Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Coñecer os determinantes da creación de valor mediante a identificación de novas oportunidades de expansión en novos produtos e novos mercados internacionais.
- Coñecer e comprender as vantaxes das alianzas e da cooperación empresarial, no ámbito da internacionalización da PEME
- Coñecer as posibilidades que a PEME ten para operar nos mercados internacionais.
- Coñecer as áreas fundamentais de actuación da política de apoio á PEME no ámbito operativo internacional
1.- Globalización
2.- Natureza da estratexia internacional da PEME
3.- Decisión de entrada en mercados internacionais
4.- Proceso de internacionalización da PEME
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
García, G. (2012). Estrategias de internacionalización de la empresa: Cómo realizar negocios internacionales. Madrid: Difusora Larousse - Ediciones Pirámide.
Guisado Tato, M. (2002). Internacionalización de la empresa: Estrategias de entrada en los mercados extranjeros. Madrid: Ediciones Pirámide.
Ortega Giménez, A., y Espinosa Piedecausa, J. L. (2015). Plan de internacionalización empresarial. Pozuelo de Alarcón (Madrid): ESIC.
Sainz de Vicuña Ancín, J. M. (2015). Plan de internacionalización de la PYME en la práctica. Pozuelo de Alarcón (Madrid): ESIC.
López Duarte, C., Vidal Suárez, M., & González Mieres, C. (2016). Estrategias de internacionalización de la empresa: casos prácticos. Oviedo: Septem.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Cortés, E. C., y Ramón, D. Q. (2000). Estrategias de internacionalización de la empresa. San Vicente: Univ. de Alicante.
Daniels, J.D., Radebaugh, L.H., & Sullivan, D.P. (2013). Negocios internacionales: ambientes y operaciones (14 ed.). Pearson Educación.
Martínez Carazo, P. C. (2009). Pyme: Estrategia para su internacionalización. Bogotá: Universidad del Norte.
Otero Simon, M. A. (2008). Internacionalización: cómo iniciar la expansión de su empresa en el mercado internacional. La Coruña: Netbiblo.
Pardina Carranco, M. P. (2015). Internacionalización de pymes. España: Ministerio de Educación de España.
Poderase recomendar bibliografía específica para os distintos contidos.
BÁSICAS E XENERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Exercitar con eficiencia e eficacia a actividade profesional no ámbito da xestión de negocios e a actividade comercial das Pemes.
CG3 - Comprender procesos e operacións vinculados aos negocios das Pemes e á súa actividade comercial nos seus diversos ámbitos, aplicando ferramentas idóneas de xestión.
CG9 - Abordar a súa actividade profesional desde o respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, cunha visión ética, global e multicultural, inculcando valores democráticos, de igualdade de oportunidades e respecto á pluralidade de ideas, persoas e situacións.
TRANSVERSAIS
CT1 - Análise e síntese.
CT2 - Organización e planificación.
CT6 - Xestión da información.
CT8 - Toma de decisións.
CT9 - Razoamento crítico.
ESPECÍFICAS
C1 - Aplicar os coñecementos de teoría da organización ás diferentes áreas da empresa
C2 - Analizar a contorna e adaptarse a escenarios económicos diversos, nacionais e internacionais
C3 - Tomar decisións tácticas e estratéxicas no ámbito da empresa en contornas incertas.
C5 - Comprender a importancia do papel dos directivos e ser capaz de asumir responsabilidades de dirección.
C7 - Desenvolver a capacidade de análise crítica.
C10 - Desenvolver habilidades para a análise estratéxica en materia de organización e mercadotecnia nunha contorna global.
Esta materia non ten asignada docencia neste curso académico.
O alumnado deberá preparar a materia de xeito autónomo. Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para liquidar dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe.
As titorías levaranse a cabo preferentemente de forma presencial, aínda que en determinados casos tamén se poderán realizar de forma virtual e síncrona (a través da plataforma institucional MS Teams) e asíncrona (a través do campus virtual). En calquera caso, desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
Ambas as dúas oportunidades serán avaliadas a través dun exame final de contidos que suporá o 100% da cualificación, isto é, unha proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e poderá incluír preguntas de resposta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o alumnado debe dar unha solución, baseándose nos contidos teóricos da materia. Nesta proba avaliaranse todas as competencias da materia. Esta proba será presencial nas datas oficiais programadas polo centro.
A materia ten asignados 4,5 créditos ECTS. Cada crédito equivale a 25 horas, co que ten unha carga de traballo autónomo para o alumnado de 112,5 horas, ao ser unha materia sen dereito a docencia.
Consultar a bibliografía recomendada.
Recorrer ao profesorado para aclarar dúbidas, utilizando as titorías e todos os métodos de contacto dispoñibles.
Paula Vazquez Rodriguez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824475
- Correo electrónico
- paula.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| 17.01.2024 12:00-15:00 | Grupo de exame | Seminario 3 |
| 20.06.2024 12:00-15:00 | Grupo de exame | Seminario 3 |