Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 9 Total: 24
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O alumnado deberá capacitarse para afondar, investigar e contextualizar conceptos relacionados coa análise e a aplicación práctica das economías da información e a comunicación; as economías da atención, afiliación, colaboración, relación, reputación, experiencia, confianza, gamificación, intercambio e monetización de produtos e servizos de comunicación; os modelos de negocio e redes de valor da información e a comunicación, e os elementos centrais do seu paradigma: mercados, segmentos, usuarios e clientes obxectivos, proposta de valor dos produtos e servizos, canles e plataformas de distribución, venda e comunicación, sistemas de relación cos usuarios e clientes, fontes de ingresos e prezos, recursos clave dos produtos e servizos, asociacións clave dos produtos e servizos así como as estruturas e tipos de custos. Tamén coa tipoloxía dos modelos de negocio: transacción e intercambio directo, subscrición, piramidal, márketing multinivel, de rede, poxa, fidelización, altruísta, etc.; as redes de valor do ámbito da comunicación; e a análise e a sustentabilidade dos modelos de financiamento (canon, subvención, fiscalidade, publicidade, esponsorización, patrocinio, merchandising, product placement, crowfunding e mecenado) dos medios de comunicación públicos e privados. Globalmente perséguese que o alumnado adquira as competencias indispensables para entender a economía da comunicación na sociedade rede.
-Coñecer e comprender as claves do funcionamento da economía na sociedade rede.
-Coñecer e comprender as claves da economía da atención.
-Coñecer e comprender as tipoloxías dos modelos de negocio.
-Analizar e debater sobre as redes de valor da información e a comunicación.
- Elementos de teoría e conceptos para a análise e a aplicación práctica das economías da información e da comunicación.
- Estudo e aplicación dos modelos de negocio e redes de valor da comunicación
- Estudo e aplicación dos modelos de financiamento da comunicación
- Tipoloxía empresarial e plans de modelo de negocio de empresa
- Diferenciación dos modelos de negocio das empresas en Internet
- Modelos de negocio para empresas emerxentes no campo da comunicación
Contidos teóricos
Tema 1. Introdución á economía dos medios de comunicación
Tema 2. Aproximación á empresa de comunicación
Tema 3. A organización da empresa de comunicación
Tema 4. A dirección estratéxica
Tema 5. Modelos de negocio
Tema 6. Tendencias no mercado da comunicación
Contidos prácticos
Nas sesións interactivas traballarase arredor das dúas prácticas que se realizarán na materia (unha individual e outra en grupo). A práctica individual consistirá en analizar o modelo de negocio dun medio de comunicación que elixirá cada alumno/a. Nas sesións interactivas veremos como realizar esa análise a partir de exemplos e casos de éxito.
A práctica en grupo consistirá no desenvolvemento do modelo de negocio para un proxecto empresarial innovador e viable.
Bibliografía básica
Cerezo, Pepe (2018): Los medios líquidos. La transformación de los modelos de negocio. Barcelona: Editorial UOC.
Sánchez González, María (2018). Gestión estratégica, innovación y prospectiva en comunicación: bases, técnicas y casos prácticos. Editorial UOC.
Yuste, Bárbara & Cabrera, Marga (2014). Emprender en periodismo. Nuevas oportunidades para el profesional de la información. Editorial UOC.
Somalo Pecina, Ignacio (2020): Modelos de negocio digitales. Cómo y por qué las startups baten a las empresas tradicionales. Vizcaya: Ediciones Deusto.
Bibliografía complementaria
European Audiovisual Observatory. (2022): Yearbook. Television, cinema, video and on-demand audiovisual services - the pan European picture. European Audiovisual Observatory.
Galán Gamero, Javier & Aguado, Guadalupe (2014). Periodismo emprendedor. Planificación y desarrollo de empresas informativas. MacGraw-Hill.
García Santamaría, José Vicente (2016). Los grupos multimedia españoles: análisis y estrategias. Editorial UOC.
Küng, Lucy (2016). Strategic management in the media: Theory to practice. SAGE.
Osterwalder, Alexander & Pigneur, Yves (2011). Generación de modelos de negocio. Deusto.
Lowe, Gregory Ferrell & Brown, Charles (2016). Managing Media Firms and Industries. What's so special about media management? Springer.
Srnicek, Nick (2018). Capitalismo de plataformas. Buenos Aires: Caja Negra Editora.
Van Dijck, José, Poell, Thomas & De Waal, Martijn (2018). The Platform Society. Public Values in a Connective World. Oxford University Press.
Wirtz, Bernd W. (2020). Media Management. Strategy, Business Models and Case Studies. Springer.
Competencias básicas e xerais
CX02 - Detectar, coñecer, interpretar e aplicar as novas tendencias do xornalismo, en particular, e da comunicación, en xeral.
CB10 - Que os estudantes teñan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que o fará
ser en gran parte autodirixido ou autónomo.
Competencias específicas
CE05 - Afondar, investigar e contextualizar a análise e aplicación práctica das economías da información e
comunicación e análise e sustentabilidade dos cambios nos modelos de financiamento.
A metodoloxía de ensinanza combina clases expositivas, nas que se impartirán os contidos teóricos, con clases interactivas, nas que se analizarán modelos de negocio de éxito dentro do campo da comunicación e se desenvolverán modelos de negocio para iniciativas emprendendoras traballando en grupos. Tamén se contempla a realización de titorías en grupo e de traballos avaliables por parte do alumnado.
A metodoloxía de ensinanza contempla tamén o uso do Campus Virtual, no que a docente propocionará información ampliada sobre os contidos da materia e noticias relevantes. Tamén se crearán espazos de participación do alumnado a través dos foros de Moodle.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimiento constante dos coñecementos e das competencias que vai adquirindo o estudantado. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes recollidos na memoria do título son:
a. Traballo final en grupo (desenvolvemento do modelo de negocio dunha iniciativa mediática propia): 60%
b. Traballo individual (análise do modelo de negocio dunha empresa mediática): 30%
c. Participación activa e positiva nas clases interactivas: 10%
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ou alumna ten aprobada unha parte da materia, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Clases expositivas: 12 horas
Clases interactivas: 9 horas
Titorías en grupo: 3 horas
Actividades de avaliación: 2 horas
Traballo persoal do alumnado: 49 horas
Recoméndase estar ao día sobre os movementos nos mercados da comunicación, organizar ben a realización das prácticas, ter unha boa comprensión do inglés para afondar na bibliografía e manter un contacto directo co profesorado.
A programación das exposicións e debates farase na primeira sesión de teoría.
Marta Rodríguez Castro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816551
- Correo electrónico
- m.rodriguez.castro [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Martes | ||
|---|---|---|
| 16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| Xoves | ||
| 16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| Venres | ||
| 16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| 12.01.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 0 |
| 14.06.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 0 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |