Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 11 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Farmacoloxía, Produción Vexetal
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer as biotoxinas (non microbiolóxicas) presentes en alimentos, incluíndo a auga, proporcionando a formación necesaria para:
-determinar a súa incidencia na cadea alimentaria
-establecer os sistemas e métodos de control para minimizar a súa presenza
-avaliar as consecuencias para a saúde pública.
Clases expositivas
Alimentos e toxinas: aspectos técnicos e toxicolóxicos. Lexislación.
Toxinas mariñas que se acumulan en mariscos e peixes. Ficotoxinas emerxentes.
Toxinas de auga doce producidas por cianobacterias. Alimentos susceptibles de contaminación.
Micotoxinas en alimentos. Principais alimentos con risco. Contaminación por micotoxinas en campo. Contaminación por micotoxinas durante o transporte e o almacenamento.
Sistema europeo de control de alimentos con biotoxinas. Aspectos da avaliación de risco. Estudo de puntos críticos na produción de alimentos.
Clases interactivas
As clases expositivas completaranse con clases interactivas de seminario e prácticas.
Nos seminarios, os alumnos completarán os coñecementos adquiridos nas clases expositivas, exporanse traballos, e resolveranse cuestións e problemas relacionados coa materia sobre a que traballarían previamente:
1. Uso de patróns para control de toxinas
2. Efecto de matrices en resultados analíticos
3. O problema da identificación dun efecto tóxico en alimentos e as súas consideracións legais
Nas clases prácticas, aplicaranse métodos de control de biotoxinas: analíticos, bioquímicos, funcionais.
Botana L.M., Alfonso A. 2015. Phycotoxins. Chemistry and biochemistry. Wiley Blackwell, Oxford.
Botana L.M., Sainz M.J. 2015. Climate change and mycotoxins. De Gruyter, Berlín.
Botana L.M., Louzao M.C., Vilariño N. 2015. Climate change and marine and freshwater toxins. De Gruyter, Berlín.
Botana L.M., Alfonso A., Vieytes M.R., Vilariño N., Botana A.M., Louzao M.C. 2014. Marine toxins analysis. En: Handbook of water analysis, 3ª edición. Eds. L. Nollet, L.S.P. De Gelder. CRC Press, Londres, pp. 153-162.
Botana L.M. 2014.Guide to phycotoxin monitoring of bivalve mollusk-harversting areas. En: Seafood and freshwater toxins: Pharmacology, physiology and detection, 3ª edición. Ed. L.M. Botana. CRC Press (Taylor and Francis Group), Boca Raton, FL, pp. 39-56.
Rodríguez I., González J.M., Botana A.M., Sainz M.J., Vieytes M.R., Alfonso A., Botana L.M. 2017. Analysis of natural toxins by liquid chromatography. En: Liquid chromatography. Vol. 2: Applications, 2ª edición. Eds. S. Fanali, P.R. Haddad, C.F. Poole, M.-L. Riekkola. Elsevier, Amsterdam, pp. 479-514.
Competencias básicas
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas
novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á
aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de
ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais
CG1. Coñecer a relación entre os alimentos, a nutrición e a saúde dos consumidores en diferentes situacións vitais e/ou psicolóxicas, necesaria para o desenvolvemento das diversas funcións dun profesional orientado á mellora da saúde e seguridade alimentarias.
CG9. Manexar as fontes de información especializadas na nutrición e os alimentos, a súa tecnoloxía e a súa seguridade.
Competencias específicas
COP25 - Coñecer as principais biotoxinas presentes nos alimentos, os produtos que poden contelas e a relación entre elas e a saúde dos
consumidores.
Competencias transversais
CT5. Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación
CT6. Capacidade para buscar, analizar e xestionar a información proveniente de fontes diversas
CT7. Capacidade para a resolución de problemas
CT8. Capacidade para tomar decisións
CT9. Capacidade para transmitir coñecementos
CT11. Capacidade para a aprendizaxe autónoma (incluída en CG3)
CT12. Capacidade para utilizar información en lingua estranxeira
CT14. Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
CT15. Preocupación pola calidade
ME1. Clases expositivas. Lección impartida polo profesor expoñendo os contidos teóricos da materia, con apoio de medios audiovisuais e informáticos, pero que en xeral os estudantes non necesitan manexalos en clase. A plataforma virtual da USC servirá de soporte e complemento teórico da materia.
ME2. Seminarios nos que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, formulación e exposición de traballos. O alumno participa activamente nestas clases interactivas de diferentes formas: entrega e resolución de exercicios, comentarios, exposicións, etc. O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos e os alumnos poderanos usar nas exposicións.
ME3. Clases prácticas no laboratorio. O alumno participa activamente, executando protocolos prácticos baixo a dirección do profesor.
ME4. Titorías. As titorías, en pequenos grupos, permitirán facer un seguimento do alumno e aclarar as dúbidas que se lles poidan expor ao longo da docencia desta materia.
A asistencia a todas as clases, teóricas e interactivas, é obrigatoria para a avaliación do alumno.
A plataforma virtual da USC usarase como soporte e complemento da docencia teórica-práctica e como un elemento importante de comunicación co alumno.
Na cualificación de cada estudante teranse en conta os seguintes aspectos, que contribuirán á nota final:
SE3. Avaliación continua.
Considerarase a asistencia regular e a participación activa nas clases expositivas e seminarios.
SE4. Traballos.
Valorarase a realización e exposición de actividades e/ou traballos individuais e/ou en grupo relacionados cos contidos expostos nas clases expositivas e seminarios.
SE5. Prácticas.
Valorarase a realización de actividades e/ou tarefas individuais e/ou en grupo relacionados cos contidos prácticos.
Dimensións avaliadas (%)
SE3 Avaliación continua 40
SE4 Traballos 30
SE5 Prácticas 30
TOTAL 100
O alumno debe obter cinco puntos sobre dez para aprobar a materia no conxunto de avaliación continua, traballos e prácticas.
Convocarase a exame a aqueles alumnos que obteñan polo menos tres puntos no conxunto de avaliación continua, traballos e prácticas. O exame será oral ou escrito (preguntas test e/ou preguntas curtas e/ou tema) sobre os contidos de toda a docencia impartida. Tamén poderán realizar o exame alumnos que queiran mellorar a nota obtida no conxunto de avaliación continua, traballos e prácticas. En todos os casos, a nota final da materia obterase de promediar a nota obtida no conxunto de avaliación continua, traballos e prácticas coa do exame.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
As clases expositivas, seminarios e prácticas só se imparten durante o período lectivo. Por tanto, se non se alcanza o mínimo esixido no conxunto de avaliación continua, traballos e prácticas durante este período, non se poderá superar a materia nin na primeira nin na segunda oportunidade.
Non procede a dispensa de asistencia a clases.
Na avaliación continua (SE3), valoraranse as competencias básicas CB6-CB10, as competencias xerais CG1 e CG9 e as competencias específicas COP25.
Coa elaboración de traballos e a súa exposición (SE4) valoraranse as competencias básicas CB8 e CB10, as competencias xerais CG1 e CG9, as competencias específicas COP25 e as competencias transversais CT5-CT15.
Coas prácticas (SE5) valoraranse as competencias básicas CB6-CB8, as competencias específicas COP25 e as competencias transversais CT7, CT14 e CT15.
Horas presenciais Traballo persoal alumno Horas totais % de presencialidade
Expositivas 10 30 40 25%
Seminarios 5 10 15 33,3%
Prácticas 6 11 17 35,3%
Tutorías 3 - 3 100%
TOTAL 24 51 75
A asistencia a todas as clases é requisito indispensable para a superación da materia. As clases expositivas e o estudo da materia con anterioridade á asistencia ás clases interactivas, que constitúen unha aplicación dos coñecementos teóricos, é necesario para un mellor aproveitamento das mesmas. Os alumnos deben comprender e poder resolver as cuestións propostas nas clases expositivas, para que poidan expor as súas dúbidas ao profesor nas clases interactivas.
Preparar e complementar os contidos da materia coa bibliografía recomendada.
É imprescindible o uso da USC virtual onde o Profesor incluirá o material que considere necesario para os alumnos, así como os anuncios e tarefas a realizar ao longo do curso. Ademais os alumnos poden consultar directamente e en todo momento co profesor as súas dúbidas ou suxerir calquera aclaración.
Idioma de impartición: castelán
Luis Miguel Botana Lopez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 982822233
- Correo electrónico
- luis.botana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Carmen Louzao Ojeda
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- mcarmen.louzao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Amparo Alfonso Rancaño
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- amparo.alfonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Jesus Sainz Oses
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- mj.sainz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Vale Gonzalez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 982822223
- Correo electrónico
- mdelcarmen.vale [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Natalia Vilariño Del Río
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- natalia.vilarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
Venres | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
16.05.2025 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
12.06.2025 16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |