Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecer a estrutura dos diferentes aparatos e sistemas do corpo humano, de superficie a profundidade, as súas relacións e a súa aplicación clínica na realización das técnicas diagnósticas e terapéuticas básicas da enfermería.
BLOQUE I.- INTRODUCCIÓN E XENERALIDADES
Tema 1.- Introducción o estudo da Anatomía Clínica: Terminoloxía anatómica. Posición anatómica. Terminoloxía de posición. Concepto de Anatomía Clínica. Concepto de Anatomía topográfica e de superficie. Principais rexions do corpo. Concepto e clasificacion das Articulacions.
BLOQUE II BASES ANATOMICAS DA EXPLORACION FISICA
Tema 2.- Bases anatómicas da exploración física. Métodos e materiais necesarios para a exploración física.
BOQUE III.- ANATOMÍA CLÍNICA DA CABEZA E O PESCOZO
Tema 3.- Topografia da cabeza e o pescozo: Rexiones do cráneo. Rexiones da cara. Cavidade oral. Espacios Perifarínxeos. Rexión suprahioidea. Triángulo carotideo. Rexión Esternocleidomastoidea e Triángulo Supraclavicular. Rexión posterior. Estudio Articular.
BLOQUE IV.- ANATOMÍA CLÍNICA DO TRONCO
Tema 4.- Topografía do Tronco: Parede torácica. Rexión Mamaria. Cavidade torácica. Espacios pleuropulmonares e mediastino. Estudio Articular.
Tema 5.- Anatomía topográfica do Abdome e a Pelvis. Parede abdominal. Peritoneo. Cavidade peritoneal. Espacios supra e inframesocólico. Espacio retroperitoneal. Espacio infraperitoneal: Pelve masculina. Pelve femenina. Solo da pelve: Diafragma pélvico e periné. Estudio Articular.
BLOQUE V.- ANATOMÍA TOPOGRÁFICA DO MEMBRO SUPERIOR
Tema 6.- Anatomía topográfica do membro superior: Rexión axilar. Rexión escapular. Rexión deltoidea. Rexión Braquial anterior. Rexión Braquial posterior. Fosa cubital. Rexión olecraniana. Rexión antebraquial anterior. Rexión antebraquial posterior. Rexión do carpo anterior e posterior. Rexión palmar. Rexión dorsal da man. Estudio Articular.
BLOQUE VI.- ANATOMÍA TOPOGRÁFICA DO MEMBRO INFERIOR
Tema 7.- Anatomía topográfica do membro inferior: Cadera: Rexión Inguinofemoral. Rxgión Obturatriz. Rexión glútea. Muslo: Triángulo femoral (de Scarpa). Rexión Femoral anterior. Rexión femoral posterior. A rodilla: Rexión anterior. Rexión posterior. Perna: Rexión anterior. Rexión posterior. O tobillo e o pe: Rexión do tobillo. Rexión dorsal do pe. Rexión plantar do pe. Estudio Articular.
BLOQUE VII.- ANATOMÍA CLÍNICA DE APARELLOS E SISTEMAS
Tema 8.- División e clasificación: Aparellos: Locomotor. Respiratorio. Cárdio-Circulatorio. Dixestivo. Génito-Urinario. E Sistemas: Nervioso. Incretor ou Endocrino.
BLOQUE VIII.- ANATOMÍA CLÍNICA DO SISTEMA NERVIOSO
Tema: 9.- Sistema Nervioso Central. Sistema Nervioso Periférico. Sistema Nervioso Vexetativo.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
Tema 1.- Identificación das rexions da cabeza e o pescozo no cadáver. Exploración proyección en superficie das principais estructuras da cabeza e o pescozo.
Tema 2.- Identificación das rexions do tronco no cadáver. Exploración e proyección en superficie das vísceras torácicas, abdominais e pélvicas.
Tema 3.- Identificación das rexiones do membro superior e do inferior no cadáver. Exploración e identificación dos ósos, músculos, vasos e nervios principais.
Tema 4.- Estudo de casos de Anatomía Clínica.
MOORE, K., Anatomía con orientación clínica
ROUVIERE, H. e DELMAS, A., Anatomía humana
NETTER FH, Atlas de Anatomía Humana, Ed. Masson
NETTER FH, Anatomia Clinica, Ed Masson
NETTER FH, Atlas Practico de Anatomia Ortopedica, Ed Masson
TIXA S, Atlas de Anatomía Palpatoria Ed. Masson
GILROY AM, MACPHERSON BR, ROSS LM, SHUNKE M, SCHULTE E, SCHUMACHER U. Prometheus. Atlas de anatomía Humana
LUMLEY, J., Anatomía de superficie. Las bases anatómicas de la exploración clínica, Churchill Livingston
PRO, E.A. Anatomia Clínica, Ed. Medica Panamericana, Madrid
SNELL, R.S. Anatomia Clínica, Ed McGraw Hill, Madrid
1) Habilidades específicas da materia
Adquirir o coñecemento morfolóxico específico para a práctica de enfermería.
2) Resultados obtidos polos alumnos
Recoñece cada superficie corporal, estrutura mediante a inspección visual e palpación
Coñecer e aplicar o aprendizaxe da morfoloxía adquirida na realización de técnicas básicas da enfermería
diagnósticas e terapéuticas
O alumno terá sucesivamente dous bloques docentes: o primeiro expositivo e interactivo, e o segundo de practicas.
Nas clases expositivas do primeiro bloque do curso, expoñerase cada tema durante 50 minutos por parte do profesor abordando os aspectos máis relevantes do mesmo coa súa orientación bibliográfica. Seguido dun debate-discusión e resolución de problemas respecto diso durante 10minutos.
As prácticas, durante o segundo período do curso, nas que os alumnos deberán aplicar e demostrar que coñecen os contidos desenvolvidos nas clases expositivas.
Todas as clases son de asistencia obrigatoria, para os alumnos, nas que os contidos ao longo do curso, serán desenvolvidos, mediante exposicións orais, axudados (dado as características da materia) como ferramenta esencial, mediante debuxos e esquemas de lousa, e presentacións iconográficas por computador, coa sistemática nos diferentes bloques temáticos ante as distintas superficies, rexións ou manobras a desenvolver en cada unha delas, que se enmarcarán especialmente nas sesións interactivas. Coa participación activa dos alumnos, mediante as exposicións orais tanto de docentes como discentes. Tamén se establecerá o acceso á Aula Virtual-Moodle e en caso necesario habilitarase acceso a Microsoft Teams.
Para a Valoración dos coñecementos e aptitudes dos alumnos, As probas de Avaliación terán CARÁCTER PRESENCIAL. O exame a realizar para a avaliación final será de TIPO TEST, de 30 preguntas, abarcando contidos dos dous bloques temáticos desenvolvidos, 15+15, hai que ter un mínimo de 8 respostas correctas de cada parte e descontarase unha das respostas correctas, por cada tres respostas contestadas erróneamente. Considérase esencial e básica a asistencia ás clases, pásase lista/firma en cada clase; sen asistencias a cualificación é suspenso, cero puntos, con menos dun 50% das asistencias totais que ten a materia, se se supera o exame, a cualificación será 5.0. Ademais ao longo do Curso realizaranse probas de avaliación continuada, de forma periódica, sobre os contidos teóricos de cada unha das partes que poden sumarse á avaliación final presencial (representando ata un 10% dela cualificación final) pero ha de superarse o mínimo dos 8 puntos en cada parte, para que se engadan os resultados desta Avaliación Continuada, e a participación interactiva do alumno ao longo do curso, ademais da realización e participación nos traballos que han de expoñer os alumnos no período de prácticas, dispostos en Grupos de traballo, tamén sumarasen á cualificación final. Tamén poderán utilizarse para a Avaliación Continua, os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
40 horas totales
20 horas de estudio individual
10 horas de preparación de tutorías e o trabajo
10 horas de preparación de prácticas.
É conveniente o repaso da morfoloxía e a función do corpo humano que o alumno xa coñece previamente para a súa aplicación ao campo da exploración nos seus distintos apartados que se desenvolven aquí.
O alumno debe partir do guión que é desenvolvido nas clases expositivas, cos esquemas de lousa e achegas gráficas das presentacións, que lle axudarán a configurar o contido de cada tema, sobre o cal debe complementar os aspectos que lle son sinalados nas referencias bibliográficas, para que poida completar o coñecemento e comprensión de cada un dos elementos e rexións anatómicas do aparello locomotor integrados no conxunto, a súa localización, disposición espacial e a súa funcionalismo, así como a disposición das rexións desde a superficie á profundidade na anatomía topográfica e de superficie en condicións de normalidade.
Ademais as recomendacións para o estudo por parte do alumno son as mesmas xa especificadas na programación da materia. As titorías terán carácter presencial e/ou telemático, dependendo do escenario; e os recursos bibliográficos poderán ser utilizados en versión papel e/ou dixital dependendo do escenario e a dispoñibilidade do recurso.
O alumno precisa partir dun coñemento avanzado dos fundamentos da anatomía humana dos diferentes aparatos e sistemas do organismo.
Enrique Ramon Meaños Melon
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812225
- Correo electrónico
- enriqueramon.meanos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| 28.05.2024 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 4 (Edif. Xoán XXIII) |
| 28.05.2024 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 5 (Edif. Xoán XXIII) |
| 05.07.2024 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 1 (Edif. Xoán XXIII) |
| 05.07.2024 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 2 (Edif. Xoán XXIII) |
| 05.07.2024 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 3 (Edif. Xoán XXIII) |
| 05.07.2024 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 4 (Edif. Xoán XXIII) |