Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.medicamentos [at] usc.es

A investigación no campo da biomedicina e a farmacia proporciona unha base sólida para o progreso da medicina. A introdución no mercado de novos medicamentos de forma rápida e continua, as novas substancias activas ou as novas formas farmacéuticas están a permitir alongar a vida das patentes (e con isto o retorno do investimento que, para os laboratorios farmacéuticos, representa o lanzamento de novos medicamentos ao mercado). Estes son algúns dos principais desafíos que enfronta a industria farmacéutica. Esta situación xustifica a necesidade de capacitar a médicos no campo da Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos que sexan capaces de levar a cabo a súa actividade futura en centros de investigación ou de converterse en profesionais que se unan a compañías farmacéuticas e similares.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600524
Número prazas: 25

Coordinador-a do título:
Maria Dolores Ramona Torres Lopez
dolores.torres [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
22/06/2021

Códigos ISCED:
(727) Farmacia
(721) Medicina
(0916) Farmacia

O Programa de Doutoramento en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos foi verificado positivamente polo Consello de Universidades (o 15 de xullo de 2009) e obtivo a Mención cara á Excelencia (MEE) á que puideron optar os programas de doutoramento que cumpran uns estándares de calidade moi esixentes, os cales o Programa de Doutoramento en I+D de Medicamentos logrou superar con éxito (MEE2011-0097), recibindo ademais a puntuación máis elevada de todos os programas de doutoramento da USC (puntuación obtida 93/100). Esta circunstancia fixo que a demanda de alumnos neste Programa haxa aumentado nos últimos anos o que demostra o seu interese para a sociedade.

Así mesmo, como índice da calidade do programa, pódese destacar tamén o feito de que o doutoramento en I+D de Medicamentos contou cun número estable e elevado de alumnos matriculados, sendo igualmente moi elevado o número de Teses Doutorais defendidas con niveis de calidade moi altos. Igualmente, débese sinalar o incremento paulatino no número de teses defendidas como Doutoramentos Europeos, o que loxicamente leva implícito por unha banda a realización de estancias de investigación en laboratorios doutras universidades europeas de recoñecido prestixio por parte dos alumnos de doutoramento pero, ademais, a necesidade tanto de someter o traballo realizado a un proceso de avaliación previo á defensa por parte de expertos internacionais, como de contar con expertos doutros países no Tribunal encargado de xulgar o traballo realizado, sen esquecer que o acto de defensa debe facerse noutro idioma ademais do español.

Durante todos estes anos, para elevar o nivel de calidade das actividades desenvolvidas no programa, foi habitual contar coa colaboración de destacados profesores e investigadores externos, tanto de universidades como de laboratorios farmacéuticos, nacionais e estranxeiros e que, nalgúns casos, colaboran estreitamente cos profesores e investigadores integrados nos grupos de investigación encargados do desenvolvemento do programa de doutoramento . Para iso contouse tanto con financiamento procedente das axudas propias da USC así como coas establecidas polo MEC para favorecer a mobilidade de profesores e alumnos en Programas de Doutoramento con Mención de Calidade . Tras a concesión da Mención cara á Excelencia, o MEC ha subvencionado a participación diversos profesores europeos en actividades do doutoramento e o desprazamento de varios estudantes de doutoramento a outras universidades, a maioría delas europeas, para realizar estancias de investigación relacionadas cos seus proxectos de teses.

O programa conta cunha ampla aceptación internacional, do que é proba a elevada porcentaxe de alumnos estranxeiros, en a súa maioría procedentes de países europeos e suramericanos, que realizaron o seu doutoramento dentro do mesmo .

Durante todos estes anos, para elevar o nivel de calidade das actividades desenvolvidas no programa, foi habitual contar coa colaboración de destacados profesores e investigadores externos, tanto de universidades como de laboratorios farmacéuticos, nacionais e estranxeiros e que, nalgúns casos, colaboran estreitamente cos profesores e investigadores integrados nos grupos de investigación encargados do desenvolvemento do programa de doutoramento. Para iso contouse tanto con financiamento procedente das axudas propias da USC así como coas establecidas polo MEC para favorecer a mobilidade de profesores e alumnos en Programas de Doutoramento con Mención de Calidade. Tras a concesión da Mención cara á Excelencia, o MEC subvencionou a participación diversos profesores europeos en actividades do doutoramento e o desprazamento de varios estudantes de doutoramento a outras universidades, a maioría delas europeas, para realizar estancias de investigación relacionadas cos seus proxectos de teses.

O programa conta cunha ampla aceptación internacional, do que é proba a elevada porcentaxe de alumnos estranxeiros, en a súa maioría procedentes de países europeos e suramericanos, que realizaron o seu doutoramento dentro do mesmo.

a ) Sen complementos de formación

Os alumnos que desexen incorporarse ao Programa de Doutoramento non necesitarán complementos de formación sempre que dispoñan dun título de Máster de contidos relacionados coas Ciencias, en particular coas Ciencias da Saúde, previo informe favorable da Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD). En particular, os estudos de Máster en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos representan a vía natural de acceso ao doutoramento, xa que precisamente este Máster é o que substitúe á etapa formativa do anterior programa de doutoramento, sen que iso signifique que alumnos procedentes doutros Másteres poidan desenvolver sen ningún tipo de problema as actividades deste programa de doutoramento, sen necesidade de realizar complementos de formación previos.

Igualmente poderase contemplar a posibilidade de admitir no Programa sen complementos formativos a estudantes co título de DEA que poden obter a través do programa anterior que deron orixe a este Programa de doutoramento.

b) Outros perfís

No caso de aspirantes con outro tipo de perfís diferente dos anteriormente citados, será a Comisión Académica a que avaliará de forma individualizada cada caso.

No caso de perfís de posibles alumnos que non realizasen un Máster, como é o caso dos Graduados en Farmacia (Grao=300 ECTS), será necesario que acrediten unha equivalencia de formación en créditos de investigación, igual polo menos aos do Máster que dá acceso directo ao Doutoramento en I+D de Medicamentvos, é dicir o Máster en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos.

Se o estudiantado carece da formación previa completa esixida no programa de doutoramento, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos. Os complementos de formación deberán ser concretados para cada estudante pola CAPD, sen que poidan superarse o 15 ECTS. Os complementos de formación específica poderán ser materias ou módulos de máster e grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento.

Procurarase en todo caso, adecuar os complementos de formación ás materias obrigatorias do Máster que dá acceso directo a este doutoramento e mellor se se desenvolven no primeiro trimestre do curso académico, como é o caso de todas as materias obrigatorias. Ademais, e sempre que sexa posible, tratarase de que estes complementos se realicen previamente á matrícula do alumno na etapa de tese. Excepcionalmente, para os casos nos que esta posibilidade non exista, a Comisión Académica estudará as posibles solucións de maneira individualizada, o que impide absolutamente facer unha previsión de antemán.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de grao, ou equivalente, e de máster universitario.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivese a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

1. Resumo do traballo de investigación que o alumno pretende realizar (máximo 2000 caracteres), cun preacordo de compromiso cun posible director/titor do programa: 20 puntos.

2. Expediente académico: 25 puntos.

3. Coñecemento de linguas (os candidatos deberán presentar documentación justificativa: First Certificate, etc.): 10 puntos.

4. Entrevista persoal: 15 puntos.

5. Experiencia profesional (os candidatos deberán presentar documentación justificativa: certificación vida laboral, copia de contratos, etc.): 5 puntos.

6. Experiencia investigadora (os candidatos deberán presentar documentación justificativa: publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, etc.): 15 puntos.

7. Outros méritos (Máster ou titulación equivalente relacionada co Programa de Doutoramento): 10 puntos.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Asistencia e participación en cursos e seminarios relacionados coas liñas de investigación desenvoltas no programa

  • E2071A01

Difusión dos resultados de investigación a través da participación en congresos

  • E2071A02

Publicación de resultados de investigación (artigos e/ou capítulos)

  • E2071A03

Realización de estancias de investigación en laboratorios de centros nacionais ou estranxeiros

  • E2071A04

Se o estudantado carece da formación previa completa esixida no programa de doutoramento, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos. Os complementos de formación deberán ser concretados para cada estudante pola CAPD, sen que poidan superarse o 15 ECTS. Os complementos de formación específica poderán ser materias ou módulos de máster e grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento.

Procurarase en todo caso, adecuar os complementos de formación ás materias obrigatorias do Máster que dá acceso directo a este doutoramento e mellor se se desenvolven no primeiro trimestre do curso académico, como é o caso de todas as materias obrigatorias. Ademais, e sempre que sexa posible, tratarase de que estes complementos se realicen previamente á matrícula do alumno na etapa de tese. Excepcionalmente, para os casos nos que esta posibilidade non exista, a Comisión Académica estudará as posibles solucións de maneira individualizada, o que impide absolutamente facer unha previsión de antemán.

Profesores Área
Mariana Landin Perez
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Francisco Javier Otero Espinar
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Maria Del Carmen Remuñan Lopez
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Alejandro Sánchez Barreiro
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Maria Josefa Alonso Fernandez
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Maria Dolores Ramona Torres Lopez
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Matilde Casas Parada
Química Física
Pablo Taboada Antelo
Física da Materia Condensada
Carmen Isabel Alvarez Lorenzo
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Barbara Blanco Fernandez
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Patricia Diaz Rodriguez
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Carlos Alberto Garcia Gonzalez
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
María De La Fuente Freire
Escola de Doutoramento Internacional
Marcos Garcia Fuentes
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Alvaro Goyanes Goyanes
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Silvia Barbosa Fernandez
Física da Materia Condensada
Asteria M. Luzardo Alvarez
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Noemi Stefania Csaba
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Profesores Área
Mariana Landin Perez
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Francisco Javier Otero Espinar
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Alejandro Sánchez Barreiro
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Maria Josefa Alonso Fernandez
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Matilde Casas Parada
Química Física
Carmen Isabel Alvarez Lorenzo
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Barbara Blanco Fernandez
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Patricia Diaz Rodriguez
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Carlos Alberto Garcia Gonzalez
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
María De La Fuente Freire
Escola de Doutoramento Internacional
Marcos Garcia Fuentes
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Asteria M. Luzardo Alvarez
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Luis Antonio Diaz Gomez
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Ignacio Insua Lopez
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Noemi Stefania Csaba
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Profesores Área
Jose Gil Longo
Farmacoloxía
Mª De Los Reyes Laguna Francia
Farmacoloxía
Ma Del Pilar Fernandez Rodriguez
Farmacoloxía
Maria Jesus Nuñez Iglesias
Enfermaría
Manuel Freire-Garabal Nuñez
Farmacoloxía
Jose Angel Fontenla Gil
Farmacoloxía
Maria Isabel Loza Garcia
Farmacoloxía
María Dolores Viña Castelao
Farmacoloxía
Manuel Campos Toimil
Farmacoloxía
Maria De Los Angeles Castro Perez
Farmacoloxía
Alberto José Coelho Cotón
Química Orgánica
Ezequiel Alvarez Castro
Farmacoloxía
Jose Manuel Brea Floriani
Farmacoloxía
Angel Garcia Alonso
Farmacoloxía
Araceli Tobio Ageitos
Farmacoloxía
Silvia Novio Mallon
Enfermaría
Eddy Sotelo Perez
Química Orgánica

O Programa de Doutoramento en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos foi verificado positivamente polo Consello de Universidades (o 15 de xullo de 2009) e obtivo a Mención cara á Excelencia (MEE) á que puideron optar os programas de doutoramento que cumpran uns estándares de calidade moi esixentes, os cales o Programa de Doutoramento en I+D de Medicamentos logrou superar con éxito (MEE2011-0097), recibindo ademais a puntuación máis elevada de todos os programas de doutoramento da USC (puntuación obtida 93/100). Esta circunstancia fixo que a demanda de alumnos neste Programa haxa aumentado nos últimos anos o que demostra o seu interese para a sociedade.

Así mesmo, como índice da calidade do programa, pódese destacar tamén o feito de que o doutoramento en I+D de Medicamentos contou cun número estable e elevado de alumnos matriculados, sendo igualmente moi elevado o número de Teses Doutorais defendidas con niveis de calidade moi altos. Igualmente, débese sinalar o incremento paulatino no número de teses defendidas como Doutoramentos Europeos, o que loxicamente leva implícito por unha banda a realización de estancias de investigación en laboratorios doutras universidades europeas de recoñecido prestixio por parte dos alumnos de doutoramento pero, ademais, a necesidade tanto de someter o traballo realizado a un proceso de avaliación previo á defensa por parte de expertos internacionais, como de contar con expertos doutros países no Tribunal encargado de xulgar o traballo realizado, sen esquecer que o acto de defensa debe facerse noutro idioma ademais do español.

Durante todos estes anos, para elevar o nivel de calidade das actividades desenvolvidas no programa, foi habitual contar coa colaboración de destacados profesores e investigadores externos, tanto de universidades como de laboratorios farmacéuticos, nacionais e estranxeiros e que, nalgúns casos, colaboran estreitamente cos profesores e investigadores integrados nos grupos de investigación encargados do desenvolvemento do programa de doutoramento . Para iso contouse tanto con financiamento procedente das axudas propias da USC así como coas establecidas polo MEC para favorecer a mobilidade de profesores e alumnos en Programas de Doutoramento con Mención de Calidade . Tras a concesión da Mención cara á Excelencia, o MEC ha subvencionado a participación diversos profesores europeos en actividades do doutoramento e o desprazamento de varios estudantes de doutoramento a outras universidades, a maioría delas europeas, para realizar estancias de investigación relacionadas cos seus proxectos de teses.

O programa conta cunha ampla aceptación internacional, do que é proba a elevada porcentaxe de alumnos estranxeiros, en a súa maioría procedentes de países europeos e suramericanos, que realizaron o seu doutoramento dentro do mesmo .

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

  1. Deseñar, optimizar e elaborar medicamentos garantindo a súa calidade, incluíndo as etapas tempranas do descubrimento de fármacos, a súa avaliación farmacolóxica e biofarmacéutica, a súa formulación e o control de calidade
  2. Adquisición de destrezas e habilidades necesarias para traballar nun laboratorio de investigación en farmacoloxía e/ou desenvolvemento farmacéutico
  3. Coñecer e comprender os fundamentos para deseñar experimentos e para identificar e resolver problemas en farmacoloxía e/ou desenvolvemento farmacéutico
  4. Coñecer e comprender as ferramentas e instrumentos de traballo de uso habitual en investigación e desenvolvemento de medicamentos
  5. Promover a Capacidade crítica e analítica no campo da investigación e desenvolvemento de medicamentos
  6. Coñecer e manexar as fontes de información e bases de datos habituais empregadas no campo da investigación e desenvolvemento de medicamentos

1- Deseñar, optimizar e elaborar medicamentos garantindo a súa calidade, incluíndo as etapas tempranas do descubrimento de fármacos, a súa avaliación farmacolóxica e biofarmacéutica, a súa formulación e o control de calidade

2- Adquisición de destrezas e habilidades necesarias para traballar nun laboratorio de investigación en farmacoloxía e/ou desenvolvemento farmacéutico

3- Coñecer e comprender os fundamentos para deseñar experimentos e para identificar e resolver problemas en farmacoloxía e/ou desenvolvemento farmacéutico

4- Coñecer e comprender as ferramentas e instrumentos de traballo de uso habitual en investigación e desenvolvemento de medicamentos

5- Promover a Capacidade crítica e analítica no campo da investigación e desenvolvemento de medicamentos

6- Coñecer e manexar as fontes de información e bases de datos habituais empregadas no campo da investigación e desenvolvemento de medicamentos

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado 7 da Memoria do Título

Título Data de lectura Autoría Dirección
Regulación da homeostase enerxética e do metabolismo dos cardiomiocitos por fármacos utilizados en medicina cardiovascular Mención doutoramento internacional 11/12/2024 Sandra Moraña Fernández Jose Ramon Gonzalez Juanatey
Manuel Campos Toimil
María Francisca Lago Paz
Entregando o mensaxeiro: Enxeñería de nanopartículas para terapias avanzadas de ARNm Mención doutoramento internacional, Mención doutoramento industrial 22/11/2024 Laura Taina González María De La Fuente Freire
Implantación de técnicas de imaxe e biomarcadores proteómicos na caracterización preclínica de patoloxías oftálmicas e neurodexenerativas 06/11/2024 Andrea Cuartero Martínez Francisco Javier Otero Espinar
Anxo Fernández Ferreiro
Marcos Ortega Hortas

Coordinador/a
Maria Dolores Ramona Torres Lopez

Secretario/a
Ezequiel Alvarez Castro

Vogais
Francisco Javier Otero Espinar
Carmen Isabel Alvarez Lorenzo
Manuel Campos Toimil
Angel Joaquin Concheiro Nine
Maria Isabel Loza Garcia
Mª De Los Reyes Laguna Francia
Maria Del Carmen Remuñan Lopez

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

20,0

20,0

20,0

20,0

20,0

25,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

95,0

80,0

100,0

120,0

120,0

80,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

16,0

13,0

16,0

15,0

22,0

12,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

72,0

72,0

77,0

75,0

83,0

81,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

6,25

23,08

25,0

20,0

45,45

41,67

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

7,69

0,0

6,67

4,55

16,67

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

7,69

0,0

6,67

4,55

16,67

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

9,72

9,72

10,39

10,67

12,05

13,58

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

4,17

4,17

5,19

4,0

8,43

9,88

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

70,83

62,5

62,34

69,33

69,88

70,37

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

18,06

23,61

20,78

18,67

14,46

14,81

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

11,11

13,89

16,88

12,0

15,66

14,81

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

19,61

17,78

16,67

7,69

18,97

21,05

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

15,56

14,58

13,46

17,24

15,79

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

33,33

33,33

40,38

37,93

49,12

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

0,7778

0,7692

0,875

0,8

0,875

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

101,0

99,0

115,0

104,0

105,0

104,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

3,2581

3,4138

3,9655

3,7143

3,6207

3,7143

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

96,77

96,55

96,55

96,43

89,66

96,43

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

90,32

86,21

86,21

85,71

86,21

78,57

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,45

4,69

5,8

3,64

7,69

5,36

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

18,75

11,54

24,32

34,78

13,33

17,02

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

6,0

9,0

13,0

8,0

10,0

8,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

84,62

100,0

90,0

87,5

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

15,38

0,0

10,0

12,5

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

3,0

5,0

4,0

3,0

5,0

0,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

3,0

4,0

9,0

5,0

5,0

8,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,9589

4,8082

4,677

4,465

4,4197

4,5616

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

-

2,9589

2,8842

3,6137

5,3238

3,463

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

11,11

23,08

12,5

0,0

12,5

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

92,31

100,0

90,0

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

66,67

44,44

61,54

87,5

50,0

75,0

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

9,84

18,64

17,39

4,92

7,14

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.08.2023.