Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Aspectos técnicos e teóricos da función do programador/a en radio e televisión, con profundización e fixación de conceptos, revisión de estruturas e sistemas, interpretación e análise de grellas, así como da súa contextualización en función das cadeas e estacións, de tipoloxías de mercados, de períodos programáticos, de definición de públicos obxectivos e potenciais, e de sistemas de deseño na achega de contidos para a súa emisión. Análise da recepción en radio, televisión e Internet.
En consonancia co papel que xoga a materia na titulación, o principal obxectivo é fixar no alumnado os distintos elementos que concorren no proceso de traslación aos públicos de produtos audiovisuais presentados na coherencia dunha oferta conxunta; así como os contextos de política de organización de contidos e os seus efectos na conformación dunha cultura radiotelevisiva. Polo tanto, é obxectivo desta materia o estudio das políticas e técnicas de programación, e dos diversos tipos de audiencias, así como a análise dos fenómenos comunicativos desde o punto de vista da recepción, concepto de público e investigación de audiencias. Enténdense, pois, obxectivos de cara ao alumnado:
a) Coñecemento das técnicas e os modelos de programación
b) Coñecemento das tendencias e a evolución dos contidos (oferta de formatos)
c) Coñecemento dos públicos obxectivos e potenciais, así como dos deseños na oferta dos contidos.
d) Coñecemento das teorías de recepción.
e) Coñecemento das técnicas de análise e investigación das audiencias.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2022-2023 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
Contidos teóricos
Tema 1: Introdución. Contexto e profesionais en torno á construción da oferta programática
- Estrutura e contexto no desenvolvemento dos modelos programáticos.
- Perfís profesionais en torno á programación e a análise de audiencias.
- Consumos activos: a lei da oferta e a demanda. A calidade da oferta audiovisual.
Tema 2: A audiencia.
- Definición de público.
- Evolución dos públicos: tipoloxías / targets.
- Públicos conectados: audiencias sociais e comunidades virtuais.
Tema 3: A investigación de audiencias.
- Principais estudos de audiencias nos distintos soportes.
- Tendencias na análise dos públicos máis aló das cifras.
Tema 4: A programación.
- Definición da acción de programar.
- A programación como discurso: a lóxica da programación.
- A grella de programación: cara a grella ideal. Adaptación ás novas arquitecturas da oferta programática audiovisual (plataformas e redes sociais).
- O programa como unidade básica da programación. Catalogación dos programas.
Tema 5: A organización cíclica da programación lineal e a súa adaptación aos novos escearios de consumo
- A temporada (season)
- A semana
- O día: franxas horarias e tramos de competencia
- Os ámbitos ou territorios
- Da TV lineal ao Over-The-Top (OTT): Pantallas conectadas e en mobilidade.
- Test de viabilidade dos formatos.
Tema 6: Construción da oferta programática.
- Modelos de programación.
- As leises da programación.
- Técnicas e estratexias de programación: a “enxeñería da emisión”.
- O "xogo das órbitas".
Contidos prácticos (Lémbrase que esta materia está en extinción e que, polo tanto, non ten dereito a docencia)
O temario teórico compleméntase coas sesións prácticas estuturadas nun laboratorio de programación e audiencias que servirán para conectar aos alumnos coa actividade laboral. Coñeceranse as claves prácticas na toma de decisións de programación e manexaranse as principais ferramentas profesionais de investigación dos públicos (software e bases de datos específicas para a planificación estratéxica da oferta en función dos obxectivos de demanda). A parte práctica atenderá especialmente ao enfoque da materia no grao de Xornalismo, polo que se fará un especial seguemento dos produtos informativos.
