Ir o contido principal
STG

Artigo

Resultados

A muller na banda deseñada

A biblioteca Concepción Arenal súmase ao 8M coa mostra bibliográfica "A muller na banda deseñada", unha escolla de obras de banda deseñada onde as protagonistas son as mulleres. Ademais da mostra virtual, poderá visitarse na propia biblioteca ata o 14 de marzo.

A Comisión de Seguimento do protocolo entre a USC e o Concello de Santiago cumpre coa axenda marcada e define áreas de traballo específicas na súa primeira reunión

Entre as resolucións acordadas pola Comisión nesta primeira xuntanza, tratouse a proposta de subscrición por parte da USC de acordos con entidades promotoras de residencias universitarias baixo condicións específicas de acordo co Concello. A xestión administrativa e transferencia do coñecemento, o Plan Especial do Campus, así como a delimitación dos seus viais, e as infraestruturas son os primeiros eixes de traballo para os que se constituirán grupos de traballo específicos nas próximas semanas

'Troia-Mentoring', un pulo a prol da integración sociolaboral

O programa de capacitación en habilidades empresariais para persoas con síndrome de Down impulsado desde a Aula TIC-Pemes da USC bota a andar na Facultade de ADE con 8 persoas con discapacidade intelectual que, acompañados de voluntariado da USC, completarán estadías profesionais durante dous meses en empresas de Lugo tras recibir 30 horas de formación específica

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.