Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Endocrinoloxía

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.endocrinoloxia [at] usc.es

O principal obxectivo do Programa é contribuír ao aumento tanto do número de investigadores en endocrinoloxía cun forte compoñente translacional, incluíndo tanto a médicos como a graduados noutras ramas biosanitarias tales como Bioloxía, Farmacia, Veterinaria etc. Os Profesores do Programa abarcan practicamente todas as ramas da Endocrinoloxía das máis básicas ás máis clínicas.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600536
Número prazas: 15

Coordinador-a do título:
Roman Perez Fernandez
roman.perez.fernandez [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
22/06/2021

Códigos ISCED:
(721) Medicina
(420) Ciencias de la vida
(0912) Medicina

O principal obxectivo do Programa é contribuír ao aumento tanto do número de investigadores en endocrinoloxía cun forte compoñente translacional, incluíndo tanto a médicos como a graduados noutras ramas biosanitarias tales como Bioloxía, Farmacia, Veterinaria etc.

O Programa conta con Mención de Excelencia que se mantivo durante todos os anos ofertados.

Os Profesores do Programa abarcan prácticamente todas as ramas da Endocrinoloxía das máis básicas ás máis clínicas. Tratarase de facilitar a incorporación dos candidatos a aqueles Grupos que mellor se adapten ao seu perfil e ás súas aspiracións profesionais (investigación clínica, investigación básica, oncoloxía endocrinolóxica, neurobioloxía da homeostasis enerxética etc)

O programa pretende familiarizar aos estudantes en formación coas diferentes técnicas dispoñibles para o estudo da patoloxía endocrinolóxica, facilitando así mesmo a interacción dos grupos básicos e clínicos de forma que os estudantes reciban unha formación do máis alto nivel.

A aceptación no Programa incluirá a asistencia ás Actividades de formación que inclúen seminarios, discusións científicas, e asistencia a cursos e congresos, así como vivir o ambiente dun Centro de Investigación translacional e clínica.

O Programa pretende incorporar estudantes altamente motivados en recibir unha ampla formación transdisciplinar utilizando as máis avanzadas técnicas de investigación dispoñibles.

O Programa está aberto a candidatos de calquera nacionalidade e de feito nel están/formáronse estudantes de máis 10 países distintos. Os Profesores do Programa manexan o inglés científico de forma habitual e moitas das Actividades do programa son neste idioma, polo que os estudantes doutros países séntense confortables.

Os estudantes seleccionados dispoñerán dun titor/Director de Tese que se encargará de facilitarlles a súa incorporación ao Grupo de investigación e da súa supervisión directa durante a súa etapa de formación

Tratarase de facilitar a incorporación dos candidatos a aqueles Grupos que mellor se adapten ao seu perfil e ás súas aspiracións profesionais (investigación clínica, investigación básica, oncoloxía endocrinolóxica, neurobioloxía da homeostasis enerxética etc) O programa pretende familiarizar aos estudantes en formación coas diferentes técnicas dispoñibles para o estudo da patoloxía endocrinolóxica, facilitando así mesmo a interacción dos grupos básicos e clínicos de forma que os estudantes reciban unha formación do máis alto nivel. A aceptación no Programa incluirá a asistencia ás Actividades de formación que inclúen seminarios, discusións científicas, e asistencia a cursos e congresos, así como vivir o ambiente dun Centro de Investigación translacional e clínica. O Programa pretende incorporar estudantes altamente motivados en recibir unha ampla formación transdisciplinar utilizando as máis avanzadas técnicas de investigación dispoñibles.

Os candidatos deben acreditar que obtiveron un dos dous títulos universitarios oficiais outorgado por unha Institución de Educación Superior Europea acreditada:

• Máster en calquera área de Ciencias da Vida (300 créditos ECTS totais, dos que polo menos 60 créditos ECTS serán de nivel máster). En caso de titulacións estranxeiras deberán acreditar un título de máster equivalente outorgado por unha Institución de Educación Superior acreditada. A Comisión Académica (CAPD) do programa de Endocrinoloxía poderá aceptar candidatos con Máster noutras áreas alleas con equivalente número de créditos (300 créditos ECTS totais dos que polo menos 60 sexan de nivel máster) se considera que superaron créditos suficientes en materias relacionadas con aspectos teóricos ou prácticos de investigación biomédica.

