Ir o contido principal
STG

Coñecen na EPSE as investigacións máis punteiras no ámbito dos drons de Galicia e Norte de Portugal

A xornada desenvolveuse na EPSE
A xornada desenvolveuse na EPSE
Nunha xornada de formación especializada en aeronáutica

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus de Lugo reuniu este xoves estudantes, profesionais e persoas interesadas nas tecnoloxías emerxentes do sector aeronáutico. Foi nunha xornada de formación centrada nas últimas aplicacións tecnolóxicas dos drons levadas a cabo polas universidades e centros tecnolóxicos na que se presentaron as investigacións máis punteiras de Galicia e Norte de Portugal.

En concreto, tratáronse catro áreas clave do sector: pilotaxe de drons para redes de comunicacións mediante sistemas de apuntamento, aplicacións en monitorización aérea, técnicas de aterraxe en plataformas flotantes e big data aeroespacial.

Na xornada participaron Marta López Alonso, directora comisaria de iTerra; Mariluz Gil, coordinadora pola USC do proxecto AEROGANP; Humberto Michinel, IP de AERORGANP; Humberto Michinel, da UVigo; Anne Gosset, da UDC; Enrique Ventas, do Centro Tecnolóxico Nacional; Alexandre Oliveira, do Centro de Robótica e Sistemas Autónomos de Portugal; Roberto Iglesias, da USC; e Gustavo Dias,  da Universidade do Minho (Portugal).
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.01.2026.