Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 3 Clase Interactiva: 18 Total: 24
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O alumnado estará capacitado para concibir, planificar e executar modelos de produción e produtos de contido multimedia creados desde o principio ou adaptando contidos creados inicialmente para outros soportes. Ademais, o alumnado poderá coñecer os sistemas de conexións entre diferentes produtos para lograr crear unha narrativa complexa dun produto multimedia a partir da experimentación en laboratorio. Os resultados desta aprendizaxe serán, fundamentalmente, produtos de comunicación para a sociedade en rede, preferentemente de carácter multimedia.
•O creador de produtos multimedia dispón na actualidade dun gran número de formatos cos que poder relatar un contido; superadas determinadas barreiras na velocidade de acceso ou no dispositivo do visionado, a elección do formato multimedia depende da estratexia, a decisión, a capacidade de investimento e das habilidades dos editores dese contido. Esta materia pretende que o alumno aplique as técnicas de produción e edición multimedia e as particularidades narrativas dos diferentes formatos xurdidos de forma específica para o contexto dixital e a rede. Os contidos que levarán á práctica no laboratorio estarán relacionados con:
•Aplicación de narrativa hipertextual, interactiva e multimedia.
•Xestión de datos e visualización da información.
•Aplicación de técnicas que vinculen os produtos co territorio e coa interacción propia da sociedade en rede, nun escenario de conectividade e mobilidade.
•Aplicación de técnicas de modelización e de contornos virtuais.
TEMA 1
A innovación na comunicación multimedia a partir da virtualización da realidade
TEMA 2
A captura de realidade para narrativas xornalísticas multimedia: fotogrametría
TEMA 3
Sistemas de Información Xeográfica e modelado de contornos xeográficos para narrativas multimedia
TEMA 4
Interactividade en modelos virtuais de representación da realidade
CONTIDOS PRÁCTICOS
Nesta materia o alumno aprenderá a empregar ferramentas de captura de realidade, a través de técnicas fotogramétricas, e a integrar os modelos desenvolvidos en contornos virtuais. Para desenvolver eses contornos o alumno aprenderá a empregar sistemas de información xeográfica e ferramentas de produción en 3D.
BÁSICA
Cantalapiedra, C. (2015). Una serie que viaja a través del tiempo y de los medios: La exitosa estrategia" Transmedia" de" El Ministerio del Tiempo". Anuncios: Semanario de publicidad y marketing, (1507), 40-41.
Jansson, A., & Lindell, J. (2015). News media consumption in the transmedia age: Amalgamations, orientations and geo-social structuration. Journalism Studies, 16(1), 79-96.
Jenkins, H. (2008) Convergence Culture: La cultura de la convergencia de los medios de comunicación. Paidós Comunicación.
Newman, N. et al. (2019). Digital news report 2019. Oxford:Reuters Institute for the Study of Journalism. Recuperado de https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/risj-review/digital-news-rep…
Scolari, C. A. (2013) Narrativas Transmedia: Cuando todos los medios cuentan. Barcelona: Deusto.
Shin, D., & Biocca, F. (2018). Exploring immersive experience in journalism. New Media & Society,20 (18), 2800-2823. https://doi.org/10.1177/1461444817733133
COMPLEMENTARIA
Gallego Aguilar, A. F. (2011) Diseño de Narrativas Transmediáticas. Universidad de Caldas. Colombia. Hayes, G. P. (2011) How to write a transmedia production bible. Screen Australia.
López, X. & Pereira, X. (2010). Convergencia digital : reconfiguración de los medios de comunicación en España. Santiago de Compostela: USC
Manovich, L. (2001) The language of new media. Cambridge: MIT Press.
Renó, L. (2015). Periodismo transmedia–miradas múltiples. Chasqui. Revista Latinoamericana de Comunicación, (128), 305-307.
Ryan, M. L. (2015). Transmedia Storytelling: Industry Buzzword or New Narrative Experience?. StoryWorlds: A Journal of Narrative Studies, 7(2), 1-19.
Salaverría, R. (2005). Redacción periodística en Internet. Navarra: Eunsa.
RECURSOS EN LIÑA
The awards of design, creativity and innovation on the internet
https://www.awwwards.com/
#ISOJ Research Journal
https://isoj.org/research/
National Film Board of Canada
https://www.nfb.ca/interactive/
BÁSICAS E XERAIS
CG03 - Analizar ou executar os procesos de produción, de xestión e de difusión do coñecemento a través de contidos informativos.
TRANSVERSAIS
CT02 - Idear e crear produtos multimedia
CT03 - Usar as tecnologías da comunicación multimedia e hipermedia.
ESPECÍFICAS
CEO-08 - Planificar, implementar e avaliar produtos para a sociedade rede, preferentemente de carácter multimedia.
A metodoloxía consta de clases expositivas, interactivas, titorías en grupo e actividades de avaliación. As clases teóricas e as prácticas están profundamente imbricadas. O desenvolvemento de tarefas por parte do alumnado ten sempre que ver co desenvolvemento de produtos ou coa revisión de conceptos e produtos sobre os que se realizaron reflexións previas nas clases teóricas.
A avaliación será continua.
As actividades prácticas (traballos individuais e/ou en grupo) serán a pedra alicerce da avaliación. Suporán o 80% da nota fronte ao 20% restante que se conseguirá mediante a participación activa e proactiva nas clases teóricas. Poderase realizar algún test de control sobre os coñecementos dos alumnos en relación a produtos multimedia/transmedia do mercado real.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de ‘Non Presentado’.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás clases interactivas porque requírense exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da Facultade onde se imparten os laboratorios.
Os estudantes deberán asistir ás clases xa que nelas trataranse, a nivel teórico, os contidos da materia. Nelas deberán interactuar e facer achegas. O profesor terá en conta a necesidade de empregar tempo para a realización de traballos prácticos que se realizarán na clase e fóra dela.
O tempo de traballo presencial do alumno é de 21 horas. O tempo de estudo e traballo persoal estimado por cada alumno é de 49 horas.
Clases expositivas: 3 horas
Clases interactivas: 18 horas
Titorias en grupo: 3 horas
Actividades de avaliación: 2 horas
Traballo persoal do alumno: 49 horas
Recoméndase a análise crítica dos produtos dixitais que se consumen a diario no contexto de internet.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Manuel Gago Mariño
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- manuel.gago.marino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Angel Antonio Vizoso Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816544
- Correo electrónico
- angel.vizoso [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| Venres | ||
| 16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| 04.06.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 0 |
| 09.07.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 0 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO | Galego |