• De forma xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este programa de Doutoramento sen complementos de formación serán os Máster en:

 P2061 Investigación Biomédica (USC) P0272V01 Ciencias Odontolóxicas-ed.2-

 Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos (USC)

 Biotecnoloxía (USC)

 Investigación en Ciencias da Visión (USC)

 Investigación en Medicina e Sanidade Veterinaria (USC)

 Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias (USC)

 Investigación en Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía (USC)

 Neurociencia (60 ECTS) (USC)

 Biotecnoloxía avanzada (UVIGO)

 Neurociencia (UVIGO)

 Nutrición (UVIGO)

 Metodoloxía e aplicacións en bioloxía molecular (UVIGO)

 Ciencia e tecnoloxía en termalismo e balneoterapia (UVIGO)

• Á súa vez os Graduados en Medicina pola USC ou outra universidade europea acreditada poderán acceder directamente.

• Finalmente, os BIR, QIR, FIR, ou PIR hospitalarios que superen o segundo curso de formación especializada

• Aqueles graduados con título oficial en áreas de ciencia da saúde ou áreas afíns con 300 créditos ECTS realizarán os complementos específicos equivalentes aos créditos nivel máster que decida a Comisión Académica (CAPD) do programa de Endocrinoloxía, dentro dos Másteres oficiais da USC ou da UVIGO relacionados co programa de Endocrinoloxía, fundamentalmente: o Máster en Investigación Biomédica (USC) ou o Máster en Nutrición (UVIGO) para que obteñan o necesario nivel de créditos oficiais que lles permitan obter o título de Doutoramento en Medicina.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

• Preacordo de titorización (e no seu caso tras entrevista persoal): ata 6 puntos

• Proxecto de Investigación segundo necesidades de distribución entre as Liñas de Investigación: ata 2 puntos

• Valoración do expediente e curriculum: ata 2 puntos

Para ser admitidos no Programa de Endocrinoloxía, os candidatos deben obter polo menos 5 puntos na valoración .

No caso improbable de que exista un número de solicitudes maior ao ofertado, a CAPD priorizará as solicitudes utilizando criterios entre os que se inclúe o número de doctorandos xa existentes en cada liña de investigación e a capacidade económica do grupo.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Seminarios semanais de investigación das institucións

  • E2031A01

Participación nos eventos organizados polas sociedades de endocrinoloxía ou consorcios internacionais

  • E2031A02

Seminarios de novas tecnoloxías e/ou novos fármacos organizados en colaboración coa industria

  • E2031A03

Discusión semanal dos seus resultados de investigación dentro do seu grupo de investigación

  • E2031A04

Presentación anual dos seus resultados de investigación

  • E2031A05

Cursos acreditados de formación complementaria

  • E2031A06

Aqueles graduados con título oficial en áreas de ciencia da saúde ou áreas afíns con 300 créditos ECTS realizarán os complementos específicos equivalentes aos créditos nivel máster que decida a Comisión Académica (CAPD) do programa de Endocrinoloxía, dentro dos Másteres oficiais da USC ou da UVIGO relacionados co programa de Endocrinoloxía, fundamentalmente: o Máster en Investigación Biomédica (USC) ou o Máster en Nutrición (UVIGO) para que obteñan o necesario nivel de créditos oficiais que lles permitan obter o título de Doutoramento en Medicina.

Profesores Área
David Araujo Vilar
Medicina
Roberto Peino Garcia
Medicina
Ana María Clavería Fontán
Escola de Doutoramento Internacional
Ana Belen Crujeiras Martinez
Escola de Doutoramento Internacional
Ignacio Juan Bernabeu Morón
Escola de Doutoramento Internacional
Miguel Angel Martinez Olmos
Medicina
Pablo Fernández Catalina
Escola de Doutoramento Internacional
Mª De Los Reyes Luna Cano
Escola de Doutoramento Internacional
María Luisa Rúa Rodríguez
Escola de Doutoramento Internacional
Clara Fuciños González
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Clara Alvarez Villamarin
Fisioloxía
Roman Perez Fernandez
Fisioloxía
Jose Manuel Cameselle Teijeiro
Anatomía Patolóxica
Susana Belen Bravo Lopez
Escola de Doutoramento Internacional
Yolanda Pazos Randulfe
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Rosa Maria Señaris Rodriguez
Fisioloxía
Maria Rosalia Gallego Gomez
Histoloxía
Carlos Dieguez Gonzalez
Fisioloxía
Luis Jesus Lima Rodriguez
Fisioloxía
Sulay Amparo Tovar Carro
Fisioloxía
Ruben Nogueiras Pozo
Sen Denominación
Maria Del Carmen Garcia Garcia
Fisioloxía
Miguel Antonio Lopez Perez
Fisioloxía
Federico Mallo Ferrer
Escola de Doutoramento Internacional
Lucas González Matías
Escola de Doutoramento Internacional
Yolanda Diz Chaves
Escola de Doutoramento Internacional
Luisamaría Seoane Camino
Escola de Doutoramento Internacional

O principal obxectivo do Programa é contribuír ao aumento tanto do número de investigadores en endocrinoloxía cun forte compoñente translacional, incluíndo tanto a médicos como a graduados noutras ramas biosanitarias tales como Bioloxía, Farmacia, Veterinaria etc.

O principal obxectivo do Programa é contribuír ao aumento tanto do número de investigadores en endocrinoloxía cun forte compoñente translacional, incluíndo tanto a médicos como a graduados noutras ramas biosanitarias tales como Bioloxía, Farmacia, Veterinaria etc.

O Programa conta con Mención de Excelencia que se mantivo durante todos os anos ofertados.

Os Profesores do Programa abarcan prácticamente todas as ramas da Endocrinoloxía das máis básicas ás máis clínicas. Tratarase de facilitar a incorporación dos candidatos a aqueles Grupos que mellor se adapten ao seu perfil e ás súas aspiracións profesionais (investigación clínica, investigación básica, oncoloxía endocrinolóxica, neurobioloxía da homeostasis enerxética etc)

O programa pretende familiarizar aos estudantes en formación coas diferentes técnicas dispoñibles para o estudo da patoloxía endocrinolóxica, facilitando así mesmo a interacción dos grupos básicos e clínicos de forma que os estudantes reciban unha formación do máis alto nivel.

A aceptación no Programa incluirá a asistencia ás Actividades de formación que inclúen seminarios, discusións científicas, e asistencia a cursos e congresos, así como vivir o ambiente dun Centro de Investigación translacional e clínica.

O Programa pretende incorporar estudantes altamente motivados en recibir unha ampla formación transdisciplinar utilizando as máis avanzadas técnicas de investigación dispoñibles.

O Programa está aberto a candidatos de calquera nacionalidade e de feito nel están/formáronse estudantes de máis 10 países distintos. Os Profesores do Programa manexan o inglés científico de forma habitual e moitas das Actividades do programa son neste idioma, polo que os estudantes doutros países séntense confortables.

Os estudantes seleccionados dispoñerán dun titor/Director de Tese que se encargará de facilitarlles a súa incorporación ao Grupo de investigación e da súa supervisión directa durante a súa etapa de formación

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

  • Lograr un nivel de formación que consiga avanzar o coñecemento nunha das liñas de investigación do ámbito da Endocrinoloxía nas nosas institucións, tanto na súa vertente teórica como na súa vertente metodolóxica.
  • Aplicar os métodos teóricos, cuantitativos e cualitativos apropiados para proxectos de investigación do máis alto nivel, ou no seu caso para ensaios clínicos rexistrados internacionais.
  • Ser quen de prever as dificultades técnicas da experimentación científica en endocrinoloxía, e as limitacións dos modelos experimentais in vitro, en animais ou en pacientes. Isto implica unha crítica construtiva da interpretación dos propios datos e a defensa intelectual de posibles solucións ou hipóteses alternativas.
  • Presentar e defender convincentemente traballos científicos no ámbito da endocrinoloxía ante un público experto, tanto de investigadores básicos como de investigadores clínicos en español e en inglés.
  • Elaborar un traballo de investigación académica capaz de elevar a nosa fronteira do coñecemento nalguhna das liñas de investigación do Programa

• Lograr un nivel de formación que consiga avanzar o coñecemento nunha das liñas de investigación do ámbito da Endocrinoloxía nas nosas institucións, tanto na súa vertente teórica como na súa vertente metodolóxica.

• Aplicar os métodos teóricos, cuantitativos e cualitativos apropiados para proxectos de investigación do máis alto nivel, ou no seu caso para ensaios clínicos rexistrados internacionais.

• Ser quen de prever as dificultades técnicas da experimentación científica en endocrinoloxía, e as limitacións dos modelos experimentais in vitro, en animais ou en pacientes. Isto implica unha crítica construtiva da interpretación dos propios datos e a defensa intelectual de posibles solucións ou hipóteses alternativas.

• Presentar e defender convincentemente traballos científicos no ámbito da endocrinoloxía ante un público experto, tanto de investigadores básicos como de investigadores clínicos en español e en inglés.

• Elaborar un traballo de investigación académica capaz de elevar a nosa fronteira do coñecemento nalguhna das liñas de investigación do Programa

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Roman Perez Fernandez

Vogais
Ana Belen Crujeiras Martinez
Miguel Angel Martinez Olmos
Yolanda Pazos Randulfe
Sulay Amparo Tovar Carro
Rosa Maria Señaris Rodriguez

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

19,0

20,0

15,0

15,0

15,0

15,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

105,26

80,0

93,33

80,0

73,33

126,67

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

13,0

10,0

12,0

7,0

6,0

13,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

55,0

52,0

53,0

48,0

41,0

46,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

69,23

60,0

75,0

100,0

66,67

46,15

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

38,46

30,0

8,33

57,14

0,0

15,38

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

30,77

20,0

8,33

57,14

0,0

7,69

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

7,69

10,0

0,0

0,0

0,0

7,69

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

10,91

9,62

7,55

10,42

9,76

8,70

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

3,64

5,77

1,89

2,08

0,0

2,17

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

72,73

75,0

67,92

72,92

70,73

76,09

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

18,18

11,54

3,77

4,17

4,88

8,7

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

9,09

13,46

28,3

22,92

24,39

13,04

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

2,5

0,0

0,0

0,0

10,34

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

2,56

5,56

5,71

0,0

0,0

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

28,21

30,56

37,14

48,28

54,29

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

1,0

1,0

0,7

0,75

1,0

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

45,0

48,0

43,0

44,0

45,0

53,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

3,75

4,0

3,9091

4,0

3,4615

4,0769

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

84,62

100,0

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

91,67

91,67

90,91

90,91

69,23

76,92

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

6,98

8,33

8,16

0,0

0,0

0,0

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

20,83

0,0

15,38

8,7

16,96

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

8,0

8,0

6,0

10,0

8,0

2,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

75,0

50,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

25,0

50,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

1,0

0,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

8,0

1,0

5,0

8,0

7,0

2,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

0,0

7,0

1,0

1,0

1,0

0,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,9589

4,9315

4,6986

4,3627

4,6253

4,7726

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

-

-

-

3,9452

4,1658

4,9315

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

0,0

0,0

20,0

12,5

0,0

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

87,5

100,0

100,0

100,0

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

25,0

16,67

0,0

12,5

0,0

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

19,15

23,91

41,86

5,56

5,88

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.