Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Administrativo
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
En primeiro lugar, en relación cos obxectivos relacionados co coñecemento, prioritariamente perséguese que o alumno, empregando a terminoloxía e vocabulario técnico pertinentes, sexa quen de manexar os conceptos teóricos máis importantes en relación coa organización policial e da seguridade públicas.
En segundo lugar, dentro dos obxectivos que se refiren ó desenvolvemento de competencias, perséguese que o alumno:
- Manexe correctamente as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios lexislativos e xurisrprudenciais, fontes doctrinais, etc.) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
- Sexa quen de seleccionar e sistematizar a información obtida.
- Estea en condicións de planificar e conducir a propia aprendizaxe e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia na cal os contidos e fontes cambian a gran velocidade.
- Resolva supostos prácticos de dificultade media.
- Emita informes técnicos.
Lección 1ª.- A función policial: concepto e delimitación. A. A actividade de policía. a) Concepto e historia. b) Características. B. Disposicións xerais e principios básicos de actuación da Forzas e Corpos de Seguridade. a) A Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade. b) Principios básicos de actuación. c) Disposicións estatutarias comúns. d) Distribución de competencias en materia de policía. C. Tipos de funcións.
Lección 2ª.- Marco organizativo da policía española. A. A Administración pública como persoa xurídica. B. A pluraridade das Administracións públicas: descentralización funcional e descentralización territorial. C. Os órganos administrativos. D. Relacións interorgánicas e intersubxectivas. E. Organización funcionarial.
Lección 3ª.- As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. A. O modelo organizativo a) Antecedentes históricos. b) Organización xeral do Ministerio do Interior. A Secretaría de Estado de Seguridade. B. A Garda Civil. a) Orixe e concepto. b) Estrutura xeral e organización central e periférica. c) Funcións específicas. C. O Corpo Nacional de Policía. a) Orixe e concepto. b) Estrutura xeral e organización central e periférica. c) Funcións específicas. D. A colaboración e coordinación policial.
Lección 4ª.- As Policías autonómicas. A. Orixes, réxime xeral e funcións. B. As Policías autonómicas históricas de Cataluña, o País Vasco e Navarra. C. As Policías autonómicas propias e as unidades adscritas. Especial referencia ao caso de Galicia. D. A colaboración e coordinación coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Lección 5ª.- As Policías locais. A. Antecedentes próximos e conceptos básicos. A súa coordinación polas Comunidades Autónomas. B. Principios e normas básicas de estrutura e organización. C. As funcións específicas da policía local.
Lección 6ª.- A policía xudicial. A. Concepto e modelos de policía xudicial. B. Normativa vixente. C. Composición. a) As unidades orgánicas de policía xudicial. b) A Policía local como policía xudicial. c) A actuación como policía xudicial doutros corpos de funcionarios. D. Dependencia. E. Funcións. a) Xerais. b) Específicas. c) As atribucións da policía xudicial no procedemento abreviado, no axuizamento rápido e no procesos por delitos leves. F. A coordinación en materia de policía xudicial.
Lección 7ª.- A policía de seguridade. A. A Lei orgánica de protección da seguridade cidadá. a) Finalidade. b) Estrutura. B. Organización administrativa da seguridade cidadá. C. Documentación e identificación persoal. a) O Documento Nacional de Identidade. b) O pasaporte español. c) A acreditación da identidade dos cidadáns estranxeiros. D. Actuacións para o mantemento e restablecemento da seguridade cidadá. a) Medios para o mantemento e restablecemento da seguridade cidadá. b) Entrada e rexistro en domicilio e edificios de organismos oficiais. c) Identificación de persoas. d) Restricción do tránsito e controis nas vías públicas. e) Comprobacións e rexistros en lugares públicos. f) Rexistros corporais externos. g) Medidas de seguridade extraordinarias. h) Uso de videocámaras. i) Mantemento e restablecemento da seguridade cidadá en reunións e manifestacións. E. Potestades especiais de policía administrativa de seguridade. a) Obrigas de rexistro documental. b) Establecementos e instalacións obrigados a adoptar medidas de seguridade. c) Espectáculos e actividades recreativas. d) Control administrativo sobre armas, explosivos, cartuchería e artigos pirotécnicos.
Lección 8ª.- A policía administrativa. A. Concepto e modalidades da policía administrativa. B. As potestades administrativas de inspección e de control. C. A potestade sancionadora da Administración. a) Orixe e evolución histórica. Dereito administrativo sancionador e Dereito penal. b) Principios sustantivos. c) Principios reitores das relacións entre a potestade sancionadora administrativa e a potestade punitiva penal. D. O procedemento administrativo sancionador. a) Significado e principios. b) Fases do procedemento administrativo sancionador común. c) As medidas sancionadoras administrativas: clases. d) A execución e a impugnación das sancións administrativas. E. A execución forzosa dos actos administrativos. a) Concepto e significado. b) Presupostos da execución. c) Principios do procedemento de execución. d) Medios de execución forzosa. F. A coacción administrativa directa ou inmediata. a) Concepto. b) Presupostos e principios xerais da súa utilización. c) Supostos.
Lección 9ª.- A responsabilidade administrativa por actuacións policiais. A. Lexitimidade e límites do uso da forza polos axentes da autoridade. B. A responsabilidade patrimonial da Administración. a) Presupostos. b) Forma e extensión da reparación. c) A acción de responsabilidade. C. A responsabilidade disciplinaria dos funcionarios policiais.
AGUADO CUDOLÁ, Vicenç: Derecho de la seguridad pública y privada, Thomson-Aranzadi, Cizur Menor, 2007.
ANTÓN BARBERÁ, Francisco, e SOLER TORMO, Juan Ignacio: Administración policial: legislación e investigación privada, Tirant lo Blanch, Valencia 2000.
BARCELONA LLOP, Javier: Policía y Constitución, Tecnos, Madrid, 1997.
BARCELONA LLOP, Javier: El régimen jurídico de la policía de seguridad, Oñati, 1988.
Constitución, Policía y Fuerzas Armadas, Marcial Pons, Madrid, 1997.
DROMI, Roberto, e PAREJO ALFONSO, Luciano: Seguridad pública y Derecho administrativo, Marcial Pons, Madrid, 2001.
LAZÚEN ALCÓN, María Piedad: Cuerpos de policía y seguridad ciudadana en España: situación actual y perspectivas de futuro, Ministerio del Interior, Madrid, 1999.
MARTÍNEZ PÉREZ, Roberto: Policía judicial y Constitución, Aranzadi, Elcano, 2001.
QUERALT, Joan Josep: Introducción a la policía judicial, Bosch, Barcelona, 1999.
VILLAGÓMEZ CEBRIÁN, Alfonso J.: Las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad, del orden público a la seguridad ciudadana, Ara Solis, Oleiros, 1997.
VV.AA.:Régimen de la policía local en el derecho estatal y autonómico, Javier Barcelona Llop (coordinador), Bosch, Barcelona, 2003.
Materiais achegados polos profesores.
Básicas e xerais:
- Capacidade para reflexionar de maneira crítica e constructiva e para argumentar e expresarse organizada e razonadamente.
- Adquisición dunha conciencia crítica na análise do ordenamento xurídico, situándose nunha perspectiva plenamente respectuosa cos principios do respecto e a promoción dos dereitos humanos, de igualdade e da accesibilidade universal.
- Capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e informacións (en particular, a través da rede informática), dentro da súa área de estudo.
- Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, utilizando unha lenguaxe xurídica correcta.
Específicas:
- Comprensión e coñecemento das principais institucións do Dereito público e da estrutura e fundamento dos sistemas políticos.
- Tomar conciencia da importancia do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
- Metodoloxía expositivo-participativa dos contidos.
- Lecturas especializadas.
- Presentacións en power point.
- Probas escritas e/ou orais basadas na realización de exames: 80% da cualificación final.
- Técnicas baseadas na asistencia e participación activa do alumno en clase, seminarios, debates e titorías: 5% da cualificación final.
- Probas escritas baseadas na presentación de traballos ou memorias individuais o en grupo: 15% da cualificación final.
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que ós alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo se lles fará constar na acta a mención de "Non presentado".
Os alumnos que teñan concedida exención de docencia poderán suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coa elaboración e presentación dunha memoria de prácticas de acordo coas instruccións que lles imparta o profesor nas correspondentes titorías.
- Docencia expositiva: 35 horas.
- Docencia interactiva: 15 horas.
- Actividades individuais e/ou grupais de estudo e traballo (guiadas e non guiadas): 85 horas.
- Titorías en grupo reducido: 5 horas.
- Asistencia a conferencias: 10 horas.
Total: 150 horas.
- Asistir á clase regularmente.
- Participar activamente nas clases de natureza práctica.
- Recorrer ás titorías para calquera dúbida sobre a materia.
- Estudar con tempo e regularmente.
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
- Completar o ensino cos recursos da biblioteca.
Luis Miguez Macho
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814755
- Correo electrónico
- luis.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alejandro Villanueva Turnes
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- alejandro.villanueva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 10 |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 10 |
17.01.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Salón de Actos |
13.06.2025 12:00-14:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |