Obxectivos da materia
Preténdese que os alumnos cheguen a:
a) Coñecer a secuencia dos logros evolutivos dende o nacemento ate o final da infancia nos ámbitos biosociais, cognitivo, lingüístico e socio emocional.
b) Apreciar as diferencias individuais con respecto ao desenvolvemento normativo dos nenos.
c) Manexar as diferentes aproximacións á avaliación do desenvolvemento infantil.
d) Valorar a diversidade cultural en relación ao desenvolvemento humano.
e) Adquirir costumes de estudo, de análise crítica e de discusión de argumentos que promovan a construción de coñecementos por parte do alumno.
f) Aprender a forma de exposición sintética de resultados obtidos nunha investigación ou nunha observación.
Contido
PROGRAMA TEÓRICO
Bloque I:Os inicios do desenvolvemento: da concepción ao nacemento.
TEMA 1. O DESENVOLVEMENTO ANTES DO NACEMENTO
1. O desenvolvemento prenatal, un "modelo" para pensar no desenvolvemento posterior.
2. Fases do desenvolvemento prenatal.
3. Factores que afectan ao feto.
4. Diagnóstico prenatal.
TEMA 2. O NACEMENTO E AS PRIMEIRAS CONDUTAS DO RECÉN NADO.
1. O proceso de nacemento.
2. Os estados do recén nado.
3. Os reflexos no recén nado.
4. Avaliación do neonato.
Bloque II: Desenvolvemento psicolóxico na primeira infancia: Aspectos normativos, determinantes e avaliación.
TEMA 3. DESENVOLVEMENTO FíSICO E PSICOMOTOR.
1. Desenvolvemento físico.
2. Desenvolvemento psicomotor.
3. Factores que afectan ao desenvolvemento físico e psicomotor.
TEMA 4. DESENVOLVEMENTO COGNITIVO.
1. O período sensoriomotor: seis etapas do desenvolvemento cognitivo.
2. Procesos cognitivos básicos: sensorial-perceptivo, atención e memoria.
TEMA 5. DESENVOLVEMENTO DA COMUNICACIÓN E DA PRIMEIRA LINGUAXE.
1. Bases da comunicación e da primeira linguaxe.
2. Desenvolvemento lingüístico: primeira linguaxe.
3. O papel dos adultos: características e funcións da fala maternal.
TEMA 6. O DESENVOLVEMENTO SOCIOAFECTIVO.
1. O apego.
2. O desenvolvemento emocional.
3. Os inicios do coñecemento de si mesmo.
4. O desenvolvemento social: as primeiras interaccións.
Bloque III. Desenvolvemento psicolóxico na segunda e na terceira infancia: Aspectos normativos, determinantes e avaliación
TEMA 7. DESENVOLVEMENTO FÍSICO E PSICOMOTOR.
1. A curva de crecemento despois dos dous anos.
2. Progresos madurativos cerebrais.
3. O control do corpo e da actividade psicomotriz.
4. O esquema corporal: construción e compoñentes.
5. Establecemento da dominancia lateral.
6. A evolución do xesto gráfico e o desenvolvemento da grafomotricidade.
TEMA 8. DESENVOLVEMENTO COGNITIVO.
1. A intelixencia preoperatoria.
2. O pensamento operacional concreto.
3. A aproximación ao procesamento da información.
TEMA 9.DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE.
1. Desenvolvemento fonolóxico.
2. Desenvolvemento léxico e semántico.
3. Desenvolvemento morfolóxico.
4. Desenvolvemento sintáctico.
5. Desenvolvemento pragmático.
6. Máis aló da oración: o discurso conectado.
TEMA 10. COÑECEMENTO DUN MESMO E DESENVOLVEMENTO SOCIO-EMOCIONAL
1. Coñecemento dun mesmo: autoconcepto, autoestima, factores de protección/risco
2. Avances no desenvolvemento emocional: emocións ambivalentes, autoregulación, emocións reais e manifestas
PROGRAMA DE PRÁCTICAS/SEMINARIOS
Práctica de campo 1: Clasificación de condutas e actividades de xogo en función dos estereotipos sexuais.
Práctica de campo 2: Evolución e funcións da amizade na infancia.
Práctica de campo 3: Aplicación do Inventario do Desenvolvemento de Habilidades Comunicativas.
Práctica de campo 4: Do pensamento preoperatorio ás operacións concretas.
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica:
Berko Gleason, J., y Ratner, J. B. (Eds.). (2010). Desarrollo del lenguaje. 7ª edición. Madrid: Pearson.
Cantón Duarte, J., Cortés Arboleda, R. y Cantón Cortés, D. (2011). Desarrollo socioafectivo y de la personalidad. Madrid: Alianza Editorial.
Enesco, I. (Coord.) (2003). El desarrollo del bebé. Cognición, emoción y Afectividad. Madrid: Alianza.
Golinkoff, R. y Hirsh-Pasek, K. (2001). Como hablan los bebés: La magia y el misterio del lenguaje durante los tres primeros años de vida. México: Oxford México.
Karmiloff, K. y Karmiloff-Smith, A. (2005). Hacia el Lenguaje: Del feto al Adolescente. Madrid: Morata.
Lafuente, M.J. y Cantero, M.Jo. (2010). Vinculaciones afectivas: apego, amistad y amor. Madrid: Pirámide.
López, F., Etxebarria, I., Fuentes, M. J. y Ortiz, M. J. (Coords.) (2005). Desarrollo afectivo y social. Madrid: Pirámide.
Mariscal, S. e Giménez-Dasí, M. (2017). Desarrollo temprano: Cognición, afectos y relaciones sociales (0-6). Madrid: Paraninfo.
Palacios, J., Marchesi, A. y Coll, C. (Comps.) (2007). Desarrollo psicológico y educación. Vol. 1 Psicología evolutiva. Madrid: Alianza.
Shaffer, D. R. y Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y Adolescencia. México: Thomson.
Tomasello, M. (2019).Becoming human: a theory of ontogeny. Cambridge (MA): Harvard University Press
Bibliografía Complementaria:
Berger, K.S. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Berk, L. E. (2004). Desarrollo del niño y del adolescente.Madrid: Prentice-Hall.
Bermejo, V. (1994). Desarrollo cognitivo. Madrid: Síntesis.
Cantón, J. y Cortés, M. R. (2000). El apego del niño a sus cuidadores. Madrid: Alianza.
Conde, J. L. y Viciana, V. (1997). Fundamentos para el desarrollo de la motricidad en edades tempranas. Málaga: Aljibe.
Córdoba, A. I.,Descals, A. y Gil, M.D. (Coords.) (2006). Psicología del desarrollo en la edad escolar. Madrid: Pirámide.
Delval, J. (2004). El desarrollo humano. Madrid: Siglo XXI.
Hoff, E. (2013). Language Development. 3rd edition. Belmont: Wadsworth.
Fernández, J. (1988). Nuevas perspectivas en el desarrollo del sexo y el género. Madrid: Pirámide.
Gilibrand, R., Lam, V., & O'Donnell, V. L. (2016). Developmental Psychology. 2nd Edition. Harlow: Pearson Education.
Gimenez-Dasi, M. y Mariscal, S. (2008). Psicología del desarrollo. Desde el nacimiento a la primera infancia. Barcelona: Mc Graw Hill.
López, F. (2008). Necesidades en la infancia y en la adolescencia: respuesta familiar, escolar y social. Madrid: Pirámide.
Muñoz, A. (Coord.)(2010). Psicología del desarrollo en la etapa de educación infantil. Madrid: Pirámide.
Owens, R. E. (2011). Desarrollo del lenguaje. Madrid: Pearson-Prentice-Hall.
Rowland, C. (2014). Understanding Child Language Acquisition. New York: Routledge.
Santrock, J. W. (2010). Child Development. Thirteenth Edition. New York: McGraw Hill.
Serra, M., Serrat, E., Solé, R., Bel, A. y Aparici, M. (2000). La adquisición del lenguaje. Barcelona: Editorial Ariel.
Tomasello, M. (2007). Los orígenes culturales de la cognición humana. Buenos Aires: Amorrortu.
Vasta, R., Haith, M. M. y Miller, S. A. (2001). Psicología infantil. Barcelona: Ariel.
Competencias
Competencias específicas da titulación ás que contribúe a materia:
1. Coñecer e comprender as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía
2. Coñecer e comprender as leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos
3. Coñecer os procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo vital nos seus aspectos de normalidade e anormalidade
4. Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
5. Promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria
6. Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
7. Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais
8. Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía
Competencias específicas da materia
1) Coñecer as pautas normativas e a cronoloxía do desenvolvemento psicolóxico nas súas diferentes facetas dende o nacemento ate o final da infancia.
2) Coñecer os factores que inciden no desenvolvemento psicolóxico nos seus aspectos normativos e diferenciais.
3) Empregar os coñecementos adquiridos sobre o desenvolvemento para a análise da conduta infantil en diferentes contextos.
4) Avaliar o nivel de desenvolvemento psicomotor, cognitivo, lingüístico e socioafectivo durante a infancia.
5) Aprender a redactar un informe sobre diferentes aspectos do desenvolvemento do neno.
6) Desenvolver unha actitude favorable para a mellora das condicións do desenvolvemento dos individuos ou grupos máis vulnerables e desfavorecidos.
7) Promover o respecto e o interese pola diversidade individual e cultural no estudo do desenvolvemento.
Competencias transversais
1) Capacidade de organización e planificación.
2) Capacidade para traballar en equipo e colaborar eficazmente con outras persoas.
3) Capacidade para asumir responsabilidades, resolver problemas e tomar decisións.
4) Capacidade de síntese.
4) Capacidade de autocrítica.
5) Capacidade de desenvolvemento e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión.
Metodoloxía da ensinanza
A metodoloxía docente ten que ver cos procesos de ensinanza/aprendizaxe e, polo tanto, debe planificarse de modo que conduza á consecución das competencias e dos obxectivos formulados. Para iso, propoñemos unha metodoloxía activa e reflexiva que combine as actividades individuais e grupais e promova a resolución construtiva das dificultades que xurdan na materia. Esta metodoloxía esixe tanto unha análise teórica como unha aproximación práctica á materia, polo que os métodos que incluímos responden a unha serie de modalidades de ensinanza que se reparten entre un horario presencial obrigatorio, de asistencia a clases e un horario non presencial ou de traballo autónomo por parte dos/as alumnos/as.
Co fin de facilitar o seguimento das explicacións, o alumnado disporá previamente dunha guía didáctica de cada un dos temas, na que se especifican pormenorizadamente as competencias e obxectivos a obter, os contidos a traballar, as prácticas a realizar e a bibliografía que se recomenda consultar. Do mesmo modo, inclúense unha serie de actividades con ditos contidos que guiarán ao alumnado de cara a unha mellor comprensión dos mesmos. Na medida do posible tratarase de promover a discusión colectiva na aula, de modo que potencie a construcción de significados comúns. A través do Campus Virtual comunicaranse todas as novidades relativas á materia, polo que é moi importante que o alumnado consulte o seu correo electrónico da USC.
As prácticas de campo propostas constitúen o ambiente idóneo onde o alumno terá a oportunidade de familiarizarse coa aplicación dalgúns dos instrumentos de avaliación máis característicos desta disciplina, achegarse ao uso dalgunhas das metodoloxías máis empregadas para a recollida de datos evolutivos, observación de patróns evolutivos in situ e reporting. Propóñense 4 prácticas das que é obrigatorio asistir e presentar a memoria de dúas delas (o alumnado escollerá entre 1 ou 2 e entre 3 ou 4). O profesorado dedicará varias sesións de asistencia obrigatoria para describir e explicar polo miúdo en que consiste cada unha das prácticas a realizar, así como o tipo de informes que deben presentar os alumnos. Previamente ao comezo destas sesións, o alumnado terá á súa disposición un completo dossier con todas as lecturas, material e información que precisen para a súa realización. O alumnado que non asista nin presente a memoria das dúas prácticas non poderá presentarse ao exame final.
Sistema de avaliación
O sistema de avaliación descansará en exames teóricos nos que se valorarán os coñecementos adquiridos polos alumnos cun un peso non superior ao 75%. Para a avaliación dos coñecementos adquiridos haberá dúas probas de avaliación formativa ou continua, que aportarán un 40% da cualificación final, e un exame final, que contribuirá nun 35% á cualificación final total. A avaliación complementárase co informe das prácticas realizadas que deben presentar os alumnos, e que terá un peso non superior ao 25% da cualificación total.
Na corrección destas actividades valorarase especialmente o grado de claridade e organización conceptual acadado polo estudante. Tamén terase en conta a presentación dos informes e prácticas dentro dos prazos e datas establecidos. A puntuación destas actividades sumarase para dar lugar á cualificación global da materia, se está aprobado o exame teórico.
Tempo de estudo e traballo persoal
ACTIVIDADES PRESENCIAIS: Total 48 h.
- Clases expositivas, explicación de temas e presentación do material audiovisual complementario, instruccións para as prácticas de campo, presentación oral dos traballos de grupo. Actividades de autoavaliación: 32 h.
- Seminarios/prácticas de campo presenciais: 12 h.
- Titorías de traballo de curso: 2 h.
- Exame final: 2 h.
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE: Total 102 h.
- Estudo: 56 h.
- Prácticas de campo: 14 h.
- Informes de seminarios: 4 h.
- Informe de prácticas : 6 h.
- Traballo titorizado: 10 h.
- Lecturas: 12 h.
Recomendacións para o estudo da materia
Coñecementos básicos relacionados coa natureza e funcionamento dalgúns procesos cognitivos e afectivos básicos e as aproximacións metodolóxicas básicas para a investigación en Psicoloxía.. En calquera caso, esta materia debe cursarse necesariamente con posterioridade á materia de Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación, na que se aportan os fundamentos teóricos e metodolóxicos da disciplina.
Recomendacións: É importante que o alumno se implique dende o principio na dinámica e funcionamento que se seguirá na materia (asistencia, lectura dos textos, elaboración das prácticas, etc.). Ademais, debe facer un estudo comprensivo, non memorístico, que dea lugar a unha organización clara dos conceptos.
Sistema de avaliación nos casos de dispensa de asistencia a clase: en casos excepcionais contemplados pola normativa, admítese a dispensa só para as clases expositivas pero non para a asistencia e realización das prácticas propostas.
Horario das titorías: Profa. Mª Fernanda Páramo (Coordinadora). Despacho nº 49 (módulo A) ou a través de TEAMS con cita previa:
Luns:12.00-14.00 h.
Mércores: 12.00- 14.00 h.
Horario de titorías: Profa. Ana Nieto Vieites.
Luns: 10.15-13.15 h Presenciais despacho nº 44 (módulo A) ou a través de TEAMS con cita previa.
Martes: 14.00-17.00 h (a través de TEAMS, con cita previa)
As titorías permiten atender as necesidades ou intereses individuais do alumnado, especialmente o asesoramento bibliográfico e metodolóxico para o seguimento da materia.
Observacións
Antes do inicio de cada tema, os/as alumnos/as disporán na aula virtual do material de apoio para o seguimento das clases.