Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Comprender os procesos de adaptación das obras literarias ou de aspectos das mesmas a diversas manifestacións artísticas, particularmente ao cine.
• Entender os factores básicos que interveñen na adaptación dunha obra literaria:
- distintos recursos técnicos;
- distintas linguaxes;
- distintos contextos históricos e culturais;
- distintos modos de produción e circulación;
- distintas implicacións ideolóxicas.
• Aprender a facer comentarios de textos artísticos.
• Acadar unha mellor comprensión dos textos literarios mediante a comparación das súas diferentes versións en varios medios artísticos.
• Adquirir unha maior sensibilidade lingüística.
Contidos Xerais:
1.- Estudo da interrelación entre obras literarias e outras manifestacións artísticas, particularmente dos procesos de adaptación das obras literarias ou aspectos das mesmas a outros medios como o cine, a pintura ou a fotografía. Pola súa privilexiada relación coa literatura, prestarase especial atención ao estudio da intertextualidade fílmica e literaria.
2.- Estudo comparativo dos distintos recursos e linguaxes dos diferentes medios artísticos e do seu efecto na adaptación da obra.
3.- Contextualización histórica, política e cultural do texto literario e das súas reinterpretacións noutras manifestacións artísticas.
4.- Análise das implicacións ideolóxicas da interpretación e reescritura producida en contextos socioculturais e históricos distintos dos do texto literario no que se basean.
Contidos Específicos:
Introdución xeral:
- Relación da literatura con outras manifestacións artísticas
- Literatura e cine
- Do texto literario ao cine
- Introdución xeral á linguaxe do cine
- O ollo da cámara
- Cine e fantasmagoría
Análises de versións en outras expresións artísticas de:
· Unha obra de teatro
· Unha novela
· Un relato curto
· Un poema
Bibliografía básica:
Beja, M. (1979). Film and Literature. Longman: New York.
Chatman, Seymour. (1989). Story and Discourse: Narrative Structure in Fiction and Film. Ithaca: Cornell University Press.
Hutcheon, Linda. (2006). A Theory of Adaptation. New York: Routledge.
McFarlane, B. (1996). Novel to Film: An Introduction to the Theory of Adaptation. Oxford.
Zizek, Slavoj, Sophie Fiennes (2005). The Pervert’s Guide to cinema.
Bibliografía complementaria:
Ambler, E. (1956).” Screenwriting: The Novelist and Films”, Journal of the British Film Academy, 8
Aragay, Mireya (2005): Books in Motion. Adaptation, Intertextuality, Authorship. Amsterdam, New York, Rodopi Arnheim, R. (1990). Coming to Terms: the Rhetoric of narrative in Fiction and Film. Ithaca: Cornell University Press..
Bluestone, G. (1957). Novels into Film. University of California Press: Berkeley and Los Angeles. Carmona, R. (1991,2010). Cómo se comenta un texto fílmico. Madrid: Cátedra.
Cohen, K. (1979). Film and Fiction: the Dynamics of Exchange. Yale University Press: New Haven.
Marcus, F. (ed.) (1971). Film and Literature: Contrasts in Media. Chandler Publishers: Scranton. McDougal, S. (1985). Made into Movies: From Literature to Film. Holt Rinehart and Winston: New York.
Peña A., C. (19912). Literatura y cine: una aproximación comparativa. Madrid: Cátedra.
CB1, CB2, CB3, CB4, CB5
CG1, CG8
Competencias xerais
• Capacidade utilización de coñecementos adquiridos.
• Capacidade para desenvolver unha aprendizaxe autónoma.
• Capacidade para aprender dos seus propios erros.
• Capacidade para desenvolver actitudes de colaboración e respecto.
• Capacidade para facer fronte a situacións multiculturais tendo en conta os principios de igualdade e respecto pola diversidade.
• Capacidade de organización de ideas e de desenvolvemento coherente das mesmas.
• Capacidade de organización e análise de datos.
• Capacidade de argumentación e expresión de ideas.
• Capacidade de debater e dialogar.
• Capacidade de formar un xuízo ético e crítico.
Competencias específicas
• Capacidade de análise comparada das distintas manifestacións artísticas.
• Capacidade de análise das implicacións ideolóxicas da adaptación.
Clases expositivas, seminarios e titorías
As clases combinarán exposicións teóricas e a análise práctica de textos e películas.
1) Método comparativo: a comparación será o recurso heurístico básico para acadar os obxectivos marcados.
2) Debates: distintos aspectos da comparación como a selección de material, a tradución a outros medios con distintos recursos técnicos, as diferenzas entre distintas versións fílmicas.
3) Talleres: análise comparativa do texto literario e fílmico, proposta de guións, etc.
Combinarase a avaliación continua e o exame final:
- Exame final (70%)
- Continua (30%)
Para superar a materia deberá obterse un mínimo de 4 sobre 10 puntos no exame escrito final.
Aspectos que se terán en conta na avaliación e criterios que se empregarán:
- Asistencia e participación activa nas clases.
- Entrega das actividades propostas ao longo do curso.
- Coherencia, cohesión e profundidade analítica tantos nos traballos de avaliación continua como no exame.
- Un baixo nivel de inglés afectará negativamente á nota.
IMPORTANTE: A asistencia a clase é obrigatoria. O alumnado que acumule MÁIS DE CINCO FALTAS inxustificadas ao longo do curso, perderá o 30% relativo á cualificación de tarefas, sumando desta maneira '0' á puntuación conseguida no exame final escrito (70%). As ausencias deberán xustificarse debidamente nun prazo máximo de 10 días a partir da data na que se produciron.
Este sistema de avaliación aplicarase tamén na convocatoria de xuño-xullo.
ALUMNADO QUE REPITE A MATERIA ou CON DISPENSA ACADÉMICA:
1.- O alumnado que se atope repetindo a materia será avaliado a través do sistema anteriormente descrito, salvo naqueles casos nos que o alumnado non poida acudir ás clases por incompatibilidade horaria. O alumnado nesta situación poderá examinarse a través do exame oficial, computando este o 100% da nota. Para iso, o alumnado deberá notificar obrigatoriamente esta circunstancia ao coordinador/a de a materia ao comezo do curso académico. De non producirse dita notificación, entenderase que o alumnado opta polo sistema de avaliación ordinario.
2.- O alumnado con dispensa académica oficial emitida polo Decanato examinarase a través do exame oficial (100%).
Tempo de estudo estimado (preparación da docencia interactiva, lectura dos textos obrigatorios, titorías e preparación de exames): 100 HORAS.
- Asistencia regular e participación activa na aula.
- Lectura dos textos literarios e visionado dos textos fílmicos con suficiente antelación.
- Entrega dos traballos indicados.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Noemí Pereira Ares
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- noemi.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carmen Gloria Cernadas Lema
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- carmengloria.cernadas.lema [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | D15-Seminario |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C02 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C02 |
09.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D05 |
09.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D05 |
09.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D05 |
09.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D05 |