Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Turismo

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.turismo [at] usc.gal

O turismo tense consolidado como un dos sectores máis relevantes desde o punto de vista económico e social, non so en España senón tamén a nivel mundial. No contexto das disciplinas de carácter social, o turismo é un obxecto de coñecemento interdiciplinar que abrangue un amplo abano de actividades desenvolvidas por empresas privadas e institucións públicas, con impacto sobre a vida das persoas, tanto residentes como visitantes. Este programa de doutoramento achega dúas singulariedades que o fan especialmente atractivo: a participación de 12 universidades españolas cunha dilatada traxectoria nos estudos turísticos, creando sinerxias e estímulos para o estudantado; e o carácter interdisciplinar coa implicación activa de numerosas áreas de coñecemento que contribúen a enriquecer o Programa a través dunha variada oferta de liñas de investigación.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5601390
Número prazas: 10

Coordinador-a do título:
Xose Manuel Santos Solla
xosemanuel.santos [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Malaga

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Alacant Universidade de Estremadura Universidade de Cádiz Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid Universidade de Malaga Universidade de La Laguna Universidade de Sevilla Universidade de Vigo Universidade Antonio de Nebrija Universidade Rey Juan Carlos Universitat Oberta de Catalunya

Data de publicación no BOE:
22/01/2021

Data da última acreditación:
19/07/2019

Códigos ISCED:
(812) Viajes, turismo y ocio
(310) Ciencias sociales y del comportamiento
(1015) Viajes, turismo y ocio

- Contribuír á formación de doutores/as e investigadores/as en turismo para potenciar o crecemento sustentable dunha actividade fundamental para a nosa contorna social e económica.

- Fomentar a investigación para poder levar adiante unha xestión eficiente da información que permita adaptar a xestión ao perfil do consumidor turista.

- Desenvolver técnicas de análise e investigación para a súa adaptación á evolución da sociedade da información.

- Favorecer a cooperación entre universidades e a mobilidade de estudantes e profesorado.

- Colaborar na innovación e competitividade no campo do turismo.

- Desenvolver un modelo de currículo académico completo e complexo que aposte polo carácter multidisciplinar da formación turística na universidade.

- Adaptar o nivel dos estudos universitarios de turismo ao existente na Unión Europea e noutros países da contorna.

- Acadar a normalización dos estudos superiores de turismo a respecto do que existe noutros sectores económicos e profesionais.

- Desenvolver perfiles de especialización en áreas que permitan ter en conta as necesidades de innovación que precisa a xestión empresarial e de destinos turísticos.

O perfil académico recomendado para os estudantes que queiran acceder a este Programa de Doutoramento é o de Graduados en estudos afíns co coñecemento do Turismo, desde o ámbito da economía, a empresa, a socioloxía e a xeografía.

En particular, oriéntase aos Graos en Turismo, Economía, Administración e Dirección de Empresas, Xeografía e Socioloxía e títulos afíns en competencias aos enumerados.

Respecto a os estudos de Máster Oficial, o Programa diríxese especialmente aos titulados no Máster Oficial en Dirección e Planificación do Turismo, ou equivalentes, impartido polas universidades que forman a REDINTUR.

Os alumnos que non cumpran co perfil de acceso, provenientes de másteres das ramas de Ciencias Sociais e Xurídicas e Artes e Humanidades, non especializados na formación en turismo, haberán de cursar necesariamente complementos específicos de formación.

Para aqueles estudantes que cursasen másteres da rama de Enxeñería e Arquitectura a Comisión académica do doutoramento ditaminará sobre os complementos de formación que será necesario cursar.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

Establécese como criterio xeral de admisión a presentación dunha proposta de Proxecto de Tese doutoral, relacionada con algún dos equipos de investigación existentes no Programa de Doutoramento.

Os criterios de admisión específicos serán establecidos pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento.

Os criterios basearanse no mérito e capacidade dos solicitantes, de acordo cos seus certificados académicos do Grao e do Máster cursado e o Currículo.

Para estes efectos, a admisión estará rexida polos criterios ponderados do seguinte modo:
- Expediente académico do grao de acceso ao programa de doutoramento 30%.

- Expediente académico do máster de acceso ao programa de doutoramento 40%.

- A existencia de cartas de presentación por parte de profesores de Universidade ou doutras Institucións de investigación, que teñan coñecemento directo da capacidade e competencia do aspirante (5%)

- Experiencia investigadora ou outros méritos relacionados coa investigación (20%)

- Coñecemento acreditado de idioma estranxeiro de uso habitual na comunidade científica á que pertenza o programa de doutoramento. (5%). De acordo co Marco de referencia europeo das linguas, o nivel mínimo esixido será o B1.

No caso de que a demanda de prazas no programa fose superior á oferta, a Comisión Académica realizará, se estima necesario, unha entrevista persoal cos distintos solicitantes. Os criterios de avaliación da devandita entrevista serán:

- Coñecemento do programa (25%)

- Interese do candidato/a por as súas liñas de investigación e a coherencia da entrevista coa carta ou cartas de presentación

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Ferramentas para a xestión e recuperación da información

  • E3121A01

Modelos de comunicación científica

  • E3121A02

Modelos de transferencia do coñecemento

  • E3121A03

Seminarios e talleres de investigación en turismo

  • E3121A04

Seminarios de traballo conxunto entre estudantes do doutoramento en turismo

  • E3121A05

Presentación de comunicacións científicas a congresos nacionais e internacionais dedicados a aspectos do turismo

  • E3121A06

Mobilidade e estancias en universidades e centros de investigación superior no tema de investigación

  • E3121A07

O alumnado que non cumpra co perfil de acceso, e que proveña de másteres das áreas das Ciencias Sociais e Xurídicas e Artes e Humanidades, non especializados na formación en turismo, haberán de cursar necesariamente complementos específicos. A Comisión Académica do Programa, segundo a titulación de acceso e previo informe do titor, debe decidir que complementos formativos son os máis acaídos para cada estudante. Esta decisión poderá estar baseada nas materias ofertadas polos Graos en Turismo e/ou Másteres Oficiais que dan acceso directo a este Programa de Doutoramento.

En todo caso, os devanditos complementos terán carácter obrigatorio para aquel alumnado que acceda ao Programa estando en posesión unicamente dun título de graduado ou graduada de 300 ECTS ou más, que non inclua créditos de investigación no seu plan de estudos.

Coa finalidade de que os complementos de formación sexan axeitados e coerentes co perfil de ingreso, co ámbito científico e cos obxectivos do Programa, a oferta de materias a cursar como complementos debe atender ás necesidades do Programa e corresponderá aos seguientes ámbitos específicos de coñecemento: -Planificación e xestión de destinos turísticos. -Turismo e sociedade local. -Análise económico do sector turístico. -Xestión e innovación en organizacións turísticas. -Patrimonio turístico. -Intelixencia no ámbito turístico

Para o estudantado orixinario das áreas de Enxeñaría e Arquitectura, a Comisión Académica do Doutoramento ditaminará sobre os complementos de formación que será obrigatorio cursar de entre os indicados no parágrafo anterior

  • E3121L01 Planificación e xestión de destinos turísticos, turismo e sociedade local
  • E3121L02 Análise económica do sector turístico
  • E3121L03 Xestión e innovación en organizacións turísticas
  • E3121L04 Turismo e patrimonio
  • E3121L05 Intelixencia no ámbito turístico. TICs e análise de datos
Profesores Área
Xose Manuel Santos Solla
Xeografía Humana
Elias Jose Feijo Torres
Filoloxías Galega e Portuguesa
Fidel Martinez Roget
Economía Aplicada
Ana Isabel Gueimonde Canto
Escola de Doutoramento Internacional
María Elisa Alen González
Escola de Doutoramento Internacional
José Antonio Fraiz Brea
Escola de Doutoramento Internacional
Juanarturo Rubio Arostegui
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Melchor Fernandez Fernandez
Fundamentos de Análise Económica
Miguel Pazos Oton
Xeografía Humana
Pablo De Carlos Villamarin
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Maria Del Carmen Castro Casal
Organización de Empresas
Luis Alberto Otero González
Economía Financeira e Contabilidade
Maria Milagros Vivel Bua
Comercialización e Investigación de Mercados
Adolfo Carballo Penela
Organización de Empresas
Maria De La Concepcion Varela Neira
Comercialización e Investigación de Mercados
Profesores Área
Cristina Martinez Tejero
Didáctica da Lingua e a Literatura
María García Hernández
Escola de Doutoramento Internacional
Javier Hernández Ramírez
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Ruben Lado Sestayo
Economía Financeira e Contabilidade
Alfonso Ruiz Rallo
Escola de Doutoramento Internacional
Sergio Gã¡Lvez Rojas
Escola de Doutoramento Internacional
Adolfo Hernã¡Ndez Estrada
Escola de Doutoramento Internacional
Javier Martinez Moguerza
Escola de Doutoramento Internacional
  • Contribuír á formación de doutores/as e investigadores/as en turismo para potenciar o crecemento sustentable dunha actividade fundamental para a nosa contorna social e económica.
  • Fomentar a investigación para poder levar adiante unha xestión eficiente da información que permita adaptar a xestión ao perfil do consumidor turista.
  • Desenvolver técnicas de análise e investigación para a súa adaptación á evolución da sociedade da información.
  • Favorecer a cooperación entre universidades e a mobilidade de estudantes e profesorado.
  • Colaborar na innovación e competitividade no campo do turismo.
  • Desenvolver un modelo de currículo académico completo e complexo que aposte polo carácter multidisciplinar da formación turística na universidade.
  • Adaptar o nivel dos estudos universitarios de turismo ao existente na Unión Europea e noutros países da contorna.
  • Acadar a normalización dos estudos superiores de turismo a respecto do que existe noutros sectores económicos e profesionais.
  • Desenvolver perfiles de especialización en áreas que permitan ter en conta as necesidades de innovación que precisa a xestión empresarial e de destinos turísticos.

- Contribuír á formación de doutores/as e investigadores/as en turismo para potenciar o crecemento sustentable dunha actividade fundamental para a nosa contorna social e económica.

- Fomentar a investigación para poder levar adiante unha xestión eficiente da información que permita adaptar a xestión ao perfil do consumidor turista.

- Desenvolver técnicas de análise e investigación para a súa adaptación á evolución da sociedade da información.

- Favorecer a cooperación entre universidades e a mobilidade de estudantes e profesorado.

- Colaborar na innovación e competitividade no campo do turismo.

- Desenvolver un modelo de currículo académico completo e complexo que aposte polo carácter multidisciplinar da formación turística na universidade.

- Adaptar o nivel dos estudos universitarios de turismo ao existente na Unión Europea e noutros países da contorna.

- Acadar a normalización dos estudos superiores de turismo a respecto do que existe noutros sectores económicos e profesionais.

- Desenvolver perfiles de especialización en áreas que permitan ter en conta as necesidades de innovación que precisa a xestión empresarial e de destinos turísticos.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

Non se contemplan competencias adicionais neste programa

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

Título Data de lectura Autoría Dirección
Turismo e desenvolvemento local de Santo André de Teixido. Mención doutoramento internacional 30/10/2024 Sergio Muiño Freire Xose Manuel Santos Solla

Coordinador/a
Xose Manuel Santos Solla

Secretario/a
Adolfo Carballo Penela

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2023.