Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia de TECNICAS E METODOLOXIAS EN LABORATORIOS DE I+D está englobada dentro do Módulo IV sobre INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO do Máster en Enxeñaría Química e de Bioprocesos.
Obxectivos da materia:
Levar a cabo unha revisión das distintas ferramentas básicas e metodoloxías dispoñibles tanto no Departamento de Enxeñaría Química como nos servizos xerais da USC que permitan ao alumno coñecer as ferramentas utilizadas nas distintas liñas de investigación do Departamento.
Estudar a aplicabilidade de algunhas destas metodoloxías para determinar os parámetros máis importantes para a súa utilización posterior en actividades de seguimento, modelización e control dos distintos equipos e procesos utilizados.
Poñer en contacto aos alumnos cos distintos doutorandos de Departamento co fin de coñecer o día a día dos traballos de investigación dos mesmos
Os contidos que se desenvolverán no curso están directamente relacionados cos indicados nos descritores da materia: “ Revisión das distintas ferramentas básicas dispoñibles en I D. Equipamentos e Servizos Xerais de apoio á investigación na USC. Técnicas instrumentais e analíticas nos laboratorios de investigación do Departamento de Enxeñaría Química da USC. Metodoloxías para a interpretación e aplicación á investigación dos resultados obtidos. Xestión de residuos en laboratorios de I+D “.
O programa da materia está constituído polos seguintes temas:
Tema 1. Caracterización de mostras ambientais I ( Sólidos e Biomasa) : Parámetros físicos: Velocidade de sedimentación, índices volumétricos, densidade e tamaño de partícula. Composición: DQO, sólidos en suspensión volátiles, proteínas, polisacáridos, ADN, análise elemental. Morfoloxía e identificación: microscopía electrónica, FISH e citometría de fluxo.
Tema 2. Caracterización de mostras ambientais II (Fases líquidas e gaseosas ): Espectrofotometría, cromatografía de gases, TOC, NTK, HPLC, FPLC, electroforeses capilar, electroforeses en gel, RMN, gases-masas, eléctrodos, microsensores, espectrometría de masas, espectroscopia.
Tema 3. Avaliación de actividades biolóxicas e aplicacións : Determinación de actividades.: Introdución. Produción de biogás. Consumo de sustrato. Respirometría. Actividades encimáticas. Métodos titrimétricos. Microcalorimetría. Medida de bioactividades de substancias naturais. Aplicacións: . Obtención de parámetros cinéticos. Biodegradabilidade e caracterización de augas residuais. Toxicidade e inhibición. Control e monitorización.
Tema 4. Técnicas baseadas na medida de propiedades físicas: Análise termogravimétrico. Técnicas calorimétricas. Técnicas de análises térmico (DSC e DMA). Técnicas reológicas. Técnicas viscosimétricas
Tema 5. Equipos e Infraestruturas de apoio á Investigación na USC (RIAIDT): Resonancia magnética. Raios X. Microscopía electrónica e confocal. Espectrometría de Masas. Espectroscopia IR-Raman. Análise elemental. Outros servizos. Instituto de cerámica de Galicia
Tema 6. Xestión de residuos en laboratorios de I D: Xestión de residuos líquidos e sólidos.
Identificación e clasificación dos residuos. Almacenaxe e xestión dos mesmos. O caso da USC.
Tema7 Casos de estudo
Bibliografía básica
APHA-AWWA-WPCF. Standard Methods for examination of water and wastewater. 17th Ed. Washington. (1989).
Bibliografía complementaria
SEVIOUR, R.J and L.L. BLACKALL. The microbiology of activated sludge. Dordrecht, Holanda.: Kluwer Academic Publishers, 1999.ISBN 0412793806
SOTO M., R MENDEZ. y J.M. LEMA. Bases cinéticas y microbiológicas en el diseño de digestores anaerobios. Ingeniería Química,1993, XXIV (274), 191-201. ISSN 0210-2064
SOTO M.,R. MENDEZ e J.M. LEMA. Methanogenic and non-methanogenic activity tests. Theoretical basis and experimental set up. Water. Res,1993, 27, 1361-1376.ISSN 1879-2448
SPANJERS, H., et al. Respirometry in control of the activated sludge process: Principles”. Scientific and Technical Report Nº 7. London : IAWQ, 1998. ISBN 1900222043
http://www.usc.es/gl/investigacion/riaidt/
A materia está orientada a acadar as seguintes competencias recollidas na memoria del título:
Competencias básicas e xerais
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecemento adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
CG12. Dirixir e xestionar a organización do traballo e os recursos humanos aplicando criterios de seguridade industrial, xestión da calidade, prevención de riscos laborais, sostenibilidade, e xestión medioambiental
CG13. Dirixir e realizar a verificación, o control de instalacións, procesos e produtos, así como certificacións, auditorías, verificacións, ensaios e informes
Competencias transversais
CT.2. Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
CT4. Capacidade analítica, crítica e de síntese.
Competencias específicas
CE.6. Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria química, así como a optimización doutros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da enxeñaría química, comprensivas de procesos e fenómenos de transporte, operacións de separación e enxeñaría das reaccións químicas, nucleares, electroquímicas e bioquímicas.
CE.8. Dirixir e supervisar todo tipo de instalacións, procesos, sistemas e servizos das diferentes áreas industriais relacionadas coa enxeñaría química.
CE.10. Deseñar, construír e implementar métodos, procesos e instalacións para a xestión integral de suministros e residuos, sólidos, líquidos e gaseosos, nas industrias, con capacidade de avaliación dos seus impactos e dos seus riscos.
