Obxectivos da materia
Coñecementos teóricos:
1. Dar a coñecer a terminoloxía básica que se utiliza na disciplina e na área de Produción Animal en ruminantes.
2. Transmitirlle ao alumno a coordinación e a aplicación dos coñecementos fisiolóxicos e as necesidades dos animais ruminantes e, xa que logo, as instalacións, condicións ambientais e manexo máis idóneos para que a cría e a explotación dos animais útiles para o home fagan posible a viabilidade, rendibilidade e crecemento da empresa gandeira.
Habilidades:
3. Ofrecer a infraestrutura informativa suficiente para que o futuro veterinario poida responder as demandas actuais dos gandeiros, encamiñadas a mellorar a calidade dos produtos pecuarios obtidos.
Actitudes:
4. Proporcionarlle ao alumno un concepto integrador das distintas disciplinas da Produción Animal, para potenciar a formación dunha mentalidade na que o coñecemento do medio rural e a súa protección guíen a súa conduta profesional.
5. Desenvolver unha actitude crítica e non dogmática da capacidade de diagnóstico e proposta de solucións ante situacións concretas das explotacións gandeiras e o asesoramento aos seus titulares.
Contido
Programa teórico:
Comprende o estudo de cada un dos subsectores máis relevantes das especies de ruminantes: vacún de leite, vacún de carne, ovino e caprino. En cada un destes subsectores contémplanse as razas explotadas e aptitudes; censos e producións; características xerais dos aloxamentos, material e útiles; manexo da alimentación, reprodución, etc.; hixiene das instalacións e dos animais. Ademais, analízanse os índices reprodutivos e produtivos máis relevantes
TEMA 1 (6 horas).- Produción de vacún de leite: censos e producións. OCM do sector vacún de leite. Base animal. Sistemas de explotación. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Reprodución. Lactación e rutina de muxidura. Control leiteiro. Manexo e Código de boas prácticas agrarias. Índices reprodutivos e produtivos
TEMA 2 (4 horas).- Produción de vacún de carne: censos e producións. OCM do sector vacún de carne. Base animal. Sistemas de explotación. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Reprodución e manexo da vaca de crianza. Tipos de bovinos de abasto. A canal bovina. Rendementos produtivos. O vacún de lide
TEMA 3 (3 horas).- Produción de ovino: censos e producións. OCM do sector ovino. Base animal. Sistemas de explotación. Tipos de produción: leite, carne, la, esterco. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Reprodución e manexo. Índices reprodutivos e produtivos
TEMA 4 (3 horas).- Produción de caprino: censos e producións. OCM do sector caprino. Base animal. Sistemas de explotación. Tipos de produción: leite, carne, pel. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Reprodución e manexo. Índices reprodutivos e produtivos
TEMA 5 (1 hora).- Produción doutros ruminantes de interese zootécnico: produción doutros bóvidos (bisontes, búfalos, cebús, etc.), cérvidos (alces, cervos, corzos, gamos, etc.) e camélidos (camelos, llamas, etc.): área de situación, sistema de produción e índices produtivos máis destacables
TEMA 6 (2 horas)- Gandería ecolóxica. Censos e producións. Normativa. Manexo de animais. Produtos animais.
TEMA 7 (2 horas). Impacto ambiental da produción animal.
TEMA 8 (1 horas). Dixitalización da produción gandeira.
TEMA 9 (2 horas) Benestar na Produción Animal de Ruminantes.
Programa práctico (P=16+10h, NP=8+8h)
Visita activa 1:(V1G1-G12). Visita a granxa de vacún de leite. Granxa Campus Terra. Centro de crianza de vaquillas. (5 horas 20 minutos)
Visita activa 2:(V2G1-G12). Visita a granxa de vacún de carne. (5 horas 20 minutos)
Visita activa 3:(V3G1-G12). Visita a granxa de ovino/caprino.(5 horas 20 minutos)
Practica 1 (AG1-AG6): Vacún de leite (3 horas 20 minutos)
Practica 2 (BG1-BG6): Vacún de carne ( 3 horas 20 minutos)
Practica 3 (CG1-CG6)): Ovellas e cabras (3 horas 20 minutos)
Bibliografía básica e complementaria
Xeral
Caravaca, F.P. et al. 2007. Sistemas ganaderos en el Siglo XXI. Universidad de Sevilla
Caravaca, FP.- 2003.- Bases de la produción animal. SP. Universidad de Sevilla.
Squires , E.R.J. 2006. Endocrinología animal aplicada. Ed, Acribia, Zaragoza.
Younie, D., Wilkinson, J. M. 2004 Ganadería ecológica. Principios, consejos prácticos, beneficios. Ed. Acribia. Zaragoza.
Bovinos de leite
Bovis: monografía bimestral
Álvarez, P.J. -.2008.- Gestión técnica de granjas de vacuno lechero. P. Univ. León
Philips, C.J.C.- 2003.- Principios de produción bovina. Acribia. Zaragoza.
Vandenberghe, N. et al. 2004. Manual para a análise técnica-económico de xestión de explotacións de gando vacún de leite en Galicia. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. USC.
Bovinos de carne
Philips, C.J.C.- 2003.- Principios de produción bovina. Acribia. Zaragoza.
Daza Andrada, A. 2014.-Vacuno de carne con criterios económicos. Editorial Agrícola Española. Madrid
Dodsworth, L-2000 – Sistemas de explotación de ganado vacuno de carne. Ed. Academia SL. León.
ASOPROVAC, MARM – 2007 – Guía de prácticas correctas de higiene: vacuno de cebo. MARM,
Ovinos
Abecia Martínez, A. y Forcada Miranda, F. (2011). Manejo reproductivo en ganado ovino. Ed. Servet
Daza, A.- 2002.- Mejora de la productividad y planificación de las explotaciones ovinas. Ed. Agrícola Española. Madrid.
Sañudo, C. – 2009- Ovinotecnia:producción y economía en la especia ovina. Univ. Zaragoza.
Ovis: monografía bimestral
Caprinos
Daza, A.- 2004.- Ganado caprino: produción, alimentación y sanidad. Ed. Agrícola Española. Madrid.
Pardos L., Rodríguez L., Ruiz A., Sánchez M. y Alcalde M.J.. 2014. -Manual de gestión técnico económica de explotaciones ovinas y caprinas. Editorial Agrícola Española. Madrid.
CCAE, MARM – 2007 - Guía de prácticas correctas de higiene: caprino de leche y carne. MARM.
Recoméndase o emprego dos recursos de internet tanto básicos coma complementarios especificados no apartado de Bibliografía, así coma aquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC A BUSC EN LIÑA https://busconline.gal. Tamén, a través de pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) e EZproxy (https://ezbusc), xestionados por BUGalicia, se poderán realizar buscas de revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais da USC). Para temas concretos, os profesores poderán facilitar artigos de acceso aberto ou recomendarán a busca a través de PubMed ou Google Schoolar.
Competencias
Competencias
Ao finalizar o curso, o alumno debe:
- Ser capaz de identificar as necesidades dos animais nos distintos sistemas produtivos e as instalacións, condicións ambientais e de manexo máis axeitadas para a cría e explotación do gando de renda en condicións óptimas, tanto desde o punto de vista animal como no da viabilidade, rendibilidade e crecemento da empresa gandeira.
- Ter capacidade de diagnóstico e proposta de solucións ante situacións concretas das explotacións gandeiras e o asesoramento aos seus titulares para un melloramento do manexo e un incremento da calidade dos produtos pecuarios.
- Estar habituado á adquisición e á utilización crítica das fontes bibliográficas (libros, revistas especializadas, bancos de datos, enderezos de internet, etc.)
Competencias de acordo á Memoria do Grao en Veterinaria da USC
Xenéricas
(GVUSC)
GVUSC01 Capacidade de aprendizaxe e adaptación
GVUSC02 Capacidade de análise e síntese
GVUSC03 Coñecementos xerais sobre a área de traballo
GVUSC05 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
Disciplinares
(CEDVUSC)
CEDVUSC03 Cría, mellora, manexo e benestar dos animais
CEDVUSC10 Coñecer as técnicas aplicables ós animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saúde animal e humana
CEDVUSC11 Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente
CEDVUSC14 Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio
Profesionais
(D1VUSC)
D1VUSC02 Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe
D1VUSC09 Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reprodutiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución dos problemas obstétricos
D1VUSC11 Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medioambientais e de benestar, buscando a súa optimización
D1VUSC15 Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas do ámbito veterinario nun contexto de sostibilidade
D1VUSC17 Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias
Académicas
(CEAVUSC)
CEAVUSC01 Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a veterinario/a
CEAVUSC02 Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade
CEAVUSC03 Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/a veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC04 Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/a veterinario/a
CEAVUSC08 Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente
Transversais
(CTVUSC)
CTVUSC02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analiza-la dunha forma crítica
CTVUSC03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CTVUSC04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e escueta
CTVUSC05 Habilidade no manexo das TICs
CTVUSC07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Metodoloxía da ensinanza
*Programa teórico:
Impártense 24 sesións de 50 minutos de duración cada unha. Desenrólase no primeiro cuadrimestre de acordo os horarios aprobados en Xunta de Facultade para cada curso académico. Os últimos 10 minutos de cada sesión dedícanse a sintetizar o tema tratado, a fixar os conceptos expostos e a resolver as posibles dúbidas suscitadas, así como a comprobar de maneira sucinta con preguntas orais aleatorias, o grao de comprensión por parte dos alumnos do tema explicado.
Poderase invitar a colaboradores externos para impartir algunha conferencia.
*Programa práctico, 3 vistas activas:
o Visita activa 1: (V1)Visita explotación de vacún de leite e Centro de crianza de vaquillas: Recoñecemento e utilización do material e utensilios gandeiros; planimetría e dimensionado da explotación; índices produtivos; estudo de parideiras.
o Visita activa 2:(V2) Visita explotación de vacún de carne: Recoñecemento e utilización do material e utensilios gandeiros; planimetría e dimensionado da explotación; índices produtivos; estudo de parideiras.
o Visita activa 3:(V3) Visita explotación de ovino/caprino: Recoñecemento e utilización do material e utensilios gandeiros; planimetría e dimensionado da explotación; índices produtivos; determinación cuantitativa e cualitativa da curva de lactación; estudo de parideiras
En cada explotación visitada, o alumno poderá observar o proceso de produción de cada especie: as características construtivas e dimensionado das instalacións; o control medio ambiental; a hixiene, limpeza e bioseguridade das instalacións; o manexo xeral dos animais levado a cabo polos operarios da explotación, incluído o manexo da alimentación; os programas sanitarios e de profilaxise, etc. En todas as explotacións, dadas as medidas de bioseguridade das mesmas e en cumprimento das normativas de benestar animal vixentes, as visitas faranse baixo un estrito control e sen perturbar o hábitat do animal, procurando ocasionar a menor incidencia posible sobre o animal e a súa contorna.
En cada visita os alumnos deberán completar un guión previamente elaborado polos profesores responsables da materia, no que se analizará as características máis relevantes da explotación visitada, determinando os parámetros produtivos da mesma. Estes traballos prácticos permiten ao alumno un contacto directo coa explotación e a observación da situación real da mesma, analizando a súa problemática e iniciándolles nunha das posibles saídas profesionais do grao como é o asesoramento técnico e económico das explotacións gandeiras. Así mesmo, a elaboración destes traballos desenvolverá no alumno a técnica de pensamento crítico e fomentará o traballo e a dinámica de grupos. As visitas activas son obrigatorias. Ao final de cada visita práctica o alumnado será avaliado de forma independente (16 horas).
*Prácticas laboratorio/aula informática: 3 practicas, AG,BG y CG: Procura e tratamento da información técnica de páxinas de interese WWW. relacionada coa materia. Análise técnica económica de explotacións de gando vacún, ovino e caprino na súa dobre aptitude produtiva. Ensinásese ao alumno para calcular e interpretar os parámetros produtivos/económicos das distintas especies estudadas. (10 horas)
Estas prácticas complementaranse coa realización de supostos prácticos propostos ao alumno en boletíns.
Titorías:
Adicaranse unha hora a titorías, fundamentalmente de carácter presencial ainda que poderán programarse titorias virtuais respetando as franxas horarias que figuran no horario do curso.
Toda a docencia levarase a cabo con apoio das TIC e con emprego sistemático do Campus Virtual como apoio docente.
Sistema de avaliación
A avaliación final do alumno basearase nun exame escrito que inclúe a materia impartida en clases teóricas así como nas sesións prácticas (de campo e de laboratorio). Tipo de exame "test tipo misceláneo e resposta curta" para a teoría e exercicios para as prácticas. Así mesmo, será obligatoria a presentación dos traballos realizados nas sesións prácticas, que servirán como preparación desta materia para o exame.
É requisito imprescindible para superar o exame obter unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10. Deberase aprobar tanto a parte impartida nas sesións teóricas (50) como prácticas (50%), separadamente.
-A nota do exame suporá un 60 % na calificacion final da materia
-As tarefas e probas relacionadas coas sesións prácticas (avaliación continua) suporán o 40% da nota final (20% Visitas prácticas, 20% practicas laboratorio/aula). As avaliacións contínuas realizaranse preferentemente dentro do horario estipulado para cada práctica.
Asistencia regular ás sesións expositivas e obrigatoria ás actividades prácticas programadas (20%). Para poder realizar o exame é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas incluíndo o traballo encomendado nas mesmas.
As cualificacións de prácticas e teóricas terán validez para o curso académico correspondente. Non se gardan partes aprobado do exame para a convocatoria extraordinaria. Os alumnos repetidores poderán quedar exentos das visitas activas, no caso de que as superen, para o curso seguinte.
As actividades docentes de asistencia obrigatoria e inescusable para alumnos que teñan dispensa de asistencia segundo a instrucción 1/2017 da Secretaría xeral, poderán ser substituidas por traballos encomendados aos alumnos, que terán unha ponderación similar á da práctica que substitúen.
Para os supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, estarase ao disposto na "Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión das cualificacións" (artigo 16 da Resolución do 15/06/2011 da USC, DOG do 21/07/2011). ).
Tempo de estudo e traballo persoal
TRABALLO PRESENCIAL AULA (10x Nº ECTS)
TRABALLO PERSONAL DO ESTUDIANTE (15x Nº ECTS)
TRABALLO PRESENCIAL AULA Horas
Clases maxistrais 24
Prácticas de laboratorio 3
Visitas activas 16
Prácticas informáticas 7
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas 1
Total de horas de traballo presencial 51
TRABALLO PERSONAL DO ESTUDIANTE Horas
Estudo individual 42,5
Elaboración de memorias de prácticas 8
Resolución de casos/problemas 8
Facendo exames 3
Total horas de traballo persoal do estudante 61,5
Total horas de horas de el/la estudante 112,5
Recomendacións para o estudo da materia
- Asistir ás clases con regularidade
- Intentar comprender e razoar a estrutura e o funcionamento dunha explotación gandeira e non só memorizar uns datos para repetir nun exame.
- Facer uso continuado e apropiado das titorías, non recorrendo a elas unicamente nos momentos previos ao exame.
- Ter disposición para recoller e absorber toda a información que van recibir nas súas visitas ás explotacións gandeiras, para o que se require unha gran capacidade de observación e grandes doses de curiosidade.
- Realizar os traballos de prácticas encargados ao longo do curso, sen deixalos para o final.
Observacións