As actividades prácticas do laboratorio de programación e audiencias estruturaranse do seguinte xeito:
- Práctica 1 (laboratorio para a toma de decisións): creación dun espazo que se manterá aberto durante todo o cuadrimestre de xeito paralelo ao resto das prácticas (2 a 10), onde se irán plantexando escearios de competencia que obriguen a tomar decisións "en tempo real". Creación dunha comunidade virtual específica (ou de tarefas alternativas na aula virtual) para aplicar técnicas cualitativas. Seguindo o modelo de comunidades empregadas por consultoras españolas e internacionais na investigación de mercados, crearase cos alumnos unha comunidade a xeito de grupo de discusión acotado/pechado, sobre un target previamente definido e identificado e durante un periodo determinado para explorar actitudes de consumo, gustos e preferencias dos públicos, facer "pretest" ou "postest" de programas e estratexias, elaborar enquisas e detectar posibles novas tendencias. A través desta ferramenta canalizarase unha parte importante da actividade práctica da materia.
- Práctica 2 (análisis de públicos): familiarización cos instrumentos de investigación de audiencias a través do manexo de informes relacionados coa medición do consumo mediático. Análise dos gustos e preferencias dos públicos sobre a oferta audiovisual. Identificación de públicos e a súa evolución. Farase un seguemento diario e mensual dos consumos lineais, en diferido-VoD e conversacionais (audiencia social) durante o cuadrimestre (xaneiro-maio). Presentación de resultados.
- Práctica 3 (identidade/persoalidade da oferta): definición das etiquetas identificativas de cada proxecto. Presentación de resultados.
- Práctica 4 (análise dos competidores): definición do papel de cada proxecto no mercado audiovisual actual. Fortalezas, feblezas, ameazas e oportunidades. Presentación de resultados.
- Práctica 5 (arranque das pautas de programación): manexo doutras ferramentas imprescindibles para o coñecemento das rutinas de programación. Elaboración de grellas de programación sobre as que se estudiarán as claves referenciadas nos temas 1 ao 6 da parte teórica. Servirán para que os estudantes tomen decisións. O obxectivo é que os estudiantes se familiaricen co uso e interpretación de informes e datos precisos para seguir tomando decisións en programación.
- Práctica 6 (catalogación da oferta): clasificación dos formatos que conforman as unidades básicas da programación. Presentación de resultados.
- Práctica 7 (test de viabilidade): sometemento dos formatos que conforman a oferta programática a test de resistencia. Presentación de resultados.
- Práctica 8 (mercados): reforzo da oferta programática. Toma de decisións sobre novos formatos e novas estratexias. Presentación de resultados.
- Práctica 9 (aplicación das decisións en programación): aplicación práctica do "Xogo das órbitas" (Tema 6)
- Práctica 10 (final): presentación dos novos proxectos.
Todas as prácticas desenvolverase a través de tarefas presenciais con reforzo na aula virtual.
Déixase aberta a posibilidade de incorporar unha práctica de campo (visita a unha canle de TV), en caso de haber orzamento para desenvolvela.
Básica:
- Arana, E. (2011). Estategias de programación televisiva. Madrid: Síntesis
- Contreras, J.M. & Palacio, M. (2001). La programación de televisión. Madrid: Síntesis
Complementaria:
- Abruzzese, A. & Miconi, A. (2002). Zapping. Sociología de la experiencia televisiva. Cátedra, Madrid, 2002
- Aguilera-Moyano, M.; Meere, M. (coord.) (2009). Una tele en el bolsillo. La televisión en el teléfono móvil: contenidos, formatos, audiencias. Málaga: Círculo de Estudios Visuales Ad Hoc
- Albújar-Villarrubia, M. (2016). Las plataformas OTT para la distribución de contenidos audiovisuales: ¿una amenaza para el duopolio de la televisión en abierto en España?. Quaderns del CAC, vol. XIX, 42, 21-28.
- Álvarez-Monzoncillo, J.M (2011). La televisión etiquetada: nuevas audiencias, nuevos negocios. Barcelona: Ariel
- Arnanz, C.M. (2002). Negocios de televisión. Transformaciones del valor en el modelo digital. Barcelona: Gedisa
- Bruun, H. (2019). Re-scheduling Television in the Digital Era. Routledge.
- Bustamante, E. (coord.) (2002). Comunicación y cultura en la era digital. Industrias, mercados y diversidad en España. Barcelona: Gedisa
- Callejo, J. (2001). Investigar las audiencias. Un análisis cualitativo. Barcelona: Paidós
- Cebrián-Herreros, M. (2004). Modelos de televisión: Generalista, temática y convergente con Internet. Barcelona: Paidós
- Cubells, M. (2006). ¿Quién cocina la televisión que comemos? La dieta televisiva y sus cocineros. Barcelona: Ed. Carroggio
- Dayan, D. (1997). En busca del público. Barcelona: Gedisa
- Gallardo-Camacho, J. & Sierra-Sánchez, J. (2017). La importancia de la audiencia en diferido en el reparto del poder entre las cadenas generalistas y temáticas en España. Prisma Social, 18, 172-191.
- García-García, A.; Vinader-Segura, R. & Galiano-Sansegundo, R. (2009). Televisión personal: propuesta metodológica para una medición de audiencias adaptada a los nuevos formatos. En Trípodos Extra, nº 9, 497-505
- Gómez Domínguez, Pablo (2019). El audiovisual público europeo y YouTube. Observatori de la Producció Audiovisual.
- Gómez-Escalonilla, G. (2003). Programación en televisión. Análisis de los primeros cuarenta años de programación televisiva en España. Madrid: Dykinson
- Hartley, J. (2000). Los usos de la televisión. Barcelona: Paidós
- Huertas, A. (2015). Yo soy audiencia. Ciudadanía, Público y Mercado. Barcelona: UOC.
- Igartua, J.J. & Badillo, A. (Eds.) (2003). Audiencias y medios de comunicación. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca
- Jenkins, H. (2008). Convergente Culture: la cultura de la convergencia en los medios de comunicación. Barcelona: Paidós
- Izquierdo Castillo, J. (2016). Teoría de programación de radio y televisión. Castellón: Publicacións de la Universitat Jaume I
- Matellanes-Lazo, M. (2014). Nuevos formatos televisivos para no perder audiencias. Mhcj-Miguel Hernández Communication Journal, nº 5, 293-325.
- Martí-Martí, J. M. (1990). Modelos de programación radiofónica. Barcelona: Feed-back Ediciones.
- Medina, M. (coord.) (2015). La audiencia en la era digital. Madrid: Fragua
- Medina, M. & Portilla, I. (2016): Televisión multipantalla y la medición de su audiencia: el caso de las televisiones autonómicas,
Icono 14, volumen 14 (2), pp. 377-403
- Moreno Delgado, A.; Repiso, R. & Montero-Díaz, J. (2020). Análisis de redes sociales de la producción científica sobre programación televisiva. Icono 14, 18(1).
- Pérez de Silva, J. (2000). La televisión ha muerto. Barcelona: Gedisa.
No apartado específico das competencias, esta materia procurará:
- Capacitar ao alumnado para as competencias profesionais dun distribuidor e exhibidor de obras audiovisuais.
- Adquirir a formación necesaria para a interpretación dos informes estatísticos.
- Capacitar para a dirección de empresas relacionadas co sector audiovisual.
- Coñecer as técnicas necesarias para o desenvolvemento profesional da programación de produtos audiovisuais: técnicas e modelos de programación, deseño e evolución da oferta, e tendencias de consumo dos públicos obxectivos e potenciais.
Ademáis, e como figura na memoria do Grao de Xornalismo, son tamén competencias:
Básicas e xerais:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
Transversais:
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
Específicas:
CE07 - Capacitar para as competencias profesionais dun distribuidor e exhibidor de obras audiovisuais
CE08 - Adquirir a formación necesaria para a interpretación de informes estatísticos
CE09 - Capacitar para a dirección de empresas relacionadas co sector audiovisual
CE10 - Coñecer as técnicas necesarias para o desenvolvemento profesional da programación de produtos audiovisuais
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2022-2023 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2022-2023 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
O sistema de avaliación que se aplicará no curso 2023-2024 será unha proba final (100% da nota), que se celebrará na data oficial establecida polo centro, e na que o alumnado deberá demostrar coñecementos teóricos e prácticos sobre a materia.
--
--
--
Ana Isabel Rodriguez Vazquez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816542
- Correo electrónico
- anaisabel.rodriguez.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| 31.05.2024 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
| 05.07.2024 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 3 |