Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos a acadar, en consonancia coas competencias que se establecen para a materia, son:
- Coñecer as bases conceptuais e teóricas da orientación e a titoría.
- Coñecer e analizar a estrutura organizativa da orientación e a titoría, no marco normativo actual.
- Integrar os procesos de orientación e titoría na función docente.
- Ser capaz de diagnosticar e planificar accións titoriais e de orientación para o alumnado e as familias en contextos socioeducativos.
- Coñecer e saber aplicar diferentes programas e recursos de intervención titorial e orientadora para Educación Infantil ou Primaria.
- Adquirir hábitos e actitudes para o traballo colaborativo con outros axentes da orientación.
- Desenvolver unha actitude de compromiso ético cara os aspectos deontolóxicos da acción orientadora e titorial.
BLOQUES TEMÁTICOS
I. FUNDAMENTOS DA TITORÍA E DA ORIENTACIÓN EDUCATIVA.
1. Concepto e principios teóricos da orientación educativa.
2. Concepto, obxectivos e funcións da acción titorial.
3. Marco lexislativo e organizativo da orientación e da acción titorial en Educación Infantil e Primaria.
II. A INTERVENCIÓN TITORIAL E ORIENTADORA.
4. A acción titorial co alumnado: estratexias e técnicas de intervención.
5. A acción titorial coas familias: estratexias e técnicas de intervención.
6. A acción titorial co profesorado: estratexias e recursos.
7. Áreas, programas e recursos de intervención titorial e orientadora en Educación Infantil e Primaria.
8. Plans e programas orientadores e de acción titorial: Plan de Acción Titorial e Plan de Convivencia.
9. Aspectos éticos e deontolóxicos da función orientadora e titorial.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Alvarez, M. e Bisquerra, R. (2017). Orientación educativa. Modelos, áreas, estrategias y recursos. 2ª Edición. Wolters Kluwer.
Pantoja, A. (2013). La acción tutorial en la escuela. Síntesis.
Sandoval, M., Simón, C. e Echeita, G. (2019). Educación Inclusiva y Atención A La Diversidad Desde La Orientación Educativa. Síntesis.
Torrego, J. C. (coord.) (2014). La tutoría en los centros educativos. Graó.
BIBLOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Angulo, A. (2009). La tutoría en la educación primaria: manual de ayuda. Wolters Kluwer.
Barrera, R., Durán, R., González Japón, J. e Reina, C.L. (2008). Guía para la elaboración del Plan de Orientación y Acción Tutorial en Educación Infantil y Educación Primaria. Consejería de Educación Junta de Andalucía.
Bisquerra, R. (2012). Orientación, tutoría y educación emocional. Síntesis
Cano, R. (coord.) (2013). Orientación y tutoría con el alumnado y las familias. Biblioteca Nueva.
Castellano, E. A. e Pantoja, A. (2017). Eficacia de un programa de intervención basado en el uso de las TIC en la tutoría. Revista de Investigación Educativa, 35 (1), 215-233.
Giner, A. e Puigardeu, O. (2008). La tutoría y el tutor. Estrategias para su práctica. ICE/Horsori.
Gónzalez, A. e Solano, J. M. (2015). La función de la tutoría. Carta de navegación para tutores. Narcea.
Martín, E. e Maurí, T. (2011). Orientación Educativa. Atención a la diversidad y educación inclusiva. Graó.
Méndez, L. et al (2007). La tutoría en educación infantil. CISS PRAXIS.
Monge, C. (2010). Tutoría y orientación educativa. Nuevas competencias. Wolters Kluwer.
Parejo, J. e Pinto, J. M. (2015). La orientación y la tutoría escolar con familias: teoría y práctica. Sehen.
Riart, J. (coord.) (2007). Manual de tutoría y orientación en la diversidad. Pirámide.
PÁXINAS WEB DE INTERESE:
PORTAL DE CONVIVENCIA DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
https://www.educacionyfp.gob.es/mc/sgctie/convivencia-escolar/objetivos…
PORTAL DE DIVERSIDADE E ORIENTACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
http://www.edu.xunta.es/portal/diversidadeorientacion
Servizo de Recursos Psicopedagóxicos da Facultade: srpusc.blogspot.com
Competencias Xerais:
X4- Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
X5- Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
X7- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do ámbito social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
Competencias Básicas:
CB1- Que os/as estudantes demostrasen poseer e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2- Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3- Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4- Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias Específicas:
E1- Orientar ás familias.
E2- Realizar a acción titorial.
Competencias transversais:
T2- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía a seguir será de carácter activo e participativo e propiciará unha aprendizaxe significativa dos contidos. Con este propósito, combinaranse sesións expositivas dirixidas a adquisición dos coñecementos básicos da materia con sesións interactivas con un enfoque aplicado que incluirá a realización en pequeno grupo de prácticas tales como estudo de casos, análise e discusión de información documental, análise e aplicación de recursos e técnicas, etc.
Para o desenvolvemento da materia contémplase o uso do campus virtual da USC no acceso a documentación e información de interese para o alumnado, así como espazo de comunicación.
Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións …) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A avaliación da materia terá un carácter formativo e continuo e abarcará os seguintes aspectos:
- Actividades e traballos realizados grupalmente no marco das sesións interactivas (50%). Inclúe a participación na aula, as actividades prácticas entregadas e a presentación das mesmas. Para superar a materia será preciso ter entregadas, en prazo, un mínimo do 80% das tarefas solicitadas.
- Realización dunha proba individual final (tipo test) sobre o contido da materia na data establecida na convocatoria oficial (50%).
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como ter superadas tanto as actividades e traballos encomendados como a proba final.
Seguirase a instrucción num. 1/2017, da secretaria xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias. O alumnado con exención oficial de docencia ou dispensa deberá poñerse en contacto cos/as docentes a principio de curso, onde se lle explicará o proceso de seguimento da materia. Na avaliación deste alumnado terase en conta o dossier de actividades (50%), similar ás que realizarán o resto de alumnado, e a proba individual sobre o contido da materia (50%). Igualmente que o resto de alumnado, para obter unha valoración positiva da materia será preciso superar ambas partes.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
Aproximadamente a distribución do tempo de estudo e traballo persoal nesta materia é a seguinte:
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (38,5 horas)
Actividades presenciais (gran grupo-sesións expositivas e avaliación): 18 horas
Actividades presenciais (mediano grupo-sesións interactivas de seminario): 18 horas
Actividades presenciais (pequeno grupo-titorías de seguimento): 2,5 horas
ACTIVIDADES DE TRABALLO AUTÓNOMO (74 horas)
Estudo, lectura de documentos, preparación, proba escrita: 25 horas
Actividades en mediano grupo (lectura de documentos, preparación de presentacións, elaboración de instrumentos...): 36 horas
Actividades en pequeno grupo (debates, lecturas...): 13 horas
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso, dende a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumnado vaia acadando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo os obxectivos propostos e as competencias da materia.
Asistencia a clase:
É obrigatoria a asistencia ao 80% das clases presenciais. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias, estará suxeita ás normas dictadas na instrucción num. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. No caso de ter formalizada e/ou concedida a solicitude, deberá informarse ao profesorado ao inicio da materia. Igualmente de calquera outra circunstancia relacionada coa asistencia ás clases.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual.
Responsabilidade medioambiental. Se a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Comunicación co profesorado:
O alumnado debe empregar necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación co profesorado.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Beatriz Garcia Antelo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813832
- Correo electrónico
- beatriz.garcia.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Martes | ||
|---|---|---|
| 09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
| 10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria (A - Mag) + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
| 11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 Infantil (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
| 12:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 Primaria (Mah - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
| 04.06.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
| 10.07.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA ANTELO, BEATRIZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA ANTELO, BEATRIZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA ANTELO, BEATRIZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA ANTELO, BEATRIZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA ANTELO, BEATRIZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA ANTELO, BEATRIZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA ANTELO, BEATRIZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA ANTELO, BEATRIZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA ANTELO, BEATRIZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA ANTELO, BEATRIZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA ANTELO, BEATRIZ | Galego |