Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Bioloxía Funcional
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Ecoloxía
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos principais son: 1) que as persoas que cursen esta materia comprendan os efectos que o lume vai a exercer sobre os distintos compartimentos do medio natural, tanto de xeito independente como integrado; 2) que diferencien os efectos a pequena e a gran escala, así como efectos inmediatos e a longo prazo.
Os contidos da materia que aparecen na Memoria do Título son os seguintes:
O lume como factor ecolóxico ou como axente de destrución.
Dinámica tralo lume de comunidades biolóxicas.
Efectos físicos, químicos e biolóxicos sobre os solos. Erosión.
Efectos sobre a auga da conca e a calidade do aire
Estes contidos desenvolveranse de acordo o seguinte temario Teoría
TEMA 1- Introdución.
Horas expositivas: 1
Horas traballo alumno: 1
TEMA 2- Efectos do lume sobre o medio edáfico: modificación das propiedades físicas, químicas e biolóxicas. Erosión. Consecuencias
Horas expositivas: 3
Horas traballo alumno: 11
Horas interactivas: 2
TEMA 3- Efectos sobre a calidade da auga.
Horas expositivas: 1
Horas traballo alumno: 5
Horas interactivas: 1
Horas titorías: 1,5
TEMA 4- Efectos sobre a calidade do aire: composición das emisións e efectos a diferentes escalas
Horas expositivas: 1,5
Horas traballo alumno: 6
Horas interactivas: 1
TEMA 5- Efectos sobre os organismos vivos.
Horas expositivas: 1,5
Horas traballo alumno: 6
Horas interactivas: 1
TEMA 6- Efectos sobre a estrutura e dinámica dos ecosistemas.
Horas expositivas: 1
Horas traballo alumno: 4
Horas interactivas: 1
Horas titorías: 1,5
Estes contidos serán desenvoltos tanto durante as horas de teoría como nos seminarios, apoiándose nas prácticas de campo.
Prácticas
Realizarase unha saída ó campo para visitar algunha zona afectada por lumes. Nela realizaranse observacións e recolleranse datos que faciliten a compresión dos conceptos teóricos.
Horas interactivas: 4
Horas traballo alumno: 5
Elaboración de un traballo de curso
Horas interactivas: 2
Horas traballo alumno: 10
Bibliografía básica
Chandler, C. Cheney, P. Thomas, P. Trabaud, L. Williams, D. (1983). Fire in forestry. Vol I: Forest fire behavior and effects. John Wiley and Sons, Inc. pp. 450.
Coelho, C. de O.A., Shakesby, R.A., Walsh R.P.D. (2005). Effects of forest fires and post-fire land management practice on soil erosion and stream dynamics, Águeda basin, Portugal: final report (tamén “on line”)
DeBano, L.F., Neary, D.G., Folliott P.F. (1998). Fire's effects on ecosystems. New York: John Wiley & Sons, cop. pp. 333.
Neary, D.G.; Ryan, K.C.; DeBano, L. F. (2005, revised 2008). Wildland fire in ecosystems: effects of fire on soils and water. Gen. Tech. Rep. RMRS-GTR-42-vol.4. Ogden, UT: U.S. Department of Agriculture, Forest Service, Rocky Mountain Research Station. 250 p. (tamén “on line”)
Bibliografía complementaria
Brown, J.K., Smith, J. K., eds. (2000). Wildland fire in ecosystems: effects of fire on flora. Gen.Tech. Rep. RMRS-GTR-42-vol. 2. Ogden, UT: U.S. Department of Agriculture, Forest Service, Rocky Mountain Research Station. 257 p. (tamén on line)
Cerdà, A., Mataix-Solera, J. (2009). Efectos de los incendios forestales sobre los suelos en España : el estado de la cuestión visto por los científicos españoles. Càtedra de Divulgació de la Ciència, Universitat de Valencia. Valencia, pp 529.
Cerdà, A., Robichaud, P.R. (2008). Fire effects on soils and restoration strategies Edición 1st ed Publicación Enfield, NH: Science Publishers, pp 589.
Flores Garnica, J. G., coord. (2009). Impacto ambiental de incendios forestales. Mundi Prensa México. pp 325.
Pausas, J.G. 2012. Incendios forestales. CSIC. Los libros de la catarata. Madrid. Pp 119.
Sandberg, D.V.; Ottmar, R.D., Peterson, J.L., Core, J. 2002. Wildland fire on ecosystems: effects of fire on air. Gen. Tech. Rep. RMRS-GTR-42-vol. 5. Ogden, UT: U.S. Department of Agriculture, Forest Service, Rocky Mountain Research Station. 79 p. (tamén “on line”)
Recursos “on line”:
http://fuegored.weebly.com/: Red temática Internacional. Efectos del fuego en los ecosistemas forestales (Publicaciones)
Neary, D.G.; Leonard, J. McM. (2020). Effects of Fire on Grassland Soils and Water: A Review. (on line:www.interchopen.com/books)
Cardoso Castro F.M. Moreno Rodríguez J.M.; Vallejo Calzada F.R. and Xanthopoulos G. (2018). FOREST FIRES — European Commission; Sparking firesmart policies in the EU. Publications Office of the European Union. Directorate-General for Research and Innovation- Climate Action and Resource Efficiency (https://ec.europa.eu/info/sites/default/files/181116_booklet-forest-fir…)
Curso de Edafología-Universidad de Granada: http://edafologia.ugr.es/index.htm
Tulau MJ and McInnes-Clarke S (2015). Fire and Soils. A review of the potential impacts of different fire regimes on soil erosion and sedimentation, nutrient and carbon cycling, and impacts on water quantity and quality. (https://www.environment.nsw.gov.au/-/media/OEH/Corporate-Site/Documents…)
A materia “Efectos do lume sobre os ecosistemas”, contribuirá á consecución das competencias básicas xerais e transversais da titulación, detalladas na memoria do plano de estudios, e en especial:
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta o limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CX7 - Capacidade para o desenvolvemento de políticas forestais.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
Ademais, e dun modo máis específico, o alumnado nesta materia adquirirá:
CE35- Capacidade para comprender os efectos do lume sobre a estrutura e funcionamento dos ecosistemas, sobre a dinámica das comunidades biolóxicas, os solos, as augas e a atmosfera. Estes coñecementos serán a base para labores de protección e restauración posteriores
As actividades presenciais estruturaranse en clases expositivas teóricas, clases interactivas (seminarios e prácticas) e titorías. Como apoio ás clases teóricas e ás actividades prácticas proporcionarase ós alumnos material docente axeitado, ben impreso ou ben a través do Campus Virtual.
Clases expositivas:
Nas clases expositivas de teoría a profesora presentará os conceptos teóricos que permitan ó alumno abordar o estudio e compresión da materia. Como apoio utilizaranse os medios audiovisuais axeitados. Promoverase a participación crítica dos alumnos
Clases interactivas:
As clases interactivas son un complemento ós contidos presentados nas clases de teoría. Como complemento utilizarase material adecuado para cada tema.
Seminarios
O alumnado deberá realizar algún traballo relacionado cos contidos do curso. A preparación, a exposición e a discusión do traballo levarase a cabo nas horas de seminario. Nesta actividade valorarase o manexo de información en algunha lingua extranxeira.
Titorías
As titorías en grupos moi reducidos utilizaranse para facer un seguimento dos coñecementos adquiridos polo alumno e, no seu caso, para resolver as cuestións que se formulen.
Viaxe de Prácticas
Realizarase unha saída ó campo para visitar algunha zona afectada por lumes. Nela realizaranse observacións e recolleranse datos que faciliten a compresión dos conceptos teóricos. Esta actividade ten carácter obrigatorio. O alumnado realizará unha memoria cos datos recollidos na viaxe.
A avaliación realizarase tendo en conta a parte teórica, práctica e a realización do traballo de curso, así coma a asistencia e a implicación nas distintas actividades. A porcentaxe de cada parte sobre a puntuación total indícase a continuación:
1) Proba teórica (60%). Con esta proba avaliaranse as competencias: CB8, CB10, CX7, CT2, CT5, CE35.
2) Elaboración e exposición do traballo de curso e realización do informe da viaxe de prácticas (35 %). Con estes traballos avaliaranse as competencias: CB7, CB8, CB9, CB10, CX7, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT7, CE35.
3) Asistencia e participación en todas as actividades 5%. Neste apartado avaliaranse as competencias: CB8, CX7, CT2, CE35.
As/os alumnas/os repetidores manteráselles a nota do traballo e prácticas durante un curso. O alumnado que teña exención de asistencia será avaliado en base ao exame teórico, o traballo de curso e as prácticas realizadas. En caso de non asistir á práctica terá que realizar un traballo complementario.
O sistema de avaliación na segunda oportunidade seguirá o mesmo esquema anterior. No caso que non se asistise as prácticas, os alumnos terán que realizar un traballo complementario
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Lectura e preparación de clases expositivas e interactivas: 33 h
Elaboración de traballos de curso e de memoria de prácticas: 15 h (en grupo ou individuais)
TOTAL: 48 h
SSeguimento aplicado das clases de teoría. Realización das prácticas. Resolución das cuestións teórico-prácticas que se propoñen. Resolución das dúbidas e seguimento da materia en réxime de titorías. Lectura da bibliografía recomendada
O Campus Virtual será unha ferramenta importante para o desenvolvemento da materia. Os materiais necesarios para o curso poderán ser baixados de alí, e as informacións detalladas do desenvolvemento da materia estarán dispoñibles no seu calendario.
Maria Josefa Fernandez Sanjurjo
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 982823141
- Correo electrónico
- mf.sanjurjo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Dolores Vázquez Castro
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- mariadolores.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade