Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Desafíos das Cidades

  • Nova oferta
Modalidade
Semipresencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1, 15703
Santiago de Compostela
881812585 (Conserxaría)
881812589 (Decanato)
zhisdeca [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Lucrezia Lopez
Contacto
lucrezia.lopez [at] usc.es
+info
Web propia do título
Cidade

O Mestrado en Desafíos das Cidades ofértase no ámbito do Proxecto UNISF (Universidade Sem Fronteiras), liderado pola Universidade do Minho e desenvolvido polo consorcio respectivo coa participación das tres universidades do norte de Portugal (UMinho, UPorto e UTAD) e as tres universidades do Sistema Universitario Galego (USC, UVigo e UDC).

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 4317739
Número de ECTS: 90
Número prazas: 6

Decano/a ou director/a do centro:
MARCO VIRGILIO GARCIA QUINTELA
marco.garcia.quintela [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Lucrezia Lopez
lucrezia.lopez [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego, Portugués

Universidade coordinadora:
Universidade da Coruña

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo Universidade de Trás-Os-Montes e  Alto Douro Universidade do Minho Universidade do Porto

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 27/07/2022 (DOG do 10/08/2022)

Data de publicación no BOE:
BOE do 14/04/2023

Data da última acreditación:
24/05/2021

O seu obxectivo xeral é mellorar a capacidade das universidades e as autoridades públicas para a creación de títulos conxuntos entre Galicia e o norte de Portugal, e a consolidación da área Fronteiriza para a Educación Superior e a Investigación na Euro-rexión. É, por tanto, un mestrado internacional e interuniversitario, e é unha oferta única tanto no contexto español canto no contexto portugués. 
O seu marcado carácter multidisciplinar e internacional, e sobre todo o perfil do estudantado ao que vai dirixido, que provén de diferentes países e que, en moitos casos, será xa profesional en activo, exponse impartir o título en modalidade semipresencial. 

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 35
Optativas: 20
Prácticas externas 5
Traballo fin de máster: 30
Total: 90

A titulación contempla diferentes “dimensións” ou “áreas científicas”, de entre as cales o alumno deberá cursar unha. Las dimensións que contempla o plan coas materias de que consta cada unha son as seguintes:

-Dimensión Física:
-A formalización das estruturas urbanas
-A materialización do espazo público
-O espazo construído como patrimonio sustentable
-Dimensión Social
-Desafíos sociais e educacionais das cidades
-Sustentabilidade urbana e estilos de vida saudables
-Políticas e prácticas de inclusión e desenvolvemento en cidades sustentables
-Dimensión Ambiental
-Desafios ambientais das cidades
-Sistemas das cidades sustentables
-Xestión do ambiente urbano: monitorización, avaliación e minimización
-Dimensión Tecnolóxica
-Desafios tecnolóxicos das cidades
-Tecnoloxías IoT e de comunicacións para a creación de cidades intelixentes
-Sistemas de información para as cidades intelixentes
-Dimensión Política
-Gobernanza e políticas urbanas
-Gobernanza urbana e dereito á cidade
-Planificación, prospectiva e xestión urbana
-Dimensión Económica
-Economía urbana
-Economía urbana e cidades intelixentes
-Economías de aglomeración e clústeres

Para completar o plan de estudios o alumno deberá elixir dúas materias optativas das dimensiones que non tivese elixido sempre e cando non pertenzan as dúas á mesma dimensión. Finalmente deberá realizar un Traballo fin de mestrado de 30 créditos no terceiro semestre do curso.

A formalización das estruturas urbanas

  • P4241101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Desafíos sociais e educacionais das cidades

  • P4241102
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Desafios ambientais das cidades

  • P4241103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Desafios tecnolóxicos das cidades

  • P4241104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Gobernanza e políticas urbanas

  • P4241105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Economía urbana

  • P4241106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Metodoloxías de investigación e plan de disertación

  • P4241107
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

A materialización do espazo público

  • P4241201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

O espazo construído como patrimonio sustentable

  • P4241202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Sustentabilidade urbana e estilos de vida saudables

  • P4241203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Políticas e prácticas de inclusión e desenvolvemento en cidades sustentables

  • P4241204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Sistemas das cidades sustentables

  • P4241205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Xestión do ambiente urbano: monitorización, avaliación e minimización

  • P4241206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Tecnoloxías IoT e de comunicacións para a creación de cidades intelixentes

  • P4241207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Sistemas de información para as cidades intelixentes

  • P4241208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Gobernanza urbana e dereito á cidade

  • P4241209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Planificación, prospectiva e xestión urbana

  • P4241210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Economía urbana e cidades intelixentes

  • P4241211
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Economías de aglomeración e clústeres

  • P4241212
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

O límite de prazas para o mestrado é dun total de 36 estudantes (6 en cada universidade). No caso de que nalgunha das Universidades non se alcance a cota de matrícula asignada, o número de prazas non cubertas poñerase, se é posible, ao dispor do resto, de forma que se repartirán as prazas entre o resto das universidades en base á priorización do alumando prerexistrado.

O público a que se dirixe o mestrado identifícase, fundamentalmente, en: a) persoas cun título de grao; b) persoal en postos de alta responsabilidade na función pública, en particular ao servizo de municipios, institucións rexionais e nacionais; c) persoal en postos de alta dirección no exercicio privado, en particular de empresas de consultoría con intervención en entidades públicas e privadas con intervención no desenvolvemento e planificación do territorio; e d) persoal de xerencia e liderado con intervención nas cidades, que apoian directamente a cargos con responsabilidade política.

Entre as habilidades desexábeis daqueles que ingresen no programa formativo deste título podemos citar as seguintes:

- Capacidades básicas no manexo das novas tecnoloxías.
- Capacidade de abstracción, de análise, síntese e razoamento lóxico.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Sentido da organización, atención ao detalle e sentido práctico.
- Curiosidade, imaxinación, creatividade, innovación e espírito emprendedor.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 35
Optativas: 20
Prácticas externas 5
Traballo fin de máster: 30
Total: 90

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) conta cunha oficina de Información Universitaria (OIU), encargada de canalizar e dar resposta ás demandas informativas sobre a súa organización, funcionamento e actividades. Este servizo informa sobre trámites e xestións dos procedementos académicos e de extensión universitaria e colabora na súa difusión, tanto no contorno máis inmediato como organizando ou participando en feiras e eventos de carácter educativo.

Ademais, pon ao servizo do alumnado unha serie de servizos de apoio e asesoramento. Entre eles cabe destacar o Programa de Atención a Estudantes Extracomunitarios (PATEX) que aproxima o estudantado a unha serie de servizos adicionais co fin de facilitar a súa integración na comunidade universitaria e que permite a coordinación de todos os trámites administrativos e académicos nos diferentes servizos da USC. O Centro de Linguas Modernas, fundado en 1975 co obxectivo de promover a aprendizaxe de linguas entre os membros da comunidade universitaria. A Área de Orientación Laboral e de Emprego, que desenvolve actividades de formación en habilidades e técnicas para a procura de emprego, á vez que ofrece información sobre programas de prácticas nacionais e internacionais. A Oficina de Igualdade de Xénero, cuxo obxectivo é lograr a igualdade real entre homes e mulleres, asumindo os principios de dignidade humana independientemente do xénero, a igualdade e a equidad de xénero como elementos fundamentais de actividade universitaria. A área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC), a través da cal o alumnado ten acceso a software e recibe apoio tanto para a súa instalación como para a resolución de problemas cos soportes tecnolóxicos.

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:

1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.

Admisión

Modalidade: Criterios específicos

Titulacións de acceso:

- Titulacións das ramas de Enxeñaría e Arquitectura e de Ciencias Sociais e xurídicas
- As comisións de titulación determinarán a adecuación de titulacións doutras ramas.

Criterios de admisión:

- Adecuación da titulación de acceso e curriculum aos contidos do máster. (A Comisión académica determinará para titulacións de acceso doutras ramas a súa adecuación aos contidos do máster)
- Expediente académico 70%
- Outros méritos relacionados co ámbito do máster (experiencia laboral, formación extracurricular, participación en actividades relacionadas cos obxectivos do máster, etc.) 30%

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: Criterios específicos

Titulacións de acceso:

- Titulacións das ramas de Enxeñaría e Arquitectura e de Ciencias Sociais e xurídicas
- As comisións de titulación determinarán a adecuación de titulacións doutras ramas.

Criterios de admisión:

- Adecuación da titulación de acceso e curriculum aos contidos do máster. (A Comisión académica determinará para titulacións de acceso doutras ramas a súa adecuación aos contidos do máster)
- Expediente académico 70%
- Outros méritos relacionados co ámbito do máster (experiencia laboral, formación extracurricular, participación en actividades relacionadas cos obxectivos do máster, etc.) 30%

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.

- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo

- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos

- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades

- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

- Ser capaz de procurar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo.
- Elaborar axeitadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, proxectos de traballo e formular hipóteses razoábeis.
- Adquirir coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do estudantado e da sociedade no relativo ao estudo da ordenación, planificación e xestión das cidades.
- Manexar conceptos, métodos e ferramentas propias da investigación na análise urbanística para fins específicos.
- Recoñecer a necesidade de desenvolver unha propia perspectiva crítica cos diversos procesos que poden xerar impactos negativos no espazo urbano.

- Comprender e identificar as demandas ou necesidades das persoas, as organizacións e o medio ambiente, a fin de obter conclusións e formular alternativas que respondan aos problemas relacionados coa transformación e organización do espazo físico.
- Realizar unha planificación urbana que priorice tanto a protección do medio ambiente e a preservación dos espazos naturais, como a conservación do patrimonio construído, utilizando solucións técnicas coherentes e atendendo ás demandas sociais.
- Innovar nos procesos de planificación urbana e resolver os problemas de vivir baixo unha perspectiva humanista e social, con especial atención ao consumo racional e responsábel do solo a urbanizar.
- Intervir na análise global do desenvolvemento social das cidades.
- Propoñer medidas de diagnóstico de situacións e estabelecemento de plans e propostas de intervención para atinxir as metas sociais.
- Intervir na análise global do desenvolvemento do compoñente ambiental das cidades, a orixe dos diferentes elementos contribuíntes á súa evolución, a súa cuantificación, coa capacidade de propor medidas para diagnosticar a situación en termos específicos e globais.
- Comprender os procesos de transformación dixital en curso, familiarizándose coas ferramentas analíticas e de modelado urbano para aplicalas nos procesos de toma de decisións (reactivos e preventivos) na planificación e xestión urbana, baseadas na información analítica.
- Planificar e recomendar sistemas intelixentes de recopilación de información co fin de controlar a sustentabilidade, a calidade de vida e a intelixencia urbana.
- Comprender o marco legal e institucional da gobernanza urbana e coñecer os principios de gobernanza multinivel.
- Manexar instrumentos, ferramentas e tecnoloxía para fomentar a cooperación e coordinación dos diferentes axentes urbanos e realizar procesos participativos.
- Realizar procesos de análises, avaliación e diagnóstico das cidades que permitan optimizar as iniciativas promovidas polos modelos de gobernanza urbana multiescalar.
- Discutir as diferentes traxectorias das cidades e as diferentes opcións de política urbana.
- Analizar situacións máis problemáticas ou vantaxosas nun sentido dado da evolución económica.
- Definir escenarios e propor medidas de debate para o desenvolvemento económico a escala urbana, metropolitana ou rexional.

- Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais tanto de Portugal como da comunidade autónoma de Galicia.
- Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
- Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respetuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
- Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para oferecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentábel ambiental, económico, político e social.
- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
- Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, estabelecer prazos e cumprilos.

Mobilidade

A Universidade de Santiago, no marco das súas estratexias de internacionalización, alberga diferentes programas de mobilidade nacionais e internacionais para que os estudantes realicen estancias noutras universidades socias, prácticas en empresas asociadas ou para que estudantes da Área Europea de Educación Superior ou de fóra poidan completar os seus estudos.

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

As prácticas vinculadas ao contorno profesional consistirán na execución dun traballo asociado a competencias desenvolvidas no curso da titulación.

A práctica fixará uns obxectivos xerais, uns resultados de aprendizaxe e un plan de actuación. O número de créditos vinculados ás prácticas profesionais é de 5, é dicir, 125 horas de traballo do estudante, que quedarán distribuídas aproximadamente da seguinte forma:

- Actividade presencial na empresa ou institución colaboradora: 60-75%
- Acción de coordinación e consulta coa ou o profesor-titor: 5-10%
-Traballo persoal (consulta de información, preparación de memorias, etc.): 20-30%

Asignarase a cada práctica unha ou un profesor-titor (interno á universidade) e unha ou un titor externo (persoal da empresa ou institución en que se realicen as prácticas) proposto pola entidade colaboradora. Ambas as figuras proporán ao estudantado a resolución de problemas vixentes e reais nas institucións ou empresas colaboradoras e guiarán, asesorarán e avaliarán o traballo realizado polos estudantes. A avaliación final será realizada pola ou polo profesor-titor a partir dos informes da ou do titor externo e da presentación da memoria de prácticas por parte do estudantado.

O obxectivo do Traballo Fin de Máster (TFM) é introducir o alumnado nun tema de investigación e/ou desenvolvemento con obxectivos concretos e atinxíbeis nun curto espazo de tempo. Ao finalizar o traballo, cada estudante será capaz de:

- No plano cognitivo: integrar os coñecementos adquiridos para aplicalos a un traballo de investigación e/ou desenvolvemento concreto
- No plano subxectivo: presentar e defender os resultados do traballo ante un público especializado

O traballo consistirá no estudo dun tema de investigación e/ou desenvolvemento naquela dimensión, das 6 que articulan a temática do mestrado, na cal o alumno ou alumna teña cursado as dúas materias optativas do segundo cuadrimestre. Este traballo terá obxectivos concretos atinxíbeis no período de un cuatrimestre.

O profesorado está composto por docentes que pertencen ás seis Universidades do Consorcio. A súa traxectoria docente e investigadora convérteos en idóneos para abordar as seis dimensións do plan de estudo: física, social, ambiental, tecnolóxica, económica e política. 
Polo que refire a USC, os docentes pertence ao Departamento de Xeografía; entre as súas liñas de investigación destacan temas relacionados coa ordenación e planificación do territorio, o medioambiente, a paisaxe, a configuración demográfica e social do territorio (migracións, vulnerabilidade social), a actividade turística (planificación dos destinos turísticos, xentrificación, alugueiros turísticos, Camiño de Santiago), o urbanismo (procesos de periurbanización, metropolitanización, plans de renovación/rehabilitación), a gobernanza urbana, xestión de centros históricos, vulnerabilidade urbana, xeografía económica, cooperación internacional, etc. Finalmente, cabe destacar que a experiencia os profesores e investigadores no uso dos Sistemas de Información Xeográfica facilítalles unha aproximación sistémica, relacional e multiescalar aos factores que interveñen no territorio -tanto de carácter natural e antrópico-, que será trasladada ao alumnado do mestrado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.07.2022.