Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecementos básicos, teóricos e prácticos sobre a estrutura do sector audiovisual e o impacto dos procesos de converxencia dixital, así como sobre as organizacións e empresas, sistemas e modelos de xestión, organización e financiamento.
Teoría e práctica sobre xestión, planificación, dirección e organización empresarial e sobre os sistemas de xestión da calidade e da responsabilidade social corporativa na empresa audiovisual.
Análise dos elementos fundamentais do mercado da información e do entretemento e das industrias culturais e creativas relacionadas coa xestión da empresa audiovisual.
Coñecemento sobre o emprendemento e creación de empresas audiovisuais e análise para a súa implantación e desenvolvemento.
Aproximación conceptual e práctica ao coñecemento da estrutura do sistema audiovisual e da xestión da empresa de servizos de comunicación audiovisual no contexto da súa relación coa industria cultural e creativa e os procesos de converxencia dixital.
CONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1. Introdución
- A importancia económica dos medios de comunicación
- Características do mercado audiovisual
- Principios básicos do media management
Tema 2 - A empresa audiovisual
- Concepto de empresa e empresariado
- Peculiaridades da empresa de comunicación
- Tipos de empresas (en función do tamaño, actividade, ámbito xeográfico, forma xurídica)
- A empresa e o seu entorno
- Corporacións, holdings e grupos de empresas
Tema 3 - Plan de empresa
- Concepto e utilidade do plan de empresa
- Emprendemento e viabilidade das ideas
- Presentación da idea do grupo promotor
- Estudo do mercado e da competencia
- Legalización e forma xurídica
- Plan económico-financeiro
- A xestión da propiedade intelectual
Tema 4 – A organización e a gobernanza da empresa audiovisual
- Principais departamentos da empresa audiovisual
- Modelos de xestión e organigramas
- Regulación, corregulación e autorregulación
Tema 5 – A dirección estratéxica
- O concepto de estratexia
- O proceso de dirección estratéxica
- A orientación e os valores da empresa
- Estratexias e vantaxes competitivas
- Avaliación e selección de estratexias
Tema 6 - Modelos de negocio e financiación
- Modelos de financiación das empresas audiovisuais
- Intervención pública e fiscalidade
- O método Canvas para desenvolver modelos de negocio
- Creación de valor na empresa audiovisual
Tema 7 - Marketing e comercialización
- Marketing estratéxico, marketing mix e marketing informativo
- Estratexias de promoción dos produtos e servizos audiovisuais
Tema 8 - Recursos humanos
- A importancia dos recursos humanos na empresa audiovisual
- Normativa laboral xeral
- Os convenios colectivos do audiovisual
- O autoemprego
Tema 9. Estrutura do mercado cinematográfico
- O cinema como industria e evolución do mercado
- A cadea de valor do cinema: produción, distribución e exhibición
- Sistemas de financiamento e produción
- A protección da diversidade e axudas ao cinema
Tema 10. Estrutura do mercado da televisión
- Orixes e evolución do mercado televisivo
- Características económicas da televisión e cadea de valor
- Os principais grupos televisivos europeos
- Estrutura do servizo audiovisual público en Europa e España
Tema 11. A xestión e a estrutura das novas plataformas dixitais
- A innovación disruptiva
- Modelos de negocio das plataformas
- O impacto das plataformas nos contidos dixitais
Tema 12. Estrutura do mercado do audio
- Tipoloxía de servizos musicais e principais actores
- Modelos de creación de valor na industria do audio
- Modelos de negocio da industria musical
Tema 13– Situación actual do sector audiovisual en Galicia
- Principais axentes do sector audiovisual galego
- Importancia económica do audiovisual en Galicia
- Axudas e promoción desde o sector público
Bibliografía básica:
Cerezo, Pepe (2018). Los medios líquidos: la transformación de los modelos de negocio. Editorial UOC
Küng, Lucy (2016). Strategic management in the media: Theory to practice. SAGE.
Medina Laverón, Mercedes (2021). Estructura y gestión de empresas audiovisuales. Eunsa.
Lowe, Gregory Ferrell & Brown, Charles (2016). Managing Media Firms and Industries. What's so special about media management? Springer.
Sánchez González, María (2018). Gestión estratégica, innovación y prospectiva en comunicación: bases, técnicas y casos prácticos. Editorial UOC.
Wirtz, Bernd W. (2020). Media Management. Strategy, Business Models and Case Studies. Springer
Bibliografía complementaria:
Barrio Fraile, Estrella (2019). Responsabilidad social corporativa: de la noción a la gestión. Editorial UOC.
CNMC (2022). Informe Anual del mercado de las Telecomunicaciones y del Sector Audiovisual de la CNMC.
