Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%), Portugués (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos Xerais:
1- Comprender e analisar a produción literária como um fenómeno social e, en consecuencia, ser capaz de ler os textos literarios como manifestacións complexas de umha sociedade concreta e de circunstancias específicas.
2- Comprender e analisar os discursos producidos en relación á literatura como fenómenos sociais e, en consecuencia, ser capaz de ler textos críticos e as histórias da literatura como manifestacións complexas de grupos sociais concretos e de circunstancias determinadas.
Obxectivos Específicos:
1) Promover unha aproximación á história do Brasil e á sua produción literaria.
2) Coñecer e estudar os procesos de conformación dum cánone do sistema literario brasileiro.
3) Aproximar-se ao coñecimento dos mecanismos de difusión e lexitimación literaria.
4) Comprender fenómenos recentes como os procesos de emerxencia, fenómenos mediáticos, etc...
1. O Brasil contemporáneo.
2. O Brasil onte e hoxe. Transformacións urbanas e sociais nas mudanzas de século.
2.1. Belle Époque e potencia mundial.
2.2. Semana de Arte Moderna e presenza actual da literatura brasileira a nível internacional
3. Proxectos culturais e literários:
3.1.Definindo o Brasil: as propostas modernistas e os rexionalismos.
3.2. As vanguardas da metade do século
4. Dinámicas literarias e culturais en tempos de ditadura
4.1. Coordenadas sócio-culturais.
4.2.Produción literaria e cultural no período pos-64.
5. A produción literaria e cultural da virada do século XX para o XXI
5.1. Consolidación do mercado editorial
5.2. Estudo(s) de caso.
1- Leituras obrigatórias-Bibliografia básica (Seleción de textos integrais ou trechos das obras indicadas )
-Oswald de Andrade: “Manifesto Pau-Brasil” e “Manifesto Antropofágico”.
-Mário de Andrade, “Prefácio Interessantíssimo” a Paulicéia Desvairada.
[1928] Macunaíma (trechos), ed. org. por Telê Porto Ancona Lopes. Florianópolis: Sinatários Archivos, 1998.
-Seleción de textos poéticos de diferentes momentos.
-Graciliano Ramos [1938], Vidas Secas (sel.). Lisboa, Europa-América.
-Guimarães Rosa [1946], Sagarana (algumhas das narrativas), Rio de Janeiro, Nova Fronteira.
-Clarice Lispector [1977], A hora da estrela (sel.), Rio de Janeiro, Nova Fronteirae algum conto.
-Seleción de fragmentos de textos contemporáneos.
2. Bibliografia xeral (complementar)
Bosi, Alfredo (1994), História concisa da literatura brasileira, São Paulo, Cultrix. (33 ed.).
Cândido, Antônio (1965), Literatura e Sociedade, São Paulo, Editora Nacional.
Cândido, Antônio/Castello, José Aderaldo (1981), Presença da literatura brasileira, 3 vols., São Paulo, Difel, 8ªed..
Coutinho, Afrânio/Sousa, J. Galante de (dirs.) (1990), Enciclopédia da Literatura Brasileira, 2 vols., São Paulo, Global/Rio de Janeiro, MEC-Fundação de Assistência ao Estudante-FBN-ABL; 20012 (edição revista, ampliada, atualizada e ilustrada sob a coord. de Graça Coutinho e Rita Moutinho)
Dacanal, J. Hildebrando (1984), A literatura brasileira no século XX, Porto Alegre, Mercado Aberto.
Khothe, Flávio R. (2003, 2004), O cânone republicano I e II, Brasília, Universidade de Brasília.
Moisés, Massaud, História da Literatura Brasileira, (Vol. 5. Modernismo), São Paulo, Cultrix.
Moisés, M. (org.), Pequeno Dicionário da Literatura Brasileira. São Paulo, Cultrix, 19985 (edição atualizada, revista e aumentada, em relação às anteriores de J. Paes/M. Moisés).
Picchio, Luciana Stegagno (1997), História da Literatura brasileira, Rio de Janeiro, Nova Aguilar.
Podem consultar-se as posibilidades de aceso remoto aos recursos bibliográficos que permite a ferramenta EZproxy:
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/utilidades/ezproxy.html
1. Visión dos procesos culturais dunha forma crítica, atendendo máis ás funcións do que aos procesos estéticos.
2. Adquisición de coñecimentos sobre teoria da literatura, literatura comparada e de estudos da cultura complementares aos adquiridos en outras disciplinas.
3. Elaboración de leituras e xuízos criticos.
4. Aplicación prática dos coñecimentos teóricos e/ou conteúdos aprendidos na matéria.
5. Prática de exposición escrita e oral por meio da elaboración de traballos próprios e orixinais.
A metodoloxia escollida esixe a presenza continuada nas aulas, a participación activa nelas e a realización das leituras e das tarefas marcadas. O obxectivo é que os e as estudantes aprendam a realizar traballos de pesquisa e documentación de forma autónoma e que mediante estes traballos ampliem os conteúdos proporcionados a través do seguimento do programa.
Do mesmo modo, pretende-se desenvolver competencias, destrezas e habilidades relativas ao traballo cooperativo e en equipa, debate e argumentación, comunicación oral e escrita, criatividade, iniciativa e tomada de decisións, solución de problemas.
Todos os materiais precisos para o seguimento da cadeira serán disponibilizados na aula virtual ou, a non ser posível, será indicada a forma de consegui-los.
O acompañamento da aula virtual da matéria é imprescindível.
A avaliación para todas as persoas inscritas – inclusive aquelas con dispensa oficial de asistencia ás aulas - será continuada e constará, para ambas as oportunidades (1ª e 2ª), dos seguintes ítens:
a) Realización das tarefas vinculadas ao desenvolvimento da materia e proactividade en relación ás dinámicas de traballo da disciplina: máximo de 7 valores.
b) Realización de un trabalho escrito, de carácter obrigatorio, conforme as indicacións dadas pola docente (coa cal debe ser combinado o tema): máximo de 2 valores.
c) Realización de traballos voluntarios vinculados á materia: máximo de 1 valor.
Para a avaliación da Primeira Oportunidade, a/o estudante poderá recuperar ou mellorar – dentro do prazo fixado a tais efectos – calquera item, mediante a (re)elaboración para (nova) entrega de, no máximo, duas avaliacións escritas (tarefas e traballo, tanto non presentados canto considerados deficientes).
Na avaliación da Segunda Oportunidade, o sistema será o mesmo, salvo que se poderán presentar o total das tarefas e traballo.
Para todos os casos de realización fraudulenta de exercicios, traballos ou probas será aplicada a "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións" da USC.
Materia semestral de 6 créditos.
Carga horaria da disciplina.
- Participación activa nas aulas.
- Leituras prévias dos materiais.
- Aceso a fontes (especializadas) complementares de información online sobre o Brasil.
- Utilización do horário de atendimento da profesora (presencial e/ou telemático) para resolver posíveis dúvidas.
No decurso do semestre, novas informacións/textos/referencias serán indicadas aos/às alunos/as –tamén a través de conferencias, seminarios ou outras actividades suxeridas- como complemento e actualización de asuntos relativos à matéria.
Língua(s) utilizada(s): Galego/Portugués. De forma eventual e ocasional, poden ser presentados materiais ou comunicacións em outras línguas (español, francés, inglés, italiano, etc.), sempre que a docente o considerar oportuno.
Todos os traballos deben ser orixinais.
O pláxio será considerado umha falta moi grave.
Ma Del Carmen Villarino Pardo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811781
- Correo electrónico
- carmen.villarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mariana Killner
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- mariana.killner [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
| Martes | ||
|---|---|---|
| 12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | C06 |
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | C06 |
| Mércores | ||
| 13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | D04 |
| 15.01.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D08 |
| 15.01.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
| 12.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D07 |
| 12.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D07 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Killner , Mariana | Portugués |
| VILLARINO PARDO, Ma DEL CARMEN | Portugués |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Killner , Mariana | Portugués |
| VILLARINO PARDO, Ma DEL CARMEN | Portugués |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VILLARINO PARDO, Ma DEL CARMEN | Portugués |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VILLARINO PARDO, Ma DEL CARMEN | Portugués |