Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Variable en función das actividades cursadas
Almudena Hospido Quintana
Enxeñaría Sen Fronteiras (ESF) é unha asociación independente, sen ánimo de lucro, baseada no voluntariado transformador, que busca contribuír á construción colectiva dunha sociedade mundial xusta, crítica e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e o uso da tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano e o ben común.
Dentro do seu programa ESF NA UNIVERSIDADE e no marco de colaboración asinado coa Aula Profesional da ETSE, ESF ofrece unha programación variada e rica aberta a todo o persoal do centro.
Nº horas: variable en función das actividades cursadas
Datas e horarios:
AP11_25a Transición Enerxética Xusta (3 horas = 1 hora expositiva, 1 hora interactiva, 1 hora traballo persoal). Ponente: Alberto Molares
XOVES 26/FEBREIRO/2026 de 18.00 – 20.00 no Local do Estudantado da ETSE
AP11_25b Deseño de proxectos de cooperación II (3 horas = 1 hora expositiva, 1 hora interactiva, 1 hora traballo persoal). Ponente: Sergio Fernández
XOVES 5/MARZO/2026 de 12.00 – 14.00 na Aula de Proxectos
AP11_25c Proxectos de dereito á auga na cooperación internacional para o desenvolvemento (3 horas = 1 hora expositiva, 1 hora interactiva, 1 hora traballo persoal). Ponente: Sergio Fernández
XOVES 12/MARZO/2026 de 12.00 – 14.00 na Aula de Proxectos
AP11_25d Entrando nun modelo de IA para descubrir os seus maiores fallos de deseño: o consumo e os nesgos. Dereitos dixitais (3 horas = 1 hora expositiva, 1 hora interactiva, 1 hora traballo persoal). Ponente: Laura Salgueiro e Sergio Fernández
XOVES 26/MARZO/2026 de 12.00 – 14.00 na Aula de Proxectos
Titulacións: Todas as da ETSE.
Procedemento de inscrición: correo a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) indicando no asunto AP11_25x (sendo x a letra que corresponda) 24 horas antes do inicio de cada actividade.
Para o estudantado do GrEQ: Avaliarase a asistencia e o aproveitamento do/a estudante (40%) e a adquisición de coñecementos mediante un cuestionario de avaliación que se entregará ao inicio da xornada as persoas inscritas (60%) e que deberá ser remitido á sergio.fernandez [at] isf.es (sergio.fernandez@isf.es) no prazo de 24 horas dende o remate da mesma.