Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta asignatura aborda cuestións básicas da metodoloxía de investigación en Ciencias Sociais e da Educación. Os obxectivos específicos a conquerir son os seguintes:
• Coñecer os fundamentos e características principais do coñecemento científico e da investigación social e educativa.
• Coñecer as distintas fases do proceso de investigación educativa.
• Coñecer os fundamentos da investigación cuantitativa e cualitativa
• Coñecer as características dos principais instrumentos e técnicas de recollida de datos.
Traballarase ademais baixo o suposto de que tal coñecemento debe aspirar a constituír un marco conceptual significativo para a/o estudante, asociado a unha actitude reflexiva e á comprensión crítica de tales contidos.
Os bloques temáticos básicos a contemplar nesta asignatura son os seguintes:
1. Perspectivas epistemolóxicas e metodolóxicas na investigación socioeducativa
2. O proceso xeral da investigación educativa. Principais fases
3. Técnicas de recollida de datos socioeducativos:
Concepto, tipoloxía e criterios de selección.
Principais técnicas de recollida de datos na investigación socioeducativa
-
4. Deontoloxía na investigación social e educativa.
Esta relación de contidos non supón necesariamente que sexan traballados nesta orde
BÁSICA
Ballesteros Velázquez, B. (2019). Investigación social desde la práctica educativa. Madrid: UNED.
Bisquerra, R. (2016) (Coord.). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.
Jorrín Abellán, I.J., Fontana Abad,M. e Rubia Avi, B. (Coord.) (2021). Investigar en educación. Editorial Síntesis.
Sánchez Gómez, M.C. (2015). Metodología de investigación en pedagogía social. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, núm. 26, 2015, pp. 21-34
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
Amat, O. e Rocafort, A. (2017). Como investigar. Barcelona: Profit.
Carballo Barcos, M., & Guelmes Valdés, E. L. (2016). Algunas consideraciones acerca de las variables en las investigaciones que se desarrollan en educación. Revista Universidad y Sociedad [seriada en línea], 8 (1). pp.140-150. Recuperado de http://rus.ucf.edu.cu/
Cardona, Mª C. (2002). Introducción a los métodos de investigación en educación. Madrid: EOS.
Casas Algunta, J.; Repullo, J.R. e Donado, J.( 2003). La encuesta como técnica de investigación. Elaboración de cuestionarios y tratamiento estadístico de los datos (I). Atención Primaria, 31(8):527-38
Facal, T. (2015). Guía para elaborar un proyecto de investigación social. Madrid: Paraninfo.
Lara Guijarro, E. e Ballesteros, B. (2009). Métodos de investigación en educación social. Madrid: UNED.
Flick, U. (2004): Introducción a la investigación cualitativa. Madrid: Morata.
Latorre, A., Del Rincón, D. e Arnal, J. (2003). Bases metodológicas de la investigación educativa (1ª ed.). Barcelona: Experiencias.
Navarro, A. (coord.) (2017). Fundamentos de la investigación y la innovación educativa. UNIR
Nieto Martin, S.(2012). (Ed.). Principios, métodos y técnicas esenciales para la investigación educativa. Madrid: Dykinson.
Rodríguez Gómez, G., Gil Flores, J. e García Jiménez, E. (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Málaga: Aljibe.
Ruiz-bolivar, C. (2013). Instrumentos y técnicas de investigación educativa. DANAGA
Sarabia Sánchez, F. J. (2013). Métodos de investigación social y de la empresa. Madrid: Piramide.
Tójar Hurtado, J.C. (2006). Investigación cualitativa. Comprender y actuar. Madrid: La Muralla.
ENLACES a REVISTAS CIENTIFICAS DE INTERESE
http://revistas.um.es/rie
http://redie.uabc.mx/index.php/redie
Esta materia contribúe ao desenvolvemento das seguintes competencias xerais, trasversais e específicas do título:
G1. Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar críticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención en educación social
T4. Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións
E1.1. Comprende os referentes teorico-conceptuais, históricos, comparados, metodolóxicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela se promoven
E2.6. Valorar e axustar a súa práctica profesional ás esixencias e compromisos deontolóxicos da educación social
Segundo o establecido na Memoria do título, as "competencias" específicas que nortean esta asignatura son as cinco seguintes:
1. Coñecer a terminoloxía básica da metodoloxía de investigación educativa.
2. Coñecer os principais enfoques epistemolóxicos e metodolóxicos na investigación socio-educativa, valorando as súas potencialidades e limitacións.
3. Coñecer o proceso de investigación educativa e identificar as distintas fases e elementos.
4. Coñecer e distinguir diferentes técnicas de recollida de datos usadas en investigación socioeducativa
A metodoloxía empregada diríxese a favorecer a adquisición das competencias indicadas, propiciando que o alumnado desenvolva unha boa comprensión reflexiva e crítica dos contidos establecidos, así como unha certa capacidade de aplicación de tales coñecementos en situacións de investigación referidas a contextos socioeducativos.
Nas clases expositivas presentaranse os contidos fundamentais con apoio en xeral de presentación visuais e con exemplificacións concretas acordes aos contidos expostos; durante estas sesións propiciarase a participación do alumnado a través da resolución de cuestións puntuais, de busca de exemplos, de vinculación de relación coutros contidos xa expostos desta ou doutras materias, etc.
Nas clases interactivas desenvolveranse actividades xeralmente grupais, de carácter aplicado a partir dos contidos presentados nas clases expositivas. Estas actividades poderán ser diversas: análise de informes de investigación, formulación de problemas de investigación a partir de situación reais, revisión de instrumentos...
En parte das ocasións precisarán da axeitada preparación previa por parte do alumnado, a fin de posibilitar a súa participación activa na clase. Algunhas destas actividades poderían realizarse fora do espacio da aula, para propiciar a aprendizaxe do emprego de técnicas como a observación ou a entrevista
As actividades de traballo autónomo inclúen a lectura crítica e estudo individual do material bibliográfico básico e complementario que se indique, a análise de informes de investigación, a preparación das actividades a desenvolver nas clases interactivas e a preparación da parte correspondente do traballo en equipo.
Empregarase a aula virtual como ferramenta de apoio ao desenvolvemento da docencia ao longo de todo o semestre, polo que é recomendable que o alumnado teña coñecementos mínimos do seu manexo. Fundamentalmente empregarase para a comunicación cos estudantes, como repositorio de material (guía de cada tema, material de lectura, documento das praticas..) e para a recepción de traballos prácticos.
Respecto dos materiais non haberá un dosier único da materia. Para cada tema concretarase o material necesario para a súa aprendizaxe na guía do tema, que poderán ser artigos, capítulos específicos de manuais, esquemas, etc.
Nos traballos e as practicas as referencias, citas e elaboración de táboas e figuras seguirán as normas de publicación da APA (Publication Manual of the American Psychological Association, 2019, 7ª ed.
https://normas-apa.org/wp-content/uploads/Guia-Normas-APA-7ma-edicion.p…
Se fora o caso, poderá facerse algunha saída ben no marco exclusivo desta materia, ben de forma conxunta con outras.
A avaliación das aprendizaxes terá primariamente un propósito formativo -ao longo de todo o cuadrimestre- con base na observación das actividades individuais e grupais realizadas, así como na participación nas clases, especialmente nas interactivas, e nas titorías
Na avaliación final tomarase en consideración:
1. - O desempeño no exame, invididual sen material que terá un carácter teórico-práctico. Este terá un valor entre o 60% e o 70% da nota.
O exame terá lugar na data e hora oficial. Non se cambiará a data de examen a ningún estudante salvo nos casos contemplados na Normativa sobre avaliación do Rendemento académico da USC.
