Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física Teórica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Este curso é continuación da materia Teoría Cuántica de Campos, vinculada á orientación de Física de Partículas. O obxectivo principal é o estudo dos aspectos non perturbativos da teoría cuántica de campos, especialmente en conexión coa dinámica cuántica das teorías de gauge. Os principais temas a estudar son as anomalías e as súas implicacións, así como as diferentes solucións solitónicas e a súa conexión coa estrutura non perturbativa das teorías de campos. Inclúese tamén unha introdución á supersimetría.
O alumnado que cursase esta materia poderá:
-Comprender a estrutura cuántica das teorías cuánticas de campos en varias dimensións, máis aló da súa estrutura perturbativa.
-Afondar nas implicacións físicas da cuantización das teorías de gauge.
1. Fases das teorías de gauge. Caracterización do confinamento. Lazos de Wilson e ‘t Hooft. Limite de ‘t Hooft e expansión 1/N.
2. Anomalías quirais en dúas e catro dimensións. Modelo de Schwinger. Método de Fujikawa e diagramas do triángulo. Aplicación a QCD e ao modelo estándar. Aspectos topolóxicos das anomalías.
3. Solitóns en teoría de campos. Monopolos. Vórtices. Instantóns e baleiro theta.
4. Introducción á supersimetría. Superespazo e construzón de Lagranxianos supersimétricos.
-Notas de clase (dispoñibles en liña; abarcan a totalidade de contidos).
M. Shifman, Advanced topics in quantum field theory, Cambridge U. P., 2012.
S. Weinberg, The quantum theory of fields, vol. 2, Cambridge U. P., 1996.
M. E. Peskin y D. V. Schroeder, An Introduction to Quantum Field Theory, Addison-Wesley, 1995.
R. Bertlmann, Anomalies in quantum field theory, Oxford U. P., 1996.
E.J. Weinberg, Classical solutions in Quantum Field Theory, Cambridge University Press, 2012.
R. Rajaraman, Solitons and instantons, North-Holland, 1982.
J. Greensite, An introduction to the confinement problem, Springer 2011.
J. Wess, J. Bagger, Supersymmetry and supergravity, Princeton U. P., 1992.
Competencias Xerais:
- Ter un coñecemento xeral dos aspectos non-perturbativos da Teoría Cuántica de Campos.
- Saber aplicar os coñecementos adquiridos en contextos máis amplos relacionados coa súa área de estudo.
- Ter un coñecemento da localización deste campo no panorama científico presente e futuro.
- Familiarizarse cos modos de difusión de resultados na ciencia actual.
- Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos estándares de publicación.
Competencias Transversais:
- Relacionar contidos da materia con temario doutras materias.
- Capacidade para interpretar textos, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
- Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
Competencias específicas:
- Adquirir unha formación avanzada orientada á especialización investigadora e académica, que lle permitirá adquirir os coñecementos necesarios para acceder ao doutoramento.
- Familiarizarse co modelo estándar das interaccións fundamentais e coas súas posibles extensións.
Impartiranse as horas de clase presencial segundo o calendario oficial do Máster, nas que se explicarán, utilizando todos os medios audiovisuais dos que se poida dispoñer, os contidos da materia, introducindo exercicios e problemas ilustrativos e/ou aclaratorios. Aos alumnos iráselles fornecendo un material que comprende tanto o desenvolvemento dos contidos teóricos como os enunciados de exercicios e problemas. Dispoñerase das horas de titorías correspondentes, baixo petición e cita previa. As notas de clase servirán de apoio para o estudo. Propoñeranse exercicios que o alumno deberá resolver e, no seu caso, entregar. Tamén a posibilidade de realizar unha monografía sobre algún tema de interese que se relacione cos contidos do curso.
Avaliación continua avaliando as seguintes actividades:
1) Asistencia obrigatoria as clases expositivas e interactivas e resolución dos exercicios propostos nelas. Suporá o 60% da nota final.
Excepcionalmente, cando non fose posible realizar esta actividade satisfactoriamente, contémplase a posibilidade de avaliar o 60% da nota correspondente mediante a realización dunha proba escrita.
2) Resolución e/ou exposición de exercicios complementarios e traballos específicos onde o alumno poña en práctica os métodos e técnicas aprendidas na materia. Suporá o 40% da nota final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o “Normamento para a avaliación do rendemento académico dos alumnos e a revisión das cualificacións”.
Clases expositivas: 20h.
Clases interactivas: 10h.
Titorías: 1h.
Traballo persoal e outras actividades: 44h.
Traballo total do alumno: 75h.
Recoméndase cursar a materia Teoría Cuántica de Campos do Grao en Física.
Jose Luis Miramontes Antas
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881814057
- Correo electrónico
- jluis.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Riccardo Borsato
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Correo electrónico
- riccardo.borsato [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
| Luns | ||
|---|---|---|
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
| Martes | ||
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
| Mércores | ||
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
| Xoves | ||
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
| Venres | ||
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
| 27.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
| 21.06.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BORSATO , RICCARDO | Castelán |
| MIRAMONTES ANTAS, JOSE LUIS | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BORSATO , RICCARDO | Castelán |
| MIRAMONTES ANTAS, JOSE LUIS | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BORSATO , RICCARDO | Castelán |