Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
1. Coñecer os termos e conceptos fundamentais, obxectivos e ámbitos de intervención psicoeducativa e das diversas liñas de investigación.
2. Identificar, analizar e valorar as causas que xeneran conductas desadaptadas ao longo do ciclo vital.
3. Valorar a necesidade de intervir sobre o fenómeno da delincuencia dende parámetros psicoeducativos e da figura do psicólogo nestes procesos de intervención.
4. Coñecer os principais programas de intervención psicoeducativa no tratamento da delincuencia xuvenil e adulta.
5. Motivar ao alumnado para a comprensión global e interdisciplinar do fenómeno delictivo, superando unha visión parcial e simplista e, fomentado unha actitude crítica na resposta social ao problema do delito.
Contido expositivo:
Tema 1: Desenvolvemento e educación infanto-xuvenil.
Tema 2: Problemas e trastornos de conduta na infancia e na adolescencia.
Tema 3: Violencia escolar e xuvenil.
Tema 4: Violencia de xénero e familiar.
Tema 5: Reeducación e reinserción do infractor.
Contido interactivo:
Incluirán exposición e/ou traballos sobre o desenvolvemento na infancia e adolescencia, violencia escolar e xuvenil, violencia de xénero e familiar, reeducación e reinserción.
Básica:
-Cantón-Duarte, J., Cortés-Arboleda, M. R., Cantón Cortés, D. (2011). Desarrollo socioafectivo y de la personalidad. Madrid: Alianza.
-Cantón-Duarte, J., Cortés-Arboleda, M. R., Justicia-Díaz, M. D., Cantón-Cortés, D. (2013). Violencia doméstica, divorcio y adaptación psicológica. Madrid: Pirámide.
-Estévez, E., & Musitu, G. (2016). Intervención psicoeducativa en el ámbito familiar, social y comunitario. Madrid: Paraninfo.
- Fariña, F. Arce, R., Seijo, D., Novo, M. (2010). Prevención e intervención en violencia de género y familiar. Santiago de Compostela: Centro de Impresión Digital.
-Garaigordobil-Landazabal, M., & Martinez-Valderrey, V. (2014). Programa de intervención para prevenir y reducir el cyberbullying. Madrid: Pirámide.
-García-Rojas, A. D. (2011). Violencia escolar y de género conceptualización y retos educativos. Huelva: Universidad de Huelva.
-Hellmér, M. (2018). Violencia contra los niños y las nias en el ámbito familiar. Valencia: Tirant lo Blanch.
-López-Sánchez, F., Carpintero-Raimúndez, A., del Campo-Sánchez, A., Lázaro-Visa, S., & Soriano-Rubio, S. (2011). Programa de menores infractores. Intervención educativa y terapéutica. Madrid: Pirámide.
-López-Soler, C., & Romero-Medina, A. (2013). TDAH y trastornos del comportamiento en la infancia y la adolescencia. Clínica, diagnóstico, evaluación y tratamiento. Madrid: Pirámide.
-Ortega, R. (2010). Agresividad injustificada, bullying y violencia escolar. Madrid: Alianza.
-Ortiz-Tallo, M. (2019). Psicopatología Clínica adaptado al DSM-5. Madrid: Pirámide.
-Redondo-Illescas, S. (2017). Evaluación y tratamiento de delincuentes jóvenes y adultos. Madrid: Pirámide.
-Sánchez-Teruel, D., Robles-Bello, M. A. (2013). Evaluación e intervención psicosocial y educativa en la infancia y adolescencia. Jaén: Servicio de publicaciones de la Universidad de Jaén.
-Scandoglio, B. (2009). Jóvenes, grupos y violencia. De las tribus urbanas a las bandas latinas. Barcelona: Icaria.
Complementaria:
- Maya-Jariego, I., García-Ramírez, M., Santolaya-Soriano, F. J. (2007). Estrategias de intervención psicosocial. Casos prácticos. Madrid: Pirámide.
- Armas, M. (2007) Prevención e intervención ante problemas de conducta: Estrategias para centros educativos y familias. Madrid: Wolters Kluwer.
- Espuny, D. F. (2001). Los programas para menores en conflicto en Castilla la Mancha. En M. T. Martín-López (coord), Responsabilidad penal de los menores, pp. 187-216. Castilla La Mancha: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.
- Guasch, M. (1996). La actuación educativa en el ámbito de la desadaptación social. Un modelo de intervención en libertad. Barcelona: Estel.
- Guasch-García, M., & Ponce-Alifonso, C. (2002). ¿Qué significa intervenir educativamente en desadaptación social?. Barcelona: Horsori.
- Kazdin, A. E., & Buela-Casal, G. (1994). Conducta Antisocial: Evaluación, tratamiento y prevención en la infancia y adolescencia. Madrid: Pirámide.
- Redondo, S. (2008). Manual para el tratamiento psicológico de los delincuentes. Madrid: Pirámide.
- Segura, M. (2007). Jóvenes y adultos con problemas de conducta. Desarrollo de competencias sociales. Madrid: Narcea.
- Vanistendael, S., & Lecomte, J. (2002). La felicidad es posible. Despertar en niños maltratados la confianza en sí mismos: construir la resiliencia. Barcelona: Gedisa
- Vázquez, C. (2003). Delincuencia juvenil. Consideraciones penales y criminológicas. Madrid: Colex.
CG1-CG: Interpersoal: capacidade para colaborar cos demáis e relacionarse, tanto con profesionais das diversas facetas de actividade criminolóxica, como dentro de equipos interdisciplinares e multiculturais.
CG2-CG: Instrumental: capacidade para reflexionar de forma crítica e constructiva para argumentar e expresarse organizada e razoadamente.
CG3-CG: Instrumental: capacidade para identificar e explicar problemas sociais complexos no ámbito da Criminoloxía e para aplicar as estratexias adecuadas para resolvelos, traballando cunha perspectiva sistémica que faga posible a súa consideración analítica e sintética.
CG5-CG: Instrumental: capacidade para utilizar os coñecementos que conforman a Criminoloxía como disciplina científica e para identificar e desenvolver un conxunto de estratexias de investigación de metodoloxía cuantitativa e cualitativa, tanto nos ámbitos básicos, como nos aplicados.
CG6-CG: Instrumental: capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e informacións (en particular a través da rede de informática), dentro da súa área de estudo.
CG7-CG: Instrumental: capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, utilizando unha linguaxe (xurídica, médica, psicolóxica, sociolóxica e técnica) correcta.
CE2: Capacidade para valorar os fundamentos metodolóxicos e científicos das diversas teorías relevantes sobre o delito, o delincuente, a victimización e as respostas ante o delito e a desviación.
CE4: Competencia para proporcionarlle ao xuíz coñecementos científicos sobre os sucesos delictivos enxuizados, a personalidade do autor, os factores criminóxenos existentes e o tipo de resposta aplicable, todo iso da man dun correcto emprego dos conceptos e das teorías criminolóxicas, así como para efectuar tarefas de asesoramento en relación coa interpretación dos informes forenses.
CE6: Capacidade para explicar problemas sociais complexos en termos da teoría criminolóxica, así como para aclarar as representacións do delito, do delincuente, a victimización, das respostas ante o delito e da desviación a partir das teorías e dos conceptos criminolóxicos.
CE9: Coñecemento dos principais instrumentos de valoración do risco de conduta antisocial e/ou delictiva.
CE10: Comprensión e aplicación dos principais coñecementos “teórico-empíricos” proporcionados pola investigación “bio-psico-social” sobre o feito delictivo e da conduta antisocial.
CE17: Propiciar unha reflexión político-criminal sobre os factores e as causas responsables da aparición dos fenómenos criminais e formular, deseñar e xestionar proxectos e estratexias innovadoras sobre modelos de intervención social e de prevención estrutural e individual.
CE21: Coñecemento histórico e actual das teorías explicativas da criminalidade, así como da fenomenoloxía da delincuencia nas súas diversas manifestacións e tipos delictivos.
A materia desenvolverase mediante unha titorización non presencial. O alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora durante as primeiras dúas semanas de clase para determinar o sistema de traballo.
O sistema de avaliación estará baseado en:
- Probas escritas, tipo test e/ou orais presenciais baseadas na realización de exames: entre o 70 e 90% da nota.
- Probas orais virtuais ou presenciais baseadas na exposición de traballos, individuais ou en grupo: entre o 5 e o 15% da nota.
- Probas escritas baseadas na entrega de traballos ou memorias individuais ou en grupo: entre o 5 e o 15% da nota.
Aqueles alumnos/as que non se presenten a ningunha das probas citadas anteriormente, obterán a calificación de "non presentado/a".
Ao inicio do curso poñerase a disposición do alumnado unha guía completa de estudo.
Elaborarase un procedemento contando co Servizo de participación e integración universitaria para facilitar a participación e avaliación do alumnado con necesidades educativas especiais.
Para a consecución dos obxectivos marcados o tempo de dedicación necesario é de 150h.
- Levar un estudo comprensivo dos contidos, consultando dúbidas e implicándose nas
tarefas propostas.
- Asistir as sesións de titorías individuais e grupais. Horario de titorías: Mércores e Xoves de 9 a 12h.
- Poñer en práctica habilidades de traballo grupal e comunicación asertiva.
- Perspectiva de xénero. En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase
facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos.
- Uso obrigatorio da conta de correo electrónico RAI, para a comunicación coa profesora fóra do horario de clase.
- Uso obrigatorio das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas proporcionadas polo profesorado e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se pode usar o teléfono móbil, excepto cando se usa como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola profesora, sendo o alumnado o responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do uso indebido do mesmo.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e/ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
"A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno/a infractor/a. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores/as e fontes".
Sabela Carme Mallo López
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813736
- Correo electrónico
- sabelacarme.mallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| 28.05.2024 16:00-18:00 | Grupo de exame-Curso Ponte | Aula 5 |
| 25.06.2024 16:00-18:00 | Grupo de exame-Curso Ponte | Aula 4 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Mallo López, Sabela Carme | Galego |