Ir o contido principal
STG

Campus

As universidades públicas do Sistema Universitario Galego estrutúranse en campus universitarios, concibidos como complexos organizativos territoriais e espazos de integración e convivencia dos membros da comunidade universitaria.

 

Desde 1495, a cidade de Santiago de Compostela foi a sede matriz da universidade galega. A partir da aprobación da Lei Xeral de Educación de 1970 impulsouse a integración de diversos centros de estudos superiores, a creación de colexios universitarios nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo e unha progresiva descentralización da oferta académica con facultades e escolas distribuídas en sete campus dependentes da USC.

Tras a aprobación da Lei de Ordenación Universitaria en 1989, os campus de Ourense, Pontevedra e Vigo integráronse na Universidade de Vigo, e os de Ferrol e A Coruña, na Universidade da Coruña. Desde aquela, a USC conta con dous campus, un en Santiago de Compostela e outro na cidade de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.12.2019.