Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-Forense e do Consumidor e Usuario

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.psicoloxiadotraballo [at] usc.gal

Este doutoramento pretende ofrecer formación e teses de excelencia nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, a Psicoloxía Xurídica e Forense e a Psicoloxía do Consumidor e o Usuario. A investigación e a innovación constitúen a base do desenvolvemento desta área incipiente, dotando aos investigadores que posúen unha formación especializada de magníficas perspectivas a nivel profesional.

Duración: 4 anos académicos
Código RUCT: 5600518
Número prazas: 10

Coordinador-a do título:
María Dolores Seijo Martínez
mariadolores.seijo [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
24/05/2021

Códigos ISCED:
(310) Ciencias sociales y del comportamiento
(311) Psicología
(0313) Psicología

O obxectivo xeral do programa de doutoramento é proporcionar excelencia na formación de tódolos campos das ciencias da conducta relacionados coa lei, as organizacións e o comercial e do usuario, que permita o desenvolvemento de teses doutorais de alta calidade e que representen un significativo avance e unha contribución ó coñecemento científico, permitir a transferencia de coñecemento á sociedade e a incorporación da investigación técnica do máis alto nivel. En particular, preténdese ofrecer unha formación avanzada nas seguintes áreas específicas:
(A) Emprego, benestar individual e organizacional, equipos de traballo, xestión de recursos humanos, xestión da igualdade e a non-discriminación no emprego, a avaliación de riscos psicosociais e a saúde ocupacional, a predición do desempeño individual, grupal e organizacional e o desenvolvemento de técnicas de medición condutuais excepcións en sistemas de realidade virtual, en tódolos temas da psicoloxía do traballo, as organizacións, os recursos humanos e a saúde ocupacional.
(B) Violencia, testemuño, toma de decisións legais, psicoloxía xurídica do menor e a familia, xurado, victimoloxía, avaliación da conduta criminal, xustiza terapéutica, mediación no contexto legal e perdón, psicoloxía criminal e penitenciaria, xustiza e saúde e, globalmente, en todas as temáticas referidas á interacción entre psicoloxía e lei.
(C) Modelización do comportamento do consumidor, psicoloxía do usuario, imaxe de marca de destinos turísticos. modelos de xestión da calidade orientada a resultados en ámbitos sanitarios e organizacionais, construción de indicadores de eficacia na xestión organizacional e sanitaria e, globalmente, en todas as temáticas referidas ao comportamento do consumidor e do usuario e á psicoloxía comercial.

O Doutoramento en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-Forense e do Consumidor e Usuario pretende ofrecer formación e teses de excelencia en tres ámbitos :

  1. A Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, en temas como o emprego, o benestar individual e organizacional, os equipos de traballo, a xestión de RRHH, a xustiza, a igualdade e a non discriminación, a avaliación de riscos psicosociais e saúde ocupacional, a predición do desempeño, as técnicas de medición e en xeral nas aplicacións da psicoloxía no traballo, os recursos humanos e a saúde ocupacional.
  2. A Psicoloxía Xurídica e Forense, en temas como a xestión e resolución de conflitos, en mediación con orientación de Xustiza Terapéutica; en psicoloxía xurídica da familia e menores; en vitimoloxía, en estudio psicosocial da conducta violenta, en violencia doméstica e de xénero; en intervención social e comunitaria, en prevención e intervención na inadaptación social, en toma de decisións legais, en psicoloxía do testemuño, en psicoloxía criminal e penitenciaria, en neglixencia, abuso e maltrato infantil.
  3. A Psicoloxía do Consumidor e o Usuario tense convertido nos últimos anos nunha liña de traballo cun enorme potencial para profesionais e investigadores do eido da psicoloxía. Empresas e organizacións vencelladas á Publicidade o Marketing, os estudios de mercado e de opinión recoñecen o enorme valor que a Psicoloxía posúe neste ámbito. Por si fora pouco, dende os servizos sociais e as institucións públicas cada vez son máis os psicólogos/as que interveñen directamente no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas, así como no aseguramento da súa calidade e a satisfacción de pacientes e usuarios. A investigación e a innovación constitúen a base do desenvolvemento desta área incipiente, dotando aos investigadores que posúen unha formación especializada de magníficas perspectivas a nivel profesional.

O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o estudantado que desexa acceder a este programa e, como consecuencia, as titulacións de acceso ao programa máis idóneas e que determinan a admisión e, se é o caso, a necesidade a ou non de realizar complementos formativos por parte dos doutorandos/as.
Así, o perfil de ingreso para estudantes sen complementos de formación: Graduados/licenciados e diplomados en Psicoloxía e Relacións Laborais e Recursos Humanos e outras titulacións que cursen un máster en:
* Psicoloxía
* Recursos Humanos
* Criminoloxía
* Ciencias do Traballo
* Dirección Laboral.
- Estudantes co título de DEA ou equivalente obtido a través de programas de psicoloxía e de Relacións Laborais e Recursos Humanos. Especialmente os que obtivesen o DEA a través do Programa de doutoramento en Psicoloxía social e aplicada aos contextos organizacional e político-xurídico da Universidade de Santiago de Compostela. Para o caso dos estudantes que precisen complementos de formación, a Comisión Académica avaliará de maneira individualizada cada caso particular. Considerarase a posibilidade de exixirlles complementos de formación (máximo ata 15 ECTS).

Os requisitos xerais de acceso e admisión son os recollidos no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, e na súa modificación polo Real decreto 576/2023, do 4 de xullo. Estes son:
Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de grao, ou equivalente, e de máster universitario ou equivalente, sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
Así mesmo, poderá acceder quen se encontre nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión de títulos universitarios oficiais ou títulos españois equivalentes sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas ensinanzas e acreditar un nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior.
b) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros pertencentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen necesidade da súa homologación, que acredite un nivel 7 do marco europeo de cualificacións sempre que o dito título faculte para o acceso a estudos de doutoramento no país de expedición deste. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
c) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade da súa homologación, logo de comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de Máster universitario e que faculta no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
d) Estar en posesión doutro título de doutora ou doutor.
e) Igualmente poderán accede-los titulados universitarios que, logo de obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superasen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do/a estudante consistente nunha carta de referencia dun(a) profesor(a) do programa que
i) avale a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que
ii) puidese exercer como director/a en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso.

O programa de doutoramento poderase extinguir por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo estudantado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o estudantado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A universidade adoptará as medidas necesarias para garanti-los dereitos académicos do estudantado que estea cursando os ditos estudios nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudio, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Manexo avanzado do manual de publicacións da American Psychological Association

  • E3011A01

Curso de estilo para a redacción de teses, artigos e outros sistemas de difusión dos resultados da investigación

  • E3011A02

Software estatístico avanzado

  • E3011A03

Busca en bases de datos e outros sistemas de rexistro e de información científica

  • E3011A04

Presentacións públicas para a difusión dos resultados da investigación

  • E3011A05

Seminarios de investigación

  • E3011A06

Ética e deontoloxía para a investigación científica en ciencias da conduta e as organizacións

  • E3011A07

Estancias de investigación en centros internacionais de investigación

  • E3011A08

Congresos, conferencias e xornadas nacionais e internacionais

  • E3011A09

Desenvolvemento de plans individuais de carreira

  • E3011A10

No caso doutro tipo de perfís diferentes aos anteriores, a Comisión Académica avaliará de xeito individualizado cada caso. Considerarase a posibilidade de esixirlles complementos de formación (máximo ata 15 ECTS).

Profesores Área
Antonio Rial Boubeta
Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Silvia Moscoso Ruibal
Psicoloxía Social
Jesus Fernando Salgado Velo
Psicoloxía Social
Jesus Varela Mallou
Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Mario Antonio Lado Campelo
Psicoloxía Social
Maria Del Mar Iglesias Criado
Psicoloxía Social
Pamela Alonso Abeijon
Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Antonio León García Izquierdo
Escola de Doutoramento Internacional
Ramón Rico Muñoz
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Ramón Arce Fernández
Psicoloxía Social
Jorge Sobral Fernández
Psicoloxía Social
Mercedes Novo Pérez
Psicoloxía Social
Manuel Vilariño Vazquez
Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
María Dolores Seijo Martínez
Psicoloxía Social
Francisca Fariña Rivera
Escola de Doutoramento Internacional
Enrique Gracia Fuster
Escola de Doutoramento Internacional
Marisol Lila Murillo
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Jose Eulogio Real Deus
Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Antonio Rial Boubeta
Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Jesus Varela Mallou
Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Maria Teresa Braña Tobio
Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Eduardo Picon Prado
Metodoloxía das Ciencias do Comportamento

O Doutoramento en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-Forense e do Consumidor e Usuario pretende ofrecer formación e teses de excelencia en tres ámbitos:

  • a) Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, en temas como o emprego, o benestar individual e organzacional,os equipos de traballo, a xestión de RRHH, a xustiza, a igualdade e a non discriminación, a avaliación de riscos psicosociais e saúde ocupacional, a predición do desempeño, as técnicas de medición e en xeral nas aplicacións da psicoloxía no traballo, os recursos humanos e a saúde ocupacional;
  • b) Psicoloxía Xurídica e Forense, en temas como a violencia, o testemuño, a toma de decisión legais, a mediación no contexto legal, a psicoloxía criminal e penitenciaria e a interacción entre a psicoloxía e a lei;
  • c) Psicoloxía do Consumidor e do Usuario, en temas como a modelización do comportamento do consumidor, a psicoloxía do usuario, a imaxe de marca, a construcción de indicadores de eficacia, a xestión da calidade, e nas temáticas referidas ao comportamento do consumidor e do usuario.

O obxectivo xeral do programa de doutoramento é proporcionar excelencia na formación de tódolos campos das ciencias da conducta relacionados coa lei, as organizacións e o comercial e do usuario, que permita o desenvolvemento de teses doutorais de alta calidade e que representen un significativo avance e unha contribución ó coñecemento científico, permitir a transferencia de coñecemento á sociedade e a incorporación da investigación técnica do máis alto nivel. En particular, preténdese ofrecer unha formación avanzada nas seguintes áreas específicas:
(A) Emprego, benestar individual e organizacional, equipos de traballo, xestión de recursos humanos, xestión da igualdade e a non-discriminación no emprego, a avaliación de riscos psicosociais e a saúde ocupacional, a predición do desempeño individual, grupal e organizacional e o desenvolvemento de técnicas de medición condutuais excepcións en sistemas de realidade virtual, en tódolos temas da psicoloxía do traballo, as organizacións, os recursos humanos e a saúde ocupacional.
(B) Violencia, testemuño, toma de decisións legais, psicoloxía xurídica do menor e a familia, xurado, victimoloxía, avaliación da conduta criminal, xustiza terapéutica, mediación no contexto legal e perdón, psicoloxía criminal e penitenciaria, xustiza e saúde e, globalmente, en todas as temáticas referidas á interacción entre psicoloxía e lei.
(C) Modelización do comportamento do consumidor, psicoloxía do usuario, imaxe de marca de destinos turísticos. modelos de xestión da calidade orientada a resultados en ámbitos sanitarios e organizacionais, construción de indicadores de eficacia na xestión organizacional e sanitaria e, globalmente, en todas as temáticas referidas ao comportamento do consumidor e do usuario e á psicoloxía comercial.

- Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.

‐ Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

‐ Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

‐ Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

‐ Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos xeitos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

‐ Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.

‐ Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.

  • Capacidade de realizar investigacións aplicadas nos campos das ciencias da conduta, a psicoloxía do traballo, os recursos humanos, a psicoloxía xurídico-forense, a metodoloxía e o comportamento do consumidor e do usuario.
  • Coñecemento das diferentes metodoloxías, ferramentas e manexo das técnicas de análise empírica da investigación en ciencias da conduta e as organizacións.

• Capacidade de realizar investigacións aplicadas nos campos das ciencias da conduta, a psicoloxía do traballo, os recursos humanos, a psicoloxía xurídico-forense, a metodoloxía e o comportamento do consumidor e do usuario.

• Coñecemento das diferentes metodoloxías, ferramentas e manexo das técnicas de análise empírica da investigación en ciencias da conduta e as organizacións.

Ao rematar o doutoramento, o estudantado debe ter adquirido competencias xerais de investigación e docencia, necesarias para unha carreira académica ou investigadora en universidades e centros de investigación. Ademais, posuirá coñecementos avanzados na súa liña específica de investigación. As tres liñas destacadas ofrecen perfís profesionais diferenciados:

• Liña L01: Psicoloxía do traballo e das organizacións
A persoa doutora pode especializarse en:
* Benestar e eficiencia no ámbito laboral.
* Xestión de recursos humanos.
* Psicoloxía do traballo e consultoría organizacional.
* Formación, desenvolvemento e capacitación de empregados.
* Seguridade e saúde laboral.
* Marketing e investigación de mercados.

• Liña L02: Psicoloxía xurídica e forense
As principais oportunidades inclúen:
* Realización de peritaxes psicolóxicas en ámbitos civil, penal ou social.
* Análise de testemuños, erros de memoria e percepción.
* Traballo en psicoloxía penitenciaria, rehabilitación e tratamento.
* Asesoramento psicolóxico a xuíces e avogados.
* Atención a vítimas.
* Apoio a forzas de seguridade en crises ou análise da conduta criminal.
* Estudo da psicopatoloxía e psicoloxía criminal.
* Intervención desde a Xustiza Terapéutica.

• Liña L03: Psicoloxía comercial, do consumidor e do usuario
Ofrece múltiples saídas en:
* Investigación de mercados e análise do comportamento consumidor.
* Consultoría en marketing baseada en coñecemento psicolóxico.
* Desenvolvemento de produtos e servizos orientados ao usuario.
* Publicidade e comunicación, creando campañas que conecten co público.
* Mellora da experiencia do cliente en todos os puntos de contacto.

Para dar cobertura a tódolos requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servicios a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Área de Infraestruturas de Investigación, é a estrutura organizativa, dependente da Vicerreitoría de Política Científica, que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación na USC. O obxectivo funcional da Área é dotar de maior unicidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación da USC.
https://www.usc.gal/gl/RIAIDT
As tecnoloxías da información e da comunicación son hoxe un instrumento básico sen as que non é posible desenvolver unha universidade moderna e emprendedora. A investigación, a docencia e a xestión non poden alcanzar os compromisos de calidade sen unha utilización eficiente e intensiva das TIC. O Plan Estratéxico de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións na USC (PETIC III) sinala as directrices de desenvolvemento da área TIC da USC.
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/area-tecnoloxias-informacion-c…
A Área de Inclusión e Participación Social encárgase da coordinación e posta en marcha, en colaboración cos distintos centros, das actuacións necesarias destinadas a favorecer as medidas de atención á diversidade ao alumnado baixo un principio de equidade. Ao mesmo tempo, con outros servizos universitarios e, a través de convenios de colaboración con outras entidades, está a impulsarse a incorporación sociolaboral dos futuros egresados e egresadas con discapacidade ou necesidades específicas.
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social
Outros recursos:

• Centro de Formación de Persoal
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/centro-formacion-persoal
• Área Infraestruturas
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/infraestruturas
• Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV)
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-medios-audiovisuais-se…
• Servizo de Prevención de Riscos
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-prevencion-riscos

Título Data de lectura Autoría Dirección
Violencia sexual infantil: avaliación do dano psicolóxico e análise de sentenzas xudiciais Mención doutoramento internacional 28/11/2025 Blanca Cea Ríos Ramón Arce Fernández
María Dolores Seijo Martínez
Acoso escolar no contexto forense: Avaliación do testemuño e do dano psicolóxico Mención doutoramento internacional 17/12/2025 Alvaro Montes Campos Ramón Arce Fernández
Mercedes Novo Pérez

Coordinador/a
María Dolores Seijo Martínez

Secretario/a
Mercedes Novo Pérez

Vogais
Jesus Fernando Salgado Velo
Ramón Arce Fernández
Silvia Moscoso Ruibal
Jorge Sobral Fernández
Antonio Rial Boubeta

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

Abandono

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

68,97

66,67

4,35

21,05

11,76

7,14

Duración media

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

4,9315

4,4603

4,0959

4,6849

4,7671

4,9315

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

4,1384

5,0534

5,2027

3,6822

5,3192

5,589

Satisfacción

ID-46
Grao de satisfacción dos/as egresados/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as egresados/as

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,0

ID-47
Grao de satisfacción do Estudantado de 1º Ano co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento do estudantado de primeiro ano

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,8

ID-48
Grao de satisfacción do Estudantado de 3º Ano co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos estudantado de terceiro ano

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

5,0

ID-49
Grao de satisfacción dos/as Titores/as e Directores/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as titores/as e directores/as

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,56

Teses

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

4,0

3,0

4,0

5,0

5,0

2,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

66,67

100,0

100,0

20,0

50,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses a tempo parcial sobre o total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

33,33

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

80,0

50,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

1,0

0,0

0,0

2,0

0,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

2,0

3,0

3,0

3,0

5,0

2,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

1,0

0,0

1,0

0,0

0,0

0,0

Prórrogas

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

25,0

0,0

0,0

40,0

100,0

100,0

ID-41
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a primeira prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese cu prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

0,0

ID-42
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a segunda prórroga

Relación porcentual entre o número de estudantes que defenden a tese con dúas prórrogas e o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

100,0

Mencións

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de "cum laude"

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación "cum laude" sobre o total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

75,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

75,0

40,0

20,0

0,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

10,0

10,0

10,0

10,0

10,0

10,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta das prazas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

150,0

50,0

160,0

180,0

110,0

190,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

9,0

3,0

4,0

3,0

3,0

12,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de alumnos matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

33,0

27,0

29,0

22,0

19,0

27,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

66,67

66,67

75,0

33,33

33,33

75,0

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes doutras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

22,22

0,0

25,0

33,33

0,0

33,33

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

22,22

0,0

0,0

33,33

0,0

25,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

25,0

0,0

0,0

8,33

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

9,09

3,70

3,45

13,64

21,05

25,93

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

3,03

0,0

0,0

4,55

10,53

11,11

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

-

100,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

25,0

0,0

0,0

16,67

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

45,45

40,74

41,38

40,91

42,11

51,85

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual entre o número de alumnos a tempo parcial e o total de alumnos matriculados. Nota: Considéranse estudantes a tempo parcial aqueles que teñan a mesma dedicación ao longo do curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

18,18

18,52

13,79

13,64

21,05

25,93

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

36,36

40,74

44,83

45,45

36,84

22,22

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

13,33

0,0

16,67

0,0

0,0

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

6,67

9,09

16,67

11,11

0,0

0,0

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

40,0

55,56

83,33

66,67

62,5

35,71

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

0,75

1,0

1,0

1,0

0,8

1,0

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

45,0

39,0

41,0

43,0

44,0

45,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

3,75

3,25

3,1538

3,3077

3,3846

3,4615

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

91,67

91,67

84,62

92,31

92,31

92,31

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

83,33

83,33

76,92

84,62

84,62

84,62

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

11,76

0,0

0,0

9,09

8,33

7,69

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

9,09

12,5

18,18

16,93

0,0

16,67

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.09.2025.