Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer o propósito da rehabilitación psicosocial, o seu alcance en distintos ámbitos e as súas limitacións.
2. Saber identificar deterioracións, discapacidades, e minusvalías.
3. Coñecer o proceso de reforma psiquiátrica e a política asistencial actual.
4. Coñecer as distintas áreas sobre as que se pode intervir en rehabilitación.
5. Coñecer a nivel básico e xeral os instrumentos máis adecuados para cada área de intervención.
6. Coñecer a nivel básico e xeral os procedementos adecuados para realizar propostas de intervención.
7. Coñecer e aplicar a normativa ética propia da profesión e da investigación psicolóxica.
PROGRAMA TEÓRICO
BLOQUE I: Aspectos conceptuais e procedimentais.
TEMA 1. Concepto de cronicidade e características relacionadas.
TEMA 2. Reforma psiquiátrica e política asistencial.
TEMA 3. Fundamentos da rehabilitación psicosocial.
TEMA 4. Avaliación funcional e planificación da intervención en rehabilitación.
BLOQUE II. Áreas implicadas na rehabilitación de pacientes con trastornos mentais crónicos.
TEMA 5. Actividades da vida diaria.
TEMA 6. Rehabilitación cognitiva.
TEMA 7. Manexo da medicación e prevención de recaídas.
TEMA 8. Adestramento en habilidades sociais.
TEMA 9. Papel da familia e da rede de apoio no proceso de rehabilitación psicosocial.
TEMA 10. Rehabilitación laboral.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
- Análise crítica de cuestións polémicas no campo (tratamento da esquizofrenia, reforma psiquiátrica...).
- A importancia da planificación: O Plan Individualizado de Rehabilitación.
- Manexo e interpretación de instrumentos de avaliación (xenograma, mapa de rede social...).
- Talleres de AVD, adestramento cognitivo, habilidades sociais...
- Elaboración de PIR para distintos casos clínicos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA
Bibliografía Básica:
1. Rodríguez, A. (Coord.) (1997,2002,2011). Rehabilitación psicosocial de personas con trastornos mentales crónicos. Pirámide.
2. Pastor, A., Blanco, A. y Navarro, D. (Coords.) (2010). Manual de rehabilitación del trastorno mental grave. Síntesis.
Bibliografía Complementaria:
Abad, A., Arroyo, J.L., Blanco, M. y otros. (2000). Rehabilitación psicosocial y apoyo comunitario de personas con enfermedad mental crónica: programas básicos de intervención. Consejería Servicios Sociales Comunidad de Madrid.
Aldaz, J.A. y Vázquez, C. (Comps.) (1996). Esquizofrenia: fundamentos psicológicos y psiquiátricos de la rehabilitación. Siglo XXI.
Anthony, W., Cohen, M. & Farkas, M. (1994). Psychiatric Rehabilitation. Center Psychiatric Rehabilitation.
Arias, P., Camps, C., Cifre, A. y otros (2002). Rehabilitación psicosocial del trastorno mental severo. Situación actual y recomendaciones. Asociación Española de Neuropsiquiatría.
Bedell, J.R. (Ed.) (1993). Psychological assessment and treatment of persons with several mental disorders. Taylor & Francis.
Bernardo, M. (2004). Qué sabemos de la esquizofrenia. Guía para pacientes y familiares. Ars médica.
Corrigan, P.W., Mueser, K., Bond, G. & Drake, R. (2008). Principles and practice of psychiatric rehabilitation. Guilford Press.
Fernández, J., Touriño, R., Benítez, N. y Abelleira, C. (Eds.) (2010). Evaluación en Rehabilitación Psicosocial. FEARP.
Kuipers, E., Leff, J. y Lam, D. (2004). Esquizofrenia. Guía práctica de trabajo con las familias. Ed. Paidós.
Liberman, R.P. (1993). Rehabilitación integral del enfermo mental crónico. Martínez Roca.
Penadés, R. y Bernardo, M. (2022). Guía de intervenciones psicológicas en la esquizofrenia. Ediveramérica.
Pratt,C.W., Gill, K.J., Barrett, N.M. & Roberts, M.M. (2006). Psychiatric Rehabilitation. Elsevier.
Competencias específicas da titulación:
Coñecer e comprender...
1. As funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
2. Os distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo-.
Saber...
3. Identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica.
4. Promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria.
5. Seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
6. Definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os seus resultados.
7. Transmitirlles aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación.
8. Elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
9. Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
Competencias específicas da materia:
1. Coñecer e comprender a natureza da rehabilitación e os seus principios para aplicalos á atención de persoas con problemas de saúde mental de longa duración nunha contorna comunitaria.
2. Coñecer a realidade asistencial e social que rodea ás persoas con alteracións mentais crónicas.
3. Coñecer as distintas áreas desde as que se pode intervir en rehabilitación para propiciar un funcionamento autónomo.
4. Ser capaz de identificar habilidades, déficits e recursos dos usuarios.
5. Saber seleccionar e administrar os instrumentos máis pertinentes segundo as distintas áreas de avaliación.
6. Ser capaz de formular propostas para un plan de rehabilitación individualizado.
- As clases expositivas serven para introducir e guiar o desenvolvemento dos diferentes temas do programa. Nas clases, que serán de carácter presencial, realízase unha exposición teórica dos contidos máis importantes de cada un dos temas do programa. As presentacións efectúanse sobre material dispoñible para os estudantes a partir dos capítulos do libro de texto que constitúe a bibliografía básica da materia e os diferentes contidos do programa teórico explícanse co apoio de diapositivas. A asistencia ás leccións maxistrais é voluntaria, aínda que se recomenda que o estudante asista con certa regularidade porque implica unha maior e máis rápida adquisición das competencias específicas da materia.
- As actividades interactivas complementan os contidos teóricos e consisten na elaboración de diferentes traballos de carácter práctico: comentarios críticos, casos clínicos, exercicios prácticos, vídeos, manexo de instrumentos/materiais do campo e outras actividades virtuais propostas para profundar en cada tema (estas últimas tarefas serán optativas). As clases interactivas seguen o modelo de docencia híbrida: parte das actividades farase en sesións presenciais na aula (con asistencia obrigatoria) e outra parte realizarase en remoto, de forma asíncrona, a través da aula virtual da materia, que estará dispoñible no Campus Virtual para todos os estudantes matriculados. O traballo realizado na clase, presencialmente, entregarase á profesora ao final de cada sesión interactiva. O traballo das sesións telemáticas enviarase a través da aula virtual no prazo programado para a entrega de cada unha das tarefas (cada sesión en remoto activarase na aula virtual a principios de semana e o prazo de entrega da tarefa correspondente rematará en 5 días). A asistencia/realización das actividades interactivas é obrigatoria. Se un estudante faltou a algunha interactiva ou non entregou o traballo no prazo estipulado, e existe unha causa xustificada para esa falta (enfermidade), terá a opción de "recuperar" esa interactiva realizando un "traballo extra" (lectura dun artigo, breve resumo e comentario crítico sobre o mesmo).
Como sistema de avaliación da aprendizaxe, a avaliación continua formativa combinarase cunha proba final obxectiva, obrigatoria para todos os estudantes matriculados na materia. En consecuencia, os estudantes serán avaliados a través de dous criterios:
- Para a avaliación da teoría o estudante someterase a un exame final, que consistirá nunha proba obxectiva tipo test, de 30-40 ítems e catro opcións de resposta. Esta proba é de carácter obrigatorio e ten un peso na nota final dun 60%.
- A avaliación continua formativa farase a partir de todas as actividades prácticas realizadas e entregadas polo estudante ao longo do curso. Os contidos interactivos supoñen, pois, o 40% da nota global da materia. En concreto, os traballos efectuados durante as clases interactivas (presenciais e telemáticas) supoñen un 30% da nota final; mentres que as tarefas virtuais asociadas a cada tema do programa, o 10% restante da nota. Para superar a materia o estudante debe entregar, polo menos, o 70% dos traballos desenvolvidos nas sesións interactivas (realizar como mínimo 6 prácticas). As tarefas virtuais optativas (que supoñen o 10% da nota) son altamente recomendables, pero non hai obrigación de realizalas para aprobar.
Aspectos a ter en conta para o cálculo das notas: Como se avanzou, a cualificación obtida na proba obxectiva (correspondente á parte teórica) equivale ao 60% da nota; o 40% restante corresponde á realización das diferentes actividades interactivas, tanto en aula de forma presencial, como a través do Campus Virtual. Agora ben, para que a puntuación alcanzada nas actividades prácticas compute na cualificación final, o estudante ten que obter polo menos un 4,5 (sobre 10) na proba obxectiva. Por último, para superar a materia requírese que o sumatorio das puntuacións ponderadas obtidas no exame final e nas prácticas/actividades alcance un mínimo de 5 sobre 10.
Estas condicións permanecerán invariables en calquera circunstancia na que se atope o alumnado, inclusive no caso de dispensa de asistencia (o estudante deberá obrigatoriamente realizar un 70% das actividades interactivas e terá a posibilidade de recuperar ata 3 sesións interactivas entregando un traballo extra).
A materia consta de 4,5 créditos, o que corresponde a un total estimado de 112,5h de traballo do estudante, que se estiman repartidas do seguinte xeito:
- Asistencia a actividades presenciais (docencia, avaliación): 40,5h.
- Traballo non presencial: 72h.
Para o bo aproveitamento da materia o estudante debería ter coñecementos de psicopatoloxía e de tratamentos psicolóxicos (desaconséllase matricularse nesta materia sen superar Psicopatoloxía I e Tratamentos psicolóxicos I e II).
Recoméndase asistir a clase de teoría con regularidade; ademais, sería desexable levar ao día os contidos da materia. Por último, o alumnado debe facer un seguimento regular -cando menos semanal- das actividades, tarefas, materiais e anuncios da Aula Virtual.
O horario de titoría fixarase ao comezo de cada curso académico; con todo, os estudantes poden solicitar por correo electrónico unha titoría presencial ou telefónica nun horario diferente acordado coa profesora.
Maria Jose Santiago Mariño
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813775
- Correo electrónico
- mariajose.santiago [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE | Castelán |