Neste contexto, esta proposta de micromecenado ten como obxectivo impulsar un fondo de cooperación internacional, que permita a todos os membros da comunidade universitaria contribuír á acollida deste estudantado na nosa institución, recadando fondos para o programa de acollida a persoas con estatuto de refuxiadas, de protección temporal en España ou procedentes de países en conflito.
No curso académico 2023-2024 a USC, en estreita colaboración co seu Consello Social, cubriu a través deste programa un total de 10 axudas. Coa vosa colaboración confiamos en poder manter e ampliar o programa para o vindeiro curso.
Obxectivos propostos
- Acollida en residencias universitarias.
- Prestación dunha axuda económica mensual para manutención.
- Prestación de apoio á integración do estudantado refuxiado mediante asesoramento legal, psicolóxico e sanitario.
- Acceso ou continuación de estudos superiores, situando os países en conflito como prioridade en materia de cooperación universitaria.