Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dotar ao alumno da perspectiva necesaria para analizar eventos e procesos relacionados cos incendios que teñen lugar sobre o territorio, ao permitir localizar cada evento na súa posición xeográfica.
Aplicación de novas tecnoloxías de información espacial (teledetección e Sistemas de Información Xeográfica) á produción e análise de información xeo-espacial relativa aos incendios forestais para a avaliación e xestión ambiental a diversas escalas, tanto local como rexional e global.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Fundamentos de teledetección
Correccións e tratamentos dixitais da imaxe
Extracción e análise da información
Detección e seguimento de incendios
Seguimento da rexeneración de grandes áreas queimadas
Seguimento do grao de humidade da vexetación viva
Aplicación dos Sistemas de Información Xeográfica para a xestión na restauración de grandes áreas queimadas Obtención de capas temáticas para o seu emprego nos simuladores de incendios
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo coa seguinte estrutura:
Temario teórico (8 horas, 22 horas NP)
1.- Introdución á teledetección (1 h)
Aplicacións: Detección e seguimento de incendios. Seguimento da rexeneración de grandes áreas queimadas. Seguimento do grao de humidade da vexetación viva.
2.- Fundamentos físicos de teledetección (1 h)
3.- Plataformas e sensores (1 h)
4.- Correccións sobre as imaxes (1 h)
5.- Tratamentos dixitais da imaxe. Extracción e análise da información (1 h)
6.- Introdución aos Sistemas de Información xeográfica (2 h)
Os SIG na xestión na restauración de grandes áreas queimadas. Obtención de capas temáticas para o seu emprego nos simuladores de incendios
7.- UAS. Aplicacións nos incendios forestais (1 h)
Exposición de traballo en grupo (1 h)
Repaso de teoría e de prácticas, e de resolución de dúbidas (3 h)
Docencia interactiva (12 horas, 26 horas NP)
Temario práctico (9 horas):
1.- Instalación de software libre e descarga de imaxes SENTINEL-2 (0.5 h)
2.- Tratamentos dixitais básicos (1 h)
3.- Uso da calculadora ráster para obtención de índices. (1 h)
4.- Uso de máscaras (1 h)
5.- Aplicación a zonas de incendio. Análise de incendio activo (1 h)
6.- Análise post-incendio. Análise de severidade (0.5 h)
7.- Ferramentas básicas de SIG (4 h)
Visita obrigatoria ou IET (Instituto de Estudos do Territorio), (3 h)
Bibliografía básica:
— Bosque Sendra, J. Sistemas de Información Geográfica. Ed. Rialp, Madrid 1997.
— Fernández García, S; Gil Docampo, M.L. Topografía y Geomática Básicas en Ingeniería. Ed. Bellisco. ISBN 978-84-92970-38-4,351 pp. Madrid. 2012
— Gil Docampo, M.L.; Armesto González, J. Apuntes de teledetección. Ed.Unicopia. ISBN 84-89189-2. 53 pp. Lugo. 2002
- Jensen, J. R. Introductory Digital Image Processing: a Remote Sensing Perspective. Upper Saddle River: Prentice Hall. 1996.
Bibliografía complementaria:
— Chuvieco Salinero, E. Teledetección ambiental. Ed Ariel Ciencia. 2006.
— Otero Pastor, I. Introducción a los Sistemas de Información Geográfica, en Paisaje, teledetección y GIS: conceptos y aplicaciones. Ed. Fundación Conde del Valle de Salazar. Madrid, 1999.
— Lillesand, T and Kiefer R. Remote Sensing and Image Interpretation. John Wiley and Sons. USA.1994.
Traballaranse as seguintes competencias específicas:
CE39 – Coñecer os fundamentos teóricos básicos do proceso de teledetección e das técnicas de procesamento, análise e interpretación de imaxes de satélite.
CE40 – Capacidade para a realización de cartografía, obtención de información a partir de imaxes de satélite naqueles aspectos relacionados cos incendios forestais.
CE41 – Coñecemento das capas temáticas necesarias para a xestión na restauración de áreas queimadas e os simuladores de incendios.
Os coñecementos e habilidades obteranse a través de:
– Clases expositivas (8 horas) que se impartirán fundamentalmente mediante presentación oral con power point. (Competencias traballadas CE39).
– Impartiranse así mesmo 9 horas de prácticas de laboratorio nas que se traballará na aula de informática fundamentalmente. Levarase a cabo a aplicación de metodoloxías e técnicas vistas na teoría, con aplicación a exemplos concretos. Os alumnos deberán realizar así mesmo unha memoria de prácticas individual. (Competencias traballadas, CE40 e CE41)
- O traballo en grupo e a sua defensa deberá ser realizado en inglés (1 h).
– Realizarase una visita (3 horas) o Instituto de Estudos do Territorio (IET) obrigatoria (Competencias traballadas, CE40)
– Tutorías en grupo (3horas) nas que se tratará de resolver as dúbidas expostas na materia
Para a avaliación continua dos alumnos:
– A visita o IET realizarase unha vez impartido o 50 % do temario.
– A entrega da memoria de prácticas realizarase ao finalizar a materia.
Realizarase un exame final na data oficial fixada polo centro. A realización das prácticas é obrigatoria, así como a entrega dunha memoria final de prácticas. A falta de entrega da mesma será causa de suspenso na materia. As prácticas aprobadas gardaranse para sucesivas convocatorias.
Será necesario acadar unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 tanto no exame final como na avaliación continua das prácticas. Superarase a materia a partir da cualificación global de 5 puntos sobre 10.
Examen: CE39 (30%)
Avaliación continua das prácticas: CE40, CE41 (50%)
Visita ao IET: CE40 (10%)
Realización de traballo en grupo: CE39 (10%)
O retraso na entrega das prácticas segundo a fecha prevista será penalizada cun 10% respecto da nota das mesmas.
O sistema descrito de avaliación será o empregado tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria de recuperación.
Os estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, poderán cursar a materia empregando os recursos materiais facilitados polo profesor no campus virtual axudándose da bibliografía básica. Deberán realizar as prácticas de forma autónoma e entregar a memoria final. A visita ao IET será substituída por un informe no que se expliquen os labores realizados no ámbito da xeomática polo devandito organismo.
A materia consta de 3 créditos, o que supón unha carga total para o alumno de 75 horas.
Traballo presencial na aula (27 horas):
Docencia expositiva en grupo de 40 alumnos: 9 h
Docencia interactiva en grupo de 20 alumnos: 12 h
Tutorías en grupo de 10 alumnos: 3 h
Exposición de traballo en grupo: 1 h
Actividades de avaliación: 2 h
Traballo persoal do alumnado (48 horas):
Lectura e preparación de temas: 12 h
Realización de exercicios: 10 h
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 12 h
Elaboración de traballos de curso: 8 h
Preparación de probas de avaliación: 6 h
Participación en clase de forma activa expondo dúbidas e inquedanzas. É moi recomendable expor as dúbidas no Foro da materia no campus virtual. Desa maneira, non soamente poderase obter unha resposta dos compañeiros, senón que ademais contribúe a que todos vaian coñecendo as solucións a dificultades que poden ir xurdindo.
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións” ” (artigo 16 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011)".