Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1) Entender os procesos de construción da identidade versus alteridade.
2) Aprender os conceptos e as categorías básicas do patrimonio cultural.
3) Manexar os métodos da antropoloxía aplicada á xestión cultural.
4) Coñecer programas de xestión cultural vinculados á identidade cultural e ao patrimonio.
1) Conceptos de antropoloxía aplicada á xestión cultural.
2) Dinámicas das identidades culturais e as reconstrucións patrimoniais.
3) Políticas culturais globais e locais.
4) Os campos de profesionalización da xestión cultural. 5) O turismo internacional na xestión do patrimonio cultural.
Arrieta, Iñaki; Carbonell, Eliseo; Fdez. De Paz, Esther & Mármol, Camila del: Hacia la inmaterialidad del patrimonio. Política, cultura y conflicto en la producción del patrimonio inmaterial 2011
Benito del Pozo, Paz: Patrimonio industrial y cultura del territorio 2002
Fdez de Paz, Esther: De tesoro ilustrado a recurso turístico: el cambiante significado del patrimonio cultural 2006
Flores, Murillo: La identidad cultural del territorio como base de una estrategia de desarrollo sostenible 2007
Gª Canclini, Néstor: Los usos sociales del patrimonio cultural 1999
Guijarro, E. Massó: La identidad cultural como patrimonio inmaterial 2006
Jiménez de Madariga, Celeste: Patrimonio Cultural Inmaterial de la Humanidad 2023
Mármol, Camila del; Frigolé, Joan & Narotzky, Susana: Los lindes del patrimonio 2010+
Mármol, Camila del; Morell, Marc & Chalcraft, Jasper: La construcción del patrimonio: seducción y desencanto 2015
Molano, Olga Lucía: Identidad cultural: un concepto que evoluciona 2008
Santana, Agustín: Mirar y leer: autenticidad y patrimonio cultural para el consumo turístico 2002
Sarracedo, Elena: Políticas rurales de la Unión Europea y proyectos territoriales de identidad cultural 2008
Yúdice, George: Redes de gestión social y cultural en tiempos de globalización" 1999
BÁSICAS e XERAIS
CG2 - Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para aportar soluciones y novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
CG4 - Recoñecer e asumir un sólido compromiso cos valores democráticos e con los dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan
CT6 - Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles
CT7 - Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabendo comunicalos ao resto do equipo, á organización e á sociedade
CT9 - Manter un compromiso ético e amosar sensibilidade cara temas sociais ou ambientais
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer e poñer en valor o patrimonio cultural, nas súas vertentes material e inmaterial
CE3 - Coñecer los principais conceptos relacionados coas actuacións en materia de patrimonio e cultura, examinándoos desde unha perspectiva crítica e con miras a súa aplicabilidade no traballo cultural
CE5 - Coñecer e comprender os procesos culturais así como as últimas tendencias no mundo da cultura tanto en contextos próximos como internacionais
CE7 - Coñecer el valor da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas
A materia consta de 14 horas de docencia presencial e programaranse, ao longo do semestre, 12 horas de titorías en grupo reducido. No horario oficial está programada unha hora semanal de clases presenciais, que se poderán seguir ou ben na aula fixada para tal fin no recinto da Facultade de Humanidades ou ben mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams) utilizada para compartir a sesión docente.
Atendendo ao carácter semipresencial da materia utilizarase a aula virtual como ferramenta principal para a docencia. A través da mesma faranse presentacións, uso de recursos e fontes bibliográficas axustadas, na medida do posible ao formato dixital, elaboraranse proxectos, estudos de casos e traballos, individualmente ou en grupo. Así mesmo, activarase calquera outro recurso didáctico que permita o aprendizaxe do alumnado en remoto a través de debates en foros e/ou chats, así como en debates virtuais moderados pola docente a través de videoconferencia.
A metodoloxía docente desta materia participa dun sistema mixto baseado, principalmente, na combinación de tres liñas xerais de traballo. A primeira, supedítase á exposición dos conceptos teóricos máis relevantes da disciplina por parte da docente coa axuda dos materiais proporcionados a través do campus virtual. En segundo lugar, a través das tarefas potenciarase a participación activa do alumnado que deberá realizar unha serie de actividades complementarias e participar na elaboración de materiais para o estudo da materia co obxecto de expoñelos perante os seus compañeiros, co que se facilitará a ampliación de coñecementos á vez que servirá como repaso para os contidos desenvolvidos por parte da docente e os dos compañeiros. En terceiro lugar, o estudo autónomo dos discentes e as horas de traballo persoal e, polo tanto fóra da aula, permitirán que aqueles sexan capaces de acadar un grao de coñecemento óptimo dos contidos da disciplina, participar activamente na ula virtual, elaborar con rigor os epígrafes do programa encomendados para a súa preparación, así como os distintos traballos individuais, e, en síntese, superar positivamente a avaliación da materia. Todos os recursos e materiais utilizados nestas sesións presenciais se poñerán a disposición de todo o alumnado a través da aula virtual
No transcurso da docencia atenderase, na medida do posible, á realización de saídas de campo.
1) Proba teórica de conxunto. Na data sinalada polo calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade realizarase unha proba escrita na que os alumnos serán examinados sobre os temas que conforman o programa da materia e da que formarán parte os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos nas clases. Dita proba computará por valor do 40% da cualificación final. Competencias avaliadas: CG2, CB2, CB3, CT1, CE1, CE3, CE5 e CE7.
2) Traballos individuais ou en conxunto: o alumnado deberá entregar un dossier co traballo final da materia (50%) e realizar as tarefas periódicas indicadas na aula (10%) para poder superar esta parte da avaliación. A porcentaxe de cualificación desta proba corresponderá ao 60% do total. Competencias avaliadas: CG4, CB5, CT6, CT7 e CT9.
3) A realización e presentación de todas as actividades anteriores (exame, traballos conxuntos e individuais) así como as actividades prácticas é obrigatoria e sen elas non será posible a superación da materia. A avaliación positiva de certas actividades (exame, traballo individual e actividades prácticas persoais) poderá ser conservada para a oportunidade de recuperación e/ou durante dous cursos académicos, sempre que exista conformidade entre os profesores que imparten a materia
4) Todas as probas de avaliación, agás as probas teóricas de conxunto (exame), serán susceptibles de ser realizadas en modalidade presencial e/ou virtual de tal xeito que non se require un procedemento específico para a avaliación do alumnado que conte con dispensa de asistencia.
5) A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
ACTIVIDADES FORMATIVAS MODALIDADE SEMIPRESENCIAL
HORAS % PRESENCIALIDADE
Actividade presencial: presentación de contidos básicos e clases prácticas 14 100
Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodolóxico 12 100
Exame presencial 4 100
Traballo persoal do alumnado e outras actividades 120 0
Recoméndase unha dedicación continuada ao estudo da materia e un uso frecuente da aula virtual.
Participar nas sesións e realizar as tarefas dentro dos prazos fixados.
A adquisición dun hábito lector áxil e eficaz, xunto cunha actitude crítica e analítica dos textos e materiais propostos pola docente.
Uns mínimos coñecementos informáticos que permitan ao alumnado un correcto seguimento da materia.
1. Ao longo do curso atenderanse titorías de carácter grupal e voluntario nas que se resolverán dúbidas sobre a materia.
2. O uso do Campus Virtual da USC é unha ferramenta imprescindible para o desenvolvemento da materia.
Elena Freire Paz
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- elena.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 11.01.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
| 20.06.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FREIRE PAZ, ELENA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FREIRE PAZ, ELENA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FREIRE PAZ, ELENA | Galego |