Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos formulados para esta materia atenden tanto á adquisición de coñecementos sobre datos e nocións da disciplina, como á práctica de destrezas relacionadas con ditos coñecementos e á adquisición de certas disposicións valorativas. Considérase prioritario que os alumnos/as cheguen a:
- Coñecer o obxecto de estudio da disciplina, a súa definición e os seus antecedentes históricos.
- Coñecer os procesos de cambio intra e interpersoais que teñen lugar ó longo do ciclo vital.
- Reflexionar sobre a aplicabilidade dos coñecementos sobre os procesos evolutivos en aras de optimizar o desenvolvemento.
- Aprender a analizar con sentido crítico e a sintetizar a literatura científica relevante para a disciplina.
- Adquirir inquietudes éticas en relación ás implicacións dos coñecementos adquiridos con miras ó exercicio profesional.
A materia estrutúrase en torno a dous bloques temáticos compostos por un total de 8 temas, a través dos cales se adquirirán os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento ao longo do ciclo vital e a metodoloxía básica de investigación empregada en psicoloxía do desenvolvemento.
Bloque I. Introdución á psicoloxía do desenvolvemento
Tema 1. Enfoque conceptual e principais teorías do desenvolvemento
Tema 2. Introdución á metodoloxía de investigación en psicoloxía do desenvolvemento
Bloque II. Desenvolvemento ao longo do ciclo vital
Tema 3. O desenvolvemento prenatal
Tema 4. O desenvolvemento psicolóxico na infancia temperá
Tema 5. O desenvolvemento psicolóxico na infancia media
Tema 6. O desenvolvemento psicolóxico na adolescencia
Tema 7. O desenvolvemento psicolóxico na idade adulta temperá e media
Tema 8. O desenvolvemento psicolóxico na adultez tardía ou vellez
Básica
Palacios, J., Marchesi, A. & Carretero, M. (2004). Desarrollo psicológico y educación. Vol. I. Psicología evolutiva. Alianza.
Papalia, D. E., Feldman, R. D., & Martorell, G. (2012). Desarrollo humano. Mc Graw-Hill.
Papalia, D. E., Oold, S. W. & Feldman, R. D.(2009). Psicología del desarrollo: de la infancia a la adolescencia. McGraw-Hill.
Santrock, J. W. (2006). Psicología del desarrollo. El ciclo vital. Mc Graw-Hill.
Shaffer, D.R. (2007). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Thomson.
Complementaria
Berger, K.S. (2016). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Médica Panamericana.
Brioso, A. (2005). Psicología del desarrollo y de la educación. Vol. I. Psicología del desarrollo. UNED.
Craig, G.J. (2009). Desarrollo psicológico (9ª ed.). Prentice-Hall.
Feldman, R.S. (2008). Desarrollo en la infancia. Prentice Hall.
García, J. A. (2019). Psicología del desarrollo I. UNED.
Gutiérrez, F. & Vila, J.O. (2015). Psicología del desarrollo II. UNED.
Lizaso, I., Acha, J., Reizabal, L. & García, F.J. (2017). Desarrollo biológico y cognitivo en el ciclo vital. Pirámide.
Mariscal, S., Giménez-Dasí, M., Carriedo, N. & Corral, A. (Coords.) (2009). El desarrollo psicológico a lo largo de la vida. UNED/McGraw-Hill.
Rice, F.P. (2000). Adolescencia. Desarrollo, relaciones y cultura. Prentice Hall
Triadó, C. & Villar, F. (2006). Psicología de la vejez. Alianza
Triadó, C., Celdrán, M., & Villar, F. (2019). Desarrollo adulto y envejecimiento, 2ª edición. Alianza.
Básicas e xerais
CB1 - Que os e as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG1 - Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Educación Social.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña la labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG-4 - Promover e desenvolver accións educativas e/o socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
Transversais
CT1- Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos.
CT2- Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfases no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT3- Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecemento, tarefas e cometidos nos que participan.
Específicas
CE1.3 – Avaliar as circunstancias persoais, institucionais e sociais que constitúen ao ser humano como protagonista da educación e das súas prácticas profesionais, desde a infancia á vellez.
A proposta metodolóxica a empregar combinará o formato da clase expositiva con metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo e a autoaprendizaxe.
As actividades presenciais do grupo expositivo terán como obxectivo introducir e explicar o significado dos temas, aclarar conceptos importantes, orientar e guiar a realización do traballo, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade da aprendizaxe, polo que a exposición estará acompañada, cando proceda, por organizadores previos, definicións, táboas sinópticas, diagramas... Utilizarase soporte visual e recursos en liña para aclarar os contidos tratados e servir como referencia e punto de partida para o traballo en grupo e as actividades.
Co traballo en seminarios (clases interactivas) téntase afondar en aspectos concretos das clases teóricas; as actividades que se realizarán incluirán a lectura e comentario de documentos, a resposta a preguntas, a análise de situacións prácticas, a visualización de vídeos, estudos de casos, debates e realización de traballos. Con eles preténdese que os estudantes aprendan a manexar diferentes fontes de información, promovan a transferencia da teoría á práctica, aprendan a preparar e presentar informes, confronten diferentes puntos de vista e sexan capaces de construír significados compartidos axudados polo traballo mediador do profesor. A realización das tarefas requiridas e dos materiais necesarios presentarase aos alumnos nas sesións de clase correspondentes. Existe ademáis a posibilidade da realización de saídas de campo e visitas a lugares de interese, dentro e fóra de Santiago de Compostela, sempre que complementen os contidos traballados nas sesións de aula.
Na atención titorial, atenderanse as necesidades específicas de cada alumno e levaranse a cabo as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensino-aprendizaxe.
Para apoiar o ensino contarase coa aula virtual da materia a través da cal os alumnos terán o material básico para o traballo e estudo dos temas teóricos, así como para a realización dos traballos interactivos. A aula virtual tamén servirá como lugar de encontro, debate e participación a través de foros e cuestionarios. Así mesmo, a través dela poderase solicitar a entrega de determinadas tarefas e probas de avaliación.
En canto á avaliación, valorarase o rendemento e a aprendizaxe adquirida a través dunha combinación de actividades de avaliación formativa (continua) e avaliación sumativa (final). Deste xeito, proponse avaliar tanto os resultados da aprendizaxe como o esforzo e o progreso durante o seu desenvolvemento, fomentando a reflexión crítica e a dedicación constante á materia ao longo do semestre. En liña cunha visión construtivista do proceso de ensino-aprendizaxe, preténdese que o alumnado demostre non só un dominio declarativo senón tamén procedimental e actitudinal dos contidos, mediante a análise de exemplos e a articulación de relacións entre conceptos.
O traballo dos e das estudantes debe ser orixinal. A efectos avaliadores, non se pode empregar o mesmo traballo para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
A avaliación da materia inclúe as seguintes modalidades:
1) PROBAS ESPECÍFICAS (75% da cualificación): un exame, cuxa modalidade se definirá no seu momento, que avalíe os coñecementos fundamentais da materia, tanto teóricos como prácticos. Os contidos do exame son os relacionados cos aspectos desenvolvidos pola profesora nas clases teóricas, así como as lecturas recomendadas. O/a alumno/a deberá obter unha nota mínima, que se fixa en 3,75 puntos (sobre 7,5), para que se poidan engadir o resto de cualificacións.
2) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS (25% da cualificación): avaliación de informes, análise de casos, comentarios de texto ou outras producións escritas resultantes principalmente do traballo nos seminarios interactivos. Estes traballos realizaranse normalmente en pequenos grupos e deberán presentarse por escrito ou en forma de presentacións orais, segundo se estableza en cada caso. O/a alumno/a deberá obter unha nota mínima, que se fixa en 1,25 puntos (sobre 2,5), para que se poidan engadir o resto de cualificacións.
Aclaracións sobre a avaliación:
1. CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA: Para obter unha cualificación de aprobado, o alumnado debe acadar unha puntuación mínima de 5 puntos na nota final. Esta puntuación deberá obterse a partir dun mínimo de 3,75 puntos (sobre 7,5) no exame, e dun mínimo de 1,25 puntos (sobre 2,5) nos traballos derivados das sesións interactivas. Só cando se superen ambas partes, sumaranse as cualificacións
2. ASISTENCIA: controlarase a asistencia ás sesións presenciais. O número de faltas de asistencia será unha consideración importante para poder aprobar a materia, de xeito que superar o 20% das faltas non xustificadas implicará non ser cualificados no apartado 2 (Informes escritos e outras producións). A avaliación recaerá exclusivamente no exame que se puntuará cun máximo de 7 puntos, sendo o aprobado 5 puntos.
3. ALUMNADO CON DISPENSA OU EXENCION DE ASISTENCIA:
O alumnado que, segundo o contemplado na normativa da Facultade, teña solicitada a dispensa ou exención de asistencia a clase, deberá notificar nas dúas primeiras semanas do segundo semestre esta circunstancia á docente, e presentarlle, unha vez a obteña, a certificación que así o acredite. En tales casos o sistema de avaliación realizarase de acordo cos mesmos criterios contemplados para o alumnado con asistencia ordinaria: 75% exame, 25% traballos. Os traballos a realizar serán adaptados no caso da modalidade de dispensa de asistencia.
4. ALUMNADO QUE NON SUPERE A MATERIA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO): Neste caso respectaranse as puntuacións obtidas -durante o período ordinario- no apartado 2 da avaliación. En ningún caso se admitirán traballos a maiores dos realizados no período ordinario.
5. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. Os estudantes que presenten algún tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberán xustificar a súa situación mediante un documento emitido polo servizo acreditado pola USC para estes efectos e comunicar o seu caso á profesora dentro das dúas primeiras semanas do semestre afectado, de xeito que se poida acordar canto antes un plan de traballo adaptado para atender cada situación particular.
Actividades presenciais (total: 51 horas)
- Sesións expositivas: 24 horas
- Sesións interactivas: 24 horas
- Titorías en grupo reducido: 3 horas
Traballo autónomo do estudante (total: 99 horas)
- Informes de prácticas: 30 horas
- Informes de seminarios: 30 horas
- Estudo: 39 horas
- Implicación activa na dinámica de clase.
- Realización puntual de traballos.
- Seguimento continuado da materia.
- Integración da información manexada nas distintas actividades presenciais e non presenciais.
- Procura de claridade e organización conceptual dos coñecementos logrados na materia.
Aspectos importantes a ter en conta
1. Dado que a USC é unha Universidade Presencial, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase, á marxe dos estudantes con dispensa de asistencia.
2. Os estudantes con exención e dispensa de asistencia deben respectar as datas de entrega do traballo establecidas pola profesora e é recomendable e necesario que manteñan contacto con ela a través de titorías, aula virtual, correo, etc., para garantir o desenvolvemento óptimo da materia e superala.
3. Responsabilidade medioambiental: en tódolos casos, os traballos serán entregados mediante o campus virtual.
4. Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desca…
5. É obrigatorio o uso da conta de correo rai.
6. É obrigatorio emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
7. Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
8. Debe terse en conta que o proceso de ensinanza-aprendizaxe (clases, tutorías) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre a docente y o alumnado.
9. Debe cumplirse a normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
10. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Susana Cid Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Correo electrónico
- susana.cid [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Natalia Rosa Bohorquez Villanueva
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Correo electrónico
- natalia.bohorquez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
28.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
08.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |