Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (50%), Galego (50%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia ten por obxectivo presentar a problemática asociada á aplicación da hermenéutica en canto interpretación e comprensión de textos filosóficos. Esta materia facilita a iniciación do alumnado no traballo de comprensión dos textos e xéneros filosóficos, na análise formal do discurso filosófico así como das estratexias e recursos para a creación e investigación filosófica que se desenvolverán de xeito transversal ao longo do Grao.
Os obxectivos de aprendizaxe da materia son:
OA 1.- Coñecer o ámbito e contidos da interpretación e compresión dos textos filosóficos.
OA 2.- Dominar a linguaxe específica da interpretación e comprensión dos textos filosóficos.
OA 3.- Coñecer a metodoloxía da investigación e creación filosófica.
OA 4.- Adquirir destreza na lectura e interpretación dos textos filosóficos.
OA 5.- Familiarizarse cos principais xéneros filosóficos.
A materia divídese en dous bloques. O primeiro bloque ten como obxectivo que o alumnado coñeza o ámbito da interpretación e comprensión dos textos filosóficos, dominando a súa linguaxe e terminoloxía específica, e se inicie na metodoloxía da investigación e creación filosófica. O segundo bloque fomentará que o alumnado adquira destrezas na lectura e interpretación dos textos filosóficos e se familiarice cos principais xéneros filosóficos.
Bloque I: Introdución á hermenéutica e á metodoloxía da investigación e escritura en Filosofía
Tema 1: A disertación Filosófica. A escrita filosófica.
Tema 2: Fontes de información para o estudo da Filosofía.
Tema 3: Como citar: citas, referencias, bibliografías e aplicacións informáticas.
Tema 4: Introdución á hermenéutica: texto e interpretación.
Tema 5: O comentario de texto filosófico.
Tema 6: Que e para que da filosofía desde un punto de vista hermenéutico?
Bloque II: Os xéneros filosóficos
Tema 7: Os primeiros xéneros filosóficos: o poema.
Tema 8: A constitución dos xéneros filosóficos: o diálogo e o tratado.
Tema 9: O Helenismo e os xéneros doutrinais: a epístola.
Tema 10: Os xéneros filosóficos cristiáns: o soliloquio.
Tema 11: A filosofía medieval e os xéneros didácticos: a Suma e o comentario.
Tema 12: Os xéneros literarios do Renacemento humanista: o ensaio.
Tema 13: Os xéneros da filosofía racionalista: o tratado sistemático e a autobiografía.
Tema 14: A fragmentación do saber: o artigo.
Tema 15: A racionalidade desencantada: o aforismo e a literatura filosófica (novela, teatro, etc.).
Bibliografía básica
AGÍS VILLAVERDE, MARCELINO, Historia de la Hermenéutica. Madrid, Sindéresis, 2020.
AGÍS VILLAVERDE, MARCELINO, Anatomía do pensar: O discurso filosófico e a súa interpretación. Vol I. O discurso filosófico, Vigo, Galaxia, 2019.
AGÍS VILLAVERDE, MARCELINO, Anatomía do pensar: O discurso filosófico e a súa interpretación. Vol II. Historia da interpretación filosófica. Vigo, Galaxia, 2020.
GARCÍA NORRO, J.J., (Coord.), Convirtiéndose en filósofo. Estudiar filosofía en el siglo XXI, Madrid, Síntesis, 2012.
Bibliografía complementaria
Bibliografía Bloque I
BECHOT, M., e ARENAS-DOLZ, F. (dirs.) 10 palabras clave en Hemenéutica Filosófica, Estella, Verbo Divino, 2006.
FERRARIS, M., Historia de la Hermenéutica, Madrid, Siglo XXI, 2002.
FERRARIS, M., La hermenéutica, Madrid, Cristiandad, 2004.
GADAMER, H.-G., Verdad y método. Fundamentos de una hermenéutica filosófica, Salamanca, Sígueme, 1988.
GRONDIN, J., ¿Qué es la hermenéutica?, Barcelona, Herder, 2008.
MACEIRAS, M. e TREBOLLE, J., La hermenéutica contemporánea, Madrid, Cincel, 1995.
RICOEUR, P.: Del texto a la acción. Ensayos de Hermenéutica, México, FCE, 2002.
VV.AA, Diccionario de Hermenéutica, Bilbao, Universidad de Deusto, 2006.
Bibliografía Bloque II
O docente responsable entregará a bibliografía correspondente aos textos empregados como exemplo dos xéneros filosóficos a estudar e que abranguerán obras dos filósofos presocráticos, Platón, Aristóteles, Agostiño de Hipona, Tomé de Aquino, Descartes, Hume, Kant, Nietzsche, Ortega y Gasset, Hannah Arendt, Simone de Beauvoir, Iris Murdoch, Sartre, Camus, Judith Butler, etc.
Os contidos da materia contribúen á adquisición das seguintes competencias propias do título:
Competencias básicas e xerais
CX1.- Que as persoas estudantes as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2.- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3.- Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4.- Que estean capacitadas para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CB1.- Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2.- Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4.- Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas
CE2.- Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE4.- Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5.- Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos filosóficos.
CE6. - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8.- Desenvolvemento do razoamento crítico.
Competencias transversais
CT1.- De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT2.- Persoais: Boa disposición para o traballo cooperativo. Razoamento crítico.
CT3.- Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Creatividade.
Esta materia está orientada á formación teórico-práctica do alumnado na metodoloxía da investigación e creación filosófica a través do traballo activo individual e grupal de lectura e interpretación de textos filosóficos nos seus diversos xéneros e a través da realización de prácticas de investigación e escrita filosófica.
A didáctica da materia baséase na facilitación dunha aprendizaxe cooperativa entre iguais e orientado á capacitación para a análise e desenvolvemento de problemas filosóficos a través da escrita de comentarios de texto e unha disertación filosófica.
1. Nas aulas expositivas, os docentes desenvolverán os contidos do programa con base nunha selección de textos que serán facilitados ao alumnado en formato dixital a través do Campus Virtual da materia. Tamén se facilitará ao alumnado o material didáctico elaborado polos docentes.
2. Nas aulas interactivas realizaranse traballos prácticos sobre a base dos temas explicados polos docentes nas aulas expositivas. Durante a explicación do bloque I, o alumnado realizará prácticas na Biblioteca da Facultade de Filosofía para o coñecemento das fontes de información para o estudo da Filosofía, a correcta citación das referencias bibliográficas e a identificación dos diferentes xéneros literarios da Filosofía. As sesións interactivas do bloque II desenvolveranse sobre a lectura colectiva e/ou individual dos textos básicos seleccionados polo docente responsable deste bloque, acompañado dun debate entre o alumnado asistente no cal se analizarán as diversas interpretacións filosóficas e favorecerase a construción dunha interpretación e opinión persoal ante o texto abordado.
3. Nas titorías individuais e grupal o alumnado poderá realizar consultas e resolver dúbidas cos docentes sobre o contido das aulas teóricas, sobre os problemas analizados e a bibliografía das aulas interactivas, sobre a elaboración dos comentarios de texto e disertación filosófica, e sobre calquera outro aspecto da materia (metodoloxía, avaliación, bibliografía, etc.).
A cualificación final da materia obterase ponderando as seguintes actividades:
1.- Asistencia e participación. Valorarase a participación activa nas sesións expositivas e interactivas. Porcentaxe na cualificación final:10%
2.- Comentario de texto. Entrega de 1 comentario de texto dun máximo de entre 1.000 e 1.200 palabras. Porcentaxe na cualificación final: 45%
3.- Disertación filosófica. Elaboración dunha disertación filosófica dun máximo de entre 1.000 e 1.200 palabras sobre un problema filosófico seleccionado polos docentes. Valorarase a orixinalidade, a capacidade de análise do problema, o rigor argumentativo e a aplicación práctica dos contidos do bloque I do temario. Porcentaxe na cualificación final: 45%
4.- Exame final: Exclusivamente, para o alumnado con dispensa de asistencia que opte por esta modalidade de avaliación. Porcentaxe na cualificación final: 100%
O comentario de texto e a disertación serán entregados obrigatoriamente a través do Campus Virtual nas datas que indiquen os docentes. Non se permitirá a entrega conxunta e nunha única entrega dos traballos que integran a avaliación continua.
Para a realización da disertación, establécense as seguintes tarefas:
a) Cada estudante enviará obrigatoriamente por correo electrónico e na data que se estableza a súa proposta de tese ao docente responsable para que sexa revisada.
b) Con carácter previo á preparación do borrador da disertación, o alumnado da materia do curso anterior e que obtivo sobresaliente na disertación, presentará en aula a súa disertación ao alumnado actual, ofrecerá consellos e responderá ás preguntas que se formulen en relación á disertación.
c) Constituiranse grupos de lectura de 5 persoas do mesmo grupo de interactivas que lerán e revisarán cadanseu borrador da disertación do resto de persoas integrantes do grupo. Cadanseu borrador da disertación deberá estar preparado na data que estableza o docente e entregarase a través do Campus Virtual. A revisión grupal farase empregando a rúbrica de valoración da disertación que estará dispoñible no Campus Virtual. O obxectivo é que a versión definitiva da disertación teña sido revisada e mellorada grupalmente antes da súa entrega para avaliación.
d) Antes de entregar ao docente a versión definitiva da disertación a través do Campus Virtual, esta ten que ter sido revisada grupalmente obrigatoriamente.
e) O docente correspondente devolverá corrixida a disertación xunto coa rúbrica de valoración da disertación.
f) O alumnado que obteña sobresaliente na disertación, presentará a disertación en aula nas datas que se establezan.
En caso de non aprobar a materia pola avaliación continua, o alumno/a deberá realizar unha nova entrega dos traballos suspensos nas datas oficiais dos exames de 1ª ou 2ª oportunidade. A nota dos traballos aprobados conservarase.
Para superar a avaliación continua deberase aprobar cada un dos traballos (comentario de texto e disertación) que a integran. Non se fará media cun dos traballos suspenso.
O alumno/a que non estea exento de docencia e non asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas e non entregue en prazo as tarefas vinculadas á avaliación continua deberá examinarse a través do exame final que consistirá na realización en aula dos 2 traballos que integran a avaliación continua: comentario de texto e disertación resolvendo o mesmo problema filosófico ou preguntas. Para a superación do exame deberase aprobar cada unha das partes que o integran.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten é de 150 horas:
Traballo presencial do alumnado:
Clases teóricas + clases interactivas + titorías = 51 h
Traballo persoal do alumnado:
Seguimento (lecturas, documentación, ampliación, etc.) + elaboración de exercicios escritos e exames= 99 h
TOTAL= 51 + 99= 150 horas
1. É imprescindible unha asistencia regular e entrega de tarefas nos prazos indicados para gozar dunha avaliación continua. O control de asistencia servirá de medición do interese pola materia. Por tanto, resulta imprescindible un traballo constante da materia, e concretamente das lecturas obrigatorias e tarefas previstas, ao longo do semestre. Os estudantes que non procedan a traballar deste xeito non poderán superar a materia pola avaliación continua.
2. Participar activamente na lectura dos textos e nos debates que se susciten durante as aulas expositivas e interactivas.
3. Realizar exercicios de lectura comprensiva e comentario dos textos con base no modelo que facilitarán os docentes.
4. Realizar exercicios de práctica de escritura da disertación filosófica conforme ás indicacións dos docentes.
5. Realizar exercicios de autoavaliación conforme á planilla de valoración da disertación filosófica que será facilitada ao alumnado.
6. O alumnado deberá entregar xunto coa disertación filosófica unha declaración persoal de ausencia de plaxio e orixinalidade que será facilitada polos docentes. Este requisito cumpre coa “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno da USC do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Marcelino Agis Villaverde
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812520
- Correo electrónico
- marcelino.agis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Benito Arbaizar Gil
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812521
- Correo electrónico
- be.arbaizar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
| 11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
| 18.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
| 18.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
| 18.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
| 18.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
| 18.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
| 18.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
| 18.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
| 18.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
| 21.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
| 21.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
| 21.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
| 21.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |
| ARBAIZAR GIL, BENITO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |
| ARBAIZAR GIL, BENITO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |
| ARBAIZAR GIL, BENITO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |
| ARBAIZAR GIL, BENITO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |
| ARBAIZAR GIL, BENITO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |
| ARBAIZAR GIL, BENITO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |
| ARBAIZAR GIL, BENITO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |
| ARBAIZAR GIL, BENITO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |
| ARBAIZAR GIL, BENITO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |
| ARBAIZAR GIL, BENITO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |
| ARBAIZAR GIL, BENITO | Galego |