Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 15 Total: 51
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Identificar interaccións non covalentes e recoñecemento molecular en biomoléculas.
- Identificar e aplicar as técnicas non espectroscópicas máis importantes para o estudo de biomoléculas.
- Interaccións non covalentes en biomoléculas.
- Recoñecemento molecular: modelos, cambios conformacionais, cooperatividade.
- Técnicas non espectroscópicas para o estudo de biomoléculas (calorimetría, difracción de raios X, etc.).
- Simulación molecular
- Bases de datos estruturais y de biomoléculas.
Bibliografía Básica
· Protein-Ligand Interactions, Ed. H. J. Böhm y G. Schneider, 2003 y Ed. H. Gohlke, 2012
· Supramolecular Chemistry, Jonathan W. Steed, Jerry L. Atwood, 2022, Wiley.
· Biochemistry: Principles and Applications, D. Sheehan, 2009, Wiley.
· Intermolecular and Surface Forces, J. N. Israelachvili, Elsevier, 2011.
Bibliografía Complementaria
Facilitaranse materiais de axuda ao estudo e aprendizaxe dos contidos e empregarase bibliografía específica e actual dalgúns temas que se traten na materia.
(Esta lista ten carácter provisional e está suxeita a posibles modificacións con aviso previo ao alumnado)
BÁSICOS E XERAL
CG6 - Capacidade para traballar adecuadamente nun laboratorio aplicando a normativa de seguridade e a normativa específica para a manipulación de material biolóxico e/ou químico.
CG7 - Capacidade para formular e resolver cuestións e problemas e interpretar os resultados obtidos no ámbito da Bioquímica e da Bioloxía Molecular.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan a reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB5 - Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAL
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT7 - Capacidade para resolver problemas.
CT10 - Capacidade de razoamento crítico e de argumentación, e capacidade de autocrítica.
CT14 - Capacidade para aplicar os coñecementos á práctica.
CT15 - Capacidade de comunicación oral e escrita.
Específica da asignatura:
CEOP10: Coñecer e comprender os conceptos básicos de interaccións e recoñecemento molecular en biomoléculas e as técnicas máis importantes para o seu estudo.
ASISTENCIA: A asistencia ás Prácticas de Laboratorio e Seminarios é obrigatoria, salvo causa excepcional debidamente xustificada. As ausencias deberán acreditarse documentalmente, aceptando exames e motivos de saúde, así como aqueles supostos contemplados na normativa universitaria vixente. A asistencia a outras modalidades de ensinanza non é obrigatoria.
1 - Docencia expositiva, traballo con exercicios e casos prácticos, 33 h.
2 - Prácticas no laboratorio e/ou na aula de informática, 12 h.
3 - Titorías en grupo, 3 horas (por cada grupo de titorías en clase)
4 - Seminarios, 3 horas.
Sistema de avaliación: ponderación nunha nota máxima de 10 puntos
· Exames e/ou probas, parciais ou finais: 70%
· Prácticas de laboratorio: 20%
· Avaliación continua: 10%
PUNTUACIÓN FINAL = 0,1·Ev. Continua + 0,2 Prácticas + 0,70 Exame final
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Competencia a avaliar:
CEOP10: Coñecer e comprender os conceptos básicos de interaccións e recoñecemento molecular en biomoléculas e as técnicas máis importantes para o seu estudo.
Actividade docente: horas presenciais, horas de traballo fora de clase
-------------------------------------------------- -------------------------
Clases expositivas: 33 h presenciais, 66 h de traballo fora de clase
Seminarios: 3 horas presenciais, 6 horas de traballo ora de clase
Clases de titoría: 2 h presenciais, 4 h de traballo fora de clase
Prácticas de laboratorio: 12 horas de traballo presencial, 10 horas de traballo fora de clase
Exames e avaliacións: 3 horas de traballo presencial, 10 horas de traballo fora de clase
-------------------------------------------------- -------------------------
TOTAIS:
53 horas de clase + 96 horas de traballo fora de clase= 149 horas de traballo na materia
• É importante manter actualizado o estudo da materia.
• Aclarar as dúbidas que xurdan tanto na aula como ao estudar a materia, canto antes mellor. Consulta ao profesorado nas titorías ou en calquera outra oportunidade.
• Unha vez rematado un tema, é útil resumir os puntos importantes, identificando os contidos básicos e asegurándose de que se entenderon correctamente.
• Imprescindible preparar as prácticas antes de entrar no laboratorio ou aula de informática.
• Recoméndase consultar regularmente a aula virtual da materia, onde estará dispoñible o horario lectivo da materia, boletíns de problemas e preguntas, exemplos resoltos e outro material complementario que axude ao alumnado no seu estudo (transparencias, ligazóns web, foro de dúbidas, etc.).
A materia impártese en castelán, pero o alumnado pode empregar esta lingua ou o galego indistintamente, tanto na súa expresión escrita como oral. A xestión da información en inglés relacionada coa materia considérase de gran importancia na formación profesional do alumnado desta titulación. Por iso tamén se empregarán infografías, fontes de información e documentos nesta lingua.