Doyle, Gillian (2016). Television production, Funding Models and Exploitation of Content. Icono 14, 14 (2), pp. 75-96. doi: 10.7195/ri14.v14i1.991
García Santamaría, José Vicente (2016). Los grupos multimedia españoles: análisis y estrategias. Editorial UOC.
Observatorio Audiovisual Europeo (2022): Yearbook. Television, cinema, video and on-demand audiovisual services -the pan European picture, Estrasburgo, European Audiovisual Observatory.
Osterwalder, Alexander & Pigneur, Yves (2011). Generación de modelos de negocio. Deusto.
Rodríguez Castro, M. & Campos-Freire, F. (2020). A xestión e a estrutura das novas plataformas dixitais. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. https://dx.doi.org/10.15304/9788417595678
Srnicek, Nick (2018). Capitalismo de plataformas. Buenos Aires: Caja Negra Editora.
Van Dijck, José, Poell, Thomas & De Waal, Martijn (2018). The Platform Society. Public Values in a Connective World. Oxford University Press.
BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes sepan aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e dispoñan das competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CX1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinaria
CX2 - Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información
CX3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE07 - Capacitar para as competencias profesionais dun distribuidor e exhibidor de obras audiovisuais
CE08 - Adquirir a formación necesaria para a interpretación de informes estadísticos
CE09 - Capacitar para a dirección de empresas relacionadas co sector audiovisual
CE10 - Coñecer as técnicas necesarias para o desenvolvimento profesional da programación de productos audiovisuais
A metodoloxía docente da materia combinará distintas técnicas dirixidas a levar á práctica os contidos teóricos. Nas leccións maxistrais proporcionaranse as bases teóricas necesarias para poder poñer en marcha iniciativas emprendedoras no campo da comunicación, proporcionando exemplos e casos de interese.
A parte práctica vertébrase arredor da aprendizaxe orientada a proxectos. Nas sesións de laboratorio traballarase en grupos na elaboración dun plan de empresa no que se lle dea forma a unha idea de negocio dentro do ámbito da comunicación. De forma paralela, realizaranse tamén estudos de caso e outro tipo de prácticas dirixidas a consolidar os contidos teóricos, como a elaboración de comentarios críticos ou a análise de tendencias dentro do mercado da comunicación.
A metodoloxía de ensinanza contempla tamén o uso do Campus Virtual, no que a docente propocionará información ampliada sobre os contidos da materia e noticias relevantes para a materia. Tamén se crearán espazos de participación do alumnado a través dos foros de Moodle.
O sistema de avaliación da materia consta de dous mecanismos:
• Exame final: 40% da cualificación final
• Prácticas realizadas durante o curso: 60% da cualificación final.
Dentro do 60% da cualificación final derivada das prácticas inclúese o traballo central da materia (a elaboración dun plan de empresa en grupos), así como outras prácticas realizadas ao longo da materia, tanto de forma individual como grupal.
Para aprobar a materia é necesario superar tanto a parte práctica como a teórica. Os traballos non entregados cualificaranse cun 0 e farán media a partir da ponderación establecida.
Segunda oportunidade:
O sistema de avaliación na segunda oportunidade será o mesmo que na primeira. No caso de suspender só unha das partes da materia, deberase repetir a parte suspensa na segunda convocatoria e manterase a cualificación da parte superada.
Dispensa
No caso de que se autorice a dispensa á clase, o profesorado da materia establecerá co alumnado un plan de traballo alternativo. Este plan manterá o sistema de avaliación estándar da materia, coa adaptación consecuente das prácticas grupais ao traballo individual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
• Clases expositivas: 24 horas
• Clases interactivas: 24 horas
• Traballos con textos: 15 horas
• Traballo autónomo do alumnado: 87 horas
Recoméndase estar ao día sobre os movementos nos mercados da comunicación, organizar ben a realización das prácticas, ter unha boa comprensión do inglés para afondar na bibliografía e manter un contacto directo co profesorado.
Marta Rodríguez Castro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816551
- Correo electrónico
- m.rodriguez.castro [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Luns | ||
|---|---|---|
| 11:00-12:00 | Expositiva 1 | Aula 8 |
| Martes | ||
| 11:00-12:00 | Expositiva 1 | Aula 8 |
| Venres | ||
| 11:00-12:00 | Expositiva 1 | Aula 8 |
| 18.01.2024 16:00-20:00 | Expositiva 1 | Aula 3 |
| 18.01.2024 16:00-20:00 | Expositiva 1 | Aula 4 |
| 20.06.2024 16:00-20:00 | Expositiva 1 | Aula 3 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |