Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.epidemioloxia [at] usc.es

Un programa de doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública en Galicia é de vital importancia para, por unha banda, manter a investigación en saúde pública, o que contribuiría a mellora da calidade de vida da poboación, e da administración e xestión sanitaria. Doutra banda, tamén contribuiría á formación de novo profesorado para poder garantir a sustentabilidade xeneracional do grupo de investigación de Saúde Pública, mediante a formación de novos investigadores, o que contribuiría á produción científica e ás liñas de investigación no futuro.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600496
Número prazas: 15

Coordinador-a do título:
Agustin Montes Martinez
agustin.montes [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
03/06/2022

Códigos ISCED:
(720) Salud
(0919) Salud (otros estudios)

Un programa de doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública en Galicia é de vital importancia para, por unha banda, manter a investigación en saúde pública, o que contribuiría a mellora da calidade de vida da poboación, e da administración e xestión sanitaria. Doutra banda, tamén contribuiría á formación de novo profesorado para poder garantir a sustentabilidade xeneracional do grupo de investigación de Saúde Pública, mediante a formación de novos investigadores, o que contribuiría á produción científica e ás liñas de investigación no futuro. De feito, e considerando o moi probable perfil profesional da maioría dos alumnos que cursarán o doutoramento, profesionais da Saúde Pública e residentes, preveuse incluír na oferta de prazas unha maior porcentaxe das mesmas destinadas aos alumnos que desexen cursar o programa a tempo parcial.

Sen complementos de formación:

• De forma xeral, este programa do doutoramento vai dirixido a aqueles alumnos que cursasen un máster adscrito aos ámbitos de coñecemento de Medicina e Odontoloxía, Farmacia e Enfermería.

• Poderán acceder aqueles alumnos/as que cursasen algún máster en Saúde Pública.

• Tamén terán acceso os estudantes co título de DEA obtido a través dos programas “Medicina ambiental e conductual” e “Saúde Pública” na USC.

Outros perfís:

• No caso de outros perfís que non realizasen máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos do máster que dá acceso directo, que serán 60 ECTS.

• Para calquera outro perfil a CAPD estudará os casos individualmente, podendo admitir ou non aos/as alumnos/as e establecendo complementos de formación en caso de ser necesario. Estes complementos non poderán superar os 15 ECTS.

Acceso

1) Con carácter xeral, para o acceso a un programa de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos españois de grao, ou equivalente, e de máster universitario.

2) Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que habilite para o acceso ao máster de acordo con o establecido no artigo 18 do R.D. 822/2021 e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios, dos que, polo menos 60, haberán de ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme a normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Devanditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, previa obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, previa comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente ao do título español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento a outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme ás anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario que obtivese a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo con o procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, do 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3) Os doutorandos que iniciarán o seu programa de doutoramento conforme a anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento previa admisión, de acordo co establecido no Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral na devandita lexislación para acceso a estudos de doutoramento.

4) Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que estivesen en posesión do Diploma de Estudos Avanzados obtido de acordo con o disposto no Real Decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcanzasen a suficiencia investigadora regulada no Real Decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5) Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que estivesen en posesión dun título de máster conforme ao Real Decreto 56/2005 ou do Real Decreto 822/2021, ou superasen 60 ECTS de estudos de máster.

6) Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios, dos que polo menos 60 haberán de ser de nivel de máster.

1) Un informe de viabilidade emitido por un/unha profesor/a no marco da liña de investigación á que se vincule.
2) O/o alumno/a debe ter acreditado un nivel mínimo de coñecementos de inglés equivalente ao nivel B1. O nivel de inglés acreditarase coa correspondente certificación oficial das incluídas na listaxe de acreditacións recoñecidas polo Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC para os distintos niveis do Marco Común Europeo: https://www.usc.gal/es/servizos/clm/acreditacion/index.html
3) Aqueles alumnos cuxo idioma nativo non sexa o galego ou o castelán deberán acreditar un nivel B2 en calquera destes idiomas ou en Inglés.

• Expediente académico: Hasta el 50%

• Experiencia investigadora previa e os seus resultados: Ata o 25%. Débese presentar documentación xustificativa.

• Experiencia profesional: Ata o 15%. Débese presentar documentación xustificativa (certificación de vida laboral, copia de contratos, bolsas, etc.).

• Outros aspectos acreditados no currículo do candidato: Ata o 10%. Valoraranse as estancias de investigación, cursos realizados e cursos impartidos relacionados coas liñas de investigación do programa. Coñecemento de lingua estranxeira de nivel C2 ou superior e coñecemento doutros idiomas distintos da lingua materna etc. Débese presentar documentación xustificativa.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Impartición de seminarios

  • E2041A01

Discusión semanal dos seus resultados de investigación dentro do seu grupo de investigación

  • E2041A02

Seminario de recollida de datos

  • E2041A04

Revisión bibliográfica

  • E2041A05

Taller na procura bibliográfica

  • E2041A07

Club de lectura

  • E2041A09

Xornadas sobre avances no proxecto da tese

  • E2041A10

Exposición de comunicacións a congresos

  • E2041A11
Profesores Área
Agustin Montes Martinez
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Alberto Ruano Raviña
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Maria Leonor Varela Lema
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Monica Perez Rios
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Julia Rey Brandariz
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Cristina Candal Pedreira
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Cristina Fernandez Perez
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Profesores Área
Adolfo Figueiras Guzman
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Francisco Caamaño Isorna
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Mª De La Almudena Rodríguez Fernández
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Angel Salgado Barreira
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Maruxa Zapata Cachafeiro
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Profesores Área
El Bahi Takkouche Souilamas
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Francisco Caamaño Isorna
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Agustin Montes Martinez
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Alberto Ruano Raviña
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Lucía Moure Rodríguez
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Maria Leonor Varela Lema
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Monica Perez Rios
Medicina Preventiva e Saúde Pública
Narmeen Mallah Nasrallah
Medicina Preventiva e Saúde Pública

Un programa de doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública en Galicia é de vital importancia para, por unha banda, manter a investigación en saúde pública, o que contribuiría a mellora da calidade de vida da poboación, e da administración e xestión sanitaria.

