Créditos ECTS Créditos ECTS: 2.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 42.5 Horas de Titorías: 2.5 Clase Expositiva: 7.5 Clase Interactiva: 10 Total: 62.5
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer en profundidade a organización e funcionamento dos servizos de orientación e asesoramento psicopedagóxico existentes en España e, máis especificamente, na comunidade galega.
- Analizar as relacións existentes entre os distintos servizos de orientación.
- Examinar os contextos nos que o profesional da orientación desenvolverá a súa función.
- Comprender a necesidade de que exista coordinación entre as actuacións desenvolvidas polos servizos educativos, sociais, de saúde, etc. de unha mesma zona.
BLOQUE I. Conceptualización da Orientación Educativa.
1.1. Principios polo que se rexe.
1.2. Modelos de organización e intervención en España e Galicia
1.3. Organización en termos de nivel
1.4. Relacións dos centros educativos con outros servizos públicos e entidades comunitarias.
BLOQUE II. Ámbitos de actuación da Orientación: Atención á diversidade.
2.1. N.E.E. e atención á diversidade.
2.2. Respostas educativas á diversidade.
2.3. Plans e programas de actuación dende o Departamento de Orientación: Plan de orientación, Plan de acción titorial, Plan de atención á diversidade e Plan de convivencia.
Bibliografía básica
Grañeras, M. e Parras A. (Coord.) (2009). Orientación educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas (2ª edic.). CIDE. http://www.apega.org/attachments/article/379/orientacion_educativa.pdf
Santos Yañez, J. (Coord.) (2008). Funciones del Departamento de Orientación. Ministerio de Educación, Subdirección General de Información y Publicaciones.
Teré, F. (2019). Manual práctico de orientación profesional centrada en el empleo y la persona. Eunate.
Wilcock, A. (2014) De la primaria a la secundaria. Cómo apoyar a los estudiantes en la transición. Narcea.
Bibliografía Complementaria:
Álvarez, M. (2005). Los modelos de orientación en España. REOP, 16(1), 147-162. http://www.redalyc.org/pdf/3382/338230772009.pdf
SPRAXIS.Decreto 120/1998, de 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 79, de 27 de abril de 1998, 4321-4326. https://www.cig-ensino.gal/descargas/00442.pdf
Decreto 229/2011, de 7 de decembro, polo que se regula á atención á diversidade do alumnado nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación. Diario Oficial de Galicia, 242, de 21 de decembro de 2011, 37487- 37515. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20111221/AnuncioC3F1-151211-9…
Diz, M. J. (2016). Funcións do Departamento de Información e Orientación Profesional nos Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia. En M. Valcarce e A.F. Rial (edits.) (2016). Vulnerabilidade, formación para o traballo, orientación e comunidade na eurorrexión Galicia-norte de Portugal (pp.61-79). SPIC USC, 37-61.
Jato, E. (2016). Novos modelos de intervención en orientación: a inclusión da singularidade persoal, social e profesional. En M. Valcarce e A.F. Rial (edits.) (2016). Vulnerabilidade, formación para o traballo, orientación e comunidade na eurorrexión Galicia-norte de Portugal (pp. 23-35). SPIC USC.
Mariño, C. (2012). Analisis de los servicios de Orientación Educativa en España. Innovación Educativa, 22, 217-228. http://www.usc.es/revistas/index.php/ie/article/view/753/734
Menéndez, E. (2004). Evolución de los Servicios de Orientación en la Comunidad Autónoma de Galicia Situación actual. REOP, 15(2), 401-411. http://www2.uned.es/reop/pdfs/2004/15-2-2%20-%20Elena%20Menendez%20Mart…
Negro, A. (2006). La orientación en los centros educativos. Organización y funcionamiento desde la práctica. Graó.
Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998. Diario Oficial de Galicia, 147, de 31 de xullo de 1998, 8861-8870. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1998/19980731/Anuncio960E_es.html
Riartvendrell, J. (2007). Manual de tutoría y orientación en la diversidad. Pirámide.
Sánchez, M. F. (2017) (coord.). Orientación profesional y personal. 2ª edic. UNED
Sandoval, M.; Simón, C. y Echeita, G. (2019). Educación inclusiva y atención a la diversidad desde la orientación educativa. Síntesis.
Santanavega, L. (2007). Orientación educativa e intervención psicopedagógica. Cambian los tiempos, cambian las responsabilidades profesionales (2 ª ed.). Pirámide.
Sobrado, L. M.; Fernández, E. e Rodicio, M. L. (Coord.) (2012) Orientación educativa: nuevas perspectivas. Biblioteca Nueva
Torrego, J. C. (coord.) (2014) La tutoría en los centros educativos. Graó
Xunta de Galicia (2000). A orientación educativa e profesional en Galicia. Xunta de Galicia.
Enderezos de Internet
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Orientación
https://www.edu.xunta.gal/portal/es/diversidadeorientacion/1578
Eurydice España. Rede Española de Información sobre educación
https://www.educacionyfp.gob.es/mc/redie-eurydice/sistemas-educativos/a…
Confederación de Organizaciones de Psicopedagogía y Orientación de España.
https://www.copoe.org/
Recursos para a Orientación na Rede
https://sid-inico.usal.es/recursos_internet/orientared/
https://aula21.net/orientacion/portales.htm
OrientaGuía
https://orientaguia.wordpress.com/presentacion/
1. Básicas e xerais:
CG21 - Analizar a organización e funcionamento do centro para coordinar a orientación, persoal, académica e profesional do alumnado en colaboración cos membros da comunidade escolar
CG23 - Identificar os servizos públicos e entidades comunitarias coas que poda colaborar o centro e promover e planificar, en colaboración co equipo directivo, as accións necesarias para unha mellor atención do alumnado.
2. Específicas
CEG23 - Articular estratexias de coordinación e traballo en rede cos servizos profesionais existentes na comunidade.
CEE24 - Coñecer e analizar as características, organización e funcionamento dos servizos de orientación educativa e asesoramento psicopedagóxico que operan nos diferentes niveis do sistema educativo (Infantil, Primaria, ESO, FP e Bacharelato);
3. Transversais:
CT1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
Clases expositivas: basearase na exposición crítica polo profesorado e alumnado dos contidos básicos da materia, consultados e procesados diversos documentos recuperados de fontes primarias, secundarias e terciarias, co apoio de recursos audiovisuais que favorezan a adquisición dos coñecementos e o logro das competencias descritas.
Clases interactivas: empregaranse diferentes estratexias metodolóxicas tomadas dos métodos activos, proporcionando ao alumnado problemas, casos e contextos nos que aplicar os coñecementos, habilidades e procedementos relacionados coa práctica profesional nos Servizos de Orientación. Levaranse a cabo actividades, tanto individuais como grupais, que o posibiliten guiadas e tuteladas perante as clases presenciais, e facendo uso de titorías individuais e grupais planificadas.
Para o desenvolvemento da materia farase uso da aula virtual da USC na que o alumnado terá a súa disposición toda a documentación necesaria (programa, cronograma, materiais, espazos de debate, espazos de colaboración, etc.). Para contacto co profesorado por correo electrónico: imprescindible empregar o enderezo electrónico de dominio rai.usc
A avaliación será continua e formativa, e terá un carácter integral abarcando todas as actividades individuais e colectivas. Neste sentido propóñense:
Realización de pequenos traballos de prácticas, en pequeno grupo, orientados ao desenvolvemento dos contidos teóricos e prácticos. Seu peso porcentual será do 50%. Para poder ser avaliados o/a alumno/a debe ter realizadas como mínimo o 80%, o que implica a asistencia a clase durante a realización. Do contrario non terá superada esa actividade.
Realización dunha proba final individual, sobre os contidos da materia. Seu peso porcentual será do 50%
De acordo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, aquel alumnado con dispensa presencial de docencia en todas as sesións, contará coa mesma ou outra alternativa de traballo que lle permita ter as mesmas probabilidades e criterios de avaliación, aínda que con diferentes instrumentos e metodoloxía de traballo. Terase en conta a temporalidade da ausencia.
Todos/as os/as estudantes, que se atopen nalgunha das situacións anteriores, deberán solicitar unha titoría ou videotitoría nos primeiros dez días de inicio da materia, para concretar o que afecte a súa avaliación personalizada.
Polo que respecta á avaliación da segunda oportunidade, especificarase o procedemento no inicio da materia de xeito escrito.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Clases expositivas: 8 horas
Clases interactivas: 8 horas
Titorías: 4 horas
Traballo persoal: 42,5 horas
Estar sempre en contacto coa realidade a partir do traballo realizado na aula.
Busca de todo tipo de información sobre o traballado.
Consultar as dúbidas e solicitar orientacións no días e horarios das titorías.
RECOMENDACIÓNS PREVIAS
Recomendase un certo dominio (a nivel de usuario/a) de coñecementos de informática, fundamentalmente orientados ao procesamento de textos, navegación por Internet, etc.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis….
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Asemade, seguirase as indicacións vixentes, cando proceda, sobre a dispensa de asistencia e de exención de docencia en determinadas circunstancias.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar:
DISPENSA DE ASISTENCIA (TODAS AS SESIÓNS)
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7 ª ed. Washington: APA, 2020, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección:
https://universoabierto.org/2020/03/12/normas-apa-7-a-edicion-guia-de-c…
Para a entrega dos traballos farase uso da aula virtual.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da perspectiva de xénero tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como:
- A promoción dun clima de interaccións igualitario,
- A mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres, en xeral, e das propias alumnas, na materia e,
- A introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións, cando se presenten en papel:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PROTECCIÓN DE DATOS
Aplicarase a normativa vixente na USC:
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
USO DO TELÉFONO MÓBIL:
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI.
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Margarita Valcarce Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813828
- Correo electrónico
- margot.valcarce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
| Martes | ||
|---|---|---|
| 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
| Venres | ||
| 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
| 21.12.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
| 18.06.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |