Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
— Preparar ó estudantado para que progrese, cos instrumentos e métodos filolóxicos apropiados, na aplicación da Retórica e a Preceptiva poética ós estudos literarios.
— Proporcionar bases de rigor no uso de conceptos técnicos de Retórica e Preceptiva poética.
1. Retórica
1.1. Introdución
1.2. Xéneros retóricos
1.3. Fases do discurso
1.3.1. Inventio: loci e tópicos tradicionais
1.3.2. Dispositio: partes e orde do discurso
1.3.3. Elocutio: cualidades da elocución. O ornatus retórico: tropos, figuras e compositio
1.3.4. Memoria
1.3.5. Actio
1.4. A aplicación da retórica na análise de textos literarios
2. Preceptiva poética: a tradición do comentario de textos na polémica gongorina. Manuel Ponce e o seu comentario de Góngora.
2.1. Perfil biográfico de Manuel Ponce
2.2. Cronoloxía do comentario
2.3 Organización e características do manuscrito
2.4. Fontes empregadas no comentario
2.5. Aspectos abordados no comentario: a oscuridade no poeta, diferencias entre orador e poeta, o poeta e as voces doutras linguas ou de nova creación.
BÁSICA
-Azaustre, Antonio & Juan Casas: Manual de retórica española, Barcelona: Ariel, 1997.
-Barthes, Roland: La antigua retórica, Barcelona: Ediciones Buenos Aires, 1982
-Hernández Guerrero, Juan Antonio & Mª. del Carmen García Tejera: Historia breve de la retórica, Madrid, Síntesis, 1994.
-Lausberg, Heinrich: Elementos de retórica literaria, Madrid: Gredos, 1975.
COMPLEMENTARIA
-Lausberg, Heinrich: Manual de retórica literaria. Fundamentos de una ciencia de la literatura, Madrid: Gredos, 1966-1969, 3 volúmenes.
-López Bueno, Begoña, ed.: "Introducción" a Almansa y Mendoza, Andrés de: Advertencias de Andrés de Almansa y Mendoza para inteligencia de las Soledades de don Luis de Góngora, A Coruña, SIELAE / PASO / PROJET GÓNGORA-OBVIL Sorbonne Université, 2018.
-Murphy, James: Sinopsis histórica de la retórica clásica, Madrid: Gredos, 1989.
-Osuna Cabezas, María José: Las Soledades caminan hacia la corte: primera fase de la polémica gongorina, Vigo, Editorial Academia del Hispanismo, 2008.
-Roses Lozano, Joaquín: Una poética de la oscuridad. La recepción crítica de las «Soledades» en el siglo XVII, Madrid / Londres, Tamesis Books, 1994.
A materia fornece do coñecemento de disciplinas fundamentais para a correcta comprensión da obra literaria, isto é, a retórica e o comentario filolóxico, cuxo ensino foi un dos fundamentos das humanidades dende a Antigüidade á Idade Contemporánea.
No ámbito docente, as clases combinarán a lección maxistral coa aplicación práctica dos conceptos estudados. No dominio discente, agárdase do estudante a participación activa nas sesións, tanto en demanda de aclaracións e ampliacións coma a raíz de aspectos concretos que se susciten nos seminarios. Os distintos materiais de traballo serán subministrados na aula física ou a través da Aula Virtual.
No seu caso, os estudantes con dispensa de escolaridade seguirán o curso mediante os materiales presentados na Aula Virtual.
Na primeira oportunidade, a avaliación basearase na elaboración dun traballo a modo de exercicio, a escoller entre as dúas seccións do programa (Retórica e Preceptiva poética). O traballo, orixinal e individual, terá unha extensión aproximada de oito folios dactilografiados a espazo “sinxelo” e cun tamaño de tipos de 12 pt. O seu tema será elixido polo estudante coa guía do profesor. Esta cualificación complementarase coa ponderación derivada da asistencia e participación nas sesións.
No seu caso, na segunda oportunidade será necesario entregar un traballo non presentado ou repetir un traballo deficiente.
Segundo a normativa en vigor, os estudantes que excedan o 25% de ausencias ás sesións presenciais só poderán concorrer a esta segunda oportunidade.
Se for de aplicación, os estudantes con dispensa de escolaridade serán cualificados exclusivamente mediante os traballos, tanto en primeira como en segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Recoméndanse dúas horas de lectura e traballo persoal por cada hora de clase presencial.
CRONOGRAMA:
Tema 1:
Sesións 1, 2, 3, 4 e 5.
Tema 2:
Sesións 6, 7, 8, 9 e 10.
Recoméndase a lectura puntual da bibliografía e textos indicados de acordo coa progresión do curso.
Antonio Azaustre Galiana
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811874
- Correo electrónico
- antonio.azaustre [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | C03 |
| Martes | ||
| 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
| 13.05.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | D11 |
| 13.05.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | D11 |
| 17.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | D11 |
| 17.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | D11 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AZAUSTRE GALIANA, ANTONIO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AZAUSTRE GALIANA, ANTONIO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AZAUSTRE GALIANA, ANTONIO | Castelán |