Un programa de doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública en Galicia é de vital importancia para, por unha banda, manter a investigación en saúde pública, o que contribuiría a mellora da calidade de vida da poboación, e da administración e xestión sanitaria. Doutra banda, tamén contribuiría á formación de novo profesorado para poder garantir a sustentabilidade xeneracional do grupo de investigación de Saúde Pública, mediante a formación de novos investigadores, o que contribuiría á produción científica e ás liñas de investigación no futuro. De feito, e considerando o moi probable perfil profesional da maioría dos alumnos que cursarán o doutoramento, profesionais da Saúde Pública e residentes, preveuse incluír na oferta de prazas unha maior porcentaxe das mesmas destinadas aos alumnos que desexen cursar o programa a tempo parcial.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

  • Promover o avance científico e tecnolóxico da Epidemioloxía e a Saúde Pública na sociedade actual
  • Adquirir destrezas no manexo do método epidemiolóxico aplicado á dilucidación de problemas de saúde
  • Avaliar a eficacia, a efectividade, a eficiencia, a utilidade, a seguridade, a equidade territorial, social, étnica ou de xénero das intervencións sanitarias
  • Valorar a distribución dos riscos ambientais, biolóxicos e culturais
  • Sintetizar o coñecemento actual dispoñible sobre o impacto das intervencións sanitarias de interese.

• Promover o avance científico e tecnolóxico da epidemioloxía e a saúde pública na sociedade actual
• Adquirir destrezas no manexo do método epidemiolóxico aplicado á dilucidación de problemas de saúde.
• Avaliar a eficacia, a efectividade, a eficiencia, a utilidade, a seguridade, a equidade territorial, social, étnica ou de xénero das intervencións sanitarias.
• Valorar a distribución dos riscos ambientais, biolóxicos e culturais.
• Sintetizar o coñecemento actual dispoñible sobre o impacto das intervencións sanitarias de interese.

Este programa de doutoramento permitirá formar investigadores no ámbito da saúde que poderán desenvolver a súa posterior actividade profesional nas seguintes áreas e que, sen dúbida, contribuirán á mellora da calidade de vida da poboación:
- Administración e xestión sanitaria.
- Apoio á investigación en unidades de investigación hospitalarias.
- Apoio metodolóxico a grupos de investigación das fundacións sanitarias.
- Incorporación a laboratorios farmacéuticos e CRO (Contract research organization) como monitores de ensaios clínicos.
- Incorporación á vida académica (Persoal docente e investigador das universidades).

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Agustin Montes Martinez

Secretario/a
Adolfo Figueiras Guzman

Vogais
Juan Miguel Barros Dios
Francisco Caamaño Isorna
Alberto Ruano Raviña
El Bahi Takkouche Souilamas
Margarita Taracido Trunk
Lucía Moure Rodríguez
Monica Perez Rios

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

10,0

10,0

10,0

15,0

15,0

15,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

140,0

240,0

280,0

120,0

180,0

193,33

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

6,0

13,0

11,0

7,0

14,0

15,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

38,0

47,0

45,0

46,0

44,0

51,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

46,15

18,18

57,14

28,57

26,67

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

14,29

7,14

6,67

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

7,69

0,0

0,0

7,14

0,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

14,29

0,0

6,67

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

13,16

14,89

17,78

15,22

20,45

23,53

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

7,89

6,38

6,67

4,35

4,55

7,84

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

16,67

38,46

72,73

14,29

35,71

53,33

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

18,42

12,77

13,33

23,91

38,64

45,1

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

36,84

44,68

46,67

34,78

34,09

25,49

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

44,74

42,55

40,0

41,3

27,27

29,41

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

50,0

33,33

9,09

47,06

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

5,88

0,0

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

33,33

33,33

27,27

7,69

5,88

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

0,2

0,75

0,7778

1,0

0,6667

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

19,0

20,0

22,0

23,0

26,0

28,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

2,375

2,5

2,75

2,875

3,25

3,5

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

87,5

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

87,5

100,0

100,0

87,5

100,0

87,5

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

3,85

6,45

9,76

11,54

7,14

3,85

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

13,33

8,33

20,0

7,14

16,96

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

3,0

5,0

4,0

9,0

5,0

6,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

66,67

80,0

50,0

66,67

40,0

83,33

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

33,33

20,0

50,0

33,33

60,0

16,67

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

1,0

1,0

0,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

3,0

2,0

3,0

7,0

5,0

3,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

0,0

3,0

0,0

1,0

0,0

3,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

-

2,9589

3,4507

4,4959

2,9589

3,0183

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

2,5863

3,2822

4,6137

3,412

4,6171

4,474

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

80,0

25,0

33,33

40,0

50,0

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

66,67

80,0

100,0

88,89

100,0

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

22,22

0,0

33,33

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

57,58

44,19

41,67

16,13

10,81

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.08.2024.