Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%), Inglés (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O curso constitúe unha introdución xeral á ampla gama de variedades do inglés existentes na actualidade e aos métodos e recursos empregados no seu estudo. De xeito máis concreto, céntrase na descrición dos trazos formais máis salientables das variedades xeográficas da lingua inglesa máis estendidas. Os obxectivos centrais da materia son os seguintes:
- Familiarizarse cos trazos distintivos das variedades de inglés máis estendidas.
- Recoñecer as pautas de variación máis significativas en inglés nos diferentes niveis lingüísticos de análise (ortografía, fonoloxía, vocabulario, morfoloxía, sintaxe).
- Aprender os fundamentos metodolóxicos para a comparación sistemática das variedades do inglés.
- Coñecer e comprender os procesos históricos que deron lugar á actual diversidade de variedades da lingua inglesa.
T- omar conciencia do carácter inherente da diversidade, variación e cambio lingüísticos.
1. Introdución
1.1. A variación lingüística
1.2. Lingua, dialecto e conceptos relacionados
1.3. O estándar
1.4. As actitudes lingüísticas
2. Materiais para o estudo das variedades do inglés
2.1. O Electronic World Atlas of Varieties of English (eWAVE)
2.2. Onde escoitar as variedades do inglés
2.3. Corpus lingüísticos
3. Modelos para a clasificación das variedades do inglés no mundo
3.1. Introdución
3.2. Modelos teóricos
3.2.1. Os primeiros anos (1970s-1990)
3.2.1.1.Quirk (1972, 1985) e a distinción entre inglés como lingua nativa, segunda lingua e lingua estranxeira
3.2.1.2. O modelo dos tres círculos concéntricos de Kachru (1985, 1992)
3.2.1.3. O modelo de McArthur (1987) ("Circle of World Englishes")
3.2.1.4. O modelo de Görlach (1990)
3.2.2. Avances no desenvolvemento de modelos teóricos sobre os ingleses no mundo (1990-2010): o xiro diacrónico
3.2.2.1. O Modelo Dinámico de Schneider (2007)
3.2.3. Aproximaciós recentes ao estudo das variedades do inglés:
3.2.3.1. Mair (2013)
3.2.3.2. Buschfeld and Kautzsch (2017)
4. As variedades de referencia: inglés británico e inglés americano
4.1. Ortografía
4.2. Fonoloxía
4.4. Vocabulario
4.5. Gramática
5. As variedades intra-nacionais e internacionais do inglés
5.1.Variedades intra-nacionais
5.1.1. O inglés nas Illas Británicas
5.1.2. O inglés nos Estados Unidos
5.2. Variedades internacionais
5.2.1 Outras variedades normativas nacionais: o inglés australiano, o inglés neozelandés, o inglés canadiense e o inglés surafricano
5.2.2. Os ‘novos ingleses’: algúns exemplos
Bauer, Laurie. 2002. An introduction to international varieties of English. Edimburgo: Edinburgh University Press.
Cheshire, Jenny (ed.). 1991. English around the world. Sociolinguistic perspectives. Cambridge: Cambridge University Press.
Crystal, David. 2003. English as a global language. Cambridge: Cambridge University Press.
Freeborn, Dennis. 1993. Varieties of English. 2ª edición. Londres: Macmillan.
Galloway, Nicola e Heath Rose. 2015. Introducing Global Englishes. Londres: Routledge.
Hughes, Arthur e Peter Trudgill. 1996. English accents and dialects. An introduction to social and regional varieties of English in the British Isles. 3ª edición. Londres: Arnold.
Jenkins, Jennifer. 2015. Global Englishes: A resource book for students. 3ª edición. Londres: Routledge.
Kortmann, Bernd e Kerstin Lunkenheimer (eds.). 2011. The Electronic World Atlas of Varieties of English [eWAVE]. Leipzig: Max Planck Institute for Evolutionary Anthropology. Dispoñible en liña en http://ewave-atlas.org/.
Kortmann, Bernd e Edgar Schneider (eds.). 2004. A handbook of varieties of English. A multimedia reference tool. Volume 1: Phonology. Volume 2: Morphology and Syntax. Berlín e Nova York: Mouton de Gruyter.
Kachru, Braj B. 1985. “Standards, codification and sociolinguistic realism: The English language in the outer circle”. En Randolph Quirk e H. G.Widdowson (eds.) English in the world: Teaching and learning the language and literatures. Cambridge: Cambridge University Press: 11-31.
Kachru, Braj B., Yamuna Kachru e Cecil L. Nelson (eds.). 2006. The handbook of world Englishes. Oxford: Blackwell.
Mair, Christian. 2013. “The World System of Englishes: Accounting for the transnational importance of mobile and mediated vernaculars”. English World-Wide 34/3: 253-278.
McArthur, Tom. 1987. “The English Languages?” English Today 11: 9-13.
Mesthrie, Rajend e Rakesh M. Bhatt. 2008. World Englishes: The study of new linguistic varieties. Cambridge: Cambridge University Press.
Schneider, Edgar W. 2007. Postcolonial English. Varieties around the world. Cambridge: Cambridge University Press.
Schreier, Daniel, Peter Trudgill, Edgar W. Schneider e Jeffrey P. Williams. 2010. The lesser-known varieties of English. An introduction. Cambridge: Cambridge University Press.
Siemund, Peter. 2013. Varieties of English: A typological approach. Cambridge: Cambridge University Press.
Tagliamonte, Sali A. 2012. Roots of English: Exploring the history of dialects. Cambridge: Cambridge University Press.
Trudgill, Peter. 1983. On dialect: Social and geographic perspectives. Oxford: Blackwell.
Trudgill, Peter. 1994. Dialects. Londres: Routledge.
Trudgill, Peter e Jean Hannah. 1994. International English. A guide to the varieties of Standard English. 3ª edición. Londres: Edward Arnold.
Upton, Clive e J. D. A. Widdowson. 1996. An atlas of English dialects. Oxford: Oxford University Press.
Wolfram, Walt e Natalie Schilling-Estes. 1998. American English. Dialects and variation. Oxford: Blackwell.
Competencias da Memoria Verificada do título: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG8
Combinaranse a clase maxistral e os seminarios centrados na análise de textos, o traballo con materiais audiovisuais e as actividades individuais ou en grupo. Fomentarase o manexo de lecturas complementarias que lles permitan aos estudantes ampliar os seus coñecementos teóricos e mellorar a súa comprensión da materia.
Sesións expositivas (total 32/2 horas por semana): Presentarase cada unidade do programa en base á bibliografía seleccionada.
Sesións interactivas (total 16/1 hora por semana): Os estudantes terán que facer as lecturas e as tarefas adicionais necesarias para garantir a súa participación activa nas clases.
Parte das tarefas e materiais serán presentados a través da plataforma virtual. Aproximadamente, os alumnos terán que realizar unha ou dous tarefas por tema + a presentación final.
O sistema de avaliación estándar para a primeira oportunidade ten dous compoñentes:
(a) Avaliación continua (50%)
- Asistencia e participación activa durante as clases: 10%
- Tarefas periódicas sobre os contidos do curso: 15% (unha ou dúas tarefas por tema aprox.)
- Presentación oral (15%) e traballo escrito (10%) sobre unha variedade do inglés. O traballo realizarase en grupo, baixo a supervisión da profesora, e deberá entregarse antes da data do exame final a través da aula virtual da materia.
(b) Exame escrito final (50%): O grao de asimilación dos contidos do curso por parte dos estudantes avaliarase por medio dunha proba escrita final que se celebrará nas datas fixadas de forma oficial polo centro.
IMPORTANTE:
(1) Segunda oportunidade: o sistema de avaliación para a segunda oportunidade será o mesmo que na 1ª oportunidade, tendo en conta que a nota da parte da avaliación continua non é recuperable na segunda oportunidade.
(2) Os estudantes con dispensa oficial de asistencia e que, por tanto, non se acollen ao sistema de avaliación continua, farán unicamente un exame escrito final (100%).
(3) Os estudantes que non superaran a materia en cursos anteriores e que repitan a asignatura no curso 2023/24 serán avaliados seguindo o sistema de avaliación xeral descrito máis arriba (é dicir, avaliación continua (50%) exame final (50%)), a menos que lles resulte imposible asistir a clase. Neste caso, terán que informar ao profesor do seu desexo de acollerse ao sistema de avaliación que se aplica no caso de alumnos/as con dispensa de docencia (é dicir, exame final cun valor do 100% da nota).
Todos os exercicios e probas realizaranse en inglés. A corrección no uso da lingua e das convencións formais é imprescindible, polo que a acumulación de erros gramaticais, ortográficos etc. será penalizada. Valorarase, así mesmo, a capacidade crítica e de síntese e a claridade no manexo dos conceptos.
En caso de de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
6 horas semanais aprox.
1) Os/as estudantes deberán preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula.
2) Así mesmo, deberán comprobar de forma regular a aula virtual da materia e o seu correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.
3) Non se contestará ningún correo que proceda dunha conta non institucional. Os/as alumnos/as que desexen contactar coas profesoras deberán facelo utilizando a súa conta de correo da USC.
Susana Maria Doval Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811855
- Correo electrónico
- susanamaria.doval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Martes | ||
|---|---|---|
| 09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | C02 |
| Mércores | ||
| 09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | C02 |
| 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | C02 |
| 21.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
| 21.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
| 25.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
| 25.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA | Inglés |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA | Inglés |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA | Inglés |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA | Inglés |