Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1. Coñecer o marco conceptual da avaliación en educación social.
2. Coñecer os diferentes enfoques avaliativos, fundamentalmente no relativo a programas socioeducativos, así como os deseños avaliativos básicos a empregar en cada caso.
3. Saber deseñar avaliacións sobre aspectos socioeducativos básicos así como axuizar metodoloxicamente as avaliacións proxectadas ou realizadas.
4. Coñecer as características que deben posuír os informes avaliativos e saber axuizar a súa calidade técnica.
5. Desenvolver un pensamento reflexivo sobre as cuestións e propostas técnicas estudadas na materia.
6. Integrar os coñecementos e habelencias referidos anteriormente cos estudados noutras materias.
BLOQUE I: FUNDAMENTACIÓN TEÓRICA
1.Marco teórico xeral da avaliación en educación social.
BLOQUE II: ETAPAS NO PROCESO DE AVALIACIÓN
2. Avaliación de plans, proxectos e programas en educación social
2.1. Avaliación do deseño do programa.
2.2. Avaliación do desenvolvemento de programa.
2.3. Avaliación de resultados do programa.
BLOQUE III: ANÁLISIS NA PRÁCTICA
3. Avaliación de servizos e institucións socioeducativas.
BLOQUE IV: RESULTADOS
4. Elaboración de informes de avaliación.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Castillo, S., e Cabrerizo, J. (2003). Evaluación de programas de intervención socioeducativa: Agentes y ámbitos. Prentice-Hall.
Gómez, M. (2004). Evaluación de los servicios sociales. Gedisa.
Pérez Juste, R. (2006). Evaluación de programas educativos. La Muralla.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Castillo,S. e Cabrerizo, J. (2011)Evaluación de la intervención socioeducativa. Agentes, ámbitos y proyectos. UNED-Pearson
Castillo, S., Cabrerizo,J. y Rubio, Mª J.(2011).La práctica de la evaluación en la intervención socioeducativa. Materiales e instrumentos. Vademécum del educador social. Person Education
Colás, M. P., e Rebollo, M.A. (1993). Evaluación de programas: Una guía práctica. Kronos.
Fernández-Ballesteros, R. (Ed.). (1995). Evaluación de programas. Una guía práctica en ámbitos sociales, educativos y de salud. Síntesis.
Lukas, J.F. e Santiago,k. (2009).Evaluación educativa.Alianza Editorial
Martínez, C. (2007). Evaluación de programas. Modelos y procedimientos. UNED.
Mateo, J. (2000). La evaluación educativa, su práctica y otras metáforas. E-HORSORI.
Niremberg, O., Brawerman, J. e Ruíz, V. (2000). Evaluar para la transformación. Innovaciones en la evaluación de programas y proyectos sociales. Paidós.
Rebolloso, Fernández-Ramírez, B. e Cantón, P. (2008). Evaluación de programas de intervención social. Síntesis.
Sanders, J. R. (Ed.). (1998). Estándares para la evaluación de programas. ICE.
Stake, Robert E. (2006). Evaluación comprensiva y evaluación basada en estándares. Ed.Grao
Stake, Robert E. (2010). Investigación Cualitativa: el estudio de cómo funcionan las cosas. The Guilford Press
Stake, R. E. (2006). Evaluación comprensiva y evaluación basada en estándares. Graó.
DIRECCIÓNS DE INTERNET
http:/www.europeanevaluation.org
http:/www.mdsocialesa2030.gob.es/
COMPETENCIAS BÁSICAS:
(CB1). Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
COMPETENCIAS XERAIS:
(CX3). Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se inxire, en relación aos suxeitos cos que traballa e as dinámicas sociais das que participan.
(CX4). Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamentos e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
(CE1.4). Seleccionar e empregar métodos e medios orientados ao coñecemento das relacións educativas e sociais, emitindo xuízos razoados sobre as informacións obtidas e a súa utilidade para o desenvolvemento da súa práctica profesional.
(CE2.1). Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
(CE2.5). Realizar e empregar informes técnicos de investigación e avaliación sobre accións, procesos e resultados socioeducativos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
(CT3). Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
1. Coñecer o marco conceptual da investigación avaliativa.
2. Analizar e valorar estudios avaliativos, identificando as súas limitacións e puntos fortes.
3. Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
4. Deseñar de forma básica a avaliación dun servizo ou institución socioeducativa, atendendo aos obxectivos previstos, ás audiencias implicadas e ao contexto de estudo.
5. Elaborar informes de avaliación.
O proceso de ensino terá un carácter continuo, formativo, activo e participativo, para favorecer unha aprendizaxe integral. Durante o tempo lectivo proporanse unha serie de actividades integradas nos distintos tipos de sesións:
a) Presentación da asignatura e explicación do programa.
b) Asistencia e participación na aula.
c) Clases expositivas: presentación, explicación dos temas.
d) Clases interactivas: actividades prácticas grupais.
e) Titorías de traballo no curso.
f) Realización dunha proba-exame.
Na materia poderanse desenvolver saídas/prácticas compartidas, ou non, con outras materias, na perspectiva dunha actividade interdisciplinar ou individual que será abordada e valorada.
A avaliación será o seguinte:
- Asistencia a clase nun 80% (1pto.)
- Realización de actividades grupais (5 ptos.)
- Realización do examen (4 ptos.)
Se algún alumno/a está exento da parte expositiva comunicaráselle ao profesor/a para que determine un novo criterio de puntuación nese apartado.
Para obter unha valoración positiva na materia, haberá que ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.
A participación e asistencia ás sesións expositivas e interactivas considéranse fundamentais para sacar o máximo rendemento da materia. A non asistencia ás mesmas debe ser sempre xustificada e acreditada debidamente.
Os/as alumnos/as non presentados na convocatoria anterior (2022-23), ou que non superaran a materia, serán avaliados/as no curso 2023-24 atendendo aos criterios do programa da materia do curso precedente.
Os traballos individuais ou grupais dos/das estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non será empregado para varias materias excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
XULLO
O/a estudante que suspenda o exame en maio poderá repetilo en xullo. O/a estudante que non obtivera a metade da puntuación asignada a esta parte, realizará as prácticas que se lle indiquen e as entregará nas datas do exame de xullo.
EXENTOS/AS, DISPENSA e outras casuísticas
O alumnado con exención de docencia oficial nas sesións expositivas ou con dispensa deberá ter unha titoría co profesorado da materia nos dez días seguintes da concesión da exención e/ou dispensa (comunicada ao profesorado da materia). Nestes casos, o exame final a realizar por este alumnado terá unha parte extraordinaria. Outros casos xustificados-acreditados serán tratados como o alumnado sen exención da docencia, salvo que se vexa afectada a parte práctica, que sería recuperada de xeito individual. En xeral, para o alumnado con exención e/ou dispensa aplicaranse os seguintes criterios avaliativos:
- Traballos asignados: 60 % da cualificación.
- Exame final: 40 % da cualificación.
Horas presenciais: 50 h. (23 de teoría, 23 de prácticas e 4 de titoría).
Horas non presenciais: 100 h.
Total volume de traballo: 150 h.
Especificarase máis en detalle no intre da presentación do programa.
Cando as sesións así o requiran, o alumnado deberá preparar as sesións de clase mediante unha lectura detida da documentación correspondente depositada previamente (ben na fotocopiadora ben na aula virtual) e/ou a realización das actividades prácticas e de reflexión indicadas polos profesores/as da materia).
ENTREGA DOS TRABALLOS: Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: En relación aos traballos individuais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregaranse grapas en lugar de espiral.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non utilizar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
COMUNICACIÓN CO PROFESORADO: é imprescindible que o alumnado utilice necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación co profesorado.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: en atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá na aula como nos traballos académicos encomendados.
PROTECCIÓN DE DATOS: aplicarase a normativa vixente na USC
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
GUÍA DE LINGUAXE NON SEXISTA:
https://pre-www.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/mor…
USO DO TELÉFONO MÓBIL: queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu uso como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidad (Lifesize, etc).
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, entendéndose privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Jose Pablo Franco Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813835
- Correo electrónico
- jpablo.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Francisco Mareque Leon
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- francisco.mareque.leon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Isabel Novoa Perez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- mariaisabel.novoa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO | Galego |
| NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO | Galego |
| MAREQUE LEON, FRANCISCO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO | Galego |
| MAREQUE LEON, FRANCISCO | Galego |
| NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO | Galego |
| NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO | Galego |
| MAREQUE LEON, FRANCISCO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO | Galego |
| MAREQUE LEON, FRANCISCO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO | Galego |
| NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO | Galego |
| NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO | Galego |
| NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO | Galego |
| NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO | Galego |
| NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO | Galego |
| NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL | Galego |