2, -As actividades prácticas propostas pola profesora nas clases interactivas, e desenvoltas total ou parcialmente nestas clases, tanto as de carácter individual como grupal (valor entre o 30% e o 40%).
É preciso superar as dúas partes para aprobar a materia.
A porcentaxe específica de cada un destes elementos concretarase ao longo do curso en función do seu desenvolvemento (das practicas realizadas, da complexidade que supoñan para o grupo, dos posibles imprevistos no calendario, etc)
Como norma xeral, para aprobar é requisito imprescindible asistir ao 80% das clases da materia. No caso das prácticas non se recollerán prácticas de estudantes que non asistiran a sesión na que se presentou e traballou a práctica. só nos casos en que a ausencia sexa debida a algunha das razóns contempladas na normativa citada, que o estudante deberá xustificar documentalmente, se lle permitrá realizar a práctica con posterioridade e entregala, sempre que cumpra o prazo que se lle indique.
É necesario entregar as prácticas no prazo establecido que se indique.
XULLO
O/a estudante que non cumpra o requisito de asistencia non poderá superar a materia na oportunidade de maio nin de xullo. O/a estudante que suspenda o examen en maio poderá repetilo en xullo. O/a estudante que tendo asistido ao 80% das clases non obtivera a metade da puntuación asignada a parte práctica, deberá realizar as prácticas que se lle indiquen e entregalas na data do examen de xullo.
EXENTOS/A
O alumnado con exención de docencia oficial a clase (non asistencia ás clases expositivas) segundo o recollido na Instrucción nº1/2017, deberá ter unha titoría presencial ou online co profesorado da materia nos dez días seguintes da concesión da exención. Este alumnado será cualificado seguindo as pautas do alumnado asistente.
DISPENSA
Nesta materia non se completa a posibilidade de dispensa, por ter grupos de laboratorio
O alumnado que non superara a materia no curso 22-23 pero que teña o requisito mínimo de asistencia ás clases interactivas e a nota mínima necesaria para superar as practicas, e teña problemas por incompatibilidade horaria para asistir ás clases interactivas deberá ter unha titoria coa docente nos primeiros dez dias de clase, nestes casos poderá non ter a obriga de asistir a algunhas das practicas cando sexan similares ás de dito curso 22-23.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada
A modo de referencia aproximada:
- Horas de traballo en aula: 48
- Horas de estudo e traballo individual o en grupo: 96
- Horas de realización de exames: 4
- Horas de titoría: 2
Tempo estimado total: 150
Para lograr un óptimo dominio da materia, resulta didácticamente necesario asistir de forma regular ás clases expositivas e, sobre todo, participar activamente nas interactivas. Lémbrase que a USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Por isto, nos casos contemplados na normativa, o alumnado poderá solicitar a exención oficial de docencia
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar portadas
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Seguirase a normativa de privacidade e protección de datos persoais dispoñible en:
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Queda restrinxido o emprego do teléfono móbil na aula a o seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dunhna utilización non axeitada do mesmo.
CONTA DE CORREO
Para comunicación do profesorado debe empegarse a conta de correo da universidade (conta rai). De ser necesario empregar algunha ferramenta tecnolóxica, esta deberá ser de caracter institucional.
PRIVACIDADE
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.polo que os materiais aportados para as clases, son para o uso do alumnado de xeito privado.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Esther Martinez Piñeiro
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813751
- Correo electrónico
- esther.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Pablo Franco Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813835
- Correo electrónico
- jpablo.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Luns | ||
|---|---|---|
| 10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
| 12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A - Fe) | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
| 13:30-15:00 | Grupo /CLIL_02 (Fi - Mo) | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
| Martes | ||
| 09:00-10:30 | Grupo /CLIL_03 (Mu - Rod) | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
| 12:00-13:30 | Grupo /CLIL_04 (Roe - Z) | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
| 31.05.2024 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
| 09.07.2024 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO | Galego |
| MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO | Galego |
| MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO | Galego |
| MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO | Galego |
| MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER | Galego |