Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O alumnado profundará no estudo e na análise dos novos escenarios informativos xurdidos como consecuencia da evolución dos medios e das necesidades e esixencias dunha audiencia cada vez máis fragmentada, máis especializada e máis crítica. Tamén se capacitará no estudo e na análise da modernización da produción e do tratamento da información, que evolucionaron grazas á incorporación integral da tecnoloxía en todas as fases do proceso informativo; e no estudo e na análise das novas formas de consumo da información, derivadas da versatilidade dos novos aparellos receptores, que permiten o acceso á información desde calquera punto e en calquera momento. Cos novos receptores desaparecen as limitacións espazo-temporais de recepción asociadas aos medios tradicionais, unhas particularidades que, ademais, servían para definir as características de cada soporte e que eran as que lle atribuían unha identidade específica. Como resultado da aprendizaxe, o alumnado deberá demostrar que coñece as características dos novos escenarios informativos para dar unha resposta acertada ás demandas de cada sector da audiencia, e as posibilidades de uso dos novos receptores e os cambios que se produciron no novo escenario informativo.
Contexto mediático actual (global e local) no que se enmarca a produción/tratamento informativo e consumo de información. Condicionantes estruturais e tecnolóxicos que afectan o deseño da información. Novas plataformas converxentes. Efectos da converxencia mediática nos procesos informativos.
Temario teórico:
Tema 1. Os novos escenarios informativos nun contexto marcado pola converxencia dixital, a redefinición das funcións clásicas dos medios e a evolución da audiencia.
Tema 2. A evolución dos medios e a súa adaptación ás necesidades e ás esixencias da audiencia.
Tema 3. A incorporación integral da tecnoloxía en todas as fases do proceso informativo, factor determinante da modernización da produción e do tratamento da información.
Tema 4. Os cambios no proceso informativo e a súa repercusión nos contidos.
Tema 5. Os novos soportes, as novas linguaxes e os novos contidos.
Tema 6. As formas de acceso á información e as posibilidades de consumo que ofrecen os receptores actuais.
Contidos de seminarios e prácticos:
Análise de produtos que respondan ás características dos contidos incluídos no temario para coñecer as particularidades da oferta que existe nas plataformas que integran os novos escenarios informativos.
Bibliografía básica
Fernández Barrero, A. (2008). El periodismo que vuela: Drones, 3D, Smartphones y robots, tecnologías emergentes para la profesión periodística. Sevilla: Fénix Editora.
Fernández, J. (2006). "España: la ampliación del audiovisual. Nuevas televisiones, Internet y móviles". Telos: cuadernos de comunicación, tecnología y sociedad, nº 68.
Hamm, A. (2022). New Objects, New Boundaries: How the "Journalism of Things" Reconfigures Collaborative Arrangements, Audience Relations and Knowledge-Based Empowerment. Digital Journalism p. 1-20. https://doi.org/10.1080/21670811.2022.2096088.
Lievrouw, Leah, & Loader, Brian (Eds.). (2019). "Handbook of Digital Media and Communication in Society". Routledge.
Marqués Pascual, J; Sintes Olivella, M. (2020). Blockchain y Periodismo: cómo la cadena de bloques cambiará a los media. Barcelona: Editorial UOC.
Jenkins, Henry. (2006). "Convergence culture: Where old and new media collide". New York: New York University Press.
Prado, E. y Delgado, M. (2010): “La televisión generalista en la era digital. Tendencias internacionales de programación”. Telos: cuadernos de comunicación, tecnología y sociedad, nº 84.
Punie, Y.; Burgelman, J.C.; Bogdanowicz, M. (2002): “El futuro de las industrias de medios informativos. Factores de cambio y escenarios posibles para 2005 y después”. Telos: cuadernos de comunicación, tecnología y sociedad, nº 53.
Andúgar, I. S. y Martínez, J. S. (2009). "Los contenidos informativos de actualidad en el nuevo escenario de la televisión multicanal: oferta y hábitos de consumo". En Actas I Congreso Internacional Latina de Comunicación Social: La Laguna, Tenerife, miércoles, 9 a viernes, 11 de diciembre de 2009 (pp. 5-16). Sociedad Latina de Comunicación Social.
Soengas, X. (2013). “Retos de la radio en los escenarios de la convergencia digital”. AdComunica, nº 5, pp. 23-36.
Soengas, X. (2013). “El nuevo escenario informativo en España después de la implantación de la Televisión Digital Terrestre”. Ámbitos. Revista Internacional de Comunicación, nº 22, pp. 1-15.
Túñez López, M.; Martínez Solana, Y.; Abejón Mendoza, P. (2010). “Nuevos entornos, nuevas demandas, nuevos periodistas”. Estudio sobre el mensaje periodístico, nº 16, pp. 79-94.
Usher, Nikki (2016). "Interactive journalism: Hackers, data, and code". University of Illinois Press.
Vivar, H. (2011). El valor añadido de la digitalización. Madrid: Instituto RTVE.
Bibliografía complementaria
Aguilar-Gutiérrez, M., & López-de-Solís, I. (2010). "Nuevos modos de trabajo de una redacción digital integrada: el caso de los servicios informativos de TVE". Profesional De La información, 19(4), 395–403. https://doi.org/10.3145/epi.2010.jul.09
Alcolea, G. (2003) La televisión digital en España. Sevilla: Editorial Comunicación Social.
Álvarez Monzoncillo, J.M. (coord.) (2011). La televisión etiquetada: nuevas audiencias, nuevos negocios. Madrid: Ariel-Fundación Telefónica.
Bustamante, E. (2008). La televisión digital terrestre en España. Por un sistema televisivo de futuro acorde con una democracia de calidad. Madrid: Fundación Alternativas.
Bustamante, E. (2006). Radio y televisión en España: historia de una asignatura pendiente de la democracia. Barcelona: Editorial Gedisa.
Cebrián Herreros, M. (2010). Información Audiovisual y Multimedia en Internet y en la Telefonía Móvil. Lima (Perú): Universidad San Martín de Porres Fondo Editorial.
Delgado, M. y Larrègola, G. (2003). “Análisis de planteamientos, propósitos y despropósitos. Contenidos y servicios de la TDT en Europa”. Telos: cuadernos de comunicación, tecnología y sociedad, nº 57, pp. 62-70.
Fernández, D. (2007). “El Apagón analógico… ¿y después qué? Estrategias de la TDT en España”. OberCom. Observatorio (OBS*). Journal 2, pp. 065-079.
Francés, M. (coord.) (2009). Hacia un nuevo modelo televisivo. Contenidos para la Televisión Digital. Barcelona: Gedisa.
Francés i Doménech, M. (2011). Contenidos y formatos de calidad en la nueva televisión. Madrid: Instituto RTVE.
García Castillejo, A. (2008). “La TDT en España. La televisión como acceso a la Sociedad de la Información y del Conocimiento”. Telos: cuadernos de comunicación, tecnología y sociedad, nº 74.
García Muñoz, J. (2005). “Posibilidades y retos de la televisión digital”. Razón y Palabra, nº 45.
Garitaonandía, C.; Fernández Peña, E.; Oleada, J.A. (2000). “La gestión de la abundancia: tiempo de consumo y uso del mando a distancia en la televisión multicanal”. Zer: Revista de estudios de comunicación, nº 9, pp. 95-115.
González, A. (2005). “Dificultades en la implantación de la televisión digital terrestre en España. El Modelo Europeo”. Razón y palabra, nº 45.
Lejarza, M. (2005). La edad de la televisión: de la televisión generalista a la televisión fragmentada. Tesis doctoral. Madrid: Universidad Complutense de Madrid.
Manfredi, J.L. (2008). La televisión pública en Europa. Madrid: Fundación Autor.
Prado, E. (2002). “Televisión en la era digital: homogeneización versus diversidad”. Telos: cuadernos de comunicación, tecnología y sociedad, nº 51, pp.45-49.
Quian, A. (2022). Civilización Hacker. Madrid: Anaya Multimedia.
BÁSICAS E XERAIS
CG01 - Coñecer dinámicas, produtos e soportes para a produción, xestión e difusión do coñecemento.
TRANSVERSAIS
CT01 - Elaborar e xestionar contidos informativos.
ESPECÍFICAS
CEO11 - Deseñar formatos e elaborar produtos informativos adaptados á converxencia mediática.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas, xa que incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, clases de seminario prácticas, traballos individuais e grupais titorizados, e estudos de caso, fomentando en todo momento a implicación do alumno no seu proceso formativo.
Establécense catro mecanismos de avaliación:
1. Traballo final individual ou en grupo: 50% da cualificación final
2. Realización de traballos individuais: 15% da cualificación final
3. Participación activa nas clases interactivas: 15% da cualificación final
4. Exame final: 20% da cualificación final
É obrigatorio participar nos catro mecanismos de avaliación para poder superar a materia. Haberá un seguimento constante dos coñecementos, procedementos e actitudes que vaia adquirindo cada estudante durante o curso. No caso do alumnado non apto na primeira oportunidade, na segunda establecerase unha proba final.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
- A parte expositiva da materia avaliarase mediante un exame (50% da cualificación final).
- A parte interactiva avaliarase mediante presentación dun traballo escrito elaborado segundo as pautas facilitadas polo profesor. A presentación realizarase a continuación do exame na data oficial establecida.
O alumno terá que dedicar 75 horas ao conxunto da materia, tanto ás actividades presenciais (21 h.) como ao traballo individual (54h.)
Clases expositivas: 9 horas.
Clases interactivas: 12 horas.
Titorías en grupo: 3 horas.
Actividades de avaliación: 2 horas.
Traballo persoal do alumno (estudo autónomo, escritura de exercicios, programación/experimentación ou outros
traballos en ordenador/laboratorio): 49 horas.
Seguimento dos diferentes soportes e plataformas que ofrecen contidos informativos novidosos, lectura das referencias bibliográficas que constan no programa da asignatura e do material de apoio que se facilitará na clase para completar as explicacións teóricas.
Alberto Quian Pampin
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alberto.quian [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| Venres | ||
| 16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| 22.05.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 0 |
| 27.06.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 0 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |