-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 3Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 2
Clase Expositiva: 10
Clase Interactiva: 9
Total: 21Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Dereito ComúnÁreas:
Dereito CivilCentro
Facultade de EnfermaríaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
- Adquisición de destrezas na busca, valoración, selección e análise das fontes xurídicas
- Coñecemento do estatuto xurídico das persoas maiores
- Comprensión das principais cuestións xurídicas relativas ao exercicio profesional xerontolóxico
- Incorporación da perspectiva xurídica na intervención xeriátrica e a avaliación integral das persoas maiores
- Aplicación da regulación xurídica vixente á programación, planificación, implementación, xestión e coordinación de servizos xerontolóxicosTEMA 1. XERONTOLOXÍA Y ORDENAMENTO XURÍDICO. Xerontoloxía e dereito. Xerontoloxía e dereitos da persoa.
TEMA 2. PERSOA MAIOR E DEREITO DA PERSOA. Personalidade e capacidade. Capacidade de obrar. Persoa con discapacidade e persoa dependente. Autonomía da vontade e prestación de servizos sanitarios. Declaración de ausencia e declaración de falecemento.
TEMA 3. PERSOA MAIOR E DEREITO DE FAMILIA. Derecho de familia. Parentesco. Matrimonio. Uniones no matrimoniales. La obligación de alimentos entre parientes.
TEMA 4. PERSOA MAIOR E DEREITO DE DE OBRIGAS E CONTRATOS. Dereitos personais ou de crédito e dereito patrimonial. Protección das persoas consumidoras e usuarias. Tipos contractuais.
TEMA 5. PERSOA MAIOR E DEREITOS REAIS. Dereitos reais e derecito patrimonial. Dereito de propiedade. Dereitos reais limitados ou sobre cousa allea.
TEMA 6. PERSOA MAIOR E DEREITO DE SUCESIÓNS POR CAUSA DE MORTE. Sucesión mortis causa. Sucesores do causante. Lexítima. Sucesión testada. Sucesión contractual. Sucesión intestada. Partición.
TEMA 7. GERONTOLOGÍA E RESPONSABILIDADE PROFESIONAL. Tipos de responsabilidade. Responsabilidade civil. Seguro de responsabilidade civil dos profesionais sanitarios.Andreu Martínez, B., Leciñena Ibarra, A., Martínez Moya, J, Cobacho Gómez, J.A.,Legaz Cervantes, F. (dirs.), Protección civil y penal de los menores y de las personas mayores vulnerables en España, Aranzadi, 2018.
Blázquez Martín, D., (coord.), Los derechos de las personas mayores : perspectivas sociales, jurídicas, políticas y filosóficas, Dykinson, 2007.
Castán Vázquez, J. M., La tercera edad y el Derecho, Anales de la Real Academia de jurisprudencia y legislación, Nº. 31, 2001, págs. 337-360
Corripio Gil Delgado, M. R., La protección patrimonial de la persona mayor, ADC, Vol. 73, Nº 1, 2020, págs. 101-141
Cuadrado Pérez, C., Modernas perspectivas en torno a la discapacidad, Revista Crítica de Derecho Inmobiliario, Año nº 96, Nº 777, 2020, págs. 13-90
Francisco Fábrega Ruiz, C., Las personas mayores en el ámbito del derecho civil: el internamiento no voluntario en residencias de la tercera edad, Estudios jurídicos, Nº. 2007, 2007
García Cantero, G., La senectud entre el Derecho civil y el Derecho social (1), Actualidad civil, Nº 14, 2010
García Valverde, M.D., Maldonado Molina, J.A., La protección de la tercera edad: su tratamiento en la Constitución Europea, Revista del Ministerio de Trabajo e Inmigración, Nº 57, 2005 (Ejemplar dedicado a: Derecho social Internacional y Comunitario), págs. 455-470
González Porras, J.M., Gallego Domínguez, I., (coords.), Actas de las Primeras Jornadas de problemas legales sobre tutela, asistencia y protección a las personas mayores : Córdoba, 17-18 de noviembre de 2000, Cajasur. Obra Social y Cultural, 2001
Lasarte Álvarez, C., Moretón Sanz, M.F., López Peláez, P., (coords.), La protección de las personas mayores, Tecnos, 2007
Monereo Pérez, J.L., Ciudadanía y derechos de las personas mayores, Granada, Comares, 2013Esther Seijas Villadangos, Los derechos de las personas mayores, Boletín Oficial del Estado, BOE, 2004.
Navarro Mendizábal, I.A., (coord.), Derecho y mayores, Universidad Pontificia Comillas, Colecciones: Documentos de Trabajo, 63, 2006
Servizo Galego de Saúde, Os coidados ao final da vida, Xunta de Galicia, , 2012
Uribe Otalora, A., (dir.),Envejecimiento activo en España: derechos y participación en la sociedad de los mayores, 2014Competencias básicas ou xerais
- CG2. Que os estudiantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa xerontoloxía e a xeriatría.
Competencias específicas
- CE1. Formar e acreditar profesionais do campo da Xerontología.
- CE2. Coñecer os principais problemas sociais e sociosanitarios que afectan á poboación de persoas maiores e estar en disposición de detectalos e actuar en consecuencia.
- CE4. Coñecer o método de avaliación xeriátrica integral a fin de poder establecer as bases para realizar o plan individualizado de atención da persoa maior.
- CE6. Estar en condicións de incorporarse aos equipos interdisciplinares de avaliación e intervención xeriátrica, tanto no ámbito sociosanitario como sanitario.
- CE7. Coñecer os principais recursos de atención ás persoas maiores, así como a idoneidade da súa ubicación de acordo ás súas características sociosanitarias.
Competencias transversais
- CT1. Adquirir as competencias necesarias para aplicar o método científico na redacción de proxectosA docencia inclúe clases expositivas, clases interactivas e titorías, segundo o calendario.
Nas clases expositivas, o uso da clase maxistral complementarase con outras metodoloxías máis dinámicas, fomentando a participación activa do alumnado, como debate, comentario bibliográfico e xurisprudencial, ou resolución de casos.
As clases interactivas serán eminentemente prácticas e participativas mediante a resolución de problemas, preparación e presentación de traballos, asistencia e participación en congresos, cursos e seminarios ou visitas institucionais. Na medida do posible, fomentarase a aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo, así como o uso das TICs, especialmente a través do campus virtual. Nas clases nas que se facilite previamente ao alumnado materiais de estudo e traballo, seguirase a metodoloxía de aula invertida.
En especial, de acordo coas circunstancias, empregarase a metodoloxía Aprendizaxe servizo (ApS) para sensibilizar ao alumnado coa realidade e necesidades das persoas maiores e o seu coidado.
As titorías co alumnado –individual ou en pequenos grupos- poderán ser presenciais ou virtuais, neste último caso, a través do correo electrónico, das ferramentas do Campus Virtual, ou da aplicación Teams.A avaliación terá en conta a asistencia e participación nas aulas, o traballo autónomo dos alumnos (elaboración de proxectos, participación en conferencias, cursos, seminarios, preparación de memorias, resolución de casos, etc.), e a participación e preparación e presentación de actividades (visitas, traballos, etc.).
Só se terán en conta as actividades realizadas durante o período lectivo do cuadrimestre correspondente.
Como alternativa á avaliación continua ou de non acadar o aprobado segundo este sistema, cabe a realización dun exame final.
Réxime para o alumnado con exención de docencia: a cualificación corresponderá á obtida no exame final (nota 100%).
Nos supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión das cualificacións.
NOTA IMPORTANTE:
Segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”
Igualmente e aos efectos da Normativa de permanencia nas titulacións de Grao e Máster, todas as actividades realizadas ao longo do curso serán valoradas. Para que o alumno figure como non presentado será necesario que non asista alomenos a un 80% das clases non realice o exame nin ningunha actividade.Trátase dunha disciplina de 3 créditos cun volume total de traballo do alumno de 75 horas (3 créditos x 25 horas). Correspóndenlle 21 horas presenciais (clases expositivas e interactivas, titorías; no seu caso, exame vid. sistema de avaliación)e 54 horas de traballo autónomo (estudo e preparación da materia, realización de traballos individuais e en grupo, resolución de supostos prácticos, elaboración de comentarios e dictámes, lecturas recomendadas, visitas, seminarios, debates e conferencias).
1. Asistencia regular ás aulas.
2. Participación activa dos alumnos na clase.
3. Dispoñer dos materiais necesarios (manuais, lexislación e xurisprudencia).
4. Estudo regular da materia.
5. Uso das titorías.
6. Consulta da aula virtual da materia nol Campus Virtual USC para o acceso aos materiais de estudo e complementarios e para o uso das ferramentas de comunicación.Utilizarase a USC Virtual para proporcionar o programa detallado da materia, o calendario de actividades, e materiais de estudo, así como e para xestionar as actividades propostas, en especial, a entrega de traballos, e facilitar ferramentas de comunicación.
-
Maria Belen Trigo Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814744
- Correo electrónico
- belen.trigo@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
-
1º semestre - Do 16 ao 22 de setembro Mércores 09:30-11:30 Grupo /CLE_01 Galego Aula 2 (Edif. Xoán XXIII) Exames 22.01.2025 17:00-19:00 Grupo /CLE_01 Aula 2 (Edif. Xoán XXIII) 12.06.2025 16:00-18:00 Grupo /CLE_01 Aula 2 (Edif. Xoán XXIII)