Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O alumnado coñecerá nesta materia as claves legais, económicas e procedementais da constitución dunha pequena empresa xornalística e/o organización sen ánimo de lucro vinculada á comunicación. Ademais analizaranse experiencias innovadoras e exitosas desenvolvidas durante os últimos anos na contorna galega, español e internacional. Finalmente desenvolverán propostas de novas iniciativas.
- Contexto actual para a planificación e implementación dun produto/empresa xornalístico ou comunicativo
- Condicionantes estruturais que afectan o desenvolvemento do proxecto.
- Particularidades no mundo dixital
- Análise de experiencias previas
TEMA 1
Contidos e formatos nunha oferta comunicativa transmedia.
TEMA 2
Creación de plataformas para a distribución de contidos.
TEMA 3
Planificación e estratexia na distribución de contidos dixitais.
TEMA 4
Técnicas de medición e avaliación de impacto dos contidos dixitais.
CONTIDOS PRÁCTICOS
Nesta materia o alumno aprenderá a desenvolver estratexias delimitadas no tempo para a distribución de contidos xornalísticos multiplataforma, desenvolvendo a partir dun contido central unha estratexia de adaptación para diferentes canles e públicos.
Bibliografía básica
Dewdney, A., Ride, P. (2013) The Digital Media Handbook. Routledge, London.
Garret, Jesse James (2002), “A visual vocabulary for describing information architecture and interaction design” in jjgarret.com
López García, Xosé., et al. (2006), Sistemas digitales de información. Pearson, Madrid.
Salaverría, R. (2015). Los labs como fórmula de innovación en los medios. El Profesional de La Información, 24(4), 397–404. https://doi.org/10.3145/epi.2015.jul.06
Scolari, Carlos (2013), Narrativas transmedia: cuando todos los medios cuentan, 2013.
Yunquera, J. (2016). Revistas y diarios digitales en España. Historia de una evolución. Editorial UOC. Barcelona.
Westlund, O. (2017). Mobile News: The Future of Digital Journalism. In B. Franklin & S. A. Eldridge II (Eds.), The Routledge Companion to Digital Journalism Studies (pp. 207– 216). London, New York: Taylor and Francis.
Witchsge, T; Anderson, C.W.; Domingo, D.; Hermida, A. (2016) The SAGE Handbook of Digital Journalism. Sage, Londres.
Bibliografía recomendada
Armentia Vizuete, José Ignacio, Pérez, Juan Carlos, & Elexgaray Arias, Jon. (1999).
Diseño y periodismo electrónico. Bilbao: Servicio Editorial, Universidad del País
Vasco.
Baofu, Paul. (2008). The Future of Information Architecture: A Preface to a New Theory of
Taxonomy, Network and Intelligence. Neal-Schuman Publishers.
Bastos, Helder (2006). Ciberjornalismo e narrativa hipermédia. Prisma. Recuperado a partir de
http://prisma.cetac.up.pt/artigos/ciberjornalismo_e_narrativa_hipermedi…
Batley, Sue (2007). Information Architecture for Information Professionals. Neal-Schuman
Publishers.
Battelle, John (2006). The Search: How Google and Its Rivals Rewrote the Rules of Business
and Transformed Our Culture. Portfolio Trade.
Coutín Domínguez, Adrián. (2002). Arquitectura da información para sitios web. Madrid:
Anaya Multimedia.
Cuerda Garcia, Xavier, & Minguillón Alfonso, Julià. (s.d.). Introducción a los Sistemas de Gestión de Contenidos (CMS) de código abierto. Mosaic.
Curtis, Hillman. (2002). MTIV: Process, Inspiration and Practice for the New Media Designer
(illustrated edition.). New Riders.
Larrondo, Ainara, & Serrano, Ana. (2007). Diseño periodístico en Internet. Leioa: Servicio
Editorial de la Universidad del País Vasco
Salaverría, Ramón, & Negredo, Samuel. (2008). Periodismo integrado: convergencia de
medios y reorganización de redacciones. Barcelona: Sol90Media
Salaverría, R. (2016): Ciberperiodismo en Iberoamérica. Fundación Telefónica (Madrid), Ariel. Barcelona.
Wodtke, Christina., & Govella, Austin (2009). Information Architecture: Blueprints for the Web (2nd Edition) (2º ed.). New Riders
BÁSICAS E XERAIS
CG01 - Coñecer dinámicas, produtos e soportes para a producción, xestión e difusión do conocimiento.
TRANSVERSAIS
CT02 - Idear e crear produtos multimedia
ESPECÍFICO
CEO-10: Executar un plan de produción, de análise do produto y de estensión do produto na sociedade en rede.
A metodoloxía docente enmárcase no construtivismo e combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases interactivas, titorías en grupo, actividades de avaliación e traballo persoal do alumno, propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Ademais, o estudante realizará un proxecto final da materia para logo executalo na materia de Laboratorio.
A avaliación será continua.
As actividades prácticas (traballos individuais e/ou en grupo) serán a pedra alicerce da avaliación. Suporán o 80% da nota fronte ao 20% restante que se conseguirá mediante a participación activa e proactiva nas clases teóricas. Poderase realizar algún test de control sobre os coñecementos dos alumnos en relación a produtos multimedia/transmedia do mercado real.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de ‘Non Presentado’.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás clases interactivas porque requírense exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da Facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente con exame final.
Os estudantes deberán asistir ás clases xa que nelas trataranse, a nivel teórico, os contidos da materia. Nelas deberán interactuar e facer achegas. O profesor terá en conta a necesidade de empregar tempo para a realización de traballos prácticos que se realizarán na clase e fóra dela.
Clases expositivas: 9 horas
Clases interactivas: 12 horas
Titorias en grupo: 3 horas
Actividades de avaliación: 2 horas
Traballo persoal do alumno: 49 horas
Un elemento clave para o estudo desta materia é familiarizarse cos vocabularios e a terminoloxía de áreas tan específicas como a arquitectura da información, a edición dixital multimedia, polo que ser recomenda fortemente o seguemento de publicacións dixitais específicas do sector.
Manuel Gago Mariño
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- manuel.gago.marino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| Venres | ||
| 16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| 29.05.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| 03.07.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 3 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |