Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo xeral da materia é ofrecer unha visión da saída profesional como especialista en Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica, polo que O obxectivo xeral da materia é ofrecer unha visión da especialidade en Análises Clínicas e da Bioquímica Clínica como unha saída profesional, polo que o tempo que se complementa a formación da materia de Análise Biolóxica e Diagnóstico Bioquímico instrúese ó estudante nas actividades e tarefas dun analista en dous eixos principais:
1) Coñecemento das tarefas operativas dun laboratorio clínico, con especial atención á descrición das fases analíticas, a elaboración de valores de referencia, a avaliación de novos métodos de análise e a calidade das análises. Tamén se forma en metodoloxía específica que se ocupa das probas de diagnóstico molecular aplicadas á clínica.
2) Formación nos contido relativos á semioloxía clínica máis especializada: Aborda a importancia clínica e os fundamentos da análise de biomarcadores. noutros fluídos biolóxicos susceptibles de análise, e se da unha visión das estratexias de avaliación das funcións hormonais, dos marcadores tumarais séricos e da monitorización de fármacos nos laboratorios clínicos.
Clases Expositivas:
O longo de 23 horas presenciais abórdanse os seguintes grupos de temas:
Grupo Temático I: O Laboratorio Clínico por Dentro
Tema 1. Visión global do laboratorio clínico
Tema 2. A Fase Preanalítica.
Tema 3. Automatización no Proceso Analítico
Tema 4. Garantía de Calidade das Análises
Tema 5. Producción dos Valores de Referencia
Tema 6. Métodos de Diagnóstico Molecular nas análises clínicas
Grupo Temático II: Semioloxía Bioquímico-Clínica
Tema 7. Utilidade clínica de Líquidos Biolóxicos
Tema 8. Consideracións Preanalíticas no estudo dos Síndromes Endocrinos
Tema 9. Avaliación da función hipofisaria
Tema 10. Avaliación da función tiroidea
Tema 11. Avaliación da función suprarrenal
Tema 12. Avaliación da función gonadal
Tema 13. Marcadores Tumorais no Laboratorio Clínico-Bioquímico
Tema 14. TDM: Monitorización da terapia con Fármacos
Programa de Clases Interactivas:
Supoñen unha carga lectiva de 6h organizads en sesións de 55 minutos nas semanas pares o longo do cuadrimestre:
CI-1: Cálculos estadísticos. Control de Calidad (1h).
CI-2: Cálculos dos Límites de Referencia (1h)
CI-3: Diseño dunha metodoloxía de diagnóstico molecular (2h).
CI-4: Escenarios Clínicos: Interpretación de resultados nun LCR (1h)
CI-5: Escenarios Clínicos: Sindromes endocrinos (1h)
A Clases Prácticas
terán lugar nas instalacións do Departamento de Bioquímica na Facultade de Farmacia, no pavillon A, 1º-andar. Preferentemente entre febreiro e marzo en datasa acordar coo alumnado, podendo haber turno de mañan ou de tarde:
Práctica 1. Garantía de Calidade da análise.
Práctica 2. Avaliación dunha interferencias “in vitro” por medicamentos.
Práctica 3. Detección dun framento dun xen a partires de DNA xenómico.
Práctica 4. Opción: Visita ó Laboratorio de Bioquímica Clínica do CHUS.
Básica:
a) Principios de Bioquímica Clínica y Patología Molecular. Alvaro González Hernández. 3ª edición. Elsevier. Barcelona-2019. ISBN 978-84-9113-389-6
Libro con alto grao de concordancia no plantexamento dos temas e de contidos, axeitado como libro de texto para o estudo da materia.
b) Contemporary Practice in Clinical Chemistry. 4th Ed. William Clarke and Mark A. Marzinke. Elsevier-Academic Press, 2020. ISBN978-0-12-815499-1.
Texto avanzado que actualiza e profundiza nas últimas tendencias e de aproximación ós diagnósticos basados na medicina do laboratorio.
c) Laboratorio Clínico: Indicaciones e Interpretación de los resultados. Kathleen Pagana, Timothy Pagana. Primera Edición en Español. Traducido por Martha Elena Buschbeck para Editorial El Manual Moderno S.A. Mexico-2015. ISBN 978-607-448-508-0
Texto traducido da versión inglesa Mosby's Manual of Diagnostic and Laboratory Tests, 5th edition. Elsevier-2014. Revisa aspectos fisiopatolóxicos e moleculares dos procesos que afectan ós organos e sistemas do corpo humano.
d) Lab Test online. (https://labtestsonline.es/acerca-de-esta-web)
Páxina web da Sociedad Española de Química Clínica (SEQC) e consulta gratuíta. Trátase dunha traducción española realizada pola SEQC da homónima orixinaria da American Association for Clinical Chemistry (AACC). Recolle información, en continua actualización, sobre as probas dos laboratorios en diferentes escenarios fisiolóxicos e patolóxicos. Útil desde a perspectiva de guías clínica de consulta rápida das probas diagnósticas do laboratorio clínico.
Complementaria .
a) Bioquímica Médica. John W. Baynes & Marek H. Dominiczak. 5ª Edición. Elsevier. –Barcelona-2019. ISBN 978-84-9113-406-0
Para o repaso dos coñecemntos da Bioquímica xeral. Conta con cadros e exemplos clínicas explicados.
b) Best & Taylor: Bases Fisiológicas de la Práctica Médica. MA Dvorkin, DP Cardinali y RH Iermoli. 14ª edición. ED. Médica Panamericana-Buenos Aires -2010. ISBN: 978-950-06-0253-2
Para repaso da Fisioloxía e Fisiopatoloxía. En moitos temas aporta unha xustificación do interese das probas utilizadas en cada cadro clínico-patolóxico.
c) Henry’s Clinical Diagnosis and Management by Laboratory Methods. 23rd Ed. Richard A. McPherson & Matthew R. Pincus. Elsevier-Saunders, 2017. ISBN 978-0-323-29568-0.
Texto expecializado orientado ós coñecementos da metodoloxía analítica e na interpretación diagnóstica.
d) Tietz Fundamentals of Clinical Chemistry and Molecular Diagnostics. Rifai N, Horvath A, Wittwer C. 8ª Edicion. Elsevier-2019. ISBN: 978-0-323-53044-6.
Considerado unha referencia das Análise Clinicas e diagnósticos de Laboratorio. Trata os procedementos analíticos e desglosa as probas diagnósticas por órganos e tecidos en diferentes situacions fisiopatolóxicas.
Con esta asignatura dase formación nas competencias xerais e específicas contempladas na Orden CIN/2137/2008, e que a continuación se destacan.
Competencias xerais CG1 y CG2, que en relación ó módulo MF fan referencia a:
• Desenvolve-las análises clínicas e emiti-los correspondentes dictámenes de diagnótico de laboratorio.
• Coñecer e comprende-la estructura do corpo human, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracions moleculares e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaura-la saude.
• Desenvolver habilidades de comunicación e información con outros profesionais sanitarios ou pacentes.
• Levar a cabo as actividades da atención farmacéutica.
• Recoñece-las propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a sua competencia profesional.
Competencias específicas .
• Diseñar, aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas. Coñecementos dos fundamentos básicos das análises bioquímicas (B01; Q02, MF02; MF03).
• Coñece-las técnicas analíticas relacionadas cós diagnósticos de laboratorio (Q03, Q10, MF02, MF03, MF14 ).
• Intervir nas actividades de promoción da saude e prevención da enfermidade nos ámbitos individual, familiar e comunitario; dende unha visión do laboratorio clínico-bioquímico.
• Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita con pacentes e outros profesionais do se lugar de traballo (LS08).
Competencias transversales.
Entre as posibles competencias transversales a desenvolver dáselle máis importancia as seguintes:
• Habilidades de xestión da información (CI08).
• Resolución de problemas (CI09).
• Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas (CP05)
• Habilidade para o traballo autónomo (CS08).
A metodoloxía plantexa catro elementos formativos:
A) Clases Expositivas. Son sesións de 55 min de duración que se impartirán axustadas ó calendario e horarios aprobados polo Centro. Pensadas para ser impartidas polo profesor na aula, có apoio de presentacións, esquemas ou vídeos.
O alumnado participa seguindo as explicacións, plantexando as dúbidas que lle xurdan, e respondendo, individualmente e nun tempo limitado, ás preguntas que se plantexan en relación co tema que se está a revisar. Para contestar, está permitido o acceso ás notas de clase, pero durante a proba non se pode compartir ningún tipo de información dos, ou cos, compañeiros. As probas son parte da avaliación contínua e poden ser plantexadas en formato oral, manuscrita ou dixital.
B) Clases interactivas. Son sesións na aula de 55 minutos, axustadas ó calendario e distribución organizados polo Centro académico.
Nelas o profesor presenta, nun contexto de atención farmacéutica, unha consulta interpretativa dunha análise na que haberá que poñer en práctica os coñecemento e estratexias desenvolvidas na clase teórica. Algunha destas preguntas, ou similares, serán recollidas para ser avaliadas para a avaliación contínua (ver sistema de avaliación).
C) Clases prácticas de laboratorio: Pensadas como unha actividade presencial nas instalacións dos laboratorios de prácticas que usa ó Departamento de Bioquímica na Facultade de Farmacia, axustaranse ó calendario e distribución elaborado polo Centro.
Nelas o profesor introduce a práctica e encaixa no temario da asignarura. Dirixe o avance do grupo polas etapas do proceso analítico, de cálculos e interpretacións. Pode recabar dos alumnos a resposta a cuestións de índole teórica que teñen relación coa análise en práctica que parte da avaliación contínua(ver sistema da avaliación).
O alumnado disporá dunha breve guía do proceso analítico de cada unha das prácticas, có que poderá acompañarse á realización da proba de avaliación procidemental e de interpretación ó remate de cada turno de prácticas.
D)Tutorías de pizarra. Concebidas como sesións para clarexar dúbidas sobre os contidos teóricos-practicos non son puntuables. Realízanse en grupos reducidos nun escenario presencial na aula e programados no calendario do curso pola Dirección do Centro.
Para a cualificación e xera-la nota final da materia tómanse en consideración ás avaliacións de tres bloques de avaliación:
a) Avaliación Continua (AC): ata un máximo de 20 puntos. Baséase na puntuación acumulada das respostas ás preguntas nas clases presenciais (ver metodoloxía). Esta puntuación só se utilizará na 1ª Oportunidade como mellora da nota do alumnado que acade unha cualificación de "aprobado" no examen de coñecementos, e non se utiliza no cómputo de nota da 2ª Oportunidade.
b) Exame práctico (EP): Realizado individualmente polo alumnado diante do profesor ó remate do turno de prácticas. Deberá recoñecer materiais biolóxicos, reproducir procesos e cálculos, e interpretar as análises desenvolvidas nas clases prácticas. A duración aproximada será de 10-15 minutos e poderá utiliza-la guía de procedementos. Terase en conta a actitude, a habilidade na execución, a calidade da información interpretativa, orde e limpeza. Ó remate da proba, informarase da cualificación para a Oportunidade de avaliación, podendo ésta ser "APTO", con validez para os seguintes 5 anos, ou "Non APTO", ata realizar un nova avaliación noutra Oportunidade á que decida presentarse.
c) Exame de Teoría e Coñecementos (TC): Exame de puntuación máxima 50 puntos, sobre os contidos teórico-prácticos da materia, a resolver en 90 min, con preguntas en diferentes formatos (test, verdadeiro/falso, resposta curta...) e nunha proporción variable. Ningúnha delas terá un valor negativo por fallo ou falta de resposta, pero esíxese un mínimo de respostas correctas do 20-30% por tema ou grupo de temas que se indicará no texto da proba e para cada Oportunidade.
En todo momento será de aplicación ó disposto no Regulamento da Institución para a “Avaliación do Rendemento Académico do Alumno e Revisión de Cualificacións”. no que se indica que a realización fraudulenta das actividades ou probas de avaliación penalizase cunha nota de Suspenso (0.0), sin descartar a aplicación de calquer outra medida disciplinaria.
Na cualificación final da materia terase en conta a tipoloxía do alumnado e o Oportunidade de avaliación segundo se describe:
Na 1ª Oportunidade:
A avaliación xeral toma como base o exame (TC). A condición de Aprobado acádase cunha puntuación de 37 ou máis puntos no (TC) e son condicións necesarias 1)acadar un mínimo de puntos por tema ou bloque no exame, 2)dispoñer dun APTO na proba EP. De selo caso, a puntuación TC mellórase coa puntuación da AC (puntos globais = CT+AC). Si se incumple algún dos requisitos necesarios a calificación será Suspenso (4.0). Cando a nota do TC resulte 36 puntos ou menos, outorgarase a cualificación de Suspenso.
As cualificacións acompañase dunha nota numérica que resulta da transformación dos puntos conseguidos nos distintos supostos polo algoritmo: [Nota= (0.150*Puntación-0.518]. A cualificación máxima de MH, poderáse outorgar segundo ás dispoñibles para a materia e entre as cualificacións finais superiores a Sobresaínte (9.5).
Son tipoloxías especiais de avaliación nesta 1ª Oportunidade:
1) Alumnado con Exención de Docencia (cando sexa aceptada polo Centro), que será cualificado cos bloques EP e TC, tal e como se describe para a 2ª Oportunidade (ver máis abaixo), dada a imposibilidade de que poida realizar a AC nas condicións nas que se plantexa.
2) Alumnado Repetidor, que poderá elixi-la modalidade de avaliación á que se somete entre o procedemento xera” ou o de "Alumnado con Exención de Docencia (1). A elección deberá quedar rexistrada no Campus Virtual da asignatura antes do 5 de outubro, e polo procedemento habilitado ó efecto polo profesor-coordinador.
Na 2ª Oportunidade:
O procedemento a seguir é similar ó descrito para a 1ª Oportunidade con tres diferenzas.
a) Non se aplica a AC, e será reemplazada por unha recalificación dos puntos do TC consistente en obter un 1 punto extra por cada respostas correcta ás 10 preguntas do examen con maior grado de dificultade. Só é aplicable cando se acaden os 37 ou máis puntos no TC.
b) A transformación decimal utiliza un algoritmo axustado á máxima puntuación nesta Oportunidade (60 puntos).
c) Nesta 2ª Oportunidade non se adxudican cualificacións de MH.
Con respecto ás tipoloxia especiais de avaliación que se contempla nesta Oportunidade é o caso do alumnado que na 1ª Oportunidade do curso cualificara cun Sunpenso (4.0) a resultas dun "Non APTO" en EP. Sendo así, e habendo acadado unha puntuación global de 53 ou máis puntos tra-la mellora da nota (TC+AC) quedará exento de realiza-lo TC da 2ª Oportunidade, e só realizará a proba EP. Si agora califica como APTO en EP calificase coa nota asifnada na 1ª Oportunidade.
A avaliación, tal e como se describe, abrangue cada unha das competencias xerais e básicas, específicas e transversais nas que se imparte a formación nesta materia, segundo se indica no seguinte cadro:
Proba_____________ Tipo de Competencia____ Código da Competencia___________________________
Avaliación Contínua....... Xeráis e básica................. CB1; CB2; CB3; CB4 e CB5
.................................... Específicas....................... MF02; MF03; MF04; MF11; MF14; LS01; LS03; LS08; B03
.....................................Transversais.................... CI01; CI05; CI07; CI08; CI09; CI10; CP01; CP05; CS01; CS03; CS11
Destreza Práctica.......... Xeráis e básica................. CB1; CB3; CB5; CG1
.................................... Específicas...................... MF02; MF03; MF11; MF14; LS01; Q03; Q10
.................................... Transversais.................... CI04; CI10; CP01; CS01; CS03; CS11
Exame de Teoría........... Xeráis e básica................ CB1; CB2; CB3; CB5; CG1; CG2
.................................... Específicas...................... MF02; MF03; MF11; MF12; MF14; LS01; B01; B03; B09; Q10
.................................... Transversais................... CI04; CI09; CI10
TRABALLO PRESENCIAL,..............................DURACION (h)
Clases expositivas en grupo grande, ………………………23
Clases interactivas en grupo reducido …………… …………6
Tutorías en grupo moi reducido ………………………… …… 2
Prácticas de laboratorio …………………………………………12
Exámenes e revisións ……………………………………………… 2
Total horas de traballo ……………………………………………45
TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO ,.................DURACION (h)
Estudio autónomo individual ou en grupo, …………….46
Resolución de ejercicios, outros traballos, …………… .10.5
Resolución de exercicios, prácticas con ordenador,...…..8
Orientación e resolución de dúbidas, …………………….....1
Realización e revisión do examen, ……………………...2
Total horas traballo personal do alumno, …………………..67.5
Para ter éxito coa asignatura requírese entender o "por qué?”, o "para qué?” e "o cómo?" dos marcadores bioquímicos, xa que así resultará máis doado recordar " ónde usalos" e "qué información" aportan.
E moi recomendable asistir e atende-las sesións e actividades programadas e ir revisando a materia cada día ou, no seu defecto, cunha periodicidade semanal, por un dobre interese:
1.- Dispoñer da información necesarias para afronta-las actividades da Formación Contínua
2.- Identifica-los puntos que lle sexan máis problemáticos con vista a solicitar unha t¡toría.
Aconséllase, igualmente, a visita frecuente ó complemento virtual da asignatura, que xunto coa plataforma MS Teans serviran de canle de comunicación entre o profesor e o alumno.
Para o estudo desta materia recoméndase ter coñecementos suficentes da Química Analítica e das Técnicas Instrumentais, xunto cos de Bioquímica I e II, Inmunoloxía, Fisioloxía Humana I e II, Fisiopatoloxía, Analises Inmunolóxicas e Hematoloxicas.
E moi desexable haber cursado no cuadrimestre anterior Análises Biolóxicas e Diagnósticos Bioquímicos, xa que asignatura plantéxase como unha ampliación da citada materia naqueles aspectos máis laboratoriales polo que as referencias a mesma van ser unha contante. Ademáis plantexa un modo de funcionamento idéntico.
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
| Venres | ||
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |