Ir o contido principal
STG

Reportaxe

Resultados

BastAll, a era do bastón intelixente

O proxecto impulsado por Levi Daniel García, Gabriel Chorén, Nerea Balde, Neil dos Reís e Alexandre Carnero acaba de obter o primeiro premio na cuarta edición do Terra Creative Jam

Explorer, onde nacen as empresas

Catro emprendedores que participaron no Programa Explorer no Campus Terra poñen en valor a axuda da incubadora para impulsar e dar forma aos seus proxectos

Xogar e aprender a facer un uso responsable da auga

O xoves 14, os nenos e nenas dos grupos C e D do Verán CampUSC desprazáronse ata o parque de Galeras para participar dunha acción de voluntariado organizada por Viaqua onde, ademais de xogar e pasalo ben, fixéronse máis conscientes da necesidade de facer un uso reesponsable do consumo da auga.

A Domus do Mitreo, un escaparate cheo de historia e segredos

Os remodelados espazos expositivos do museo universitario do Campus de Lugo incorporan máis fondos, entre os que figura unha inscrición da dinastía Xullo-Claudia, e información que trasladan ao público á vida cotiá na domus, ao tempo que o achegan ás exquisiteces que rodeaban o culto mitraico

A biodiversidade, unha nova oportunidade para o Campus de Lugo

A declaración da ONU da Década da Restauración dos Ecosistemas e as iniciativas europeas ‘Da granxa á mesa’ e ‘Biodiversidade horizonte 2030’ auspician novas nichos de emprego arredor da restauración de solos, enerxías renovables e a conservación da natureza, sinalan os investigadores da USC José Carlos Otero e Agustín Merino

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.