Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Obxectivos da materia/Resultados da aprendizaxe:
1. Coñecer os termos e conceptos fundamentais da prevención.
2. Identificar factores de risco e protección relevantes para o inicio e progresión na carreira delitiva.
3. Coñecer os principais instrumentos de cribado e detección do risco da violencia.
4. Familiarizarse co proceso do deseño e avaliación de programas de prevención.
5. Ser capaz de analizar programas de prevención seguindo os estándares internacionalmente admitidos como boas prácticas.
6. Saber integrar variables psicolóxicas, culturais e sociolóxicas relevantes para o correcto deseño e aplicación dun programa preventivo.
Bloque I: Aspectos conceptuais e metodolóxicos da prevención
1. Fundamentos da prevención. A prevención universal, selectiva e indicada.
2. Factores de risco e protección da delincuencia
3. A predición do risco da violencia e da conduta delituosa.
4. A avaliación dos programas de prevención e o ciclo da intervención preventiva.
Bloque II: Ámbitos e programas de prevención de la delincuencia
5. Programas de prevención da delincuencia centrados na familia.
6. Programas de prevención escolares e comunitarios.
7. A prevención situacional do delito.
8. A policía e a prevención do delito.
9. A xustiza criminal e a prevención do delito.
Biografía básica:
Botella Ausina, J., & Caperos Montalbán, J. M. (2019). Metodología de investigación en psicología general sanitaria. Madrid: Editorial Síntesis.
Fernández Ríos, L., & Gómez-Fraguela, J. A. (2007). La psicología preventiva en la intervención social. Madrid: Sintesis.
Gómez-Fraguela, J. A., Cutrín, O., & Maneiro, L. (2019). Valoración del riesgo en adolescentes infractores (VRAI). Santiago de Compostela: Andavira.
Loinaz, I. (2017). Manual de evaluación del riesgo de violencia. metodología y ámbitos de aplicación. Madrid: Pirámide.
Weisburd, D., Farrington, D. P., & Gill, C. (2016). What works in crime prevention and rehabilitation: Lessons from systematic reviews. New York: Springer.
Biografía complementaria:
Andrews, D. A., & Bonta, J. (2010). The psychology of criminal conduct (5ª ed.). Cincinnati, OH, US: Anderson Publishing.
Cid, J. (2010). La política criminal europea en materia de sanciones alternativas a la prisión y la realidad española: Una brecha que debe superarse. Estudios Penales Y Criminológicos, 30, 55-83.
Dodge, K. A., Dishion, T. J., & Lansford, J. E. (Eds.). (2006). Deviant peer influences in programs for youth: Problems and solutions. New York, NY, US: Guilford Press.
Fernández-Ballesteros, R. (1995). Evaluación de programas: Una guía práctica en ámbitos sociales, educativos y de salud. Madrid: Síntesis.
Krohn, M., & Lane, J. (Eds.). (2015). The handbook of juvenile delinquency and juvenile justice John Wiley and Sons.
Loeber, R., Slot, N. W., van der Laan, P H, & Hoeve, M. (Eds.). (2008). Tomorrow's criminals: The development of child delinquency and effective interventions. New York, NY: Routledge.
National Academies of Sciences, Engineering, and Medicine 2018. Proactive Policing: Effects on Crime and Communities. Washington, DC: The National Academies Press.
Otto, R. K., & Douglas, K. S. (Eds.). (2010). Handbook of violence risk assessment. New York: Routledge.
Rose, G. (1994). La estrategia de la medicina preventiva. Barcelona: Masson.
Summers, L. (2009). Las técnicas de prevención situacional del delito aplicadas a la delincuencia juvenil. Revista De Derecho Penal y Criminología, (1), 395-409.
Tilley, N., & Sidebottom, A. (2017). Handbook of crime prevention and community safety Taylor & Francis.
Welsh, B. C., & Farrington, D. P. (Eds.). (2012). The oxford handbook of crime prevention Oxford University Press.
Competencias generales
CG2 – Capacidade para reflexionar de maneira crítica e construtiva e para argumentar e expresarse organizada e razoadamente.
CG4 - Adquisición dunha conciencia crítica na análise do ordenamento xurídico, situándose nunha perspectiva plenamente respectuosa cos principios de respecto e a promoción dos dereitos humanos, de igualdade e de accesibilidade universal.
CG6 – Capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e imformacións (en particular a través da rede informática), dentro da súa area de estudo.
CG7 – Capacidade de transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público, tanto especializado como non especializado, empregando unha linguaxe (xurídica, médica, psicolóxica, sociolóxica e técnica) correcta.
Competencias específicas
CE1 - Capacidade para identificar e comprender cuestións relativas aos dereitos fundamentais dos que son obxecto dun procedemento penal así como, en xeral, dos que se ven afectados polas respostas ante o delito e a desviación.
CE2 – Capacidade para valorar os fundamentos metodolóxicos e científicos das diversas teorías relevantes sobre o delito, o delincuente, a vitimización e as respostas ante o delito e a desviación.
CE4 - Competencia para proporcionarlle ao xuíz coñecementos científicos sobre os sucesos ddelituosos enxuizados, a personalidade do autor, os factores criminosos existentes e o tipo de resposta aplicable, todo da man do correcto emprego dos conceptos e as teorías criminolóxicas, así como para efectuar tarefas de asesoramento en relación coa interpretación dos informes forenses.
CE9 – Coñecemento dos principais instrumentos de valoración do risco de conduta antisocial e/ou delituosa.
CE10 - Comprensión e aplicación dos principais coñecementos "teórico-empíricos" proporcionados pola investigación "bio-psico-social" acerca do feito delituoso e da conduta antisocial.
CE16 - Coñecer e comprender a diversidade de formas en que se constitúe, se representa e se trata o delito e analizar criticamente as distintas respostas ao problema da criminalidade desde una tripla perspectiva: explicativo-empírica, decisional e instrumental.
CE17 - Propiciar unha reflexión político-criminal sobre os factores e as causas responsables da aparición dos fenómenos criminais e formular, deseñar e xestionar proxectos e estratexias innovadoras sobre modelos de intervención social e de prevención estrutural e individual.
Esta materia queda sen docencia a partir do curso 2022-23, pero manterase accesible a aula virtual no Campus Virtual da USC (http://cv.usc.es) na que se poderá atopar material relevante para a materia (a guía docente da materia, material sobre os contidos da materia) así como ferramentas de comunicación cos docentes para facer consultas e resolver dúbidas.
A avaliación dos contidos teóricos da materia realizarase a través do exame final. Esta proba estará constituída fundamentalmente por un exame tipo test, con preguntas de opción múltiple, aínda que se poderá incluír unha ou dúas preguntas tipo tema. Esta proba representará 100% da nota final.
A efectos da normativa de permanencia na USC enténdese que a única actividade avaliable é o exame.
Xosé Antón Gomez Fraguela
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813944
- Correo electrónico
- xa.gomez.fraguela [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| 24.05.2024 16:00-18:00 | Grupo de exame-Curso Ponte | Aula 5 |
| 24.06.2024 16:00-18:00 | Grupo de exame-Curso Ponte | Aula 4 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón | Galego |