Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG

Programa de Doutoramento en Matemáticas e Aplicacións

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.matematicaseaplicacions@usc.es

O título pretende dar unha ampla e sólida formación en Matemáticas, pois contén unha ampla gama de temas de investigación que abarcan moitas áreas relevantes da Matemática, así como das súas aplicacións á Física, Bioloxía, Medicina, Computación, Ecoloxía, Biotecnoloxía, Economía,…

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5601471
    Número prazas: 9

    Coordinador-a do título:
    Manuel Eulogio Ladra Gonzalez
    manuel.ladra@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego, Portugués, Inglés

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo Universidade de Trás-Os-Montes e  Alto Douro Universidade do Minho Universidade do Porto

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    08/07/2021

    Data de publicación no BOE:
    22/10/2021

    Data da última acreditación:
    24/05/2021

    Códigos ISCED:
    (461) Matemáticas
    (460) Matemáticas y estadistica
    (0541) Matemáticas
    (0549) Matemáticas y estadística (otros estudios)

    Este programa de doutoramento enmárcase no proxecto Universidade sen Fronteiras (UNISF) financiado polo Programa Transfronteirizo INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP). É un programa de doutoramento no que participan as Universidades de Galicia e do Norte de Portugal (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Universidade da Coruña, Universidade do Porto, Universidade do Minho, Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro). O título pretende dar unha ampla e sólida formación en Matemáticas, pois contén unha ampla gama de temas de investigación que abarcan moitas áreas relevantes da Matemática, así como das súas aplicacións á Física, Bioloxía, Medicina, Computación, Ecoloxía, Biotecnoloxía, Economía,… Preténdese que o estudante de doutoramento adquira as capacidades de investigación, de transferencia e de modelización nas áreas anteriormente citadas.

  • Seminario de Álxebra

    • E1131A01

    Seminario de Análise

    • E1131A02

    Seminario de Xeometría

    • E1131A03

    Seminario de Topoloxía, Sistemas Dinámicos, Análise Global, Análise sobre Variedades

    • E1131A04

    Seminario Estatística e Optimización

    • E1131A05

    Workshop en Matemática 1

    • E1131A06

    Seminarios de Investigación

    • E1131A07

    Asistencia a congresos e/ou estancias de investigación

    • E1131A08

    Workshop en Matemática 2

    • E1131A09

    Workshop en Matemática 3

    • E1131A10

    Workshop en Matemática 4

    • E1131A11

    Workshop en Matemática 5

    • E1131A12

    Workshop en Matemática 6

    • E1131A13
  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

    Os complementos de formación que a  CAPD pode recomendar (ata 15  ECTS) para os distintos perfís de ingreso poden ser:    

    • Materias dos másteres universitarios impartidos polas Universidades participantes.
    • Materias doutros másteres oficiais que a xuízo da CAPD complementen a formación do alumnado.
  • O programa de doutoramento en Matemáticas e Aplicacións pretende que o estudante de doutoramento adquira as capacidades de investigación e de transferencia máis relevantes, o que lle permitirá ter mellores oportunidades para establecer contactos con futuras perspectivas de traballo. De feito, un programa conxunto de doutoramento dá ao estudantado un acceso máis amplo e variado aos recursos das diversas institucións, aos profesores e investigadores, e proporciona maiores oportunidades que as atribuídas a un programa involucrando unha única institución. O estudantado deste tipo de doutoramento pode aproveitar os puntos fortes da cada institución para iniciar e desenvolver as súas carreiras científicas.

    Preténdese ademais que o alumnado adquira a capacidade para concibir, proxectar e desenvolver temas de investigación, de forma autónoma ou en colaboración, respectando patróns de calidade e integridade académicas; que realicen traballos de investigación con resultados orixinais que contribúan ao ensanchamento das fronteiras do coñecemento nas respectivas áreas de investigación e que sexan merecedores de publicación en revistas internacionais especializadas con sistema de arbitraxe; finalmente, preténdese que sexa quen de analizar criticamente e sintetizar ideas novas e complexas, así como de comunicar coa comunidade científica e coa sociedade en xeral.

    Nunha perspectiva máis xeral, os doutoramentos deben ser capaces de: interpretar e modelizar problemas científico-tecnolóxicos e de percibir a súa relevancia económica e social, construíndo a unha visión crítica do coñecemento e da realidade.
    O programa de doutoramento en Matemáticas e Aplicacións pretende fomentar a aplicación de aspectos relevantes das Matemáticas á Física, Bioloxía, Medicina, Computación, Ecoloxía, Biotecnoloxía, Economía,… e o desenvolvemento de habilidades experimentais e de modelización nas áreas anteriormente citadas.

    Débese resaltar que un programa desta natureza tenta unir potencialidades mediante o reagrupamento temático para evitar unha fragmentación excesiva e conseguir así programas multidisciplinares que resulten máis atractivos e permitan optimizar os recursos de PDI, aumentar o carácter internacional dos programas (mediante a incorporación de redes e socios estratéxicos, a participación de profesorado e estudantado internacionais e/ou a mobilidade do persoal), e finalmente incorporar relacións e alianzas mediante convenios con outras institucións nacionais e estranxeiras, públicas e persoais, nunha contorna de colaboración científica e de innovación.

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Coordinador/a
    Manuel Eulogio Ladra Gonzalez

    Secretario/a
    Maria Victoria Otero Espinar

    Vogais
    Jesús Antonio Álvarez López
    Fernando Adrian Fernandez Tojo
    Ana Jeremías López

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.09.2023.