Ir o contido principal
STG

Actividades formativas de Train on tech plataforma de formación en tecnoloxía no marco do convenio de colaboración co COETICOR

23.02.2026-31.05.2026

Almudena Hospido Quintana (Coordinadora do GrEQ)
Rubén Beiroa Mosquera (Formador e integrador de soluciones IoT | 5G| NBIoT| LoRaWAN | MAKER | STEAM | Arduino)

Actividades formativas de Train on tech plataforma de formación en tecnoloxía no marco do convenio de colaboración co COETICOR
Actividades formativas de Train on tech plataforma de formación en tecnoloxía no marco do convenio de colaboración co COETICOR

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña (COETICOR) é unha entidade de dereito público e carácter profesional, que agrupa aos enxeñeiros técnicos industriais da provincia da Coruña, con delegacións en Santiago de Compostela e Ferrol. Mediante a súa plataforma formativa en liña, Campus COETICOR, o Colexio promove o desenvolvemento continuo das competencias técnicas e profesionais dos seus colexiados e colexiadas. Ofrece unha oferta formativa actual, práctica e adaptada ás necesidades reais do ámbito industrial. O seu propósito é impulsar a profesionalización, fomentar a innovación tecnolóxica responsable e reforzar unha comunidade profesional comprometida co ben común e o progreso da sociedade industrial galega. O Campus COETICOR é un punto de encontro e crecemento colaborativo, aberto á colaboración con outras entidades e profesionais interesados nunha formación de calidade orientada ao desenvolvemento humano e profesional.

Nº horas: variable en función das actividades cursadas Coste: 30 €/curso

Datas e horarios: os cursos descorren en liña e no caso da oferta para este 2º semestre deberán realizarse entre o 23/02/2026 e o 31/05/2026.

AP12-25a: Curso Introducción Arduino (30 horas)

AP12-25b: Curso Avanzado Arduino (30 horas)

AP12-25c: Introducción a la programación en Python (35 horas)

AP12-25d: Visión artificial (40 horas)

AP12-25e: Introducción a Raspberry pi, Node-red e IoT (40 horas)

AP12-25f: Automatización de tareas con No-Code e IA (35 horas)

AP12-25g: IA en sistemas embebidos (30 horas) – NOVO!

Titulacións: Todas as da ETSE.

Procedemento de inscrición en 2 pasos: INSCRIPCIÓN NA PLATAFORMA: https://campus.trainontech.com/course/index.php?categoryid=11 + CORREO A aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) indicando no asunto AP12_25x

Para o estudantado do GrEQ: Avaliarase cada curso a través das súas respectivas probas de avaliación directamente na plataforma. No mes de xuño o COETICOR emitirá o correspondente certificado de avaliación que deberá ser presentado na ETSE para o recoñecementos das horas na Aula Profesional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2026.