CE.12. Posuír as habilidades da aprendizaxe autónoma para manter e mellorar as competencias propias da enxeñaría química que permitan o desenvolvemento continuo da profesión
Meodoloxía da ensinanza
En todos os casos empregarase o Campus Virtual da materia (Moodle) como repositorio de todo o material entregado así como para a comunicación alumno – profesor.
O desenvolvemento da materia está moi ligado ás actividades de investigación nos laboratorios dos grupos de investigación do Departamento de Enxeñaría Química. Nas sesións de seminario os alumnos visitarán os distintos laboratorios. Durante ditas visitas explicarase o funcionamento dos diversos equipos, e faranse demostracións dalgúns deles. Nos casos que sexa posible, os alumnos poderán realizar determinacións dalgúns parámetros relevantes sobre distintas mostras.
Caso práctico: Os alumnos elaborarán alo menos un caso práctico tutelado polo profesor, que resolve as dúbidas que poida ter o alumno na realización do estudio proposto. Este traballo levarase a cabo en grupos de 2 a 4 alumnos en función do número total dos mesmos. Estas horas estarán dirixidas a fomentar a interación non so entre os propios alumnos senon tamén co profesor. Os alumnos farán unha exposición oral do seu traballo diante dos compañeiros e do profesor.
Titoría grupal: Servirá para resolver algunha cuestión específica que teñan os alumnos relativa ao caso práctico.
Titorías individualizadas: Realizaranse mediante a plataforma MS Teams a demanda do alumno.
As competencias a adquirir polo alumno durante as diversas actividades da materia se distribúen da seguinte forma:
_________________________________________________________________
Competencias
Actividade Básicas e Xeráis Transversales Específicas
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
Seminarios CB7 CT4 CE6, CE8, CE10
Laboratorios CB10, CG12, CG13 CE6, CE8, CE10
Titorías e traballos CT2 CE12
___________________________________________________________________
A cualificación do alumno será unha media ponderada das actividades realizadas en función dos rendementos obtidos en cada un dos seguintes:
Distribución da cualificación
1. Participacion en clases e tutorías 20%
2. Traballo individual de cada alumno a propuesta do profesosr: 40%
3. Prestación e discusión individual do traballo anterior no Foro: 40%
Na táboa indícanse as actividades nas que se avalían as diversas competencias:
1.- Titoría grupal e Laboratorios (CT2, CB10, CG12, CG13, CE6, CE8, CE10, CE12)
2.- Traballos realizados (CT2, CT4, CE12) (CB7, CB10)
A consideración de “non presentado” se terá se non se asiste a ningunha actividade avaliadora (exame, titoría grupal, seminarios de laboratorio ou traballo en equipo). Se non se asiste so a algunha delas a cualificación na primeira oportunidade será de “suspenso”.
Para a segunda oportunidade no mesmo curso académico, conservaranse as cualificacións obtidas nos apartados de traballo en equipo, titoría grupal e laboratorio.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Na táboa indícanse as actividades nas que se avalían as diversas competencias
____________________________________________________________________
Competencias
Tema/Actividad e Básicas e Xerais Transversais Específicas
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Seminarios CB7 CT4 CE6, CE8, CE10
Laboratorios CB10, CG12, CG13 CE6, CE8, CE10
Titorías e traballos CT2 CE12
______________________________________________________________________
Distribución da actividade formativa en ECTS
Actividade Horas presenciais H. traballo alumno ECTS
Clases maxistrais -- -- --
Seminarios 6,0 9 0,6
Prácticas Lab. 20,0 20,0 1,6
Titorías grupo 1 4 0,20
Subtotal 27 33 2,40
Titorías individualizadas 1 4 0,20
Exame e revisión 2 8 0,40
Total 30 45 3,00
Faise constar que a natureza da materia, asociada as actividades nos laboratorios de investigación, fai que sexa obrigatoria a asistencia a todas as actividades antes citadas.
Recomendase un dominio básico do inglés para facilitar a consulta de libros, artigos científicos e páxinas web.
Os alumnos poden acceder o programa da materia a través da paxina Web do Master na dirección:
http://www.usc.es/gl/titulacions
A admisión do alumnado matriculado nos laboratorios de practicas require que se coñezan e cumplan as Normas incluidas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para os espacios experimentáis da Escola Técnica superior de Enxeñaria, disponible na páxina web: http://www.usc.es/etse/taxonomy/term/10761
O idioma principal na impartición desta asignatura será o castelán
Para as prácticas de laboratorio o alumno ten que vir provisto de bata de laboratorio e gafas de seguridade. A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estos coñezan e cumpran as normas incluidas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espacios experimentales da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, dispoñible no apartado de seguridade da sua web.
En relación á seguridade e prevención de riscos laborais, para cada unha das prácticas o alumnado disporá dun manual básico de funcionamiento no que se recollen os aspectos máis relevantes.
Empregarase o Campus Virtual como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ao longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia. También se poderá empregar á MS Teams caso de resultar convinte
Calquera información adicional para coñecer o funcionamento da Universidade de Santiago de Compostela pode consultarse directamente na páxina Web da mesma na dirección: www.usc.es
Ramon Mendez Pampin
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816791
- Correo electrónico
- ramon.mendez.pampin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
| Martes | ||
|---|---|---|
| 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
| Xoves | ||
| 16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
| Venres | ||
| 16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
| 05.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
| 05.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
| 05.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
| 10.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
| 10.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
| 10.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MENDEZ PAMPIN, RAMON | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MENDEZ PAMPIN, RAMON | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MENDEZ PAMPIN, RAMON | Castelán |