Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 72.5 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 10 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Penal, Dereito Procesual
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Transmitirlle aos alumnos o coñecemento das institucións básicas do DEREITO SUSTANTIVO E DO PROCEDEMENTO PENAL DE MENORES. procedemento penal de menores, con referencia, sobre todo a actual Lei Orgánica 5/2000, de 12 de Enero, pola que se regula a Responsabilidad Penal de los Menores, e familiarizalo, na medida do posible, co seu funcionamento, os problemas e carencias que presenta na sua aplicación na práctica.
Máis concretamente, o obxectivo é que se adquiran os coñecementos básicos sobre os suxeitos que interveñen neste proceso penal, e sobre a forma na que o Xuíz, o Fiscal e as partes levan a cabo o seu axuizamento coas debidas garantías constitucionais. Todo isto tendo en conta que o proceso é un método de solución de conflitos fortemente regulado e formalizado, polo que hai que coñecer o procedemento, a forma que das actuacións procesuais, pero tamén hai que atender ao cumprimento de todolos fins do proceso, como son a rehabilitación e a reparación, especialmente no caso dos menores.
1. Teorías explicativas e factores da delincuencia xuvenil.
2. A Lei orgánica sobre a responsabilidade penal do menor e os seus aspectos substantivos. Principios e garantías do Dereito penal de menores.
3. Minoría de idade e imputabilidade penal.
4. Carácter sui generis das medidas e amplitude do catálogo.
5. Medidas privativas de liberdade.
6. Medidas privativas doutros dereitos.
7. Medidas terapéuticas.
8. Regras de aplicación das medidas.
9. O procedemento penal de menores, segundo a Lei 5/2000, de 12 de Xaneiro, os seus principais caracteres, principios e garantías procesuales.
10. Fases procesuales: A instrución, facultades do Fiscal, do Xuíz de Menores, e das partes procesuales.
11. Solucións alternativas do conflito: desistencia e sobresemento do expediente.
12. Medidas Cautelares: a detención e o internamento do menor.
13. Conclusión da Instrución.
14. A fase de audiencia e a celebración da vista.
15. A Sentenza e os recursos.
16. A Execución das medidas.
Comprenden un exemplar da Constitución Española de 1978, e da Lei de Axuizamento Criminal xeral, coas súas normas complementarias, ademáis de un manual actualizado de Dereito Procesal Penal Xeral, imprescindible para poder comprender o que e en definitiva un proceso penal especial.
Entre os manuais que se recomendan, atópanse:
Entre los manuales que se recomiendan se encuentran:
* MUÑOZ CONDE, GARCÍA ARÁN, Derecho penal. Parte general, 9.ª ed., revisada y puesta al día, Tirant lo Blanch, Valencia, 2015.
* ORTS BERENGUER, GONZÁLEZ CUSSAC, Compendio de Derecho penal. Parte general, Tirant lo Blanch, Valencia, 2017.
* MORENO CATENA, CORTÉS DOMÍNGUEZ, Derecho Procesal Penal, Tirant lo Blanch, Valencia (última edición).
* MONTERO AROCA, GÓMEZ COLOMER, y otros, Derecho Jurisdiccional III, Proceso Penal, Tirant lo Blanch, Valencia (última edición).
* GIMENO SENDRA, Derecho Procesal Penal, ediciones jurídicas Castillo de Luna (última edición)
Entre la bibliografía especializada sobre el proceso de menores, son también recomdncbles:
Cezón González, C., La nueva Ley Orgánica Reguladora de la Responsabilidad Penal de los Menores, Bosch, Barcelona, 2001.
Cruz Blanca, M. J., Derecho Penal de Menores, LO 5/2000, reguladora de la responsabilidad
penal de los menores, Edersa, Madrid, 2002.
Landrove Díaz, G., Derecho Penal de Menores, Valencia, Tirant lo Blanch, 2001.
Mora Alarcón, J. A., Derecho Penal y Procesal de Menores, Doctrina, Jurisprudencia,
Formularios, Tirant lo Blanch, Valencia, 2002.
Ornosa Fernández, M. R., Derecho Penal de Menores, Comentarios a la Ley Orgánica
5/2000, de 12 de enero, reguladora de la responsabilidad penal de los menores, Bosch, Barcelona, 2001.
Sanz Hermida, A. M., El nuevo proceso penal del menor, Univ. Castilla-La Mancha, Cuenca, 2002.
Ao longo do curso académico tratarase de abarcar o método do que se vale o Estado para solucionar conflitos entre individuo e sociedade: o proceso penal. Este é o instrumento único da xurisdición para a resolución dos conflitos, por isto se atopa indisolublemente unido á existencia do Estado. Sen unha mínima organización estatal non pode existir nin a xurisdición nin o proceso penal, rexurdindo entonces solucións xa periclitadas neste ámbito como as autodefensivas, autocompositivas, ou arbitrais, pero nunca ao proceso.
Preténdese que o alumno ou a alumna relacione distintos contidos da materia, o que con toda seguridade lle facilitará a súa actividade perante os tribunais de Xustiza. Ademais, co manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina, faranse coa terminoloxía procesual, o que sen dúbida contribuirá a unha mellor claridade expositiva e lingüisticamente correcta. Coa súa participación nas clases interactivas, obterá unha visión global do proceso penal e dos problemas forenses, das institucións estudadas, comprobando a súa aplicación en situacións reais e as distintas formas de interpretación das normas xurídicas.
Clases EXPOSITIVAS con independencia do que se expliquen ou non todos os seus epígrafes, esíxese o coñecemento de todas as leccións para aprobar a asignatura.
Teráse en conta a asistencia a clase e a activa participación á hora da calificación final.
Clases INTERACTIVAS: teñen como finalidade plantexar os problemas forenses que suscitan as institucións estudiadas nas clases expositivas, ademáis de contribuir a completar o programa, para que o alumnado obteña unha visión global de todo o proceso penal.
Conseguintemente o réxime das prácticas basarase na realización de exercicios de aplicación do Dereito positivo a supostos de feito e outros traballos de contido práctico.
TITORÍAS: As consultas ou titorías teñen como finalidade orientar ao alumnado na aprendizaxe da asignatura e resolver as dúbidas que se lles susciten en relación co seu estudo. Atenderánse por parte do profesor encargado da asignatura no horario que se indique.
A avaliación dos alumnos levarase a cabo mediante:
-A realización dun EXAMEN FINAL ESCRITO o que constará de seis preguntas de desenvolvemento (80% da cualificación final), que poderan inclu¡r tamben alguna cuestion practica.
Tres preguntas versarán sobre as leccións do primeiro bloque, delincuencia xuvenil, e outras tres estarán relacionadas coas leccións que conforman o segundo bloque (proceso de menores). Para superar a materia, requirirase ter unha puntuación mínima en cada unha das partes.
EXAMEN FINAL ESCRITO: Para superar o exame e ter a condición de aprobado, esíxese un coñecemento xeral de todo o contido do programa, que abarque cada unha das súas partes. O exame escrito consistirá en dar resposta a unha serie de preguntas de extensión variable.
VALORACION DAS DIVERSAS ACTIVIDADES DOCENTES
Examen final escrito: 8 puntos.
Asistencia clases e actividades prácticas: 2 puntos (a sumar tan só no caso de ter superado o exame final).
A efectos da normativa de permanencia, so se considera actividade avaliable o examen final.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA
A concesión á alumno da exención de docencia suporá a substitución das actividades académicas que esixen a presenza física na aula (particularmente, as desenvoltas no transcurso das sesións interactivas) por outras tarefas análogas que O docente estime oportunas (comentario de sentenzas, resolución de casos prácticos, lectura de traballos doutrinais, etc.).
A información sobre tales actividades, así como a súa entrega, establecerase polos cauces telemáticos.
A estas tarefas otorgaráselles unha calificación máxima de dous puntos, sendo o valor do examen escrito (ao igual que acontece co alumnado non exento) de oito puntos.
REVISIÓN DE EXAME
O profesor encargado da materia publicará, no taboleiro de anuncios da Área de Dereito Procesual, as listas coas cualificacións, con indicación da data e horario na que o alumnado poderá exercitar o seu dereito de revisión, para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. Fóra de estes prazos regramentarios é tamén posible, previa petición, revisar o exame de cara a una futura convocatoria
Estímase que o tempo de estudo que debe adicar o estudante para superala, como mínimo esixible, é de dúas horas por cada unha de docencia, polo que, tendo en conta que se trata dunha materia de 6 créditos, estímase nunhas 120 horas de estudo
Presupóñense e enténdense imprescindibles para a adecuada comprensión dos contidos da materia, os coñecementos básicos de ORGANIZACIÓN XUDICIAL E PROCESO. Igualmente, considéranse convintes os coñecementos das materias DEREITO CONSTITUCIONAL e DEREITO PENAL.
A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia de alumnos ás clases, de modo que as explicacións do profesor poidan servir de guía para o estudo do programa e comprensión adecuada da materia. Así pois, o alumnado debe prestar atención ás explicacións do profesor nas aulas, xa que é unha actividade que facilita o estudo do manual e da lexislación ao uso.
É recomendable para o estudo da materia, a asistencia ás clases interactivas, en canto teñen como finalidade primordial enunciar os problemas forenses que suscitan as institucións estudadas nas clases teóricas, ademais de contribuír a completar o programa da materia para que os alumnos obteñan unha visión global do que o proceso significa.
Bernardino Varela Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814641
- Correo electrónico
- bernardino.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Margarita Guillen Vazquez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Correo electrónico
- margarita.guillen.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria De Los Angeles Catalina Benavente
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Correo electrónico
- angeles.catalina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 17 |
Xoves | |||
16:30-18:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 17 |
08.01.2025 16:00-18:00 | Grupo clases expositivas | Aula 1 |
10.06.2025 16:00-18:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |