Ir o contido principal
STG

Xornadas EL@N: Modernización do ensino-aprendizaxe do Francés Lingua Estranxeira (FLE) e do Inglés Lingua estranxeira (EFL)

24.10.2024-25.10.2024

O Campus de Lugo acollerá as xornadas os días 24 e 25 de outubro

Facultade de Humanidades
Facultade de Humanidades

Os vindeiros días 24 e 25 de outubro celebraranse na Facultade de Humanidades (Campus de Lugo) as XORNADAS “EL@N”: Modernización do ensino-aprendizaxe do FLE e o EFL, organizadas polas profesoras da USC María Isabel González Rey, da Área de francés no Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, e Martázul Busto Núñez, da Sección de francés do Centro de Linguas Modernas. A inscrición é gratuíta e aberta a todo o alumnado da USC, así como a profesorado de ensino universitario e non universitario e calquera persoa interesada.

A inscrición poderá formalizarse entre o 30 de setembro e o 21 de outubro de 2024 a través da seguinte ligazón: https://forms.office.com/e/LNXpB2TsaH

Expedirase certificado de asistencia ás persoas participantes. O recoñecemento da actividade con 1 crédito ECTS para alumnado da USC está pendente de trámite.

Para obter máis información, enviar un correo a martazul.busto [at] usc.gal (martazul[dot]busto[at]usc[dot]gal) ou chamar á conserxería da Facultade de Humanidades (teléfono 982 8 24700).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.09.2024.