e alteracións da inmunidade
MÓDULO 3. SISTEMA NERVIOSO: ORGANIZACIÓN E FUNCIÓN
Tema 17. Organización funcional do sistema nervioso
Tema 18. Fisioloxía das células excitables: fisioloxía das neuronas. Xeración e transmisión do impulso nervioso. Fisioloxía da sinapsis
tema 19: fisioloxía das funcións cerebrais superiores.
tema 20: fisioloxía do sistema nervioso autónomo.
Tema 21: soño e vixilia
MÓDULO 9. SISTEMA RENAL: fisioloxía renal e de vías urinarias
Tema 22 Líquidos corporais. Composición, propiedades e funcións dos líquidos corporais.
Tema 23. Anatomía funcional do ril. Funcións.
Tema 24. Formación dos ouriños.
Tema 25. Mecanismos renais de de regulación.
Tema 26. Vías urinarias. Eliminación de ouriños.
Bibliografía básica:
Constanzo, LS. Fisiología. 7ª edición. Elsevier, 2020
Fox, SI. Fisiología Humana. 15ª edición. McGraw-Hill, 2021
Guyton, AC. Tratado de Fisiología Médica. 14ª edición. Elsevier, 2021
Silverthorn, DU. Fisiología humana. 8ª edición. Médica panamericana, 2019
Bibliografía complementaria:
Koeppen BM, Stanton BA. Berne y Levy. Fisiología. 7ª edición. Elsevier, 2018
Boron, WF. Fisiología Médica. 3ª edición. Elsevier, 2017
Tresguerres, JAF. Fisiología Humana (5ªed). Ed. Interamericana 2021
Básicas:
CB1. Que o estudantado demostre posesión e comprensión de coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e
adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes
de a vangarda do seu campo de estudo;
CB2. Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúe as competencias que adoitan
demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo;
CB3. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que
inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético;
CB5. Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Xerais:
CG1. Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar asistencia sanitaria técnica e profesional adecuadas ás necesidades sanitarias das persoas ás que
atenden, segundo o estado de desenvolvemento do coñecemento científico de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que están
establecidos nas normas legais e éticas aplicables.
CG6. Basear as intervencións de enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
Transversais:
CT1. Capacidade para aplicar os coñecementos á práctica
CT2. Capacidade de traballo en equipo
CT3. Motivación
CT5. Capacidade para resolver problemas
CT7. Capacidade de análise e síntese
CT11. Habilidades interpersoais.
CT12. Planificación e xestión do tempo
CT13. Capacidade para traballar de forma autónoma
CT14. Habilidades de xestión da información (capacidade para buscar e analizar información procedente de diversas fontes)
CT17. Habilidades básicas de xestión informática
Específicas:
CE1.Coñecer e identificar a estrutura e función do corpo humano. Comprender as bases moleculares e fisioloxía das células e tecidos
CE7.Comprender os procesos fisiopatolóxicos e as súas manifestacións e os factores de risco que determinan estados de saúde e enfermidade en
diferentes etapas do ciclo vital.
CE9.Recoñecer situacións de risco vital e saber realizar as manobras básicas de soporte vital e avanzado
1. Docencia expositiva: o profesor expoñerá e explicará ao alumnado os principais contidos da materia, fomentando a participación, o debate e a
opinión crítica do alumnado na aula.
A2.Docencia interactiva: seminarios que consistirán na realización de traballos escritos e a súa posterior exposición oral por parte de todo o alumnado.
Ademais, suscitarase o debate sobre os contidos tratados no tema. Desenvolverase a análise e resolución de casos/supostos prácticos, así como
simulacións ou actividades performativas que integren a aprendizaxe dos contidos da materia.
A6.Titorías: o alumnado poderá solicitar titorías individuais, segundo o horario previsto para esta tarefa nesta programación docente.
A7. Probas de avaliación
Docencia expositiva: Probas de avaliación de coñecementos (60% de la cualificación final).
Docencia interactiva: Avaliación de traballos (40% de la cualificación final).
Para superar a materia será necesario superar, de forma independente, as avaliacións correspondentes á docencia expositiva e interactiva.
A materia ten unha carga lectiva de 4,5 ECTS. Cada ECTS equivale a 25 horas, das cales 16,5 corresponden ao traballo autónomo do alumno, 7,5 horas á
docencia presencial e 1 hora á titoría.
Clases expositivas: 22 horas.
Clases interactivas: 12 horas
Titorías: 2,25 horas
Avaliación: 2 horas
Traballo persoal do estudantado: 74,25 horas
Seguimento diario das actividades, lecturas e resumos dos contidos desenvolvidos co obxectivo de concretar os contidos obxecto de estudo no programa.
Establecer vínculos entre os contidos teóricos das aulas expositivas e as observacións e intervencións realizadas nas aulas interactivas.
Seguimento da información e materiais facilitados ao alumnado, coa vontade de facilitar e coñecer os distintos escenarios docentes e os mecanismos
necesarios para o seu correcto desenvolvemento.
Facer uso do Campus Virtual da materia para o desenvolvemento das actividades programadas polo profesorado.
Facer uso das titorías
Carlos González Juanatey
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- carlos.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Olga López Racamonde
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- olga.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA 4 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | Aula de Informática/AULA 17 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | Aula de Informática/AULA 17 |
Martes | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA 4 |
23.01.2025 20:00-22:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 |
26.06.2025 20:00-22:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 |